CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

variación nas prazas ofertadas
O SERGAS ven de remitirnos o cadro de prazas definitivo, que vai ser publicado mañá no DOG. É este que podedes ver na imaxe. Están suliñados os cambios con respecto á primeira previsión que o SERGAS nos enviou.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 17-09-2008 14:22
Queres comentar ou preguntar algo?
listas provisionais de admitidos Sacyl varias categorías
Saen hoxe no Bocyl publicadas as listas de admitidos e excluidos na ope de Sacyl das categorías de:
? Cociñeiro
? Electricistas
? Médicos de urxencias
? Enxeñeiro superior
? Enxeñeiro técnico industrial
? Xestión da función administrativa
? Odontólogo
? Auxiliar administrativo
? Técnico en saúde pública
? Análises clínicas

Podedes consultalas na páxina web do Sacyl.
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 17-09-2008 14:20
Queres comentar ou preguntar algo?
prazas cruzadas
acabamos de cruzar as listas de enfermaria e auxiliares de enfermaria da OPE cas listas de contratación para ver de que área proven a xente, é orientativa simplemente; mañá se nos da tempo cruzaremos celadores e psx.
neste cruce de prazas decatámonos que da área de o barco hai 20 persoas que aprobaron a OPE que están nas listas de contratación desta área de saúde, polo que imos pedir que se saquen polo menos 20 prazas desta categoria para o HCV.
os datos cruzados que nos son coincidentes na categoria de auxiliar de enfermaria son 489, repartidos desta forma:


CORUÑA _____75
BURELA _____ 20
FERROL _____ 17
LUGO _______ 67
MONFORTE _____ 7
BARCO ______ 20
OURENSE ______ 29
PONTEVEDRA_____58
SANTIAGO______96
VIGO ________ 100


en enfermaria os datos son estes de abaixo:

coruña_____130
burela ______ 20
ferrol _______ 27
lugo _______ 55
monforte _____ 12
o barco ______ 20
ourense ______ 64
pontevedra _____44
santiago _____ 113
vigo _________ 107


en enfermaria non están as prazas de promoción interna
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-09-2008 21:31
Queres comentar ou preguntar algo?
modificación de prazas OPE
pois parece que algo conseguimos.
esta é o correo que nos envian dende a Executiva de CIG-Saúde. O pegamos íntegro:


Ola. Enviovos a información que transmitiu telefónicamente o D.X de Recursos Humanos do Sergas sobre as prazas ofertadas da OPE 2006:

Lugo: increméntanse 6 prazas de celadores, que se detraen de Vigo.

Santiago: increméntanse 8 enfermeiras, que se detraen de Vigo.
Increméntanse 16 prazas de auxiliares de enfermaría, que se detraen 9 de Vigo e 7 do Barco.


Ourense: Increméntanse 5 prazas de auxiliares de enfermaría, que se detraen do Barco.

Increméntanse 4 celadores, que se detraen da Coruña.


En total, do Barco detráense 12 auxiliares de enfermaría.

Os PSX de Ferrol están pendentes de revisar.

Comenta o D.X de Recursos Humanos que estes son os axustes que poden facer. Así mesmo comprométese que para a próxima OPE saian en cada centro de traballo o mesmo número de interinos que aproben a OPE, e non como sucedeu agora que algún centro priorizou os interinos sobre os aprobados.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-09-2008 18:42
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito ao SERGAS sobre as prazas ofertadas
Velaqui o escrito que CIG-Saúde ven de remitir á División de Recursos Humanos sobre as prazas ofertadas:


"En relación coas prazas ofertadas da OPE 2006 para persoal sanitario non facultativo e persoal sanitario, queremos manifestar o descontento que existe en todas as áreas sanitarias polo nº de prazas ofertadas.

Si o criterio a seguir foi sacar por Complexo Hospitalario o mesmo nº de interinos que superaron o proceso selectivo, este criterio non se corresponde co nº de prazas ofertadas. Máis ben parece que o criterio a seguir está en relación directa co cesamento de interinos.

As prazas que detectamos son:

Lugo:
-Enfermeiras/os: saíron a traslados 70, á OPE saen 37 (dos traslados veñen 22 e vanse para primaria 15, polo tanto aínda quedan 26 vacantes sen ocupar, 11 que quedan dos traslados e 15 máis da xente que se vai a primaria)

-AUXILIAR DE ENFERMERÍA: saíron a traslados 74, á OPE saen 40 (dos traslados veñen 35 e vanse só 3 para primaria, polo tanto só quedan 2 vacantes por ocupar), esto está bastante axustado

-CELADORES: saíron a traslados 26 á OPE saen 18 (dos traslados veñen 3 e vanse en total 11 para primaria, quedan 13 postos aquí sen ocupar)

Ferrol:
Faltan as seguintes prazas de PSX:
As Pontes: Saen 2 prazas e hai 4 vacantes. (-2)
Caranza: Sae 1 praza e hai 2 vacantes. (-1)
Narón: Saen 3 prazas e hai 4 vacantes. (-1)
Pontedeume: Saen 2 prazas e hai 3 vacantes. (-1)
Ortigueira: Non sae ningunha praza e hai 1 vacante. (-1)
En total faltan 6 prazas por ofertar.

Santiago de Compostela:
O nº de prazas que se ofertan de Enfermeiras/os e Auxiliares non se corresponde co nº de vacantes cubertas por interinos a data da convocatoria de OPE, nin co nº de interinas/os aprobados.

Ourense:
Debería de incrementarse a oferta de Enfermeiras/os, Auxiliares e celadores.

Sendo conscientes de que hai que cumprir o nº de prazas que saíron na convocatoria, solicitamos que se faga unha distribución máis homoxénea que minimice os desprazamentos do persoal coa dificultade de conciliar a vida familiar e laboral.

Por outra banda, queremos manifestar o noso desacordo de ter coñecemento das datas de publicación en DOG da toma de posesión a través do foro de ? Cefiasa?; academia que prepara oposicións. Agardando unha explicación.

Compostela, 16-09-08.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Xeral. CIG-SAÚDE.".


Pois iso, agardamos a resposta do SERGAS, e esperamos que este escrito dea os seus froitos.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-09-2008 13:48
Queres comentar ou preguntar algo?
datas de toma de posesión
Confirmado polo SERGAS, as datas de incorporación prevense deste xeito:

Publicación no DOG o 14/10/08 e inicio do prazo o 15/10/08:

*cociñeiro/a
*grupo técnico da función administrativa
*grupo de xestión da función administrativa
*grupo auxiliar da función administrativa
*persoal de servizos xerais
*celador/a


Publicación no DOG o 20/10/08 e inicio do prazo o 21/10/08:

*aux. de enfermaría
*ATS/DUE
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-09-2008 09:28
Queres comentar ou preguntar algo?
decretos de creación de categorías
Na reunión de Mesa Sectorial pasada quedaron aprobados os textos que regulan a creación das novas categorías:

Documentación Sanitaria
Técnico en Dietética
Técnico Auxiliar en Farmacia


No referente a Técnico en Dietética, CIG-Saúde volveu insistir en que a Administración debe de acabar coas externalizacións deste servizos. O SERGAS non pode crear unha nova categoría e convocar unha oferta de vinculacións temporais, para despois ofertar cero prazas por estar o servizo privatizado. Desde o SERGAS comentan que están nisto.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 16-09-2008 09:06
Queres comentar ou preguntar algo?
puntuacións definitivas grupos técnico e xestión de función administrativa
Publicadas no DOG de hoxe, as puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso, obtidas polos aspirantes das categorías dos grupos técnico e xestión da función administrativa.
Prazo de presentación de documentación: un mes.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-09-2008 09:01
Queres comentar ou preguntar algo?
acordo marco
Estase a negociar na Mesa Sectorial un Acordo Marco para a mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal estatutario. A Administración pretende que teña vixencia nos anos 2009 a 2012.
A negociación é dificultosa xa que o SERGAS pretende abordar nun só acordo tres tipos de temas:
· temas que xa estaban comprometidos en negociacións anteriores, e que xa teñen unha cuantificación económica,
· temas de equiparación salarial, que precisan de financiamento adicional,
· temas relacionados coa xornada e condicións de traballo.
Agora a Administración sitúa a negociación deste acordo no marco da crise económica actual.

Proposta da Administración

Ano 2008
Dende o mes de Xullo
Incremento de un nivel no complemento de destino.
Incremento do 15% sobre as contías de noites, domingos e festivos.
A contía de nocturnidade será a que se perciba pola 1ª e 2ª semana; queda suprimida a modalidade de 3ª e 4ª semana.
As xornadas nocturnas que se realicen en vésperas de festivos pasarán a ser retribuídas coa contía correspondente a un festivo.
Incremento do valor da hora de garda.

Ano 2009
Incremento do 10% sobre as contías de noites, domingos e festivos.
Destinaranse 3,5 millóns de euros ás medidas acordadas en atención primaria.
Equiparación do complemento de produtividade variable dos licenciados sanitarios (Técnicos de saúde, Odontólogos ?) cos médicos de familia .
Consolidación de grao de licenciados e diplomados sanitarios

Reforma do complemento específico-exclusividade.
Anos 2010-11-12
A Administración garante incrementos anuais por riba dos incrementos que contempla a lei de Orzamentos.
Financiamento do incremento do cadro de persoal para reducir xornada.

A pesares da dificultade da negociación CIG-SAÚDE segue a demandar do SERGAS que incorpore ao texto do ?Acordo Marco? e a súa proposta económica os seguintes aspectos:
1.- Cumprimento dos acordos anteriores:
· Concorrencia de noites e festivos (PAGO DO PLUS DE FESTIVOS NAS NOITES DE SABADO E ANTERIORES A FESTIVO).
· Incremento do 25% do complemento de traballo a quendas.
· 24 e 31 de decembro dous módulos de noites prefestivas.
· 1e 6 de xaneiro un módulo de noite prefestiva.
· Enfermeira/o de saúde especialista en saúde mental: Percibirá idénticas retribucións que a especialista en obstetricia.
· Modificación dos complementos de destino de determinados postos: Coordinadores de Técnicos e Auxiliares, Celador encargado de quenda, Xefaturas non sanitarias?
2.- Unha suba lineal do complemento específico, permitindo a todas as persoas que traballan no ámbito do SERGAS recuperar parte do poder adquisitivo e que nos sitúen na media dos servizos de saúde.
3.- Revisión das retribucións por gardas: igual valor ao valor da hora ordinaria.
4.- Atención Primaría:
· Compensación dos desprazamentos a domicilio.
· Grupo de traballo do persoal non sanitario.
5.- Acción Social: Prorrateo da Atención continuada en situación de I.T.
6.- Redución do nº de horas da xornada ordinaria:
. XORNADA DE 35 HORAS
· Prorrateo do último ano da atención continuada para as/os maiores de 55 anos que deixen de facer noites e festivos
· Contabilizar o tempo de cambio de quenda como xornada efectiva.

7.- Acordo sobre xornada laboral do persoal facultativo hospitalario:
· Converter as 48hs nun nº máximo de horas de garda mensual/anual.
· Regular gardas localizadas: un nº máximo de gardas.
· Gardas mixtas.
8.- Reclasificación dos grupos profesionais de Técnicos Sanitarios e Auxiliares de Enfermaría

O documento completo das nosas reivindicacións e o documento coas propostas do SERGAS están á túa disposición nos locais sindicais de CIG-SAÚDE. Isto só pretende ser un resumo das nosas reivindicacións onde destacamos os temas de interese xeral
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 15-09-2008 14:35
Queres comentar ou preguntar algo?
resposta sergas datas de incorporación
a responsable de OPE de CIG-Saúde puxose en contacto co SERGAS para ver qe habia de certo nas datas que apareceron aquí deixadas por vos:

Comparto convosco esta información "confidencial" que me chegou, xa que eu non sei gardar un segredo. Espero que sexa certa. A semán que ven publicase no DOGA as datas de elección de destino, que xa están na web SERGAS.
A toma de posesión está prevista para as seguintes datas:
Publicación no DOG o 14/10/08 e inicio do prazo o 15/10/08: cociñeiro,grupo técnico da función administrativa,
grupo de xestión da función administrativa,grupo auxiliar da función administrativa,persoal de servizos xerais,celador/a.
Publicación no DOG o 20/10/08 e inicio do prazo o 21/10/08: aux. de enfermaría,
ATS/DUE
Comentado por Previsións incorporacións (13-09-2008 14:06)


tamén lle preguntamos por unhas prazas que sairon a traslados en ferrol e non se cubriron cos traslados e non aparecen na oferta de OPE, isto pódese facer extensivo a maioria das áreas.

esta de abaixo é a resposta do SERGAS:

Bos dias,

a previsión que me reenvias efectivamente é a previsión coa que traballamos e a que trasmitimos aos centros para a sua organización interna. Non existe a confirmación exacta destas datas por que, como sabes, sempre depende do DOG, ainda que, efectivamente esa é a nosa previsión.

Temos outro tema pendiente que son as prazas que me enviastes de Ferrol, respecto a esto comentoche que, o criterio sempre é o de ofertar as prazas non cubertas no concurso de traslados, esto é as sobrantes do concurso. Nalgunhas categoriass dase a circunstancia de que sobran máis prazas do concurso que as ofertadas para a OPE, nese caso non ofertamos todas e cada centro determina o número de prazas a ofertar no seu ambito.

Por suposto se precisas calquera outra aclaración non dubides porte en contacto comigo
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 15-09-2008 14:21
Queres comentar ou preguntar algo?
QUEREMOS COBRAR!!!
QUEREMOS COBRAR!!!; esa foi a consigna mais coreada polos asistentes á manifestación que tivo lugar onte en quiroga (óredor de 2000 persoas).
esta manifestación foi convocada posto que o persoal das pizarreiras de Quiroga leva 4 meses sen cobrar e xa se están dando procesos de regulación de emprego.
É o primeiro aviso de que o ata o de agora foi motor dinamizador das economias de quiroga e Valdeorras, a pizarra, empeza a padecer as consecuencias do todo vale e da avaricia poucos escrúpulos dos pizarreiros.
perto de medio milleiro de traballadores e traballadoras ven perigar o seu posto de traballo e isto pódese extender a Valdeorras posto que hai varias empresas como por exemplo IPSA que tamén adeudan soldo ó persoal e irá á folga o dia 16.

as 6 da tarde de onte tódolos establecementos de quiroga pechaban as suas portas en solidariedade cos traballadores e traballadoras a quen se lles adeudan varios meses de soldo e a favor dos postos de traballo.
A manifestación transcurriu normalmente ata a chegada a nacional, onde a pancarta que levaban os lideres dos 3 sindicatos convocantes, que iba por detrás da pancarta portada polos degados e delegadas, adiantou a esta imprimindo mais velocidade á manifestación, instados pola guardia civil.
Foi penoso ver os líderes sindicais 300 metros por diante do persoal que quería e conseguiu paralizar o tráfico, en vez de estar con eles na reivindicación.
Especialmente vergonzosa a actuación dos lideres de UGT e CC.OO que intentaron reventar o corte de tráfico decindo que daban por rematada a manifestación ata que foron abucheados polos traballadores e marcharon.
Os traballadores e traballadoras de quiroga diron un exemplo do que é a loita obreira ó permanecer firmes na estrada a golpe de tambor desoindo ás cabezas pensantes e dirixentes.
O responsable de CIG de Monforte que en principio fixo o mesmo cos outros sindicatos separándose do persoal, ó final entrou en razón e uniuse ós concentrados no corte que durou case 2 horas.

no acto que se celebrou ó rematar interviron os 3 líderes, pero a intervención do lider ugetista foi interrumpida costantemente con abucheos e berros de vendido dos ali concentrados.

a noticia en "la región"

a noticia no correo gallego


deixámosvos un tubo da manifa:

Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 13-09-2008 13:52
Queres comentar ou preguntar algo?
PREGUNTAS
En vista da cantidade de preguntas recibidas, moitas delas repetidas, da cantidade de tempo que adicamos a respondelas (repetidamente tamén), vemos que o blog precisa un cambio na área de preguntas.

Imos reorganizar o tema deste xeito: funcionarán 3 enlaces a preguntas, un para preguntas sobre OPE e traslados, outro para preguntas sobre contratación e un último para o resto de preguntas.

Pregámosvos encarecidamente que vos dirixades á sección correspondente segundo a pregunta que vaiades facer, e, ademais, que revisedes as preguntas xa feitas e as respostas dadas por se o que ides preguntar xa está respostado.

Deste xeito para vós é máis doado localizar unha información, e a nós quedaríanos algo máis de tempo para facer outras cousas.

Agradecemos a vosa colaboración.

PINCHA NO DEBUXO QUE CORRESPONDA






Categoría: AS TUAS PREGUNTAS AIKI - Publicado o 12-09-2008 13:17
Queres comentar ou preguntar algo?
PREGUNTAS CONTRATACIÓN
Este artigo é para preguntas sobre contratación. Pregámosvos que leades as respostas que xa están dadas para non repetir as preguntas. Non imos respostar preguntas xa contestadas anteriormente.
Comentarios (0) - Categoría: AS TUAS PREGUNTAS AIKI - Publicado o 12-09-2008 13:06
Queres comentar ou preguntar algo?
PREGUNTAS OPE-TRASLADOS
Este artigo é para que fagades as preguntas sobre OPE e traslados que creas conveniente. Lede antes as respostas xa dadas para non repetir preguntas. Non imos contestar preguntas repetidas.
Comentarios (0) - Categoría: AS TUAS PREGUNTAS AIKI - Publicado o 12-09-2008 13:05
Queres comentar ou preguntar algo?
listas de admitidos
Saen hoxe no Bocyl publicadas as resolucións de exposición das listas provisionais de admitidos para a OPE e Bolsa de contratación das categorías de Diplomado en Enfermería e listados definitivos dalgunhas especialidades de Facultativos, para os que ademáis fíxanse as datas de exame.

Nos últimos días sairon tamén publicadas as listas de Técnicos en Radioterapia, Logopedas, Hixienistas dentais, Técnicos de laboratorio, Técnicos de Rx, Biólogos e varias especialidades de Facultativos. De matronas xa hai listados definitivos e data de exame (27 de setembro).
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 12-09-2008 09:31
Queres comentar ou preguntar algo?
prazas ofertadas a ope
Xa están colgadas na páxina web do SERGAS as relacións de prazas ofertadas. Podedes velas premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 11-09-2008 12:29
Queres comentar ou preguntar algo?
inaceptable regulación das 48 horas
Con data do 23 de xullo de 2008 o Xerente Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS ) emitiu unha resolución ?pola que se aproba unha nova programación funcional para o servizo de Medicina Intensiva do Hospital Clínico Universitario?. Nesa resolución se amplía, só para algúns facultativos do Servizo de Medicina Intensiva do Hospital Clínico do CHUS, o horario da xornada ordinaria até as 20:00 horas, coa conseguinte redución do horario da xornada complementaria, que pasa a comezar ás 20:00 horas, no canto de facelo a partir das 15:00 horas como viña sendo habitual até agora en todos os hospitais do SERGAS. A resolución, que se pretende que entre en vigor o próximo 1 de outubro, foille comunicada formalmente en pleno mes de agosto ao Comité de Centro do CHUS e, por unilateral e lesiva dos intereses dos traballadores afectados, foi claramente rexeitada por CIG-Saúde e por todos os demais sindicatos presentes nese organismo de representación sindical. En relación con esa resolución, desde CIG-Saúde, facemos as seguintes consideracións:

? A problemática á que pretende dar resposta a resolución non é unha problemática que afecte só ao Servizo de Medicina Intensiva do CHUS, senón que tamén afecta a moitos outros servizos do propio CHUS e de todos os demais hospitais do SERGAS. Esa problemática é a da dificultade de facer compatíbeis, nun contexto de envellecemento dos cadros de persoal e de déficit facultativos especialistas, por unha banda, o respecto ao límite legal das 48 horas da xornada semanal máxima obrigatoria e, por outra, a necesidade de asistencia continuada aos pacientes fora da xornada ordinaria ?estándar? de 8:00 a 15 horas. Trátase dunha problemática de ámbito claramente supralocal, e para que non ten ningún sentido buscar solucións parciais que afecten a un único servizo dun único hospital, ... de ser certa a opción proclamada polo SERGAS de optar por unha estratexia de relacións laborais baseada na procura de solucións negociadas aos problemas. Ademais trátase dunha problemática que o SERGAS se ten comprometido a tratar en Mesa Sectorial, cousa que veu repetidamente adiando malia os múltiples requirimentos que desde o noso sindicato lle temos feito ao respecto.

? A resolución adoptada polo xerente do CHUS, obrigar só aos facultativos con contratos temporais e aos propietarios que conseguiron praza durante o ano 2008, a facer horario deslizante facendo a súa xornada ordinaria en horario de tarde algúns días da semana, supón unha medida claramente discriminatoria para os profesionais afectados que, como sindicato, non podemos aceptar. Eses profesionais, sen ningún tipo de contrapartida, van ver deterioradas as súas condicións de traballo, ao ser obrigados algún día da semana a facer a súa xornada ordinaria en horario de tarde.

Nesta situación, CIG-Saúde está radicalmente en contra de que a resolución da Xerencia do CHUS do 24 de xullo de 2008 chegue a aplicarse, e solicitoulle á Dirección do SERGAS que suspenda a súa posta en practica mentres que a problemática que latexa detrás dela, as dificultades para aplicar en moitos servizos o límite legal de 48 horas de traballo semanal obrigatorio, non sexa debatida e se chegue a un acordo sobre ela na Mesa Sectorial.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 11-09-2008 11:43
Queres comentar ou preguntar algo?
que pasa co listado de prazas?
a espera de ter mañá resposta do SERGAS de porque non publicou o listado de prazas xunto cas datas de elección de destino; a sección sindical de CIG-Saúde Barco preguntámonos sobre os posibles motivos para que isto non fose así, e o que se nos ocurre dende logo non contribue a mellorar a imaxe xa bastante deteriorada do equipo de RR.HH. do SERGAS que leva o tema de OPE.

o saber que prazas hai en cada centro non solo repercute no persoal que acadou praza na OPE, senon tamén no persoal interino que non sabe se vai cesar ou non. Tamén nos serve polo menos @s delegad@s de CIG Saúde para controlar que a incorporación e os ceses do persoal se producen según a normativa e non pase o que leva pasado moitas veces, polo menos no HCV que se cesa a persoal que non se debería cesar. Igual é que estes señores e señoras de RR.HH. disfrutan tendo en ascuas ó persoal, pero a nós non nos fai ningunha gracia.

Cecais sexa que aínda non teñen definidas as prazas e estén a espensas do que lles digan os Xerentes dos centros, xa temos a experiencia do persoal auxiliar administrativo, que tendo a finais de maio rematado o proceso de baremación, fan que esperen a incorporarse co resto de categorias en outubro por presiois dos Xerentes para evitar ceses de interinos no vran.

Cecais nos estemos facendo "pallas mentais" e simplemente teñan un problema informático que lles impediu metelas hoxe, pero aínda así, porque non nos son facilitadas a relación de prazas ós sindicatos, para así polo menos darlle publicidade?.

en todo caso esperamos contestación mañá e a raiz desta, instaremos á executiva da nosa central a tomar medidas e denunciar esta actitude do SERGAS públicamente e dirixirlle un escrito a administración esixindo transparencia; probablemente quedémonos solos como tantas veces, pero dende CIG-Saúde Barco pensamos que é o menos que se debera facer para que dunha vez por todas os responsables desta calamitosa oposición se poñan as pilas, e esperamos que o resto dos sindicatos polo menos estén calados e non feliciten a administración pola "boa xestión" como xa fixo algún no seu dia.

materémosvos informados.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 10-09-2008 18:42
Queres comentar ou preguntar algo?
data de eleccion de destinos
ACTO DE ELECCIÓN DE DESTINOS


Edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro s/n de Santiago de Compostela, coa seguinte distribución de categorías:

Día 23 de setembro de 2008, ás 11 horas: cociñeiro, grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

Día 24 de setembro de 2008, ás 16 horas: grupo auxiliar da función administrativa; ás 18 horas: persoal de servizos xerais, quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 120 puntos e 100 puntos; ás 19 horas: persoal de servizos xerais, resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 99,999 puntos.

Día 27 de setembro de 2008, ás 10 horas: auxiliar de enfermaría: quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 109 puntos e 98,500 puntos; ás 11 horas: auxiliar de enfermaría: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 98,499 puntos e 94,250 puntos; ás 12,15 horas: auxiliar de enfermaría: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 94,249 puntos e 91,700 puntos; ás 13,15 horas: auxiliar de enfermaría, resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 91,699 puntos.

Día 27 de setembro de 2008, ás 16 horas: celador: quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 109 puntos e 93 puntos; ás 17 horas: celador, resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 92,999 puntos.

Día 28 de setembro de 2008, ATS/DUE: ás 9 horas:
quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 108 puntos e 95,500 puntos; ás 10,30 horas: ATS/DUE: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 95,499 puntos e 91,400 puntos; ás 12 horas: ATS/DUE: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 91,399 puntos e 88,600 puntos; ás 13,15 horas: ATS/DUE: resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 88,599 puntos.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 10-09-2008 12:57
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE 2008: publicación aprobación OPE facultativos
Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 10-09-2008 10:00
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2 [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0