CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

elección de destino
Despois de que recibiramos varios comentarios de xente que chamou a Recursos Humanos e deronlle información sobre a elección de destino, volvimosnos poñer en contacto co SERGAS para que nos explicaran a información que deron. A resposta que obtivemos foi a seguinte:

"segundo a información telefónica que nos transmite o SERGAS xa teñen elaborado o calendario para a elección de destino. Están pendentes que Paniagua lles de O VISTO E PRACE e con posterioridade, hoxe, maña, pasado, o enviaran ás organizacións sindicais e colgarano na páxina web do SERGAS".

Ademais disto, probamos a chamar a recursos humanos como particulares, anónimamente, en lugar de como sindicato, e a resposta que nos deron é que estaba próxima a sair a data, pero que non nola podían decir ata que se publicara.

Resumindo: está próxima a publicarse a data de elección de destino, entre hoxe, mañá ou pasado, pero ninguén no SERGAS nos deu unha data do acto de elección de destino, nin aproximada.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-09-2008 13:09
Queres comentar ou preguntar algo?
farmacéuticos inspectores e traslados de funcionarios
Publícase hoxe no DOG a resolución que modifica a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade e pola que se crea a clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública.

Ademáis onte convocouse o concurso de traslados para os funcionarios da lei 17/1989. Podedes ver a resolución premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 09-09-2008 12:01
Queres comentar ou preguntar algo?
manifestación en Quiroga
OS SINDICATOS CIG-CC.OO-UGT CONVOCAN UNHA
MANIFESTACION EN QUIROGA O VENRES DIA 12 DE SETEMBRO DE 2008 AS 18:00 horas


O VINDEIRO VENRES DIA 12 DE SETEMBRO TERA LUGAR EN QUIROGA UNHA MANIFESTACION EN SOLIDARIDADE COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE , PEBOSA , CUPIGA , E FERLOSA, para reclamar que se lle pagen os salarios adevedados, estes compañeiros/as estan sen cobrar desde o mes de MAIO, desde a CIG-VALDEORRAS facemos un chamamento a toda a clase traballadora para que acuda a MANIFESTACION do vindeiro VENRES dia 12 de SETEMBRO as 18 horas, para amosar a nosa solidaridade cos traballadores e traballadoras e as suas familias e reclamar da patronal que cumpra cas suas obrigas.

PAREMOS-LLE OS PES OS PIZARREIROS!

EN SOLARIDADE COS TRABALLADORES DAS PIZARREIRAS DE QUIROGA ACUDE A MANIFESTACION.

O VENRES DIA 12 TODOS E TODAS A QUIROGA!
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 09-09-2008 12:00
Queres comentar ou preguntar algo?
publicado na intranet o acordo de concertación do hcv
Publicouse a semana pasada na Intranet o novo acordo de permisos suscrito entre a Dirección do HCV e as distintas organizacións sindicais.
Se queredes velo, podedes facelo a través da intranet ou premendo na ligazón (dende ese vínculo accededes á páxina de descargas e unha vez ahí dádelle a Click here to start download.. para descargar o acordo).
Para calquera dúbida, podedes preguntarnos polas canles habituais.

Comentarios (0) - Categoría: normativa interna hcv - Publicado o 08-09-2008 13:07
Queres comentar ou preguntar algo?
coa lingua de fora Quempallou
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 05-09-2008 22:24
Queres comentar ou preguntar algo?
trienios interinos
Estatuto Básico do Empregado Público.
Reclamación Trienios Interinos.


O EBEP recoñece o dereito do funcionariado/ estatutario interino a cobrar os trienios correspondentes aos servizos prestados antes da entrada en vigor do EBEP, con efectos retributivos desde o 13 de maio de 2007 (data inicial de vixencia da Lei).
Despois de máis dun ano o SERGAS sigue sin abonar e facer efectivas as cantidades ao persoal.
Posteriormente, a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 13 de setembro de 2007 abriu a porta a que se poidan reclamar as contías dos trienios anteriores á entrada en vigor do EBEP, baseándose no principio de non-discriminación aos/ás traballadores/as temporais en relación con aqueles/as que teñen un vínculo de duración indefinida. Esta fundamentación baséase no Acordo marco sobre o traballo de duración determinada (que figura como anexo da Directiva 1999/70/CE do Consello, de 28 de xuño de 1999).

Estes antecedentes dannos argumentos para facer reclamacións individuais, co obxecto de que sexan retribuídos os servizos prestados como funcionario/a- estatutario/a interino/a nos cinco anos anteriores á data en que se presente a reclamación, que é o prazo de prescrición das débedas da Administración galega conforme á Lei de rexime financeiro e orzamentario de Galiza. O máis probábel é que as reclamacións sexan rexeitadas en vía administrativa, polo que haberá que esperar ao criterio dos diferentes xulgados do contencioso-administrativo.
Para máis información e proceder a facer a reclamación nas secións sindicais de CIG-SAUDE que conxuntamente coa asesoria xuridica iniciaran o proceso.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 05-09-2008 16:30
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE: sen datas decididas
A raiz dun comentario deixado por alguen onte no blog
(6 me acaba de llegar un corrego de ugt en que dice que la elección de destinos la 2 quincena de este mes e incorporación el 1 de octubre a la plaza Comentado por nico (03-09-2008 14:16)
fixemos xestiois para enterarnos se era certa ou non esta noticia, a responsable de OPE de CIG-Saúde falou co SERGAS e isto foi o que lles responderon telefónicamente.

Segundo a información telefónica do SERGAS a elección de destino realizarase despois do 15 de setembro, Din que eles non trasmitiron ningunha información

polo tanto o único certo que hai é que a elección de destino será despois do 15 de setembro sen precisar data e non se sabe aínda cando será a incorporación.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 04-09-2008 12:49
Queres comentar ou preguntar algo?
Club Financeiro Vigo: un ataque mais a nosa lingua
artigo extraido de avantar

CHAMAMENTO AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS A RESPONDER CON MAIOR PRESIÓN SOCIAL E MAIOR USO DA LÍNGUA PROPIA

A CIG esixe unha rectificación pública do Club Financeiro de Vigo e denuncia o ataque ao galego que supón o seu informe

O ?Club Financeiro Vigo? (CFV), institución que proclama defender ?os intereses dos homes e mulleres de empresa?, ven de emitir un delirante ?caderno para o debate? sobre política lingüística, no que ataca as políticas de promoción do galego, defende o uso exclusivo do español como lingua que favorece a negociación e di que o uso e defensa da lingua propia podería facer as empresas sair do noso país

Non sorprende demasiado que unha institución deste tipo estea disposta a sacrificar a nosa lingua a favor dun suposto "beneficio económico". Porén, ese beneficio nin sequera é real e só é un argumento para encobrir a súa galegofobia, pois como demostran os casos vasco e catalán o uso da lingua propia non afecta negativamente a economía, máis ben ao contrario.

No informe, ademais, méntese descaradamente, asumindo os argumentos de partidos como o PP e colectivos españolistas como "Galicia Bilingüe" que falan duns suposta imposición do galego e da imposibilidade de estudar en español algo que non acontece no noso país. De feito, a insuficiente lexislación en materia de galeguización educativa é sistematicamente incumprida, e o ensino segue a ser o principal elemento españolizador na mocidade galega.

Planificada campaña

Desde a CIG, "denunciamos este ataque por parte desta institución reaccionaria á nosa lingua, que se encadra nunha planificada campaña por parte da extrema dereita contra o galego e os poucos dereitos dos que agora mesmo desfruta, para asi facilitar a súa desaparición a favor do español".

Rectificación pública e maior presión e uso do galego

Asimesmo, desde a central sindical nacionalista, Manuel Mera, Secretario confederal de Formación Sindical e Comunicación da CIG, esixe "unha rectificación pública e unha vez máis chamamos, por tanto, ás traballadoras e traballadores galegos a responder a estas campañas con maior presión social e por suposto con un maior uso da língua propia que precisamente as clases populares e non os empresarios foron capaces de manter viva ao longo dos séculos a pesar das agresións e persecucións dos poderes políticos e económicos".
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 03-09-2008 23:45
Queres comentar ou preguntar algo?
SPAM
estamos tendo centos de correos con SPAM tódolos dias, isto fai que teñamos problemas á hora de contestar as vosas preguntas e é posible que algunha delas non sexa contestada ó eliminalo; de decatarvos que a vosa pregunta non é contestada mentres sí o son preguntas posteriores a vosa, repetide a pregunta.
sentimos as molestias causadas por esta cuestión allea a CIG-Saúde Barco.

Estamos a espera de que os administradores da blogoteca solventen este problema, de non ser así teremos que valorar a suspensión temporal dos comentarios.
Comentarios (0) - Categoría: AS TUAS PREGUNTAS AIKI - Publicado o 03-09-2008 12:31
Queres comentar ou preguntar algo?
adivina adivinanza!
Levamos uns días que non paramos de recibir as mesmas preguntas repetidas unha e outra vez, e una e outra vez repetimos a mesma resposta:

CANDO SERÁ A ELECCIÓN DE DESTINO? CANDO SAIRÁN AS LISTAS DEFINITIVAS DE CONTRATACIÓN?

Cando o SERGAS queira. Nin antes nin despois. E, por suposto, nós non somos adivinos para saber cando será. Estamos todo o día tocando a bola (que non as bolas) a ver se sae algo, pero nin por esas.


Xa en serio: adoitamos poñer aqui a información que temos en canto a recibimos, polo que vos agradeceríamos que non volverades preguntar por esas datas. En canto as coñezamos daremos aqui a publicidade oportuna. Se non vedes nos artigos as datas é que non sabemos as datas. E, por suposto, tampouco as adiviñamos.

Graciñas.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 01-09-2008 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] 3
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0