CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

empezamos a coller sinaturas
Como xa publicamos, hoxe a Xunta de Persoal da área de O Barco empezou a repartir folletos informativos no Centro de Saúde de O Barco, aproveitamos tamén para empezar a recollida de sinaturas do manifesto da plataforma en defensa da área; recolléndose xa mais de 200.

Deixaremos follas de recollida de sinaturas en tódolos Centros de Saúde, a medida que vaiamos indo; de momento xa as tedes no Centro de Saúde de O Barco e no HCV

Mañá estaremos en A Rua e Vilamartín e vistaremos o resto de centros de saúde da área no resto da semana.

podedes descargar as sinaturas de apoio, picando aquí
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 21-09-2009 12:48
Queres comentar ou preguntar algo?
manifesto plataforma en defensa da sanidade pública
O xoves aprobouse por representantes de diversas organizaciois sociais da área de Valdeorras o manifesto que marcará os principios básicos da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Valdeorras, a maioría dos alí presentes xa asinaron o documento e na reunión do mércores da Plataforma o poderán facer todas aquelas organizaciois que non o asinaron ben por ausencia ou por telo que debater entre a súa xente. Aquí abaixo deixámosvos o manifesto íntegro e a partires da semana que ven empezaremos a recoller sinaturas en apoio do manifesto a nivel de rúa.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco, conformada por veciños e veciñas e organizacións de distinto tipo pertencentes ás comarcas de Valdeorras, Trives e Viana do Bolo
manifesta como principios xerais da mesma:

 A necesidade de manter a Área de Saúde do Barco para asegurar unha calidade digna da asistencia sanitaria da poboación de Trives, Viana do Bolo e Valdeorras. En vista das peculiaridades xeográficas, orográficas, poboacionais, socioeconómicas e de infraestruturas desta área, e ante a intención da supresión da mesma para integrala na de Ourense, a Plataforma manifesta a súa oposición a esta supresión, e a necesidade dunha Área Sanitaria propia e forte como
garante dunha asistencia sanitaria de calidade.

 A defensa da sanidade pública, único xeito de garantir o acceso da poboación á sanidade en igualdade de condicións.

 A loita por unha boa calidade asistencial na Área Sanitaria do Barco, coa mellora contínua da dotación, tanto humana como técnica, que permita asegurar que os veciños e veciñas destas comarcas reciben.

____________________________________________


tamén deixamos os enlaces á prensa tal como deron a noticia incluindo as declaraciois de altos cargos do PP que seguen a vender fumo e a intentar despistar á xente falando da unificación de primaria e especializada, cando nós o que reivindicamos é a non eliminación da área de O Barco. Claro que eles teñen que ocultar dalgún xeito que o seu verdadeiro fín é o aforro de diñeiro para derivalo á sanidade privada. Pero diso xa falaremos mais adiante.

a noticia en la voz de galicia

a noticia en la región
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 18-09-2009 23:47
Queres comentar ou preguntar algo?
notas ope facultativos
O vindeiro luns,a media mañá, publicarase oficialmente na páxina web do Sergas, as notas provisionais dos exercicios de licenciados sanitarios (incluída a nota do exercicio de galego), así como as de medicina intensiva (que no foron avanzadas no verán). Así mesmo se abren oficialmente os prazos de reclamación. De todos os xeitos, as reclamacións que foron presentadas unha vez foron avanzadas as notas no verán, darasen por ben formuladas. Gracias.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-09-2009 14:47
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira extraordinaria
CARREIRA EXTRAORDINARIA.


Despois de preguntar ao SERGAS sobre a situación do pago da carreira extraordinaria de diplomadas/os sanitarios, persoal sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos comentannos o seguinte:

Baremación das solicitudes:
Non hai ningunha instrución referente a que as solicitudes se baremen apartires do 30 de setembro, día no que finaliza o prazo de presentación de solicitudes. As comisións de baremación, nalgunha xerencia, están constituidas e xa baremaron as solicitudes recibidas.

Pago da carreira:
Este é outro tema.Teñen problemas de liquidez, este mes empezaran a facer as transferencias de creto aos centros. Previsiblemente, empezaran a pagar en outubro; o pago será secuenciado nos futuros meses: outubro, novembro......
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 18-09-2009 14:14
Queres comentar ou preguntar algo?
"la región"
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 18-09-2009 13:08
Queres comentar ou preguntar algo?
propostas da CIG-Saúde para o novo pacto de contratacións
No seu dia publicamos as propostas de CIG-Saúde cara o novo Pacto de contrataciois, como xa choveu dende aquela (30-10-2008); posteámolo novamente.

CONTRATACIÓNS ? PROPOSTAS CIG-SAÚDE



1. PROPOSTA XERAL: unificar convocatoria de OPE e listas de contratación. A convocatoria sería única, a solicitude tamén. Unha vez realizado o exame, as listas de baremación servirían como base para as listas de contratación, incluíndo nelas ás persoas que aínda botando a solicitude non acudan ao exame. A puntuación de OPE faríase proporcional á nota acadada, incluíndo tamén á xente que non supere o exercicio de oposición. Deste xeito, incentívase que a xente se presente á oposición e estude para conseguir nota (ou sexa, puntuación para as listas) e ao mesmo tempo redúcese drasticamente a burocracia e papeleo de diversas listas e o número de taxas que hai que pagar para inscribirse nos distintos procesos.

2. SEGUIMENTO DO PACTO. Neste apartado presentaremos ao SERGAS a seguinte proposta: as Provincias de Lugo e Ourense queren manter a situación actual. Pontevedra, Vigo: Manter os chamamentos nas Dirección Provinciais e que se constitúa unha comisión de seguimento en cada área sanitaria. Coruña, Compostela e Ferrol: Xestión integral do pacto en cada área sanitaria. Na área de Ferrol que se aplique o Decreto de área única. Como argumento para manter a diferenza de criterio neste tema , basearémolo na situación que presenta cada Dirección Provincial, moi distinta de unhas a outras. Ademais pediremos que se redacte dun xeito máis conciso o apartado que fala do funcionamento das comisións de seguimento.

3. REXISTRO INFORMATIZADO: Solicitaremos que exista un rexistro informatizado que recolla as chamadas telefónicas realizadas mediante conexión coa empresa telefónica, que o rexistro non consista en que o funcionario/a introduza os datos. Tamén se propón que se publique a orde de chamamentos para que en todo momento se saiba cal é o número da lista ao que lle corresponden os contratos.

4. CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL: Solicitaremos as seguintes medidas.
a. Renuncia sen penalización á oferta de vínculos de curta duración de incorporación inmediata.
b. O persoal con fillas/os menores de 12 anos poderá solicitar suspensión temporal de chamamentos durante o periodo vacacional escolar.
c. Regular a reserva de vínculos de longa duración durante o permiso maternal.
d. Cambio de área por agrupación familiar (traslado de domicilio por agrupación familiar).

5. ÁREAS ESPECIAIS. Incluir como área especial Quirófano-Esterilización e incluir nelas ás Auxiliares de Enfermaría.

6. FUNDACIÓNS: Se se mantén o sistema actual (non aceptándose a nosa proposta xeral), incluir os últimos procesos de selección de fundacións nas valoracións de OPE.

7. CONTRATOS A TEMPO PARCIAL: Seguir mantendo a valoración destes contratos como xornada completa. Buscar un xeito de que se oferten ás persoas que os cubren os contratos superiores a catro meses para que poidan escoller sen penalización (mellora de contrato).

8. COMISIÓNS DE SERVIZO: Inda estando en contra da forma en que se conceden as comisións de servizo, CIG-Saúde estaría por buscar un sistema de oferta que implicara que cando menos o 50% das vacantes que xurdan sexan cubertas por listas de contratación, para evitar que sexan cubertas no 100% por comisións de servizo sen que se movan as listas.

9. BAREMO PSX. Posto que a categoría foi creada xa hai suficiente tempo como para que haxa servizos prestados nela para baremar, eliminar a puntuación que se outorga polo tempo traballado noutras categorías (telefonista, celador...). Ao mesmo tempo, solicitar a reciprocidade na valoración dos servizos prestados como Auxiliar Administrativo.

10. CONTRATOS EN ÁREA LIMÍTROFE. Para a xente que se atope cubrindo unha vacante na área limítrofe daquela onde está apuntada, oferta do contrato e rescisión do actual, cando xurda un contrato na propia área.

11. EXCEDENCIA POR COIDADO DE FAMILIAR. Ofertaranse con criterio de 1º de lista e ao persoal que este realizando estes vínculos ofertaránselle as interinidades que xurdan, dado que neste tipo de excedencias practicamente ningunha chega ao ano.

12. PROMOCIÓN INTERNA. Preferencia absoluta de ofertar as vacantes a promoción interna, 100% das vacantes que xurdan. Oferta á área sanitaria cando a contratación é reducida ou nula no centro nesa categoría.

13. SUSPENSIÓN TEMPORAL DE CHAMAMENTOS: O persoal, previa comunicación escrita, poderá solicitar a suspensión de chamamentos en días concretos por eventos familiares: vodas, bautizos... Asemade poderá solicitar , polo mesmo procedemento, un mes ao ano por vacacións.

14. BAIXA AUTOMÁTICA DO PERSOAL ESTATUTARIO. Propoñemos unha nova redacción: ?Se unha persoa non aporta documentación ou efectúa a renuncia antes da elección do destino, o que permite correr a lista da ope para completar o número de vacantes, non sería penalizado coa exclusión das listas. Se polo contrario realiza a renuncia con posterioridade á elección de destino, si se penalizaría coa exclusión xa que nese momento non se podería completar a lista de OPE?. Entenderase como prazo de toma de posesión cando sae publicado no DOG o prazo para presentar a titulación correspondente ; se o persoal non presenta a documentación decae o aprobado e corre a listaxe de aprobados. Se a persoa que aprobe a OPE renuncia con posterioridade á praza impedindo que corra a lista de aprobados, será dado de baixa nos listados de contratacións.

15. EXPEDIENTES: regular a incorporación ás listas do persoal excluido das mesmas mediante expediente.

16. CHAMAMENTOS PARA VÍNCULOS DE DÍAS SOLTOS. serán ofertados coa maior proximidade ao día da substitución, xa que do contrario figura como persoa vinculada e non se lle oferta un novo vínculo. Regular o dereito a formalizar un vínculo cando a persoa estea en situación de IT por accidente laboral.

17. ?INCORPORACIÓN? SEGUNDO O ESTATUTO MARCO. Producirase o cesamento do substituto pola reincorporación do titular ou cando este perda o seu dereito á reincorporación á mesma praza? O caso que hai que regular é: cando unha persoa esta substituíndo a ausencia dun titular que presenta distintos motivos continuados (IT, baixa maternal, vacacións, excencia por coidado de fillas/os) se o substituto está de IT coincidindo co cambio de contrato o SERGAS non lle permite formalizar o novo vínculo,ofertándolle o contrato a outra persoa das listas.

18. SAÚDE LABORAL:
a. Solicitar do SERGAS que regule as contratación para o persoal que presenta unha incapacidade física ou psíquica recoñecida pola Seguridade Social.
b. Ao persoal que presente unha discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia aceptaráselle a suspensión de chamamentos. O SERGAS remitirá a este persoal as U.P.R.L
c. O persoal que renuncie a un chamamento por motivos de saúde laboral, quedará suspendido dos chamamentos até a súa valoración pola U.P.R.L do SERGAS.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 18-09-2009 11:37
Queres comentar ou preguntar algo?
reunión Pacto de contrataciois
este de abaixo é o correo que nos envia o SERGAS

Boa tarde, por medio da presente convócaselles á unha xuntanza do grupo de traballo para a negociación do novo pacto de selección temporal o vindeiro martes 29 de setembro ás 12:00 horas, na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 18-09-2009 09:51
Queres comentar ou preguntar algo?
perdónala
Exercitar os músculos faciales cunhas risas din que rexuvenece e libera estres cando a situación é complicada.
Estes dias o persoal do SERGAS está sendo afectado pola gripe fArjas, reducción de contratos, demoras no pacto de contrataciois, demora na publicación de creación de categorias, incumprimento do acordo de mellora de primaria, ameazas de privatización dos centros de nova creación como o de Vigo, mobilidade a centros privados do persoal estatutario, eliminación da nosa área de saúde, etc,etc,etc,,,,. Nós quixéramos perdonala, pero cecais nos ocurra isto....

Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 18-09-2009 00:38
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-SAÚDE OPONSE Á CESIÓN DE TRABALLADORES PÚBLICOS
Na primeira manifestación pública da Conselleira de Sanidade, declarábase Conselleira da SANIDADE PÚBLICA e da PRIVADA, agora mediante Ordes de Servizo declara ao persoal estatutario traballadores dos dous sectores, hoxe traballas nun hospital PÚBLICO e mañán vas a unha clínica PRIVADA.
Coa data 7 de setembro de 2009 a Directora de Recursos Humanos de Galaria dita Ordes de Servizo ?obrigatorias? ás enfermeiras estatutarias perfusionistas con destino no quirófano de ciruxía cardíaca do hospital Meixoeiro, para que a partires desta data e con periodicidade de 2 días semanais, pasen a desenvolver o seu traballo dentro da sua xornada ordinaria no HOSPITAL PRIVADO NOSA SEÑORA DE FÁTIMA.
Durante a sua xornada de traballo este persoal desenvolve ás suas funcións en compañía de persoal propio do hospital privado, a Consellaría acaba de crear unha equipa multidisciplinar PÚBLICO/PRIVADO, ata o de agora non coñecido no sistema de Saúde.

A lexislación vixente para o persoal Estatutario non contempla baixo ningún concepto A CESIÓN DE TRABALLADORES PÚBLICOS Á HOSPITAIS PRIVADOS.


CIG-SAÚDE SOLICITOU aos responsables do Sergas a inmediata paralización desta medida.

Pedímoslle a tódolos traballadores que se manteñan alerta ante este tipo de situacións, que non podemos permitir, xa que o que hoxe empezou en Vigo, pode extenderse como un regueiro de pólvora por toda Galicia.

Se esta medida non se PARALIZA INMEDIATAMENTE, CIG-SAÚDE NON DESCARTA TOMAR OUTRAS MEDIDAS DE PRESIÓN
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 17-09-2009 14:29
Queres comentar ou preguntar algo?
pola carreira ordinaria
As organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, USAE, UGT e CIG-SAÚDE queren denunciar perante a opinión pública a actitude que mantén a Consellaría de Sanidade negando o dereito que teñen os profesionais do sistema sanitario galego ao recoñecemento profesional.

O Servizo Galego de Saúde é o único servizo de saúde que non ten desenvolvido o réxime ordinario de carreira profesional das/os súas/seus traballadoras/os. O argumento esgrimido é que o actual goberno non pode asumir o custo desta carreira, e de presentar algún texto este sería mais regresivo que o texto presentado polo anterior goberno e rexeitado polas organizacións sindicais.

É lamentable que non saibamos cal vai ser a proposta que sobre carreira ordinaria ten pensado presentar o actual equipo da Consellaría de Sanidade. Pero todo parece apuntar que a política de ?Xestión de Aforro?, anunciada tantas veces, na sanidade pública preténdese facer en base a impedir que unha parte das/os traballadoras/es do SERGAS teña dereito a unha carreira profesional ?DIGNA? en consonancia co modelo de carreira extraordinaria dos seus compañeiros e do resto de carreiras negociadas e xa implantadas nos servizos de saúde das CCAA.

Estaba aceptado por todas as partes que compoñen a Mesa Sectorial que teríamos RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA, pero a día de hoxe iso xa non está claro no SERGAS, polo que as organizacións sindicais vémonos na obriga de retomar as mobilizacións que no seu momento adiáramos para darlle un marxe de confianza ao novo goberno da Xunta.

Polo tanto a Plataforma Sindical, formada por: CCOO, CESM, CIG, CSIF, USAE e UGT, vai levar a cabo:

1. Campaña informativa nos centros semana do 14 de setembro.

2. Asembleas nos centros semana do 21 de setembro.

INFÓRMATE, DEFENDE OS TEUS DEREITOS
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 17-09-2009 14:24
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración polo mantemento da área
O persoal do HCV participou hoxe nunha nova concentración en defensa do mantemento da área de saúde de O Barco.

A semana que ven a Xunta de Persoal da área de O Barco imos percorrer os centros de saúde de toda a área co fin de ofrecer información ós usuarios e usuarias desta área dos graves problemas que poidera ocasionar a nosa desaparición como área.

o luns estaremos no centro de saúde de O Barco
o martes estaremos en Vilamartín e A Rua
o mércores no HCV
o xoves en Petín, Larouco, O Bolo, Viana, A Veiga e Vilariño
e o venes en Trives, Manzaneda, Rubiá e Sobradelo.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 17-09-2009 14:18
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 16-09-2009 20:00
Queres comentar ou preguntar algo?
PP: plan mellora de atención primaria pufo e panfleto
Nota: Emprégase para os cálculos do custo, o correspondente á categoría orzamentaria máis común en cada categoría profesional. Suponse unha cota patronal da Seguridade Social do 21%.
*Son prazas consolidadas nos orzamentos en xullo, setembro e outrubro 2009.


Diante as últimas declaraciois sobre o plan mellora de atención primaria polo portavoz do Grupo Parlamentario do PP de Galicia en materia de Sanidade, Rosendo Fernández. A executiva de CIG-Saúde enviou a nota de prensa que abaixo reproducimos. Está claro que este governo quérese cargar as poucas melloras conseguidas, veremos que pasa coas prazas que se deberían crear este ano e os 2 seguintes.

comunicado de prensa


Diante das declaracións realizadas polo portavoz do Grupo Parlamentar do Partido Popular de Galicia en materia de Sanidade, Rosendo Fernández, no Parlamento de Galicia, cualificando o Plan de Mellora de Atención Primaria de ?pufo e panfleto?, CIG-Saúde quere facer as seguintes puntualizacións:

? O Plan de Mellora, pese ás dificultades e retrasos na aplicación dalgúns aspectos, supuxo un paso moi importante para a Atención Primaria de Galicia, tanto polo seu contido como pola súa xestación, xa que naceu do acordo de organizacións Profesionais, Sindicais e da Administración.

? CIG-Saúde considera que neste momento, no ecuador do Plan, é especialmente importante reafirmarse na necesidade da súa completa aplicación, e non aceptará recortes nin cambios que desvaloricen ó pactado.

? As declaracións do portavoz do Partido Popular son desmentidas polo Diario Oficial de Galicia onde son publicados os orzamentos do Sergas, nel figuran as prazas creadas polo Plan de Mellora para o ano 2009, e o orzamento de cada praza (ver cadro da imaxe superior)

? É responsabilidade da Administración a execución orzamentaria e polo tanto é responsabilidade do Partido Popular que esas prazas, creadas e orzamentadas, se convertan en incrementos reais das plantillas dos centros de Atención Primaria.
? De non facelo así será o Partido Popular o responsable de converter o Plan de Mellora nun pufo e nun panfleto.

? Neste terreo non son validos criterios economicistas a curto prazo, todo o que se invista en potenciar a Atención Primaria supón un aforro en gasto sanitário a outros niveis, e sobretodo supón un ?aforro? de enfermedade, e polo tanto de sufrimento.

? O Plan de Mellora da Atención Primaria supón unha aposta clara por un tipo de sanidade pública, centrada nas necesidades do usuario e na resposta mais próxima a esas necesidades, polo que contempla un incremento da capacidade de resolución de problemas a este nivel, e por incrementar os servizos que se prestan aos usuarios: actividades preventivas, control de pacientes crónicos, atención a domicilio, cirurxía menor, control da anticoagulación oral (Sintrom), teledermatoloxía, realización de retinografías, etc.

? Para dar resposta a estas necesidades é para o que se precisan os incrementos de plantillas, polo que o que está en xogo é algo mais que unhas poucas prazas mais no sistema, o que nos xogamos e un modelo de Atención Primaria, de Sanidade Pública, que responda ás necesidades dos usuarios.

Compostela, 15 de setembro de 2009
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 15-09-2009 15:00
Queres comentar ou preguntar algo?
retomamos as accións por conservar a nosa área
A partires do luns 21 dende a Xunta de Persoal da área de O Barco levaremos unha campaña informativa no HCV e nos centros de saúde da área para tentar concienciar á poboación afectada da situación en que quedaríamos de seguir adiante coa tentativa do partido popular de eliminar a área de saúde de O Barco e integrarnos na de Ourense.

Lembramos que mañá ás 20 horas no multiusos do concello, celebrarase unha reunión da plataforma en defensa da área para marcar a estratexia a seguir, á que estades todos convidad@s
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 15-09-2009 14:13
Queres comentar ou preguntar algo?
Lamatumba - AC/DZ
Versión do famoso tema de AC/DC. Aquí temos á banda en pleno directo no programa musical da TVG, Banda Curta. Lamatumbá, o seu último disco en www.paitunes.com

xa botavamos de menos un pouco de "heavi".

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 12-09-2009 23:02
Queres comentar ou preguntar algo?
irmaus
Hoxe imos lembrar outra canción de Fuxan os Ventos. Trátase dun poema de Celso Emilio Ferreiro musicado polo grupo e que ven simbolizar a irmandade entre todos e todas os homes e mulleres do mundo. Queremos adicarllo a todas as persoas que sofren sometimento, humillacións, represión, morte... por mor do grande e verdadeiro mal que asola o planeta: o capitalismo feroz. Adicámosllo a todas as mulleres, que sofren represión, humillacións, violencia, morte... en todos os lugares do mundo. Adicámosllo ao pobo palestino, ao pobo afgano, ao pobo cubano, ao pobo hondureño... ao pobo galego!

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 12-09-2009 07:58
Queres comentar ou preguntar algo?
Persoal do H. Meixoeiro obrigado a traballar na privada
reproducimos no noso blog unha denuncia d@s compañeir@s de CIG-Saúde Vigo

Profesionais do Meixoeiro son obrigadas/os a desenvolver a súa xornada laboral nunha clínica privada.

Profesionais de enfermería que realizan técnicas de perfusión nos quirófanos de cirurxía cardíaca do Hospital Meixoeiro son obrigadas/os a realizar parte da súa xornada laboral nun hospital privado:

?Por medio do presente escrito queremos informarche de que a partir do día 14 de setembro deberás alternar o desenvolvemento das túas funcións como DUE no centro de traballo sito no quirófano de cirurxía cardíaca do Hospital do Meixoeiro, co desempeño das mesmas funcións no Hospital Nuestra Señora de Fátima, cando polo sistema rotatorio de traballo que ten establecido esta unidade, che corresponda realizar funcións de perfusión en quenda de tarde........?

A xustificación que utiliza Galaria, que é a empresa pública que substitúe ao Medtec na xestión destes quirófanos, é que faltan quirófanos e camas no Hospital Meixoeiro. Pero isto non é certo, xa que a actividade que se quere trasladar á clínica privada é pola tarde, cando un dos quirófanos de cirurxía cardíaca está pechado.

Esta medida, sen precedentes, de trasladar traballadoras/es estatutarios da sanidade pública á privada, mediante unha comunicación persoal, sen comunicala sequera aos representantes sindicais, supón unha clara vulneración dos seus dereitos, que non se pode xustificar pola mellora na prestación de servizos á cidadanía, xa que se transfiren profesionais e cartos da sanidade pública á privada cando temos recursos ociosos na sanidade pública.

Esta medida confirma ás intencións do Partido Popular de diminuír a actividade da sanidade pública para transferila á sanidade privada. Xeneran unha necesidade ficticia pra recorrer a artimañas que evidencian as intencións destes xestores de utilizar e potenciar a sanidade privada en contra de potenciar e xestionar con eficiencia os recursos públicos.

Cuidadín que ao lobo cada vez lle medran mais as orellas e os dentes.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 11-09-2009 13:26
Queres comentar ou preguntar algo?
DATAS E HORAS DE EXAMES
MECÁNICO/A-----16-10-09 10:00
FONTANEIRO/A-----16-10-09 16:00
LAVANDEIRO/A----- 17-10-09 10:00
PASADOR/A DE FERRO----- 17-10-09 16:00
TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I.----- 18-10-09 10:00
LOGOPEDA----- 18-10-09 10:00
TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E T.I.----- 18-10-09 16:00
ALBANEL----- 18-10-09 16:00
COSTUREIRO/A----- 23-10-09 10:00
TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA----- 23-10-09 16:00
TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO CLÍNICO----- 24-10-09 10:00
TELEFONISTA----- 24-10-09 10:00
TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN HIXIENE BUCODENTAL----- 24-10-09 16:00
PERRUQUEIRO/A----- 24-10-09 16:00
CALEFACTOR/A----- 24-10-09 16:00
GRUPO TÉCNICO DA FUNCION ADMINISTRATIVA-----
25-10-09 9:00
GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA----- 25-10-09 12:00
GRUPO ADMINISTRATIVO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA----- 25-10-09 16:15
TÉCNICO/A E. EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO----- 7-11-09 10:00
ELECTRICISTA----- 7-11-09 10:00
TERAPEUTA OCUPACIONAL----- 7-11-09 10:00
TÉCNICO/A EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA----- 7-11-09 16:00
PINCHE----- 8-11-09 10:00
TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN RADIOTERAPIA----- 8-11-09 10:00
TÉCNICO/A SUPERIOR DE SISTEMAS E T.I.----- 8-11-09 10:00
CELADOR/A----- 8-11-09 16:00
FISIOTERAPEUTA----- 14-11-09 10:00
TRABALLADOR/A SOCIAL----- 14-11-09 10:00
CARPINTEIRO/A----- 14-11-09 10:00
ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A----- 14-11-09 10:00
ENFERMEIRO/A E. EN OBSTETRICIA-XINECOLOXÍA (MATRÓN/A)----- 14-11-09 10:00
ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL----- 14-11-09 10:00
PERSOAL DE ENFERMERÍA (ATS/DUE)----- 14-11-09 16:00
GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA----- 15-11-09 9:30
PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS----- 15-11-09 13:00
COCIÑEIRO/A----- 15-11-09 17:00
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 10-09-2009 15:11
Queres comentar ou preguntar algo?
datas definitivas exame
O SERGAS publica na web da Xunta as datas de exame do SERGAS sen información previa ós sindicatos, copiamos e pegamos a información da web da xunta

Os exames de categorías estatutarias correspondentes á oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde celebraranse entre o 16 de outubro e o 15 de novembro

Existen 2.911 prazas ofertadas para 36 categorías, ás que hai 72.518 aspirantes convocados

Santiago, 10 de setembro de 2009.- As probas selectivas de categorías estatutarias correspondentes á Oferta Pública de Emprego (OPE) do Servizo Galego de Saúde comezarán o día 16 de outubro coas categorías de mecánicos e fontaneiros, e terminarán o 15 de novembro coas do grupo auxiliar de función administrativa, persoal de servizos xerais e cociñeiros.

Así, o 17 de outubro celebraranse as probas das categorías de lavandeiro e pasador de ferro; e o día seguinte (18 de outubro) terán lugar as de técnico de xestión de sistemas, logopeda, técnico especialista de sistemas e albanel.

O día 23 de outubro desenvolveranse os exames de costureiro e técnico especialista en anatomía patolóxica e citoloxía; o 24, as de técnico especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, telefonista, técnico especialista en hixiene bucodental, perruqueiro e calefactor; e o 25 serán as dos grupos técnico, administrativo e de xestión da función administrativa.

No mes de novembro, o día 7 celebraranse as probas das categorías de técnico especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, electricista, terapeuta ocupacional e técnico en coidados auxiliares de enfermería. O día seguinte, 8 de novembro, os exames que se realizarán serán os de pinche, técnico especialista en radioterapia, técnico superior de sistemas e celador.

Por último, o día 14 de novembro terán lugar as probas selectivas das categorías de fisioterapeuta, traballador social, carpinteiro, enxeñeiro técnico, matrona, enfermeiro especialista en saúde mental e persoal de enfermería (ATS/DUE).

Existen 2.911 prazas ofertadas para estas 36 categorías, ás que hai 72.518 aspirantes convocados. A categoría que oferta un maior número de prazas é a de enfermería, cun total de 1.099 prazas ás que optan 7.953 candidatos. Con respecto á OPE 2006 do Servizo Galego de Saúde, nesta ocasión ofértanse prazas en doce categorías máis. Ademais, prodúcese un incremento dun 26% no número de prazas.

Estas probas están reguladas polo decreto 25/2009 do 12 de febreiro e pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009. O pasado 14 de xullo publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución que modifica a convocatoria inicial para adaptala á Lei 2/2009, do 23 de xuño, na que se inclúe xa a apertura do prazo para a presentación da documentación acreditativa de estar en posesión dos cursos de coñecemento do galego.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 10-09-2009 13:48
Queres comentar ou preguntar algo?
somente sei que non sei nada
últimamente vemos incrementadas as preguntas e os comentarios sobre data de exames e listas de contratación, por desgraza o SERGAS non nos ten pasado mais información que a que temos publicada no blog, en contra do que algún ou algunha visitante deste blog insinua.

É a segunda OPE da que damos cumprida información no blog e tanto antes como agora sempre indicamos cales son as fontes de información (habitualmente do SERGAS). Nunca especulamos, porque coñecemos como funciona o SERGAS e sabemos que moitas veces a información que dan un dia a corrixen un dia mais tarde.

Hoxe mesmo voltamos a preguntar á xente encargada do tema de OPE e contratación de CIG-Saúde sobre 2 dos temas que mais preocupan ó persoal contratado que son a data definitiva de exames de OPE e a publicación das listas de contratación pendentes. A resposta.... o SERGAS anda moi liado e non dan contactado con eles a pesares que o levan intentado todo este tempo. Sobre as datas de exames o SERGAS se nos dixo que mañá ou o luns as dirán (veremos). E sobre a publicación das listas de contratación pendentes non sabemos nada en absoluto. É por isto e á espera de que entre hoxe e o luns teñamos por fin esas datas de exame que a nosa máxima preocupación se centra sobre a publicación provisoria de admitidos nas listas de contratación. Dende CIG-Saúde O Barco pensamos que a paciencia xa está esgotada e que é tempo de iniciar mobilizaciois para que dunha vez por todas se nos tome en serio; o mércores pensamos levar unha proposta ó consello nacional de CIG-Saúde para organizar e propoñer mobilizaciois para rematar con esta situación.
Pero pensade que para que se nos tome en serio temos que participar maioritariamente e non pase o de outras veces que aparecemos somente ante o SERGAS @s delegad@s de CIG-Saúde exclusivamente.
Manterémovos informad@s sobre estes e resto de temas como levamos feito ata o de agora.

en tanto como diría Sócrates: somente sei que non sei nada.

posdata: a estas éntranos un comentario decindo que o SERGAS xa publicou as datas de exame, sen mandar previamente información ós sindicatos (polo menos á CIG).
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 10-09-2009 13:44
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2 [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0