CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

CALENDARIO LABORAL 2008
Decreto 152/2007, do 19 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2008 na Comunidade Autónoma de Galicia.


as festas laborais, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, serán as seguintes:

-1 de xaneiro: Aninovo.


-19 de marzo: San Xosé.


-20 de marzo: Xoves Santo.


-21 de marzo: Venres Santo.


-1 de maio: Festa do Traballo.


-17 de maio: Día das Letras Galegas.


-25 de xullo: Día Nacional de Galicia.


-15 de agosto: Asunción.


-1 de novembro: Todos os Santos.


-6 de decembro: Día da Constitución.


-8 de decembro: Inmaculada.


-25 de decembro: Nadal.


As festas mencionadas terán carácter retribuído e non recuperable. tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais,
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 06-08-2007 17:07
Queres comentar ou preguntar algo?
TABOA GRAOS DE PARENTESCO SERGAS
O ENLACE Á IMAXE EN BOA CALIDADE ABAIXO
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 06-08-2007 16:45
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA baremación provisional da fase de CONCURSO GRUPO A
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 2 de Agosto de 2007, faise pública a baremación provisional da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galiza (grupo A), escala de arquitectos.

Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, para presentar ás alegacións perante o tribunal. Dito prazo remata o vindeiro 14 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:37
Queres comentar ou preguntar algo?
AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTAIS

No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Mércores 1 de Agosto de 2007, faise pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos medioambientais da Administración da Xunta de Galiza dos funcionarios do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galiza, escala de axentes forestais.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:36
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA categoria profesional 001 Camareiro/a ? limpador/a do grupo V
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Mércores 1 de Agosto de 2007, fanse públicas as notas do 2º exercizo da fase de oposición, no proceso selectivo para o ingreso na categoria profesional 001 Camareiro/a ? limpador/a do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, nas quendas de acceso libre, promoción interna.

As respostas correctas para acadar a puntuación mínima do aprobado quedaron fixadas en 36.

Os aspirantes poderán presentar ás alegacións que consideren oportunas no prazo de 10 días hábiles. Remata o prazo o vindeiro 13 de Agosto de 2007

Segundo o fixado nas bases da convocatoria, os aspirantes que superaron o 2º exercizo, disporán dun prazo de 20 días naturais para presentar á documentación relativa á fase de concurso. Remata dito prazo o día 21 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:35
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA categoria profesional 066 Axudante de taller/adxunto de taller do grupo III
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Mércores 1 de Agosto de 2007, fanse públicas as notas do 1º exercizo da fase de oposición, no proceso selectivo para o ingreso na categoria profesional 066 Axudante de taller/adxunto de taller do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, nas quendas de acceso libre, promoción interna e cambio de categoria

As respostas correctas para acadar a puntuación mínima do aprobado (10 puntos) quedaron fixadas en 15 no acceso libre. En canto a promoció interna e cambio de categoria á puntuación mínima é de 12,5 puntos.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, os aspirantes poderán presentar ás alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles. Remata o prazo o vindeiro 13 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:34
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA categoria profesional 002 Axudante de traballos e oficios e outras, do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Mércores 1 de Agosto de 2007, faise público á ampliación do prazo de celebración do 3º exercizo da fase de oposición, no proceso selectivo para o ingreso na categoria profesional 002 Axudante de traballos e oficios e outras, do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Contra iste acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de Novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:33
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA ORDENANZAS 003


No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Luns 30 de Xullo de 2007, fanse públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 2º exercizo da fase de oposición na categoria 003 do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, Ordenanza e outras.
O corte quedou fixado en 29 respostas correctas para acceso libre e 25 para promoción interna, para acadar á puntuación mínima para superar iste 2º exercizo.
De acordo co disposto nas respectivas convocatorias, os aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, para presentar ás alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións. Remata dito prazo o día 10 de Agosto de 2007.
Os aspirantes disporán ademáis dun prazo de 20 días naturais, para presentar á documentación relativa á fase de concurso. Iste prazo remata o día 19 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:32
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA OPE Oficial 1ª cociña e outras do grupo III, e 005 Oficial 2ª cociña e outras
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Luns 30 de Xullo de 2007, fanse públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 1º exercizo da fase de oposición nas categorias 065 Oficial 1ª cociña e outras do grupo III, e 005 Oficial 2ª cociña e outras, polas quendas de acceso libre, promoción interna e cambio de categoria.

De acordo co disposto nas bases das convocatorias, os aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, para presentar ás alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións. Remata dito prazo o día 10 de Agosto de 2007
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:30
Queres comentar ou preguntar algo?
PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS AXENTES FORESTAIS

No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 26 XULLO 2007, fanse públicas as puntuacións definitivas do 3º exercizo da fase de oposición, xunto a data, hora e lugar de realización do 4º exercizo do mesmo corpo.

Grupo D
Corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia
(escala axentes forestais)
Cuarto exame do proceso selectivo en chamamento único.

Día: 7 de Agosto de 2007
Hora: 10:00
Lugar: Dirección xeral de Montes e Industrias Forestais.

Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:29
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA PROMOCIÓN Á ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTALES
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Luns 16 de Xullo de 2007, faise público á baremación definitiva da fase do concurso, unha vez efectuadas as correcións derivadas das reclamacións presentadas polos aspirantes.

Os interesados poderán formular recurso de alzada, perante o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo de 1 mes. Remata dito prazo o día 15 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:28
Queres comentar ou preguntar algo?
OPOSICIÓNS XUNTA GALICIA Categoria 002 do grupo V (Axundante de traballos ou oficios e otras)
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 12 de Xullo de 2007, faise público as seguintes novas do proceso selectivo na categoria 002 do grupo V (Axundante de traballos ou oficios e otras), promoción interna e cambio de categoria:

? Anulación das preguntas 16 e 42.
? Puntuación mínima para superar o 2º exercizo, 5 puntos, fixándose en 33 o número de respostas correctas.
? Puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 2º exercizo.
? Alegacións, no prazo de 10 días. Remata o 24 de Xullo de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:26
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA OPOSICIÓNS Categoria 012 do grupo V (Peón, laborante
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 12 de Xullo de 2007, fanse público as seguintes novas do proceso selectivo na categoria 012 do grupo V (Peón, laborante), acceso libre:

? Puntuación mínima para superar o 2º exercizo, 5 puntos, fixándose en 38 o número de respostas correctas.
? Puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 2º exercizo.
? Alegacións, no prazo de 10 días. Remata o 24 de Xullo de 2007.
? Presentación da documentación relativa á fase do concurso, 20 días naturais. Remata o prazo o 1 de Agosto de 2007
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:23
Queres comentar ou preguntar algo?
2º EXERCICIO ASISTENTES SOCIAIS
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Venres 3 de Agosto de 2007, fanse públicas as puntuacións obtidas polas/os aspirantes presentadas/os ao segundo exercicio do proceso selectivo de acceso ao Grupo II Categoría 017 (Asistente Social).
Anuláronse as preguntas 21, 31, 45 e 61 e entraron a ocupar o seu lugar as preguntas nº 41, 42, 84 e 85.
Cambiouse de resposta a pregunta nº 51 que pasou a ser correcta a resposta c) e a pregunta nº 75 pasando a ser correcta a b).
O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles (rematará o próximo 16 de agosto).
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:16
Queres comentar ou preguntar algo?
CADRO DEFINITIVO DE APLICACIÒN DE PERMISOS SERGAS
Permiso por parto


Duración: 16 semanas ininterrompidas, ampliadas en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo e, por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple.

Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se atope hospitalizado, cun máximo de 13 semanas adicionais.



Condicións de aproveitamento:

Distribución: O permiso distribuirase a opción da traballadora sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste de permiso.

Aproveitamento compartido (simultáneo ou sucesivo): Sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ao iniciar o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor aproveitamento dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir aproveitando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal.

Nos casos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade do fillo ou de parto múltiple.

Este permiso poderá aproveitarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen.


Observacións:

Supoñen innovación lexislativa a inclusión de supostos de ampliación de período para o caso de nacemento de discapacitado/prematuro/neonato hospitalizado.

Asemade, denótese que para o caso que aproveitamento compartido a incapacidade temporal da nai chegada a súa reincorporación non obriga á ?reversión? do tempo de permiso restante que estea nese momento aproveitando o pai, é dicir, este seguirá aproveitando da parte do permiso que lle foi cedida con independencia da saúde da nai.

Outra novidade supón a posibilidade da transferencia da licenza por maternidade nos matrimonios de mulleres, é dicir, a cónxuxe que non sexa a nai biolóxica, poderá aproveitar a parte da licenza de maternidade que non corresponda co descanso obrigatorio e que se podería transferir ao pai.

Permiso por adopción ou acollemento tanto preadoptivo como permanente ou simple


Duración: 16 semanas ininterrompidas, ampliadas en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.

Condicións de aproveitamento:

Cómputo: á elección do traballador o prazo contará a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción sen que en ningún caso un mesmo menor poda dar dereito a varios períodos de aproveitamento deste permiso.

Aproveitamento compartido: No caso de que ambos proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán aproveitalo de xeito simultáneo ou sucesivo, sempre en períodos ininterrompidos.

Nos casos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.

Este permiso poderá aproveitarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades de servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determine.

Desprazamento internacional previo:

Este permiso poderase iniciar ate catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento.

Cando fóra preciso dito desprazamento dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, terase dereito, ademais, a un permiso de ate dous meses de duración, percibindo durante este período exclusivamente as retribucións básicas.


Formación:Durante o aproveitamento deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.

Duración mínima do feito causante: Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan no Código Civil ou nas Leis civís das Comunidades Autónomas que os regulamenten, debendo ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano.


Observacións:

No caso de desprazamento internacional previo permitirase o fraccionamento do período e asemade entenderanse como retribucións básicas: soldo, trienios e respecto das pagas extraordinarias enténdese como básicas as súas compoñentes básicas, é dicir, soldo e trienios.




Permiso por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados


Titulares:

A traballadora ou o traballador (de xeito excluínte, é dicir, se os dous traballan deberán decidir quen aproveita o permiso, se ben, é certo que na maior parte dos supostos a nai estará aproveitando do permiso por parto, en todo caso nas súas seis primeiras semanas indispoñibles)

Condicións de aproveitamento:

2 horas diarias como máximo percibindo as retribucións íntegras.

Este permiso é compatible coa redución de xornada de máximo de dúas horas coa diminución proporcional das súas retribucións

Observacións:

En canto ao permiso de ausentarse xustificadamente (dúas horas retribuídas) establécese un aproveitamento alternativo (traballadora ou traballador) e en ningún caso simultáneo,

Debe entenderse compatible coa redución de xornada de dúas horas non retribuídas, é dicir, podería chegarse ate un total de ausencia do traballo máxima de 4 horas/día.




Permiso por paternidade, nacemento de fillo, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente


Titulares:

1º O pai sempre que estea casado ou sexa parella de feito da nai ou teña recoñecida a garda do fillo-a por resolución xudicial (ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio antes da utilización do permiso)

2º A nai a continuación da licenza de maternidade cando o pai non cumpre os requisitos anteriores ou tivese falecido antes de utilizar integramente ou se a filiación paterna non estivese determinada.

3º No caso de adopción ou acollida preadoptiva ou permanente poderá ser aproveitado polo pai ou pola nai (de xeito excluínte se ambos prestan servizos na Administración Pública galega)

4º No caso de matrimonio ou unións de feito de mulleres pode aproveitar deste permiso a que non sexa nai biolóxica.

Duración:

15 días naturais ou 20 se parto/adopción/acollida múltiple a aproveitar polo pai a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción

Observacións:

Substitúen aos 3/5 ou máis días do Acordo de Concertación Social
Substitúe ao establecido na lei de igualdade galega no que atinxe aos días de aproveitamento

Permiso de lactación


Por lactación dun fillo menor de doce meses terá dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou, nunha hora ao inicio ou ao final da xornada, cunha mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen.

Igualmente a traballadora poderá solicitar a substitución do tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente.

Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.


Observacións:

Condicións de aproveitamento:

O beneficiario do dereito é o menor de 12 meses

Permiso sustitutivo: poderá sustituirse o tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente (4 semanas ininterrompidas), ou ben por crédito horario (150 horas)

Non necesariamente se esixe o aproveitamento acumulado ao permiso por parto/adopción/acollida, mais deberá aproveitarse durante o primeiro ano:
- de vida do acabado de nacer, ou
- contado dende a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollida.Necesariamente durante o primeiro ano de vida no nacido ou durante o primeiro




Permiso para asistir e/ou acompañar a exames prenatais/técnicas de preparación ao parto / tratamentos de fecundación asistida


Titulares:
a traballadora embarazada para asistencia a exames prenatais e técnica de preparación ao parto
o/a traballador-a que se somete a tratamento de fecundación asistida
cónxuxe ou parella de feito acompañante a eses tratamentos ou a exames prenatais ou técnicas de preparación ao parto


Condicións de aproveitamento:
Polo tempo indispensable para a súa realización, en caso de desprazamento concederanse 2 días, entendéndose que existe o desprazamento sempre que sexa necesario -atendidas as circunstancias do caso concreto- pernoctar fóra do lugar de residencia.
Acreditación da realización no SNS e dentro da xornada de traballo
Aviso previo con 48h antelación, agás imposibilidade obxectiva.

Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave de familiar

Por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grado de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grado de consanguinidade ou afinidade, o permiso será dous días hábiles cando se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Observacións:

O permiso establecido polo ACS vese superado polo normado polo EBEP.

Trátase de días hábiles, é dicir, os previstos na carteleira do traballador.
Auméntanse a todo familiar de 2º grado consanguíneo ou por afinidade (cando no ACS limitábase a irmáns, avós e netos) téñase en conta o esquema que se anexa.


Permiso por accidente ou enfermidade moi grave


Feito causante:accidente ou enfermidade moi grave de:

-fillos ou fillas, acollidos ou acollidas ou conviventes menores de idade
-familiares, enfermos ou de idade avanzada,que necesiten a asistencia doutra persoa e convivan con eles


Duración:máximo de 30 días naturais por cada feito causante, que poderán aproveitarse nun único ou en diversos períodos.

Condicións de aproveitamento:

Este permiso concederase por unha súa vez ( con independencia do seu aproveitamento partido) é dicir, respecto dun mesmo proceso causante ?accidente ou enfermidade moi grave- e sen dar lugar a novos permisos por recaídas sucesivas ou procesos concomitantes inherentes ao proceso principal.

En todo caso, deberá persistir a necesidade

A súa concesión requirirá autorización previa da División de RRHH e Desenvolvemento Profesional.


Permiso para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral

Deberase entender cun carácter restritivo a alegación de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral dada a crecente normación de permisos nesta materia (doutro xeito converterase nun caixón de xastre ausente límites) polo que deberá limitarse a aqueles supostos que non respondan a feitos causantes que se poidan inscribir dentro doutros permisos.

Faltas de asistencia xustificadas por razón das violencia de xénero

Titular: a muller traballadora vítima de violencia de xénero

Duración: as faltas de asistencia, totais o parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda..

Acreditación:
A regra xeral para acreditar a existencia da situación de violencia de xénero será a presentación da orde de protección a favor da vítima, e excepcionalmente o informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero ate que se dite orde de protección

Manteñen a súa regulación inalterada os seguintes permisos:

Licenza por matrimonio ou parella de feito
Permiso por traslado de domicilio
Permiso por exames
Permiso para a formación
Permiso en materia electoral
Permiso para o exercizo do dereito de voto
Permiso por causas excepcionais ou extraordinarias
Permiso para realizar funcións sindicais


CADRO RESUMO REDUCIÓNS DE XORNADA


A) NON RETRIBUÍDAS

Redución por fillo prematuro/hospitalizado ao nacer
Titulares:

A traballadora ou o traballador (de xeito excluínte, é dicir, se os dous traballan deberán decidir quen aproveita a redución, se ben, é certo que na maior parte dos supostos a nai estará aproveitando do permiso por parto, en todo caso nas súas seis primeiras semanas indispoñibles)

Condicións de aproveitamento:

2 horas diarias como máximo coa correspondente redución de retribucións.

Esta redución é compatible co permiso xa sinalado máis arriba tamén de dúas horas de duración

Redución por garda legal
Suxeitos causantes:

Menor de 12 anos sobre o que o titular ten garda legal e coidado directo
Persoa maior que requira especial dedicación
Persoa con discapacidade que non desenvolva actividade retribuída

Pendente de determinación a porcentaxe de redución

Redución por causa de violencia de xénero
Titulares: as traballadoras vítimas de violencia sobre a muller

Duración: Non está determinada a porcentaxe de redución nin a súa duración (estremos pendentes de desenvolvemento)

Acreditación:
A regra xeral para acreditar a existencia da situación de violencia de xénero será a presentación da orde de protección a favor da vítima, e excepcionalmente o informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero ate que se dite orde de protección

B) RETRIBUÍDAS (en realidade trátase de ausencias xustificadas)

Redución por lactación
Esta redución de xornada recóllese máis arriba como permiso de lactación.

Redución por fillo prematuro/hospitalizado ao nacer
Esta redución de 2 horas xornada recóllese máis arriba como permiso.

para velo en pdf, preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 04-08-2007 07:45
Queres comentar ou preguntar algo?
Procesos selectivos Corpos Auxiliar e Subalterno da Xunta de Galicia
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 26 de Xullo de 2007, convócanse procesos selectivos para o ingreso nos seguintes corpos:

? Corpo Auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D). Prazas: 103, polo sistema de acceso libre, mediante procedemento de concurso ? oposición. Resérvanse 7 prazas para seren cubertas por discapacitados.

? Corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E). Prazas: 205, polo sistema de acceso libre, e mediante procedemento de concurso ? oposición. Resérvanse 14 prazas para seren cubertas por discapacitados.

A documentación a presentar en ámbolos procesos selectivos será, instancia según anexo II da convocatoria, fotocopia cotexada do DNI ou pasaporte e xustificante de tér aboado os dereitos de exame.


O prazo de presentación de instancias é de vinte (20) días naturais. Remata dito prazo o 16 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 01-08-2007 20:20
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0