Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PRAZO DE INSCRICIÓN ÁS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS
Igualdade abre o prazo de inscrición ás estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas


A convocatoria ten coma obxectivo que as mulleres soas con menores ao seu cargo teñan un espazo de lecer. O prazo de inscrición para este programa que conta con 95 prazas remata dentro dun mes.

A secretaría xeral da Igualdade abriu hoxe o prazo para apuntarse as estadías de tempo libre para as mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, que este ano realizaranse entre xuño e xullo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o sábado esta convocatoria que ten por obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

Na convocatoria de este ano hai 95 prazas para mulleres e para as fillas e/ou fillos ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos. O praza para presentar as solicitudes remata dentro dun mes. As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

Un dos requisitos para poder participar e que teñan unha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional. Ademais, deben estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso das mulleres estranxeiras ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario.

Nos criterios de valoración para a adxudicación das prazas terase en conta o número de menores e de persoas dependentes ao seu cargo, se están no desemprego, os recursos económicos e a súa situación de exclusión.

Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e correran por conta da Secretaría xeral da Igualdade. Esta convocatoria está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Instituto da Muller.

Na convocatoria de 2010, participaron 37 mulleres que estiveron acompañadas polos seus fillos e fillas, en total 59 menores, con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, dos que 25 eran nenos e 34 nenas. O programa realizouse entre o 28 de xuño e o 5 de xullo de 2010 nunha localidade costeira.
Comentarios (0) - Categoría: PROGRAMA DE AXUDA - Publicado o 15-03-2011 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDA A MULLERES EMPRENDEDORAS
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da Secretaría Xeral da Igualdade para a solicitude de subvencións para o apoio ao emprendemento feminino, o denominado programa Emega, para o ano 2011, que conta cun orzamento de 687.500 euros e esta cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

As medidas de fomento ás iniciativas empresariais promovidas por mulleres e que pretenden a promoción do autoemprego constitúen actuacións eficaces para a xeración de emprego, repercutindo tamén na redución da taxa de paro feminino, que certamente segue sendo máis elevada que a dos homes, e favorecendo a desaparición das diferencias existentes aínda entre o número de emprendedores, moito máis elevado, e o de emprendedoras. Estas medidas, no contexto de crise económica actual, cobran especial relevancia, polo que resulta obrigado fomentalas por parte da administración en xeral e particularmente por parte dos departamentos responsables da igualdade entre mulleres e homes.

O programa Emega é un programa de estímulo ás mulleres emprendedoras, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo.

A Secretaría Xeral da Igualdade modificou a convocatoria este ano para adaptala ás necesidades especiais que a situación económica demanda.

As axudas convocadas están destinadas a apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través de dúas liñas de actuación. (Ir a enlace de IGUALDADE)mais información
Comentarios (0) - Categoría: PROGRAMA DE AXUDA - Publicado o 18-01-2011 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA DE APOIO A FAMILIAS MONOMARENTAIS E MONOPARENTAIS
Se es unha persoa soia con cargas e:

Tes que acudir a un traballo.
Tes que resolver un problema en dependencias de calquera institución.
Tes que atender a familiares que se atopen hospitalizados, ou asistir a un curso de formación.
Servizo gratuito

Ollear blog femuro: http://www.blogoteca.com/femuro/
Comentarios (0) - Categoría: PROGRAMA DE AXUDA - Publicado o 13-10-2009 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0