CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

chamamentos
As preguntas e a información que dades sobre que número van chamando nesta ou outra área e categoria dirixídeas a este post, posto que últimamente estanse facendo no post adicados as preguntas, tedes enlace a este post na parte esquerda do blog no menú dos iconos onde pon chamamentos, tamén o poñemos en destacados para accceder a él, por favor dirixide a este post a información de como van as listas nas diversas áreas e categorias e tamén as peguntas sobre esta cuestión, é polo ben de todos.

Como de momento o SERGAS non está a publicar os chamamentos na sua web; e visto que moitos de vos estades a informar no apartado de preguntas onde van os chamamentos en cada área. Imos a abrir este post onde podedes tod@s aqueles que queirades informar dos chamamentos que se van producindo na vosa área e así poda servir de axuda ó resto do persoal.

Polo tanto debedes poñer os seguintes datos, ÁREA, CATEGORIA, Nº DE LISTA e duración do contrato se a sabedes.
Así mesmo poñemos un enlace directo a esta nova no lateral esquerdo do blog para que poidades acceder con maior facilidade.

Nós pola nosa banda seguiremos intentando que o SERGAS os publique diariamente na rede.

Podedes acceder tamén dende este post ós chamamentos das áreas de pontevedra norte e sur que teñen colgados na súa web @s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Vigo, picando aquí
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 16-03-2010 12:23
Queres comentar ou preguntar algo?
María Xosé Abuín, re-elixida secretaria nacional da CIG-Saúde no seu V Congreso
Preséntase unha única candidatura para a Executiva Nacional da CIG-Saúde que conta co apoio de 114 votos de 126 emitidos

A única candidatura presentada para a Secretaria Nacional, de María Xosé Abuín, obtivo o respaldo do V Congreso da CIG-Saúde con 85 votos e 7 votos en branco. Así mesmo, a candidatura encabezada tamén por María Xosé Abuín, e que foi a única presentada consegueu 114 apoios e 9 votos en branco. Na sesión de clausura ademais da re-elixida secretaria nacional da federación, participou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen fixo un chamamento a continuar na loita contra as políticas privatizadoras do goberno do PP e defender con forza a sanidade pública galega.


A sesión da mañá do domingo 14 de marzo comezou ás 11.30 coa votación dos relatorios de Organización e Implantación, así como os Estatutos, cun resultado de 73 votos a favor, 10 en contra e 9 abstencións.

Unha soa lista

A continuación presentouse unha só lista para a Executiva Nacional da federación da Saúde da CIG encabezada por María Xosé Abuín, única candidata tamén á Secretaría Xeral, a quen segue nesta candidatura, Xan Ramón Fernández, Susana Méndez, Lois Méndez, Camilo Agulleiro, Xoana Zamudio Manuel González, Vitor Vila e Carme Aira.

Resultados do proceso

A candidatura á Secretaria Nacional de María Xosé Abuín obtivo votos 85 votos, 2 nulos e 7 votos en branco. A candidatura para a Executiva Nacional da CIG-Saúde conseguiu 114votos, 3votos nulos e 9 votos en branco.

Resolucións

Presentáronse catro resolucións deste encontro, que tiñan que a ver coa vontade privatizadora das políticas do PP contra a sanidade pública galega, asi como pola mobilización e integración nas plataformas na defensa da sanidade existentes ou outras que podan xurdir. Tamén o ataque contra a galega e a posta na defensa da língua propia de Galiza foi protagonista doutra resolución, e tamén o rexeitamento ao peche do hospital da Cruz Vermella en Vigo

Sesión de clausura
Para por remate a estas dúas xornadas do V Congreso Nacional da CIG-Saúde tivo lugar a sesión de Clausura, na que participaron tanto a re-elixida secretaria nacional sa CIG-Saúde, María Xosé Abuín, como o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

A re-elixida secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, agradeceu a confianza depositada e fixo referencia ao grande reto que "toca afontar nesta nova etapa. A partir de hoxe comeza o traballo en todos os ámbitos, tanto na sanidade pública como na privada, para loitar e non sermos pisoteadas polas políticas privatizadoras do PP".

Rematou sinalando que "temos que demostrar que este país continúa a ser distinto a calquera outro porque aquí está e aquí traballa a CIG".

Intervención de Xan Cons

María Xosé Abuín solicitou que Xan Cons, anterior secretario nacional da CIG-Saúde, intervirá tamén neste remate congresual para agradecer o "respecto exquisito polo meu silencio e as miñas ausencias", e anunciou que "me poño a disposición de todos vós e da nova Executiva para establecer aquelas vías de participación e colaboración cos organismos".

Cons subliñou que "este V Congreso representa un antes e un despois, e é un orgullo observar e ser partícipe despois dos problemas, a presenza dunha federación forte, cunha Executiva de luxo, á que traslado a miña noraboa".

Intervención de Suso Seixo

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, fixo fincapé no importante traballo que se realiza desde esta federación "nun sector complexo, e máis nos tempos que corren, nos que teredes que realizar un grande esforzo para derrotar a vontade do PP de recortar o orzamento dos servizos públicos, e tamén na sanidade, coa sua política de privatización".

Sobre a crise económica, salientou que as causas da crise "non se encontran na rixídez do mercado, nin nos altos salarios da clase traballadora, senón que se debe ao reparto desigual da riqueza e ao fomento da economia especulativa. Mesmo estase tentando fomentar a economia especulativa a través dos recursos públicos, como no caso das axudas á banca, que non se trasladaron ao tecido produtivo".

Seixo avogou por unha política fiscal distinta e acabar cos paraisos fiscais, entre outras medidas.

O secretario xeral da CIG realizou un chamamento a responder a estas agresións, e denunciou a ocultación das mobilizacións do 10 de marzo por parte dos medios de comunicacións, unhas manifestacións das que participaron milleiros de traballadores e traballadoras.

Apostou por traballar para mudar a correlación de forzas actual, crear conciencia social, "organizarnos e mobilizarnos para un cambio de políticas e de modelo. Temos que ter esperanza e traballar porque esa é a nosa función como organización sindical nacionalista e de clase. Asi, entre todos e todas conseguiremos que non se nos impoña o modelo de privatización da sanidade".
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 15-03-2010 14:12
Queres comentar ou preguntar algo?
estamos de congreso
CIG-Saúde celebra esta fin de semana, días 13 e 14 de marzo, o seu V Congreso.

A Federación de Saúde da CIG celebrará o seu V Congreso durante os días 13 e 14 de marzo, no Hotel Auriense, en Ourense. As/os 143 congresistas que están convocadas/os, debaterán, a partir das 11:15 horas do sábado, os relatorios de Acción Social e Política Sanitaria e de Organización e Estatutos e elixirán á/ao nova/o secretaria/o nacional e á Executiva.

María Xosé Abuín, actual secretaria nacional, salienta que entre os temas a debater, a CIG-Saúde definirá as súas posicións a respecto da situación da sanidade pública e privada, da mesa sectorial, a negociación colectiva e sobre as novas fórmulas de xestión integrada de áreas.

Para a CIG-Saúde, este V Congreso, debe ser, ante todo, unha reafirmación do compromiso na loita sindical, ?non debemos conformarnos con parar as agresións que recibimos, debemos ter un posicionamento máis ambicioso xa que a transformación social é posíbel?.

CIG-Saúde aposta por construír unha organización sindical forte, para enfrontar as agresións que o conxunto da sanidade está a sufrir ?pola implantación das políticas neoliberais e a receptividade e o fomento dos gobernos a dar entrada ao capital privado no sistema sanitario, convertendo este nun negocio que de futuro só dará beneficios ao mundo empresarial en detrimento da calidade asistencias, da carteleira de servizos que se ofertan á poboación e dos dereitos dos/as traballadores/as?.

A federación parte de que con estas políticas sanitarias foméntanse cada día máis as desigualdades sociais, rachando cos principios básicos que contén a Lei Xeral de Sanidade ?universalidade, gratuidade e equidade no aceso ao sistema sanitario?.

Desde a CIG-Saúde tamén se observa con preocupación que, desde algúns sectores da sociedade, se pretenda responsabilizar dos males do sistema á descentralización. Por iso manifestan, como punto de partida, o seu rexeitamento a ?calquera opción que tenda a burocratizar e acartonar a negociación colectiva e o ámbito das relacións laborais a través de pactos estatais?.

Estes serán, entre outros, os temas a tratar durante a que xa se prevé como unha intensa fin de semana.

Como reza o noso lema, traballamos avanzando na defensa da Sanidade Pública e dos nosos Dereitos.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 12-03-2010 13:35
Queres comentar ou preguntar algo?
modelo de recurso de alzada listas
Deixámosvos aqui un modelo de recurso de alzada aproximado. Para evitar que nos inundedes de preguntas repetidas e redundantes, lede ben antes estas instruccións:

1. Para facer un recurso de alzada é preceptivo ter realizado antes unha reclamación. O recurso de alzada tén que estar baseado nunha reclamación previa, da que se debe axuntar copia ao recurso. Pódese presentar o recurso de alzada sen reclamación previa naqueles casos en que nas listas provisionais non houbera nada que reclamar, pero nas definitivas cambia a situación.

2. Este modelo é orientativo. Depende da causa pola que presentedes o recurso tendes que adaptalo ao que corresponda. Facemos un modelo do que sería o máis habitual, que é reclamar puntos nun apartado, pero tendes que adaptalo se o recurso o presentades para que vos cambien de área ou de categoría, por exemplo, poñendo o que corresponda.

3. Unha vez que teñades o recurso feito tendes que presentalo xunto cunha copia da reclamación previa e da documentación que creades oportuna para xustificar a vosa petición, en calquera rexistro, do SERGAS ou doutra administración, dirixido á División de Recursos Humanos (isto xa vai posto no escrito). Os rexistros do SERGAS atópanse en cada xerencia (ben sexa hospitalaria, ben sexa de primaria) e nas direccións provinciais do SERGAS.

Dito isto, velaqui vos deixamos un modelo que vos servirá de base, pero tende en conta as adaptacións oportunas. Todos os ocos que están cubertos con XXXXXXXX, son ocos que tendes que rechear cos datos correspondentes.



De: XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
A: División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do SERGAS


Dona/Don XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX, con D.I. nº XXXXXXXXXXXXXXXXX, e enderezo a efectos de notificación en XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX, a Vde:

EXPOÑO:

1. Que presentei solicitude para as listas de contratación do SERGAS na convocatoria realizada por Resolución do 1 de abril de 2009 (DOG do 17 de abril) na categoría de XXXXXXXXXXXXX. na área de saúde de XXXXXXXXXXXXXXX.

2. Que ante a publicación das listas provisionais o pasado 18 de decembro de 2009, presentei reclamación en tempo e prazo (da que axunto copia), por non estar de acordo coa puntuación no apartado de XXXXXXXXXXXXXXXXXX.

3. Que na publicación de listas definitivas de día 12 de marzo de 2008, aprecio que non é subsanado o problema e sigo coa mesma puntuación. Polo que volvo expoñer a causa do meu desacordo con esa baremación:

a. xxxxxx.

b. xxxxxx.

c. xxxxxx.

SOLICITO: Se teña por presentado este escrito e sirva como RECURSO DE ALZADA, xa que por todo o exposto, non podo estar de acordo cos XXXX puntos que se me outorgan no apartado de XXXXXXXXXXXXXXXXX e solicito que se revise a miña baremación e se me concedan os XXXX puntos que me corresponderían polos motivos expostos, quedando eu nos listados cun total de XXXX puntos no apartado de XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX


Asdo: XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX.



En XXXXXXXXXXXXXX a XX de XXXXXXXXXXXXXXX de 2010
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 12-03-2010 12:20
Queres comentar ou preguntar algo?
publicadas listas definitivas pendentes
Publícanse, tal e como se anunciou, no DOG de hoxe, as listas definitivas das categorías de DUE, TCAE, Matronas, Cociñeir@s, Odontólog@s, Médic@s de Familia, Médic@s de Urxencias Hospitalarias e Pediatras.

Podedes ver a resolución premendo aqui.

E as listas na páxina web do SERGAS.

Ao contrario do que viñamos indicando, parece ser que as listas entran en vigor hoxe mesmo, é dicir, hoxe mesmo xa se fan chamamentos por estas listas.

O prazo para presentar recursos de alzada empeza mañá e é dun mes.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 12-03-2010 08:59
Queres comentar ou preguntar algo?

Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 12-03-2010 00:18
Queres comentar ou preguntar algo?
resolvendo dúbidas
Posto que xa nos preguntastes en varias ocasións cando entraban en vigor as novas listas, procedemos a aclaralo, para non ter que repetir constantemente a mesma resposta:

* A previsión é que se publiquen as listas definitivas de DUE, TCAE, Matronas, Cociñeir@s, Odontólog@s, Médic@s de Urxencias Hospitalarias, Médic@s de Familia e Pediatras mañá venres día 12 de marzo.

* A publicación de mañá de resolución das listas incluirá a data na que entren en vigor. Habitualmente (ata o de agora nunca foi doutro xeito) a data de entrada en vigor é o día seguinte á publicación. É dicir, de ser desta vez doutro xeito indicaríase na resolución, de ser coma sempre, empezarían a chamar polas novas listas o sábado día 12.

* Unha vez publicada a resolución, tamén se abrirá prazo, que se indicará igualmente na resolución, para presentar recursos de alzada aquelas persoas que consideren que están mal baremadas ou calquera outra reclamación. Para a resolución destes recursos de alzada, o SERGAS dispón de 3 meses, pasados os cais publicará uns novos listados coas modificacións que haxa. Pero, mentres, as listas que se publiquen mañá serán totalmente vixentes.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 11-03-2010 11:27
Queres comentar ou preguntar algo?
sinaturas a prol da lingua
noticia extraida de vieiros

Queremos Galego recollerá sinaturas a prol da lingua malia o freo do Parlamento á ILP

Para a plataforma, o bloqueo á Iniciativa Lexislativa Popular é "unha mostra máis do medio que o PP ten a que a sociedade exprese o seu apoio á lingua".

Plataforma Queremos Galego seguirá adiante co seu propósito de recoller sinaturas a prol da lingua galega entre a cidadanía, e farao logo de que a Mesa do Parlamento frease a iniciativa desta rede que agrupa a perto de 700 entidades sociais de todo o país. A Plataforma criticou este martes que a Cámara rexeitase a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) impulsada nos últimos meses, un texto co que se chamaba a garantir plenamente a posibilidade do uso do galego por parte dos cidadáns diante da administración, desenvolvendo o estabelecido na lei de normalización.

Desde Queremos Galego consideran que este freo á ILP é unha mostra máis "do medo que o Partido Popular ten a que a sociedade exprese de calquera maneira o seu apoio ao uso da lingua propia e oficial do noso país, mesmo utilizando e manipulando de xeito partidario institucións públicas como a Mesa do Parlamento e lexislación como a da Iniciativa lexislativa Popular para os seus fins". Recordan desde a plataforma que iniciativas anteriores foron tramitadas "sen lles seren aplicadas visións restritivas, con toda naturalidade, independentemente da súa aprobación final ou non".

Por este motivo, os colectivos integrantes da plataforma seguirán coas súas accións en defensa da lingua e entre elas incluirán a recollida de sinaturas "exactamente baixo as mesmas condicións que se faría coa ILP", e achegaranllas a todos os grupos parlamentarios ao final do proceso. Ademais, para asegurar as garantías xurídicas e velar polo cumprimento da legalidade, constituirase unha comisión xurídica formada por profesionais de diversos ámbitos do Dereito e a Xustiza. En nome da plataforma, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, chamou a cidadanía a mobilizarse "e non deixar pisar os seus dereitos lingüísticos e políticos", que dixo estaren "duplamente vulnerados ao negárselle admisión a trámite parlamentar á iniciativa".


Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 10-03-2010 12:42
Queres comentar ou preguntar algo?
PLAN DE ESTUDOS DO GRAO ENFERMERIA
Deixamos a ligazón ó DOG do día 9 de Marzo no que sae publicado o PLAN DE ESTUDOS DO GRAO ENFERMERIA

Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 10-03-2010 12:33
Queres comentar ou preguntar algo?
data prevista de publicación de listas definitivas
@s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Lugo mantiveron esta mañá unha reunión na Mesa de Contratacións de Lugo onde se lles indicou que probablemente este venres día 12 de marzo publicaríanse as listas definitivas de contratación das categorías pendentes (DUE, TCAE, cociñeir@s...).

Velaqui tendes o texto que publican @s nos@s compañeir@s no seu blog:

PROBABLE DATA DE PUBLICACIÓN: VENRES 12 DE MARZO

ENFERMERÍA, AUX. ENFERMERÍA, COCIÑEIRO, MEDICO FAMILIA, ODONTOLOGOS, PEDIATRAS..


Hoxe tivemos reunión da mesa de contratacións provincial, na cal, a administración nos informou da probable publicación das listaxes definitivas de contratación temporais pendentes, o próximo venres 12 de marzo de 2010.

Veremos si é así.

CIG-SAUDE



O SERGAS ACABA DE CONFIRMALO: PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS O VENRES 12 DE MARZO.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 09-03-2010 14:14
Queres comentar ou preguntar algo?

o blog de eneko
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 09-03-2010 14:12
Queres comentar ou preguntar algo?
por fin a Guía OPE
Como saberedes, levábamos tempo pedíndolle ao SERGAS unha guía con aclaracións sobre a OPE en canto a criterios para formular os exercicios como aclaracións sobre baremación (títulos que non son requisito e que puntúan, puntuación dos servizos prestados na privada, puntuación dos servizos prestados como reforzos de PAC...) e por fin aqui está o borrador da famosa Guía. Nestes momentos estamos en período de alegacións, o xoves 18 de marzo haberá unha reunión para negociar os criterios definitivos, polo que tomade isto como o que é, unha proposta inicial:

PROPOSTA DE CRITERIOS DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE EN RELACIÓN COA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2009 PARA O INGRESO EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO DO ORGANISMO.

A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco establece as bases, entre outras materias, da provisión de prazas do persoal estatutario, e insta as comunidades autónomas a aprobar, en desenvolvemento delas, as normas aplicables nos respectivos servizos de saúde.

En execución desta previsión normativa, no ámbito da nosa comunidade autónoma aprobouse o Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 145, do 29 de xullo), modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro (DOG nº 208, do 27 de outubro), que dedica os seus Capítulos II e III á selección de persoal fixo e á promoción interna, respectivamente.

Por Resolución da Secretaría Xeneral do do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) convocouse concurso-oposición para o ingreso nas diversas categorías de persoal estatutario do organismo, modificada pola Resolución da Xerencia do organismo do 8 de xullo de 2009 (DOG nº 136, do 14 de xullo).

Se ben, de conformidade co establecido no artigo 13.4 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, corresponden aos tribunais de selección, de conformidade co que se estableza na correspondente convocatoria, as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e a cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas, non é menos certo que as resolucións e acordos dos tribunais as vinculan á Administración, o que lle confire un papel de coordinación e supervisión daqueles, en orde a garantir unha axeitada aplicación das bases das respectivas convocatorias.

Para facilitar o labor dos tribunais, para unha axeitada e homoxénea interpretación das bases da convocatoria, a Dirección de Recursos Humanos considera necesario elaborar esta proposta de criterios, que conta co respaldo unánime de todas as organizacións sindicais presentes en negociación.

Estes criterios teñen un carácter interpretativo e orientativo, correspondendo aos tribunais de selección a decisión sobre a súa aplicación.

I.- CONSIDERACIÓNS PREVIAS:

1. - Constitución dos tribunais de selección:

Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia dos tribunais de selección, a Dirección de Recursos Humanos convocaraos a unha reunión conxunta na que se exporá esta proposta de criterios para a súa posterior ratificación, se é o caso, por cada un deles.

A Dirección de Recursos Humanos velará para que os tribunais actúen de forma coordinada e homoxénea.

Na devandita sesión procederase igualmente á constitución formal de cada un dos tribunais de selección, para o que será necesario contar coa asistencia da maioría dos seus membros titulares ou suplentes.

O Presidente do tribunal requirirá de todos os membros declaración expresa por escrito, no documento facilitado pola Administración, de non estar incursos en ningunha das causas legais de abstención (na sesión constitutiva entregarase a cada tribunal o listado definitivo de admitidos e excluídos).

Na devandita sesión adoptarase a decisión que corresponda respecto a esta proposta de criterios ou calquera variación acordada respecto a estes.

Igualmente farase constar en acta que para as demais sesións do tribunal se utilizará a fórmula da autoconvocatoria, sen necesidade de citación por escrito aos seus membros.

Os tribunais terán a súa sede nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, onde celebrarán as súas sesións, sendo necesario que estean presentes, polo menos, a maioría dos seus membros titulares ou suplentes.

De todas as sesións dos tribunais os secretarios deberán levantar a correspondente acta, que será asinada polo Presidente e polo Secretario.

Como regra xeral, as sesións dos tribunais, deberán celebrarse en horario de tarde.

2. - Desenvolvemento dos labores dos tribunais de selección:

Logo de proposta ó órgano convocante, os tribunais de selección poderán contar coa colaboración dos asesores especialistas ou de apoio que consideren oportunos, que se limitarán a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

Igualmente, para as tarefas de mecanografado dos exercicios da fase de oposición, os tribunais poderán contar coa axuda do persoal auxiliar da Dirección de Recursos Humanos.

En todos os casos, o Presidente do tribunal deberá solicitar declaración expresa por escrito de non se achar incursos en ningunha das causas legais de abstención.

Os membros dos tribunais, os asesores especialistas e o persoal auxiliar, deberán manter sixilo e confidencialidade sobre os datos ou asuntos dos que teñan coñecemento como consecuencia da súa participación ou colaboración nos labores dos tribunais de selección.

A elaboración dos exercicios da fase de oposición realizarase na sede dos tribunais e cos medios materiais que facilitará a Dirección de Recursos Humanos.

Igualmente, toda a documentación utilizada polos tribunais, incluídos os exercicios da fase de oposición, quedará custodiada na sede dos tribunais.

Os tribunais terán que entregar a Dirección de Recursos Humanos, as preguntas dos exercicios da fase de oposición, para a xestión das tarefas de imprenta que corresponden á devandita Dirección.

Igualmente deberá entregar a devandita Dirección, o día seguinte hábil ao da celebración dos correspondentes exercicios, o equipo de respostas correctas destes.

Os exercicios da fase de oposición de cada unha das categorías e especialidades celebraranse en unidade de acto e no mesmo día.

II.- FASE DE SELECCIÓN:

1. - Exercicios específicos:

A fase de oposición, en cada unha das categorías que se convocan, consistirá na realización dos exercicios que se enumeren na correspondente convocatoria e coa forma e sistema de cualificación descrita.

Para a elaboración destes exercicios deberán terse en conta as seguintes recomendacións:

1. - As preguntas serán tipo test con 4 respostas alternativas, cunha soa resposta válida.

2- Evitarase facer preguntas con dobre negación.

3. - As preguntas terán unha formulación sinxela procurando facilitar a súa comprensión polos opositores.

É recomendable que cada tribunal elabore máis preguntas das que formen parte do exame, entre as cales, o presidente ou secretario, como membro do tribunal nomeado por proposta da Dirección de Recursos Humanos, de xeito aleatorio, sorteará as preguntas das que finalmente constará o exercicio.

Estes exercicios serán bilingües, dispoñendo a Dirección de Recursos Humanos dun tradutor de galego que estará a disposición dos tribunais que o soliciten.

2. - Exercicio da parte común:

Para os efectos de garantir o mesmo grao de dificultade para todos os aspirantes, o exame da parte común do programa será idéntico para todas as categorías do mesmo grupo de titulación cuxos exercicios se realicen no mesmo día e hora, correspondendo a súa elaboración á Dirección de Recursos Humanos, debéndose facultar expresamente á devandita Dirección para tal finalidade na correspondente Acta.

3. - Exercicio de coñecemento da lingua galega:

Para os efectos de garantir o mesmo grao de dificultade para todos os aspirantes, o exame de coñecemento da lingua galega será idéntico para todas as categorías do mesmo grupo de titulación cuxos exercicios se realicen no mesmo día e hora, correspondendo a súa elaboración á Dirección de Recursos Humanos, debéndose facultar expresamente á devandita Dirección para tal finalidade na correspondente Acta.

4. - Publicación das plantillas provisionais de respostas correctas:

No prazo dos 2 días hábiles seguintes á realización dos correspondentes exercicios, a Dirección de Recursos Humanos publicará, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidad e do Servizo Galego de Saúde e na páxina Web do organismo, as plantillas provisionais de respostas correctas dos distintos exercicios, polo que os tribunais deberán entregar á devandita Dirección, o día seguinte hábil ao da celebración dos correspondentes exercicios, a plantilla de respostas correctas destes.

Os aspirantes dispoñen dun prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación das plantillas provisionais de respostas correctas para formular reclamacións.

5. - Publicación das puntuacións dos exercicios:

Se o tribunal, de oficio ou de acordo coas reclamacións presentadas, anulase algunha das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente nos mesmos lugares antes sinalados, xunto coas puntuacións provisionais dos distintos exercicios.

Neste caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A corrección dos correspondentes exercicios realizarase na sede dos tribunais, cos medios materiais que facilite a Dirección de Recursos Humanos, e nas datas que, por razóns organizativas, determine a devandita Dirección, contando coa presenza dos membros dos correspondentes tribunais que o desexen.

Tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios os aspirantes disporán dun prazo de 5 días hábiles para formular reclamacións unicamente se existisen erros na confección aritmética da puntuación obtida.

Unha vez estimadas ou desestimadas, as reclamacións que no seu caso se presenten contra a publicación das puntuacións provisionais, publicaranse as puntuacións definitivas e abrirase un prazo de 15 días hábiles para que os aspirantes que superen a fase de selección presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

III.- FASE DE CONCURSO:

NORMAS XERAIS:

1. - Prazo de presentación da documentación:

De acordo coa base sexta b).1 da convocatoria, o prazo para a presentación da documentación do concurso será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das notas definitivas.

Por iso, calquera documentación achegada polos interesados con posterioridade ao devandito prazo, non pode ser tida en conta, salvo que fixesen constar que non podían achegala por non a expedir a tempo a institución correspondente, e sempre que acompañasen copia da solicitude de tal documentación.

Por outra parte, de acordo co establecido na base sexta b).4 da convocatoria, os tribunais poderán requirir, de oficio, dos interesados ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación no concurso.

2. - Documentación que se debe presentar:

Os aspirantes deberán presentar fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na categoría así como toda a documentación acreditativa dos méritos que desexen sexan tidos en conta de conformidade co establecido no Anexo IV (baremo de méritos).

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado dos títulos ou certificacións redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

En canto ás publicacións redactadas nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por tradutor xurado.

3. - Compulsa da documentación:

Todos os documentos achegados polos interesados deberán ser orixinais ou copias debidamente compulsadas.

As compulsas que se realicen nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, serán gratuítas para o persoal vinculado a estes.

4. - Data de posesión dos requisitos e de valoración dos méritos:

Segundo a base segunda da convocatoria todos os requisitos esixidos para a participación neste proceso deben de ser reunidos polos aspirantes na data en que finalice o prazo de presentación de instancias (31 de marzo de 2009, inclusive)

Igualmente, e de acordo coa base sexta b).3, a valoración dos méritos da fase de concurso referirase ao último día do prazo de presentación de instancias, é dicir, ata o (31 de marzo de 2009, inclusive)

VALORACIÓN DA FORMACIÓN:

1. - Formación académica: (só para as categorías de persoal sanitario).

- Só se valorarán as notas da titulación esixida para o acceso á correspondente categoría.
- Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física, así como tampouco as materias optativas ou de libre elección/configuración.

3. - Formación continuada:

- Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título esixido para o acceso á categoría á que se opta, coa excepción daquelas categorías para as que sexa necesaria unha formación especializada (matrón/a e enfermeiro/a de saúde mental) nas que se poderán valorar os cursos de formación realizados durante o período de formación especializada sempre que non estean incluídos no programa docente da correspondente especialidade.
- Os cursos de prevención de riscos e de informática valoraranse para todas as categorías e con independencia da data de realización.
- Cando o certificado exprese os créditos e as horas, a valoración realizarase polos créditos.
- Os cursos nos que figuren créditos outorgados por distintos sistemas de acreditación serán valorados polos créditos outorgados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.
- Non poderán valorarse os cursos nos que non consten os créditos ou as horas de duración.
- Non poderán valorarse os cursos en que non conste o órgano convocante e impartidor.
- Non poderán valorarse os cursos que non estean relacionados coas funcións propias da categoría e que non estean expresamente dirixidos á categoría.
- A puntuación que se lles outorgará aos aspirantes que impartiran os cursos baremables, será a dobre que a que se outorgue aos que os reciban.
- Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios ou similares, sempre que non estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada del Sistema Nacional de Salud o por la Comisión Autonómica.

VALORACIÓN DA EXPERIENCIA:

1. - Normas xerais:

- Para a valoración dos servizos prestados non se terá en conta o réxime xurídico baixo o cal foron prestados (funcionarial, estatutario ou laboral).
- Os servizos prestados en institucións privadas só se valorarán cando se trate de institucións concertadas e/ou acreditadas para a docencia, debendo os interesados presentar documentación que o acredite, pois no caso contrario, non serán obxecto de valoración.
- Para a valoración dos servizos prestados en institucións ou centros de calquera país da Unión Europea, os interesados deberán presentar documentación que acredite a titularidade pública ou privada destes. No caso contrario, non poderán ser valorados.
- Os servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional (Anexo V) só se valorarán cando sexan prestados en institucións sanitarias do Sistema Nacional de saúde ou do sistema público dun país de la Unión Europea.
- Para os efectos de valoración dos servizos prestados só se dará validez ás certificacións de servizos expedidas polas Administracións públicas ou entidades privadas, sen que poidan valorarse as certificacións de vida laboral da Seguridade Social ou os nomeamentos ou contratos que poidan ser achegados polos interesados.
- A valoración dos servizos realizarase en función do correspondente nomeamento, de tal maneira que se valorarán como realizados na categoría básica que figure no devandito nomeamento con independencia de que, con base a este, no seu caso, se desempeñasen postos de xefatura ou de carácter directivo.
- Os servizos prestados en categorías do vello modelo de atención primaria terán a mesma valoración que os prestados no novo modelo.

2. - Cómputo dos prazos nos servizos prestados:

- Os servizos prestados valoraranse ata o 31 de marzo de 2009, inclusive.
- Os meses serán computados por días naturais.
- Salvo para os nomeamentos de atención continuada, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada apartado do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal forma que o que se valorará en cada apartado será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.
- Os nomeamentos de atención continuada computaranse por horas, de tal maneira que 130 horas realizadas nun mesmo mes equivalen a un mes completo de servizos prestados. O exceso de horas realizadas nun mes non pode ser utilizado para completar outro mes diferente.
- En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.
- En ningún caso un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintos apartados do baremo. De igual forma, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos ou unidades, tanto deste coma de diferente centro.

3. - Efecto das situacións administrativas na valoración dos servizos prestados:

- O período de permanencia en excedencia por coidado de familiares, valorarase como tempo efectivo de servizos prestados para os efectos do baremo de méritos.
- O período de permanencia na situación de servizos especiais, salvo no caso de acceder a praza de formación sanitaria especializada mediante residencia, valorarase como tempo efectivo de servizos prestados na categoría para os efectos do baremo de méritos.
- As situacións de maternidade/paternidade, enfermidade, os permisos retribuídos e o servizo militar ou prestación social substitutoria valoraranse como tempo efectivo de servizos prestados aos efectos do baremo de méritos.
- Os períodos de permiso sindical valoraranse como tempo efectivo de servizos prestados aos efectos do baremo de méritos.
- Non se computarán como servizos prestados os períodos de permiso sen soldo e suspensión firme de emprego e soldo.
- Os servizos prestados noutra categoría polo persoal estatutario fixo en situación especial en activo - SEXA- ou nomeado en promoción interna temporal ou en adscrición temporal, valoraranse como servizos temporais na devandita categoría. Pola súa banda, os servizos prestados na categoría que ostentan en propiedade con anterioridade ao período na que foron nomeados nalgunha desas situacións computaranse como realizados con nomeamento fixo na categoría que ostentan en propiedade.
- En ningún caso a valoración dos servizos prestados nas diferentes categorías como fixo ou temporal poderán resultar coincidentes no tempo.

4. - Servizos prestados a tempo parcial:

- Os servizos prestados durante o período en que se goce dunha redución de xornada para o coidado de familiares, serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.
- Non obstante, para a valoración dos servizos prestados do persoal especificamente nomeado ou contratado a tempo parcial terase en conta a duración da xornada en relación coa xornada completa, de tal maneira que a puntuación aplicable será obxecto da correspondente redución proporcional.
- Cando nun mesmo período o interesado acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

5. - Servizos prestados con contrato laboral polos residentes:

- Os servizos prestados como persoal en formación polo sistema de residencia non poden ser obxecto de valoración como experiencia profesional, xa que estes servizos se realizan ao amparo dun contrato laboral de formación.
- Igualmente, respecto ao persoal fixo dunha categoría, que fose declarado en SEA ou ao que se lle concedese un permiso para realizar a formación polo sistema de residencia nunha especialidade, ou fóra declarado na situación de servizos especiais, os servizos prestados durante o tempo que dure a formación non se poderán valorar como experiencia profesional.

6. - Servizos prestados con anterioridade ás transferencias aos Servizos de Saúde:

- Os servizos prestados en institucións sanitarias doutras administracións públicas transferidas aos Servizos de Saúde antes da transferencia, serán valorados como prestados para o servizo de saúde cando o interesado prestase servizos na devandita institución na data da transferencia. Neste caso valoraranse no punto 1 todos os servizos prestados sen solución de continuidade do contrato polo que resultou transferido.
- Os servizos prestados en institucións sanitarias doutras administracións públicas transferidas aos Servizos de Saúde antes da transferencia por aspirantes que non foron transferidos ao correspondente servizo de saúde serán computados no punto 2 como prestados a outras administracións públicas.

7. - Servizos prestados en enfermaría de saúde mental:

- Os servizos prestados polo persoal de enfermaría nas unidades de saúde mental serán valorados na categoría de enfermeiro/a de saúde mental.

8. - Servizos prestados como azafatas:

- Os servizos prestados como azafatas serán valorados como prestados na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, xa que é a lista de vinculacións temporais utilizada para cubrir os devanditos postos de traballo.

9. - Servizos prestados en programas da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde

- Os servizos prestados en programas de carácter asistencial da Consellería ou do Servizo Galego de Saúde (saúde mental, cancro de mama, hixiene bucodental, etc) serán valorados como prestados no punto 1 como prestados para o Sistema Nacional de Saúde.
- Os servizos prestados en programas non asistenciais da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde (programas de saúde pública, xestión de fondos documentais biomédicos, EDO, etc) serán valorados no punto 2 como prestados para outra administración.

OUTRAS ACTIVIDADES:

1. - Valoración de titulacións oficiais:

I.- Categorías sanitarias:

- Categorías de diplomados sanitarios: Outorgaranse 2 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias diplomaturas ou especialidades sanitarias que non sexan requisito para o acceso á categoría.

- Outras categorías sanitarias: Outorgaranse 2 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias formacións profesionais da rama sanitaria que non sexan requisito para o acceso á categoría sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

II.- Categorías non sanitarias:

- Para as categorías dos grupos C, D e E outorgaranse 4 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias titulacións oficiais específicas non esixidas para o acceso á respectiva categoría sempre que estean directamente relacionadas coas funcións de esta, de acordo co seguinte:

-Categorías administrativas (grupo administrativo e auxiliar administrativo) e P.S.X: valoraranse as titulacións oficiais de administración e de informática, sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.
-Categorías informáticas: valoraranse as titulacións oficiais de informática, sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.
-Categorías de mantemento: valoraranse as titulacións oficiais de oficios (mecánica, electricidade, carpintaría, fontanaría, etc.) sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.
-Categorías de hostalaría: valoraranse as titulacións oficiais de cociña e gastronomía ou de restauración sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

2. - Valoración dos traballos publicados:

- O tribunal de selección valorará libremente os traballos publicados sempre que estean directamente relacionados coa categoría e que sexan posteriores á data de obtención do título correspondente.
- A valoración dos artigos, capítulos e libros completos axustarase ao baremo establecido na correspondente convocatoria, non podendo asignarse puntuacións diferentes ou que se correspondan de xeito parcial coas fixadas no citado baremo.
- Serán obxecto de valoración os artigos recollidos en revistas de publicación periódica, sempre que garden relación directa coa categoría na que se participa.
- Os abstract, en tanto que sexan o resultado de comunicacións, relatorios, conferencias, etc, non serán obxecto de valoración.
- A autoría de capítulos de libros ou de libros completos, será obxecto de valoración cando corresponda a publicacións que se atopen axeitadamente referenciadas en termos bibliográficos.
- En ningún caso un mesmo contido determinado e obxetivable, publicado baixo diferentes formas (abstract, artigo, capítulo, etc) poderá ser obxecto de máis dunha valoración.
- Non poderán valorarse máis de tres capítulos dun mesmo libro.

A N E X O I

PAÍSES QUE FORMAN PARTE DO ESPAZO ECONÓMICO EUROPEO

● Alemaña
● Austria
● Bélxica
● Bulgaria
● Chipre
● Dinamarca
● Eslovaquia
● Eslovenia
● España
● Estonia
● Finlandia
● Francia
● Grecia
● Hungría
● Irlanda
● Islandia
● Italia
● Letonia
● Lituania
● Liechtenstein
● Luxemburgo
● Malta
● Noruega
● Países Baixos
● Polonia
● Portugal
● Reino Unido
República Checa
● Rumanía
● Suecia
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 08-03-2010 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
resistimos!!! loitamos!!!

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 07-03-2010 11:54
Queres comentar ou preguntar algo?
autobus manifestación 10 de marzo
A CIG celebra o 10 de Marzo, 'Día da Clase Obreira Galega' con mobilizacións nas sete cidades
Baixo o lema ?O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando?


Diante das alternativas que se están a barallar por parte dos gobernos central e galego para atallar a crise económica, ?a conta dun sacrificio enorme por parte da maioría social, que son os traballadores/as, mentres que aqueles que a provocaron van saír de rositas?, a CIG acordou darlle un carácter máis mobilizador a este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Por iso, este ano convocará manifestacións nas sete cidades do país baixo o lema ?O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando?. Ademais, celebrará, por cuarto ano consecutivo, o Premio do Día da Clase Obreira Galega, nun acto que terá lugar, en Compostela, o día 9 de marzo.

Emprego, salarios e reforma das pensións son algúns dos aspectos nos que a CIG centrará as mobilizacións do vindeiro 10 de Marzo. Xunto a isto e alén de presentar as súas alternativas, a central sindical denunciará as políticas que se están a seguir por parte dos gobernos, tanto central como galego, ?coa complicidade das centrais sindicais estatais?. Así o explicou Suso Seixo, secretario xeral, na rolda de prensa convocada para explicar en que consistirá a campaña do Día da Clase Obreira Galega.

Seixo lembrou que ao comezo da crise, a CIG xa adiantaba que a saída podía darse por dúas vías, incidindo aínda máis en medidas neoliberais ou apostando por un modelo socioeconómico máis solidario, xusto e democrático. Lamentablemente, o primeiro ?é o modelo que se está a seguir por parte dos gobernos, coa connivencia das centrais sindicais estatais. Non hai máis que ver o que está a ocorrer coa reforma laboral e co pacto salarial a nivel de estado, que supón na práctica un recorte de salario para os próximos 3 anos?.

O secretario xeral da CIG denunciou que a crise económica viu motivada polo fomento dunha economía especulativa que ?xerou enorme lucro para os oligarcas e especuladores nos mercados financeiros?. Porén, a idea que se está a transmitir é que a saída da mesma ?está na reforma laboral e no recorte de salarios?. Por iso, afirmou que ?somos profundamente críticos co que se está a facer e hai que mobilizarse porque de darse algún tipo de reforma no mercado laboral, tería que ser para acabar cos altos índices de temporalidade e de precariedade e nunca para abaratar o despedimento?.

Alternativas


Fronte a isto, a CIG aposta por unha política de mellora do poder adquisitivo dos salarios, porque entende que unha das causas fundamentais da crise económica está en que ?nos últimos anos os salarios perderon peso no PIB e os traballadores e traballadoras moito poder adquisitivo?. Segundo Seixo, entre mentres, incrementáronse os beneficios empresariais, que foron destinados, nunha grande parte, a especular nos mercados financeiros, no canto de destinarse a crear ou potenciar o tecido produtivo. ?A recuperación da actividade económica vai vir pola vía de recuperar a capacidade adquisitiva dos salarios. Polo tanto calquera pacto de contención salarial vai en contra de favorecer a recuperación económica?, explicou.

A CIG tamén aposta por incrementar o gasto público, fronte o recorte anunciado, para investir en servizos públicos, servizos de asistencia social, I+D ou apoiar o tecido produtivo; facer unha reforma profunda da política fiscal, incrementando os impostos ás rendas máis altas, recuperando o imposto de patrimonio, perseguindo a fraude fiscal e eliminando os paraísos fiscais. ?Así pódese rematar co déficit público e non cunha política de impostos indirectos ou recortando os impostos ás grandes fortunas?.

O secretario xeral da CIG tamén manifestou a aposta da central sindical por unha política de intervención pública nos sectores estratéxicos, ?sectores claves na economía como son o sector financeiro, o enerxético ou o das telecomunicacións, que son profundamente especulativos. Porque a única maneira de cortar con esa especulación e coa xeración permanente de burbullas é a través da intervención pública?. E coa creación dunha banca pública que canalice recursos cara o tecido produtivo e cara as familias. ?A banca privada o que está a facer co diñeiro barato que lle están proporcionando os bancos centrais, é dedicarse a especular nos mercados financeiros pero non os están canalizando cara o tecido produtivo. O problema da pequena e mediana empresa non está na reforma do mercado laboral, senón na falta de liquidez e nas dificultades que ten para acceder ao crédito?

Para a CIG, ?estas son as políticas que non se están a seguir por parte do goberno e polas que temos que manifestarnos na rúa. Mentres non sexa así cremos que a saída á crise económica non é real e á volta dun breve período volveremos atoparnos na mesma situación?.

O papel da Xunta de Galiza

Suso Seixo, malia recoñecer que hai unha serie de materias clave como a política fiscal e financeira, nas que a Xunta de Galiza non ten competencias, si denunciou que o goberno galego non pode adoptar a actitude de ?pasar? intentando que sexa o goberno central quen presente todas as alternativas. ?É tremendamente criticábel o que están a facer nese sentido e en todo o que ten que ver cos servizos públicos e cos servizos de asistencia social, fundamentais para a calidade de vida dos galegos e galegas, pero tamén para a xeración de emprego?.

Mobilizacións

* A Coruña: Ás 20:00 horas da Praza da Palloza
* Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
* Lugo: Ás 20:00 horas da Ronda da Muralla (local CIG)
* Ferrol: Ás 20:00 horas da Avda de Esteiro (local CIG)
* Ourense: Ás 20:00 horas, do Pavillón dos Remedios
* Pontevedra: Ás 20:30 horas da Praza da Ferrería
* Vigo: Saída ás 20:00 h da Vía Norte


Premio do Día da Clase Obreira Galega


O día 9 de marzo celebrarase o acto de entrega do Premio do Día da Clase Obreira Galega, no marco dun xantar de confraternidade que terá lugar en Compostela. Desde a CIG concíbese este agasallo como unha forma de recoñecer o conflito ou o sector que, coa súa mobilización, teña contribuído a dignificar a loita polos dereitos da clase traballadora.

Entregaranse ademais uns pergamiños de recoñecemento a sobranceiros/as militantes sindicais que contribuíron a desenvolver, ampliar e consolidar o sindicalismo nacionalista.

Cómpre lembrar que o 10 de marzo a CIG conmemora a histórica defensa da liberdade e dos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras galegos que, no ano 1972, se enfrontaron ao fascismo e, nomeadamente, a Amador e Daniel, que foron asasinados pola ditadura franquista polo simple feito de defenderen, xunto cos seus compañeiros, a súa dignidade, como traballadores e como galegos.

CIG-Valdeorras pon un autobús de balde para participar na manifestacións do 10 de marzo en Ourense
As/os interesados/as poderán anotarse até o lúns 8

A Unión Local da CIG de Valdeorras porá a disposición da xente desta localidade un autobus de balde para participar na mobilización do 10 de marzo en Ourense. O persoal interesado poderá anotarse até o lúns 8 ata as 20:00 horas no local da central no Barco ou chamando por teléfono: 988 321 511.

A CIG-Valdeorras fai un chamamento a todas/os as/os traballadoras/es para que acudan masivamente o vindeiro mércores día 10 de marzo a manifestarse na defensa do emprego, os salarios e das pensións.

Para facilitar a participación, a central porá un autobús gratuíto que sairá ás 17:00 horas do Concello do Barco, 17,30 horas no Concello de A RUA e regresará ao mesmo lugar ao remate da mobilización.

Horarios e paradas

Estes son os horarios e paradas que realizará o autobus:
-O Barco diante do concello ás 17.
-A Rúa diante do concello ás 17.30.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 05-03-2010 18:43
Queres comentar ou preguntar algo?
colexiación obrigatoria
Entráronnos un par de preguntas sobre a colexiación, un deles preguntaba se afectaba a técnicos superiores, posto que había algunha organización que andaba repartindo información decindo se era así. Puxémonos en contacto coa nosa asesoria e esta é a súa resposta:

Segundo contempla a LOPS ( lei de ordenación das profesions sanitarias ) no seu artigo 2 fala de profesions sanitarias tituladas ( licenciados e diplomados ), a continuación no artigo 3 fala de profesionais do área sanitaria de formación profesional, e cando regula a colexiación no artigo 4 contempla que só é obrigatoria para as PROFESIONAS SANITARIAS ou sexa só para Diplomados e Licenciados.

A outra cuestión referíase a data en que o persoal debe estar colexiado, posto que houbo xente que se deu de baixa no colexio o ano pasado e agora pretenden facerlle pagar os "atrasos", se isto lle está pasando a mais xente, pregaríamos nolo fixérades saber para actuar en consecuencia e denunciar a estes estafadores.
Non poden cobrar antes da data en que é obrigada a colexiación.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 05-03-2010 14:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Novas políticas privatizadoras. Olladas dende Lugo.

Extraemos un post de CIG-Saúde Lugo relacinado coa política do PP das novas políticas privatizadoras.

SANIDADE PÚBLICA: Novas políticas privatizadoras. Olladas dende Lugo.


A política sanitaria practicada dende o goberno actual da xunta de Galiza vai claramente cara modelos de finanzamento privado da Sanidade Pública (modelos PFI), seguindo o exemplo que comunidades como Madrid ou Valencia tomaron dos ingleses, cando xa está demostrado que empeoran a calidade asistencial e que hai outras maneiras posibles de facer que unha asistencia sanitária de calidade sexa posible.

O contexto político actual e como pode chegar a repercutir no hospital novo de Lugo é a nosa actual preocupación.

O PROGRAMA FOI O SEGUINTE:

Modelos PFI e a experiencia galega
Poñentes: Manolo Moreira, médico responsable da Agrupación Médica da CIG-Saúde (Agm) e Paco Vizoso, médico responsable da Agm de CIG-Saúde e xefe do servizo de medicina preventiva do CHOP.

2.Contexto actual en Lugo, expectativas e dúbidas ao respecto.

Poñentes: Carme Aira, secretaria comarcal da CIG-Saúde; Roberto Rei, radiólogo do H. Xeral

Visión das AAVV da cidade de Lugo

Poñentes: Valentín Arias.

Despois tivo lugar un coloquio, no cal os asistentes tiveron a oportunidade de prantexar preguntas aos poñentes, sobre as súas inquedanzas sobre a privatización da sanidade, as motivacións, a repercusión sobre a poboación.. etc.
Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 05-03-2010 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
pechados comentarios
Ó final tivemos que facer algo que non nos gusta, que é pechar os comentarios do post de aclaraciois do novo pacto de contrataciois. Nós temos sofrido neste blog todo tipo de ataques polo noso traballo, pero nunca ata o de agora a xente se tivo ensañado co persoal temporal e interino do SERGAS do xeito que se estaba facendo nese post.

Esperamos pola moita xente que entra a informarse, preguntar ou a dar a súa opnión dun xeito respectuoso aínda que choque coa nosa, que este tipo de comentarios non volten a aparecer noutros post, posto que iremos desactivando a opción comentarios a medida que vaian entrando insultos, fallas de respecto ou calquera forma de expresión que non cumpra unhas mínimas normas de educación e respecto.

E de verdade que nos doe moito ter que facer isto, pero algunha xente non nos da mais opción.
Comentarios (0) - Categoría: a vosa opinión - Publicado o 04-03-2010 23:20
Queres comentar ou preguntar algo?
cadea humana en Vigo
Trasladamos ó noso blog a noticia da cadea humana celebrada onte en Vigo en contra da privatización do novo hospital de Vigo, publicada por CIG-Saúde Vigo

Celebrouse o mércores 3 de marzo a cadea humana ao redor do hospital Xeral de Vigo cun éxito de participación e compromiso, tendo en conta cos poucos días que houbo para organizar este acto, (sendo a alternativa á suspensión do paro previsto para ese día pola desautorización por parte do SERGAS) empezouse a organizar o luns para realizalo o mércores.

Preto de 3000 persoas rodearon sobradamente a mazá que rodea o H.Xeral, incluída a igrexa que está por detrás do centro sanitario. A orixinalidade do acto resultou moi rechamante pola variedade de colorido das distintas variedades de luz, velas, lanternas, viseras, fachos, etc.

Logo de dar varias voltas ao redor do hospital os participantes deixaron depositadas as velas e cirios encendidos ao redor do hospital Xeral, dando unha imaxe tanto curiosa como espectacular. Realmente emociona ver o compromiso e a resposta que se está a dar, non lembramos unha resposta tan activa da sociedade e do persoal.

Dende logo a experiencia resultou moi gratificante e o persoal que participou quedou moi satisfeito do acto. Non se deixaron de berrar as consignas que se veñen realizando en tódalas mobilizacións en contra da privatización da sanidade pública, e mais concretamente no referente ao novo hospital de Vigo.

Por outra parte lembrar que o material para repartir xa está preparado, nos vindeiros días procederase ao seu reparto entre o persoal para a súa distribución, informaremos puntualmente de como se vai efectuar dito reparto así de como participar nos distintos actos que se vaian organizando tanto pola Comisión de Centro como pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo.

Grazas a todas e a todos pola excelente participación e compromiso pola causa que nos une, e a seguir mantendo o ánimo tan alto como ata o de agora.

Sumando crecemos e crecendo seremos mais fortes para vencer aos elementos mais reaccionarios que intentan atacar o sistema público de benestar.

O Xerente.

Tamén queremos poñerlle un cualificativo ao xerente do CHUVI señor Soriano polas declaracións que realizou o domingo 28 de febreiro nun xornal desprezando a parte do persoal e mentindo de forma vergonzosa ao dicir que nun acto de presentación do Plan Privatizador se lle insultou e lle dixeron toda clase de improperios, MENTIRA señor Soriano, o único que se mostrou foron algúns rumores e abucheos moi ocasionais en momentos concretos da súa desafortunada e provocativa actitude, nunca insultos persoais. Non se esconda e disfrace a súa covardía.

Se tan bos son os servizos privados que vostede defende o invitamos a que se vaia de asalariado para algún deles, non de xefe nin cargo directivo. O persoal do CHUVI está sobradamente valorado e cualificado profesionalmente. Estupideces as xustas señor xerentillo.

Este Señor demostra que non está a altura das circunstancias e que tanto o cargo como o salario que percibe son un regalo da Xunta para manter a un impresentable como máximo responsable do CHUVI que resulta do menos resolutivo e incompetente que ten pasado polo área sanitaria de Vigo.

Señor Soriano, por dignidade váiase a... onde se perde a vergonza.

Xerente es culpable, e ademais es un SIN-VERGUENZA.

Por suposto serás lembrado pola túa achega á causa...

NON Á PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO
Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 04-03-2010 13:43
Queres comentar ou preguntar algo?
organizando o blog
Últimamente estamos a ter centos de preguntas sobre temas distintos nun mesmo ou varios post que non son os adicados a preguntas, somos conscientes que é clarificador facer preguntas sobre o post que sexa co obxecto de aclarar as cousas, pero esta aclaración veise difuminada cando entran preguntas que pouco o nada teñen que ver co post en cuestión; por exemplo o último post sobre o que aconteceu na negociación do novo pacto, aparte das preguntas que versan sobre o tema, entran multitude de preguntas de como está agora o pacto actual que non teñen nada que ver co novo pacto.

Polo tanto apartir de agora non imos respostar mais preguntas nos artigos que non sexan de preguntas despois dos dous dias seguintes a súa publicación e nunca se non teñen que ver co asunto en cuestión, ata o de agora estábamos derivando ó persoal á sección correspondente, dende agora simplemente non contestaremos a non ser que se faga nos apartados correspondentes ás preguntas.

Tamén seguimos insistindo en que nos apartados de preguntas se fagan sólo preguntas e non comentarios, estes faceinos nos post que creades mais adecuados.

A atención a este blog lévanos moitísimo tempo e traballo, polo que pedimos a vosa colaboración á hora facer e dirixir as preguntas e comentarios.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 02-03-2010 13:16
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0