CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Historia dun desencontro
fonte: vieiros
Feijoo-RAG: Historia dun desencontro


Xosé Ramón Barreiro aproveitou un acto en que estaba presente o presidente da Xunta para expresar o fondo malestar dos académicos coa súa política lingüística

Antes de comezar a súa ?homilía?, Xosé Ramón Barreiro avisou de que ía ser un pouco ?imprudente?. Sen dúbida, o presidente da Real Academia Galega sabía de sobra que as súas palabras en Celanova ían retombar en todo o país. Mais ao veterano historiador non lle tremeu a voz á hora de botarlle en cara a Feijoo a actitude do Goberno cara á lingua do país: ?A primeira obriga que teñen os poderes públicos é fomentar o sosego, a paz e a tranquilidade e non crear problemas sobre estes e outros puntos?.

A escasos metros coma un fregués máis, o presidente da Xunta aguantaba a treboada que lle viña enriba. Porén, segundo explican algúns dos presentes no Premio Casa dos Poetas, era evidente que Feijoo estaba completamente ?descolocado? co que estaba a suceder. A explicación era sinxela, ninguén, nin sequera moitos dos académicos, sabían até que punto ía ser crítico o discurso de Barreiro.

O veterano e prestixioso historiador ribeirense domina a oratoria, os púlpitos (de feito foi crego, recorda con retranca un membro da RAG). Este domingo demostrouno en Celanova. Barreiro dirixiuse ao público sen ningún papel. Fontes consultadas por Vieiros subliñan que non había ningún tipo de texto pactado previamente: ? O presidente recolleu o sentir da inmensa maioría dos académicos e unha preocupación que hai na sociedade?.

Un malestar que se arrastra dende hai meses
Aínda que sempre dentro da corrección institucional, as palabras de Barreiro eran auténtica pólvora, non só polo contido, senón tamén polo auditorio elixido, onde se mesturaba a clase política e o mundo intelectual.

Dende o cambio de Goberno, nas diferentes sesións da RAG houbo numerosas voces que mostraron a súa preocupación pola nova política lingüística. Cos lóxicos matices que existen nunha institución con membros das máis diversas ideoloxías, o sentimento dos académicos é case unánime: Está a se abrir unha perigosa guerra lingüística que ameaza con tirar polo chan os esforzos de décadas por darlle un maior estatus ao idioma do país.

A última das sesións da RAG tivo lugar o pasado 31 de xullo. Na mesma volveu falarse da situación lingüística. Non houbo ningún tipo de acordo pero o propio presidente, quizais coa decisión xa madurada na súa cabeza, lembrou a importancia de que os académicos estivesen presentes o 6 de setembro no acto de Celanova. A pechada ovación do auditorio (e dos académicos presentes) revelaba que, aínda que non agardadas, as palabras do presidente da RAG eran máis que desexadas.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 08-09-2009 14:20
Queres comentar ou preguntar algo?
Información SERGAS
Acaba de chegarnos información do SERGAS a respecto do Cronograma de exames na que nos din que xa teñen o calendario pechado que abarca do 15 de outubro ao 15 de novembro, e que a finais desta semana ou principios da que ven concretarán a data de tódalas categorías. Unha vez que recibamos ese cronograma, publicarémolo inmediatamente.

Tamén comentan que haberá LISTADO de persoas que teñan que realiza-lo exame de galego.

Respecto dos servizos prestados no seu día chamados ?Reforzos?, a quen como lembraredes só se lles contaban día por día, e logo ganáronse varias sentenzas que obrigaban a que a efectos de cotización e de servizos prestados tiñan que contar por todo o período que eran contratados e non só día a día, comentan do SERGAS que van enviar ás Xerencias instruccións para que os certificados que emitan de servizos prestados ao SERGAS vaian xa nese sentido.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 08-09-2009 09:34
Queres comentar ou preguntar algo?
medidas excepcionais ante a gripe A
@s compañeir@s de CIG-Saúde Vigo elaboraron este informe en base ó borrador que nos facilitou o SERGAS o venres e que podedes acceder a el dende aquí

Diante da pandemia da Gripe A H1N1, a administración amparándose na lexislación actual pode tomar as seguintes decisións:

?Denegación, suspensi6n ou revogaci6n das autorizacións de desfrute de vacacións, licenzas e permisos. (disfrutaranse despois)

?Xornada de traballo e descansos poderán ser suspendidas.

?Mobilidade: rexeranse, de entrada, polo principio de voluntariedade. Poren, polo tempo que resulte indispensable, as Xerencias poderán utilizar as facultades de reordenación e mobilidade inherentes ao feito de que o persoal esta legalmente adscrito a Área Sanitaria, con independencia do destino adxudicado nos procesos de selección e provisión, fixa ou temporal, e do ámbito de prestación que figure no seu nomeamento. A administración poderá trasladar de forma temporal ou definitiva, dentro da Área Sanitaria, ao persoal cando existan razóns de imperiosa necesidade.

?Reordenacións funcionais, organizativas ou asistenciais: o persoal poderá ser adscrito aos centros ou unidades situados dentro do ámbito que o seu nomeamento precise. (ser movido de servizo)

?O persoal estará obrigado a prestar colaboración profesional cando así sexa requirido polas autoridades como consecuencia da adopción de medidas especiais por razóns de urxencia ou necesidade

?O persoal estatutario, previa resolución motivada e coas garantías en que cada caso dispóñanse, poderá ser destinado a centros ou unidades situadas fora do ámbito previsto no seu nomeamento.

?O persoal estatutario poderá ser destinado en comisión de servizo, con caracter temporal, ao desempeño de funcións especiais non adscritas a unha determinada praza ou posto de traballo.

?A través da programación funcional do correspondente centro poderase establecer a distribución irregular da xornada ao longo do ano.

?Mediante a programación funcional dos centros poderanse establecer xornadas de ata 24 horas para determinados servizos ou unidades sanitarias, con caracter excepcional e cando así o aconsellen razóns organizativas ou asistenciais.

?As disposicións relativas á xornada de traballo e períodos de descanso poderán ser transitoriamente suspendidas como medida excepcional e polo tempo da súa duración. As medidas especiais previstas neste artigo non poderán afectar ao persoal que se atope en situación de permiso por maternidade ou licenza por risco durante o embarazo

?Por necesidades de servizo ou funcionais poderán trasladar ao persoal a unidades ou departamentos distintos ao do seu destino, respectando as retribucións, e condicións esenciais de traballo.

?Os profesionais poderán prestar servizos conxuntos en dous ou mais centros por necesidades urxentes e inaprazables, aínda cando manteñan a súa vinculación a un deles.

?Contratacións: Poderanse prorrogar os nomeamentos dos bloques de vacación de verán de catro meses a seis. Tamén poderase centralizar a xestión das listas de contratación, axilizar e simplificar as incorporacións automáticas, priorizar as listaxes nas Unidade críticas ( áreas especiais, UCI-Rea, Hemodiálise ...), Valorarase as suspensión das penalizacións (agás por motivos graves). Nas categorías nas que exista un maior déficit de profesionais.

Poderase autorizar a realización de nomeamentos mediante as listas de promoción interna temporal das persoas que fosen excluídas destas listaxes por non acreditar no seu momento dous anos en servizo activo como persoal fixo.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 07-09-2009 10:17
Queres comentar ou preguntar algo?
la mandarina: a morriña
la pegatina é un grupo catalán e un dos seus compoñentes é fillo de pai galego, este grupo dende o outro lado do estado utiliza o galego nalgunha das suas canciois, podedes descargar esta do tubo ou o resto de canciois do album "via mandarina" dende a súa páxina web http://www.lapegatina.com

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 07-09-2009 00:15
Queres comentar ou preguntar algo?
o PP por fin da a cara; quere finiquitar a área de o Barco

Ata o de agora as respostas do Partido Popular con respecto á eliminación da área de O Barco deixaban entrever que era o que tiñan proxectado `pero eran bastante ambiguas. Onte por fin diron cara, a súa intención é integrarnos coa de Ourense, xa publicamos onte o comunicado que nos foi enviado polo BNG sobre este tema e hoxe La Voz de Galicia o publica, este de abaixo é o artigo en "La Voz de Galicia"



A Xunta integrará Valdeorras nun área sanitaria de xestión provincial


O PP asegura que non afectará á atención aos pacientes mentres que PSOE e BNG din que a empeorará

Valdeorras integrarase nun área sanitaria de xestión integrada que abarcará toda a provincia ourensá. O PP confirmou onte na comisión de Sanidade do Parlamento esta decisión. O seu portavoz, Rosendo Fernández, explicou que a medida se toma para racionalizar a xestión e que iso non afectará á atención que reciben os pacientes do oriente ourensán. Con todo, PSOE e BNG temen o contrario.

Aínda que a supresión da área sanitaria valdeorresa estaba na axenda do goberno autonómico, nin a conselleira de Sanidade nin ningún outro cargo político confirmárona tajantemente aínda. Tivo que ser onte, durante o debate de dúas proposicións de lei presentadas por PSOE e BNG en defensa do seu mantemento, cando se disiparon as dúbidas.

O ourensán Rosendo Fernández explicou, como portavoz do PP, que se creará un área de xestión integrada pero matizou que «ninguén quere quitar nada aos cidadáns». A calidade da atención que reciben os cidadáns será ata maior porque, segundo dixo, mellorarase a xestión sanitaria. O deputado do PP dixo que os receos de PSOE e BNG ante esta decisión ten un compoñente xeográfico e político e explicou que esta medida xa se tomou noutras comunidades autónomas. «Ou que quere aplicar ou PP non é nada novo», dixo. Ademais Fernández sacou a relucir un estudo datado a 31 de decembro de 2007 e encargado polo bipartito no que xa se prevía a división provincial das áreas sanitarias.

Socialistas e nacionalistas responderon que se trataba dunha proposta da consultora encargada de redactar o estudo e que tal medida non foi aplicada nin tida en conta. Tareixa Paz, do BNG, dixo que a integración de Valdeorras na área sanitaria ourensá debilitará ao hospital do Barco porque «sería inevitable que ou peixe grande non acabe engulindo ao peixe pequeno».

Carmen Acuña, do PSOE, engadiu que os problemas para contratar especialistas en Valdeorras pódense ver agravados posto que as recentes carencias de persoal solucionáronse con listas de contratación propias para a área sanitaria. «Podería ocorrer que se desmantelase O Barco para solucionar as carencias de capital», aventurou a política socialista. Acuña dixo que para os intereses de Valdeorras sería ata máis útil integrarse nun área sanitaria xestionada desde Monforte ou desde O Bierzo que desde Ourense. Nesa mesma liña manifestouse Tareixa Paz, que explicou que o centro de xestión da área estará a máis de 130 quilómetros dalgúns municipios da zona.

Tanto socialistas como nacionalistas rexeitaron, tras unha acalorada discusión fóra dos micros, unha emenda do PP á súa proposición non de lei. Nela incluíase a advertencia de ter en conta os artigos 67 e 68 da Lei de Saúde, que basicamente establecen a necesidade de organizar territorialmente as áreas en función das necesidades dos pacientes. PSOE e BNG rexeitaron este punto porque dixeron que nas decisións gobernamentais debe sobreentenderse o respecto á lei e a socialista Acuña considerou a proposta como unha ofensa a Valdeorras.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 05-09-2009 12:07
Queres comentar ou preguntar algo?
A Banda da Balbina e Lolo Arincón, na Veiga ao vivo
Os gañadores de A Polo Ghit 2009 participarán a madrugada do sábado ao domingo no Festival da Serra do concello valdeorrés.

Os gañadores de A Polo Ghit 2009, tanto na categoría do xurado como do público, actuarán ao vivo esta fin de semana. Será no marco do Festival da Serra, no concello da Veiga, a partir da medianoite do sábado. O programa Máis berberechos da Radio Galega, co-organizadora do certame xunto con Vieiros, emitirase en directo dende ese emprazamento.

Pola praza da Veiga pasarán os grupos A Banda da Balbina -gañador do premio do xurado-, Lolo Arincón -vencedor do do público-, Cuchufellos, Faneca Brava -estes dous tamén participaron nesta cuarta edición de A Polo Ghit- e De Carallo. Nos intervalos, a compañía de Cabaret Lilí Berlín de Blanca Cendán ofrecerá o seu espectáculo.

O domingo continuará a programación especial da radio pública, pois, de nove da mañá a unha da tarde, o programa Extrarradio, presentado por Belén Regueira, Eduardo Herrero e Susana Rios, emitirá contidos relacionados coa comarca e contará coas actuacións da Banda da Balbina e de Cabo da Vila.

fonte vieiros

Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 05-09-2009 00:10
Queres comentar ou preguntar algo?
o PP rexeita unha moción para a non modificación da área sanitaria de o barco
O pasado mércores 2 de setembro, membros da plataforma en defensa da área sanitaria de O Barco acordaron en reunión pospoñer todo tipo de acciois á espera de ver que postura adoptaba partido popular no parlamento galego ante duas propostas unha do bng e outra do PSOE polo mantemento da área sanitaria de o barco. De momento solo nos chegou información do que pasou na proposta do BNG, que nos fixeron chegar un comunicado no que como xa imaxinábamos nos dí que o PP votou en contra da proposición non de lei presentada por esta organización; trasladamos aquí o comunicado de prensa íntegro do BNG, así mesmo de chegarnos fariamos o propio co do resto de partidos, aproveitamos para convidar a toda a xente preocupada por esta ameaza á próxima reunión da plataforma que será o martes 8 ás 20 horas no salón de actos do multiusos do concello.

O PP REXEITA NO PARLAMENTO DE GALIZA A INICIATIVA DO BNG PARA QUE A XUNTA MANTEÑA A ÁREA SANITARIA DE VALDEORRAS

Tereixa Paz considera que ?o PP demostrou que defende claramente a súa supresión? e advirte de que ?isto provocará importantes prexuízos para todos os habitantes de Valdeorras, Viana do Bolo e Trives, ao teren que depender directamente de Ourense?

Santiago de Compostela, 4 setembro 09.- A iniciativa do BNG na que se lle pedía á Consellaría de Sanidade que mantivese a Área Sanitaria de Valdeorras foi rexeitada este mediodía no Parlamento Galego debido a que o Partido Popular votou en contra dela.

Para a deputada do BNG e autora da iniciativa, Tereixa Paz ?o Partido Popular deixou ben claro que defende a supresión da área sanitaria?, unha decisión anunciada pola Consellaría de Sanidade que ?provocaría unha redución na caildade de atención sanitaria a todos os habitantes das comarcas de Valdeorras, Viana do Bolo e Trives, ás que actualmente presta servizo o hospital do Barco?.

En concreto, a Proposición non de Lei do BNG demandaba que o Parlamento de Galiza instase ao Goberno Galego a ?manter o mapa sanitario de Galiza no que atinxe á área de saúde do Barco nos termos establecidos no Decreto 50/1992 de 14 de febreiro, mantendo a área sanitaria do Barco integrada polas comarcas de Valdeorras, Viana do Bolo e Trives e a ubicación da súa Xerencia na localidade do Barco, con todas as competencias que ten na actualidade?.

O BNG non aceitou unha emenda do Partido Popular xa que, segundo Tereixa Paz, ?viña a demandar que fose a Consellaría de Sanidade a que decidise a súa continuidade ou non, e xa sabemos cales son as intencións da Consellaría?.

Importantes prexuízos para os habitantes da comarca e para o persoal que traballa no Hospital do Barco

A deputada nacionalista lembrou o ?malestar e a alarma? que crearon as declaracións tanto da conselleira de Sanidade como do Xerente do SERGAS
nas que anunciaron a súa intención de unificar as áreas sanitarias actualmente existentes na provincia (Ourense e o Barco) converténdoas nunha soa que tería un único xerente coa súa base na cidade de Ourense.

A este respeito, Tereixa Paz advertiu de que ?a supresión da Área Sanitaria de Valdeorras suporía unha merma importante nos servizos ofertados, así como na calidade dos existentes, porque o Hospital do Barco pasaría a ser secundario na área sanitaria que se crease, que tería como referente ao Hospital de Ourense, que ten as súas propias necesidades?.

?É necesario manter a Área Sanitaria de Valdeorras e que a xerencia estea no Barco, porque só así teremos un servizo sanitario próximo, implicado e coñecedor das necesidades da comarca e unha xerencia máis sensible ás demandas de mellora desta área sanitaria?, subliñou.

Ademais, Tereixa Paz advertiu ?dos importantes prexuízos para o persoal tanto sanitario como non sanitario do hospital do Barco, xa que a xerencia do mesmo estaría afastada máis de 115 quilómetros?.

Por último, a deputada do BNG lembrou que ?foi a presión na rúa dos veciños e veciñas de Valdeorras a que obrigou a Xunta a crear a Área Sanitaria de Valdeorras no ano 1992, unha conquista que agora o Partido Popular quere tumbar, deteriorando o servizo de atención sanitaria na comarca?.

SAÚDOS: Gabinete de Prensa do BNG.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 04-09-2009 23:48
Queres comentar ou preguntar algo?
bechos raros
O ser humano é o becho máis raro da natureza. Para demostrar esta afirmación seguiremos os pasos de tres curiosos especímenes de bechos raros: José Luis pertence á tribu urbana dos ?sinistros?, Raul é un frikie dos video-xogos e Eva unha fervinte adepta á astroloxía. Os tres sofren a marxinación dunha maioría que os rechaza por ser diferentes e lles dificulta a procura de alimento, seguridade e reproducción que guía os instintos de tódolos animais. Cada un deles enfróntase á decisión de cómo vivir a súa condición de raro. José Luís elixe a estratexia do camaleón, esconde a súa verdadeira personalidade e camíflase entre a maioría para non sufrir. Raul, como un lobo solitario, refúxase na súa guarida e se relaciona co mundo a través dunha pantalla de ordenador. Eva busca a calor dunha manda de lunáticos coma ela, entre os que sentirse integrada. Esta é a historia de tres bechos raros habitantes nun ecosistema ?normal? que lles é hostil, que elixen tres formas distintas de vivir a súa vida. E precisamente é esa capacidade de elección a que fai do ser humano o becho máis raro da natureza.



flocos.tv
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 04-09-2009 21:20
Queres comentar ou preguntar algo?
MESA SECTORIAL 4 setembro 4 -09-2009
MESA SECTORIAL 4 setembro 4-09-2009

Como xa sabedes hoxe celebrouse unha Mesa Sectorial, a Orde do día tiña 3 puntos:

1.Gripe A: Este asunto tratouse dende 3 apartados, Saúde pública, 061 e RRHH, aparentemente o asunto está controlado a nivel asistencial e a nivel de Recursos Humanos fixeron entrega do documento borrador de instrucción para regular as medidas en materia de persoal como consecuencia da pandemia da Gripe A (suspensión de licencias e vacacións, saúde laboral, xornada?etc).

2. Xestión eficiente da actividade cirúrxica: Neste asunto nós pretendiamos retomar a negociación da ?Redefinición do Específico?, pero diso non quixeron saber, dixeron que máis adiante farian eles unha proposta (non se sinten na obriga de asumir o acordado co goberno do bipartito), e o que dixeron é que van controlar con mecanismos de xestión (eficacia, eficiencia, control) o PERLE (PLAN ESPECIAL DE REDUCCIÓN DE LISTAS DE ESPERA), para eles isto estaba a funcionar dun xeito moi malo e agora o van a controlar e pensan que con esta ferramenta de xestión será dabondo para mellorar o sistema. Consideran que se se lle fai un seguimento ao PERLE e se vixila que cumpran obxetivos poderán derivar ás tardes só aquilo indispensable.

3.Plan de Traballo da Mesa Sectorial: eles puxeron enriba da mesa que as suas prioridades eran: Pacto de contratacións (neste asunto plantexamos tamén a necesidade de listas para o 061 e CTG que están pendentes), Plan Mellora Atención primaria (semella vanse paralizar as prazas previstas para este ano), Carreira Ordinaria (precisar que informan de que co déficit que hai na Consellería é imposible afrontar o asunto do entronque da carreira ordinaria coa extraordinaria).

Desde CIG-Saúde preguntamos por máis asuntos para nós importantes: OPE (non pensan suspender nada, manteñen as previsións de outubro e novembro, para a semana confirmarán que categorías van en cada fin de semana), tamén dixemos que había que falar nalgún momento da xornada da xente de urxencias de primaria e que tiñamos que retomar as Comisións de seguimento do Acordo Marco.

podedes descargar o paquete de medidas que propon o sergas na súa INSTRUCION , DA DIRECCION DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAUDE SOBRE MEDIDAS EN MATERIA DE PERSOAL COMO CONSECUENCIA DA PANDEMIA DA GRIPE A.
lembrade que solo é un borrador é que aínda ter que ser estudiado polos sindicatos e negociado na mesa
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 04-09-2009 20:48
Queres comentar ou preguntar algo?
de momento sen datas de exame
Estamos á espera de recibir información por escrito do que aconteceu na mesa sectorial. ó longo da tarde publicaremos o que diu de sí a reunión de hoxe, onde se abordaron entre outros temas carreira, contratación, gripe A etc,(adiantamos que non foi nada positiva); pero como vemos que hai moita xente pendente do blog por se hai datas de examen, preguntamos telefónicamente @s nos@s compañeir@s que asistiron a ela e nos din que ata a semana que ven non haberá datas definitivas, posto que ata o luns non se incorpora a responsable deste tema (seguen barallando os mesmos prazos).
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 04-09-2009 18:15
Queres comentar ou preguntar algo?
privatización na sanidade en Galiza?
Menos mal que moitos de vos participades para encher este blog esta tempada de calma chicha.
Un dos nosos lectores pegounos este artigo publicado hoxe en "la Voz de Galicia" que polo seu contido paga a pena que o publiquemos nun post.

Búscase modelo privado para hospital en Vigo

A Xunta recoñece que explora fórmulas non públicas para financiar o novo complexo de Beade. Estas son as máis principais, que o PP xa implantou nos seus centros de Madrid e Valencia

Nunca o recoñeceu con tanta claridade. O Goberno galego viña admitindo ata agora que si, que estaba estudando «todas as posibilidades» para financiar o novo hospital de Vigo. Agora vai máis aló. Nunha entrevista que publicou onte este xornal, o director xeral de Orzamentos (da Consellería de Facenda da Xunta), Miguel Corgos López-Prado, resolveu: «Estamos estudando financiamento privado para a construción de hospitais». Os orzamentos galegos do próximo ano só contemplarán a obra dun gran complexo hospitalario: o de Vigo. ¿Adiviñan a que se refería con hospitais ?

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) aínda non aclarou por que modelo vai optar. Ten varios onde elixir. Ata podería deseñar un novo. A continuación detállanse algunha das fórmulas de financiamento de hospitais que o Partido Popular xa implantou en España e que ata seguiu o Partido Socialista. Son as que estuda a Xunta.

Modelo Valencia. Alzira é unha pequena cidade da Comunidade Valenciana que non chega aos 50.000 habitantes. No ano 1999 deu nome a un modelo de xestión da sanidade que ata entón non se utilizou en Europa. Unha unión de empresas liderada por Adeslas -incluía a dúas caixas e ás construtoras Lubasa e Dragados- construíu o hospital a cambio de xestionalo totalmente, incluído o persoal. A Generalitat de Eduardo Zaplana pagaríalle un canon anual, unha cota por paciente. Privatización pura.
Aos tres anos a empresa chegou á conclusión de que non era rendible. A Generalitat acudiu ao rescate e pagou ás empresas unha indemnización calculada en 25 millóns de euros. Volveu sacar a concurso a xestión do hospital, que seguía tendo carácter público. O concurso gañouno a mesma ute, liderada por Adeslas, que concluíra -esta vez si- que podería gañar diñeiro. Ademais, pegou outro bocado, porque o contrato incluíu a xestión da atención primaria, os centros de saúde.

Modelo Madrid. Antes de que Esperanza Aguirre chegase a presidir a comunidade de Madrid todos os hospitais da rede sanitaria eran públicos. Agora hai oito novos que utilizan fórmulas privadas. Para entendelos, hai que empezar falando dunhas siglas, IFP (Iniciativa de Financiamento Privado, PFI en versión inglesa). A Administración contrata a construción do hospital a unha sociedade anónima e esta queda coa xestión dos servizos non sanitarios, como os aparcadoiros e a cafetería. Ademais, o Executivo paga un canon anual por usar as instalacións e pon o persoal. é o típico modelo das autoestradas, pero sen peaxe.
Pode darse a circunstancia de que o mesmo centro sanitario teña dous xerentes: un para a parte asistencial (o público) e outro para o persoal non sanitario (o privado).
Sete hospitais novos de Madrid seguen esa fórmula. Hai un oitavo novo, o de Valdemoro, segue outra fórmula, coñecida como concesión administrativa, que é similar ao modelo Alzira, aínda que neste caso non inclúe a atención primaria. Neste caso está en mans da multinacional Capio.

Modelo Cataluña. Existe un consorcio hospitalario formado por entidades municipais e fundacións sen ánimo de lucro. Xestiona nove hospitais. Un é o Hospital Clínico de Barcelona, que funciona como centro público polas mañás e privado polas tardes, ao cargo dunha empresa que paga por usar as instalacións.

Modelo ¿Galicia? Todo o que está nesta páxina, todo, estudouno o bipartito para o novo hospital de Vigo. Todo. Os entón dirixentes da sanidade galega viaxaron por España e analizaron cada modelo sobre o terreo. Acabaron deseñando un propio e, finalmente, refugárono. Porque o 100% do gasto do novo hospital acabou aparecendo nos orzamentos públicos, dentro da Sociedade Pública de Investimentos, unha empresa pública que está ao cargo da Consellería de Facenda.
En principio non ía ser así. Unha consultora deseñou para a Xunta un modelo de empresa con participación pública e privada que nunca se había empregado en España. Esa empresa tería un 90% do seu capital en mans privadas e o resto en mans públicas. Tras a construción do complexo de Beade podería explotar algúns servizos non clínicos.

Modelo Povisa. Povisa é unha empresa privada. Presta ao Sergas un servizo e este págallo. O ano pasado recibiu das arcas públicas 75 millóns de euros por atender a 142.000 pacientes. Igual que os vigueses do centro van ao Xeral e que os cidadáns da Cañiza van ao Meixoeiro, todos os cidadáns de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar, Coia, Coruxo e López Mora teñen como hospital de referencia Povisa. Acoden aos seus médicos especialistas e ás súas urxencias. Queda fose a atención pediátrica, concentrada no Xeral.
é un contrato que se chama concerto singular. O Sergas paga por pacientes e por procesos, non só polo primeiro concepto. A diferenza de Valencia, o hospital xa existía antes. Naquela comunidade creouse ad hoc. Ademais, o Sergas é o cliente máis importante de Povisa, pero non o único, a diferenza doutros modelos.

artigo en La Voz de galicia
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 03-09-2009 14:34
Queres comentar ou preguntar algo?
renovamos cabeceira
Como vedes, acabamos de darlle un novo aire ao blog. Despois de dous anos e medio de aventura blogueira, acordounos que estaría ben remozar un chisco a web cambiando a cabeceira.

Un chisco de ar fresco nunca senta mal, sobre todo tendo en conta a difusión que ten este blog, que chega ata "altas instancias" (témolo constatado en varias ocasións).

Total, que agardamos con esta nova cabeceira seguir facendo o posible por informar e asesorar a todas aquelas persoas que visitades o blog de CIG-Saúde O Barco.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 03-09-2009 11:35
Queres comentar ou preguntar algo?
desmontando a gripe A


Algún lector do noso blog de CIG-Saúde O Barco deixou nun comentario unha ligazón a este vídeo, moi interesante para ter outra perspectiva da gripe A:

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 02-09-2009 11:57
Queres comentar ou preguntar algo?
risco no embarazo ante a gripe A
Despois de que algunha enfermeira do HCV acudira a nós para plantexarnos que solicitaran unha suspensión de emprego por risco de embarazo debido, entre outros riscos, tamén á gripe A, e séndolle esta denegada pola dirección, fixemos unha serie trámites tanto en saúde laboral como en dirección que conlevaron a convencer á dirección do HCV e á resolución do problema no senso en que o solicitaron as traballadoras, ante a falla de servizos onde adaptar os postos de traballo polos riscos destas.
Felicitámonos do cambio de opinión da Xerenta, "rectificar é de sabios".

Ó fio disto recomendamos ás traballadoras embarazadas do SERGAS, que acudan ó servizo de saúde laboral e poñan en coñecemento deste a súa situación.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 01-09-2009 10:23
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] 3
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0