Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANIFESTO DO 25 de Novembro (Contra a Violencia de Xénero)



MANIFESTO 25 DE NOVEM
BRO
O día 25 de Novembro, Día Internacional para a eliminación da
violencia de xénero, entendemos que non debe ser un día só para a
análise estadística da violencia exercida contra as mulleres, debe
ser un día no que se poña ao descuberto, ante os ollos do mundo, a
auténtica cara desta LACRA SOCIAL QUE NON CESA.
Co obxectivo de denunciar e loitar contra esta lacra que, para a
humanidade é a violencia de xénero, é importante concienciar á
cidadanía do atentado contra os dereitos humanos que supón. E
coa convicción de que toda sociedade debe de facer súa a loita
contra as agresións que sofren as mulleres polo só feito de ser
mulleres.
A violencia contra as mulleres ten como obxectivo dominalas a
través de ataques a súa integridade física, psíquica e sexual.
A violencia de xénero altera as vidas das mulleres e socava a
confianza nelas mesmas, anulando a autoestima, destruíndo a
saúde e negándolles os dereitos fundamentais, entre eles, e como
última consecuencia, o dereito á vida.
A violencia contra as mulleres segue manténdose nunha sociedade
construida sobre principios de desigualdade que se manifestan
abertamente en múltiples formas.
Nós seguimos estando dispostas a acabar coa impunidade e a
complicidade dos violentos.
Dispostas a conquistar a visibilidade, a erradicar a sumisión e a
afirmarnos como seres iguais.
Dispostas a responder contundentemente contra as inxustizas, a
que as diferenzas biolóxicas non supoñan diferenzas de dereitos, a
xerar persoas capaces de dialogar.
Dispostas a manter relacións persoais onde se suprima a violencia das nosas vidas para sempre.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 03-11-2012 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0