CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

sobre as dúbidas do borrador novo pacto de contrataciois
O documento que nos entregou o SERGAS, é o documento de partida da negociación; como poderíades observar polo menos os que nos seguides dende hai tempo( podedes ver todo o publicado no blog neste vínculo), contempla a nosa principal proposta que é a de vincular listas de contratación e OPE para deste xeito dar mais axilidade e operatividade as listas.

Tedes exposto nos dous post anteriores varias dúbidas que imos intentar aclarar na medida en que podamos.

Habrá convocatoria de listas este ano?:

A posición de CIG-Saúde exposta na reunión de onte foi que se convocaran antes do verán as que levan dende decembro de 2008 en vigor (psx, aux administractivos, celadores, pinches, técnicos, etc) e o resto (enfermaria, cociñeiras, tcae, etc), convocarase a finais de ano, ou a principios do que ven; serían convocadas polo actual pacto de contrataciois, posto que entendemos que para aplicar esta vinculación, hai que advertirlla ó persoal no momento da convocatoria de OPE e non se fixo.
A postura do SERGAS, néganse a abrir novas listas co paco anterior, pero están abertos a negociar unha convocatoria coa referencia da OPE en curso, baixo o novo Pacto de contrataciois.

POOL: É unha das materias a negociar, a postura de CIG-Saúde é que se siga tendo en conta nas listas de contratación, o resto da baremación de méritos sería a mesma ca da OPE descoñecemos a postura do SERGAS.

Tempo por desemprego:
neste novo pacto eliminaríase, non nos gosta demasiado que así sexa (nós mesmos dentro de CIG-Saúde mantemos distintas posturas), pero entendemos que se o que se quere primar é a axilidade na elaboración de listas, é un punto do baremo que ten que desaparecer e polo tanto asumimos que así sexa. É un dos apartados que o SERGAS está mais empecinado en que desapareza, polo tanto parece mais que probable que será eliminado e non se terá en conta no novo Pacto.

E para rematar, lembramos que a postura de CIG-Saúde na negociación deste Pacto de Contrataciois, se fixo en base ás asembleas que houbo en tódalas áreas de saúde que foron coordinadas polo grupo de traballo que se creou a tal efecto integrado por persoas de tódalas áreas, nalgúns puntos estábase de acordo e noutros houbo que debatir e nalgún caso ata votar para definir a nosa postura nalgún punto concreto, incluso se repetiron asembleas para ratificar ou rectificar algún dos puntos da nosa proposta, así é como traballamos.
Repetimos tamén que se tiveron en conta moitas das aportaciois que fixestes nos comentarios do noso blog, e agora que empeza unha nova etapa nas negociaciois, posto que xa temos un documento base que nos serve, seguiremos atentos as vosas opiniois, pero deixar claro que as decisiois nesta Central se toman en base ó pronunciamento dos traballadores e traballadoras nas asembleas e ós grupos de traballo e debate de CIG-Saúde.
Categoría: contratacion - Publicado o 27-02-2010 16:34
Queres comentar ou preguntar algo?
información de mesa sectorial sobre contratación
Xa temos a información escrita do acontecido na mesa sectorial desta mañá.

Nesta reunión a Admón fíxonos entrega do documento que se vos enviou pola mañá, no que se recolle a baremación do novo pacto.

Previa á entrega do documento a Admón infórmanos que aceptan a petición sindical de que exista unha única listaxe baremada con criterios OPE. A simulación que fixeron para comprobar que este sistema non prexudicaba moito aos opositores que superaron o proceso selectivo e que non acadaron praza é insignificante.
Pola contra, coa simulación que realizaron beneficiase máis persoal, xa que a todo o mundo se lle vai ter en conta a nota de OPE.
Nós manifestémonos a favor disto, e máis, co sistema de exame actual dun só exercicio con dúas partes, o prexuízo para quen non superase a OPE é maior; ou tes O puntos ou tes 18 puntos.

Temas que plantexamos como CIG-SAÚDE.

- Queremos negociar un único baremo para selección temporal e definitiva. Se este baremo vai entrar en vigor despois da OPE 2010, non corre presa negocialo. A Admón non é partidaria, xa que o seu argumento é que non queren negociar unha OPE até que finalice esta. Argumento perigoso, preguntamos se estaban a dicir que non van convocar a OPE 2010?. Seguiremos insistindo cando enviemos as nosas alegacións.

- Das novas convocatorias non queren nin falar. A Admón dí que non van publicar unha nova convocatoria co sistema actual de baremación. Comentan que están a recibir numerosas peticións do persoal que superou este proceso selectivo para que se faga unha nova convocatoria.

- En todo caso, a Admón podería valorar facer unha nova convocatoria co baremo de OPE (que entregaron hoxe), xa que segundo nos informaron a plataforma dixital está bastante avanzada. Na reunión anterior acordarase que o novo pacto entraría en vigor con posterioridade á OPE 2010, previa publicación para que todo o persoal fose coñecedor das regras de xogo. Temos que valorar isto para nos posicionar; é importante que se debata nas comarcas e que enviedes os posicionamentos.

- Puxemos enriba da mesa a dificultade que ten este sistema nos baremos de médico de familia; segundo o baremo de OPE puntuación da experiencia profesional é por categoría e especialidade. Neste colectivo o pacto actual contempla no apartado de experiencia profesional a puntuación de primaria e de urxencias hospitalarias.

- Solicitamos que as listaxes se rexeneren cunha periodicidade anual, iniciándose con posterioridade á próxima OPE.

Esta reunión non deu máis de si, seguiremos insistindo nas nosas propostas, enviaranse ao SERGAS por escrito.

Un saúdo

Mª. Xosé Abuín Álvarez
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-02-2010 18:55
Queres comentar ou preguntar algo?
adianto reunión mesa de contrataciois
Acaba de rematar a mesa sectorial sobre contratación, en vista de que hai moita xente pendente por este tema e antes de que nos envien a información escrita do que alí aconteceu; podémosvos adiantar que o SERGAS parece non querer convocar mais listas polo novo Pacto aparte de aportar un documento como base para a negociación no novo acordo, se o queredes ver deixámolo colgado, neste link.
En canto teñamos a información escrita e permermenorizada do acontecido o publicaremos.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-02-2010 15:14
Queres comentar ou preguntar algo?

o blog de eneko
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 26-02-2010 14:50
Queres comentar ou preguntar algo?
retranca e os chistes de Rosa Díez
As polémicas palabras da bífida Rosa Díez, sairon en toda a rede galega, quedámonos coa iniciativa da revista retranca.

RETRANCA crea OS CHISTES DE ROSA DÍAZ


RETRANCA crea un novo tipo de chistes:
OS CHISTES DE ROSA DÍEZ!!!
Mándádenos os vosos chistes de Rosa Díez e irémolos publicando na nosa web. Os máis divertidos sairán no nº 25 da revista Retranca no mes de abril.

Aquí tedes unha mostra deste novo xénero do humor!!!

Estaba Rosa Díez un día tomando algo cun coñecido nun bareto de Madrid e dille:

Rosa Díez: ?Voy a contarte un chiste de gallegos buenísimo.
Galego: ? Oes, recórdoche que eu son galego.
Rosa Díez: ?No te preocupes, hombre... ¡Te lo explico depués!.

Como recoñecías a Rosa Díez cando ía ó colexio ? Pois porque era a única que cando o mestre borraba o encerado, Rosa Díez borraba o seu caderno.
--------------------------------------------------------------------------------
Como sabes si está Rosa Díez nun submariño ? Pois porque é a unica que esta aguantando a respiración.
--------------------------------------------------------------------------------
Por que a casa de Rosa Díez ten as xanelas redondas? Pois para que poida entrar o sol.
--------------------------------------------------------------------------------
Por que o coche de Rosa Díez leva limpiabrisas no vidro de atrás? Por si chove á volta.
--------------------------------------------------------------------------------
Por que Rosa Díez tápase os ollos cando se pon crema? Porque pon crema "Nivea".
--------------------------------------------------------------------------------
Un policía detén a Rosa Díez e dille:- Deme o seu nome e apelido. E la responde: - Está Ud. loco? Y yo después como me llamo?

este é o noso:
porqué están Rosa Díez e Gloria Lago subidas nunha árbore?
-porque alguén lles dixo que estaban moi monas


E xa postos por qué non deixas nos comentarios o teu?
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 26-02-2010 11:56
Queres comentar ou preguntar algo?
guía OPE
Días atrás xa vos comentaramos que ante as numerosas dúbidas que estaban a xurdir, e que ten que aclarar o SERGAS e non nós, solicitamos no SERGAS unha reunión na que se nos aclararan os diversos puntos escuros do proceso e que se elaborara unha guía técnica para publicar e que as persoas aspirantes tiveran coñecemento desas aclaracións. En vista de que a súa resposta daquela foi que non tiñan tempo para reunións e que quedaron en enviarnos esas aclaracións por escrito pero nunca chegaron, enviamos de novo esta mensaxe ao SERGAS:

________________________________________________
Bo día: desde o inicio da negociación da OPE en curso, acordáramos facer unha guia técnica na que se recolleran os aspectos máis dubidosos da baremación do concurso; para que o persoal participante neste proceso tivese claro cales son os méritos a baremar.

Con data 24 de febreiro publícase a resolución que inicia o prazo de presentación de méritos, non sei cando imos negociar a guía. Tedes pensado convocarnos para este tema?.
De non convocarnos, deberiades de publicar na páxina web do SERGAS unha aclaración sobre os aspectos que presentan maiores dubidas:

*Puntuación contrato reforzos, alta continuada.
*Titulacións que non son requisitos.
*Servizos prestados en institucións privadas...

E todos os temas que temos plantexados.

De non facer isto, o único que fomentades é desconfianza do persoal, ratificando a postura de quen pensa que este proceso é anómalo. Tamén fomentaríades o nº de reclamacións.

Desde CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, que de inmediato convoquedes a reunión para elaborar a guía nun prazo breve.

Un saúdo.

Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.



E velaqui a resposta que obtivemos:
_________________________________________________
A guia xa a teño preparada. Só me falta comentar un par de aspectos coa directora. Espero poder enviaros o borrador o luns para que o estudiedes e logo ter unha reunión para pechalos. Grazas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 26-02-2010 09:22
Queres comentar ou preguntar algo?
Éxito da mobilización en Vigo onte
Éxito da manifestación celebrada o día 24 de febreiro ás 20h que saíu diante do Hospital Xeral e coa participación de preto de 6000 persoas, principalmente traballadoras e traballadores do sector da sanidade. A pesar do mal tempo, que puido restar algo de afluencia á manifestación, durante o percorrido a chuvia fixo unha pausa e permitiu completar todo o traxecto de forma apacible.

A gran participación desta manifestación demostra que a loita vai seguir cos ánimos reforzados con vistas ás próximas citas. Este acto foi a punta de lanza con vistas á GRAN MANIFESTACIÓN que se celebrará o 25 de marzo e onde os esforzos volcaranse en mobilizar a toda a cidadanía para mostrarlle ao goberno do PP que a sanidade pública non está en venta e que as galegas e galegos merecemos uns servizos sanitarios públicos de primeira calidade, sen hipotecar nin mercantilizar os recursos tanto materiais como humanos da sanidade pública.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 25-02-2010 13:38
Queres comentar ou preguntar algo?
reclamación sobre colexiación
Posto que coa nova lei Omnibus se obriga a moitos/as profesionais a colexiarse para exercer, CIG Saúde ven de comezar unha campaña pola que todas e todos lle pidamos á Consellería que asuma os gastos de colexiación.
Podedes copiar e pegar o texto de abaixo, enchendo os ocos cos vosos datos, nun procesador de textos, imprimir a instancia e remitila através de rexistro á Consellería.
Xa que nos obrigan a colexiarnos, cando menos que asuman uns gastos que nos obrigan tamén a ter, simplemente polo feito de traballar.



Á CONSELLERÍA DE SANIDADE


D./Dna. ---------------- con D.I. ----------- que presta servizos na categoría de ------------- do Servizo Galego de Saúde, con destino en ------------------------------------------

EXPÓN

PRIMEIRO. Que a Lei 1/2010, de 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (D.O.G de 23 de febreiro de 2010) pola que se dá unha nova redacción ao art. 3 da Lei 11/2001, de 18 de setembro de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, establece a colexiación obrigatoria para as/os profesionais médicas/os e demais profesionais das ciencias da saúde ao servizo das administracións públicas, cuxas funcións comprendan a realización de actos profesionais que teñan por destinatarios/as inmediatos/as os/as usuarios/as do Sistema Público de Saúde de Galicia.
Esta esixencia supón a obriga de aboar as correspondentes cotas de colexiación por parte dos/das devanditos/as profesionais, para poderen exercer as súas tarefas, en canto que persoal ao servizo dunha administración pública e non como profesionais privados/as, derivándose deste feito un prexuízo económico.
SEGUNDO. Que o art. 17.1.b) da Lei 55/2003, de 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos Servizos de Saúde declara o dereito do devandito persoal á percepción das indemnizacións por razón de servizo correspondentes.
TERCEIRO. Que D./Dna ----------------------- declara prestar servizos en exclusiva para o Servizo Galego de Saúde non realizando ningunha actividade de carácter privado relacionada coa súa profesión e pola que obteña retribución ningunha.

SOLICITA


Que, en base ás normas legais citadas nos pontos anteriores se proceda a aboar, por parte desta Consellería os gastos derivados da esixencia legal de colexiación obrigatoria.

Asdo.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 25-02-2010 13:17
Queres comentar ou preguntar algo?
Aclaración baremación Vínculos PACs
NOTA IMPORTANTE: no momento en que publicamos este artigo, e por un malentendido á hora de recibir a información, rediximos o mesmo utilizando a expresión "vínculos de PAC" sen aclarar que nos referíamos, tal e como o indican as sentenzas, aos vínculos de PAC desde que foron "altas continuadas", é dicir, desde o momento en que se empezou a cotizar por eses vínculos todos os días e non só os días de garda. Qué significa isto? que o que vai ser baremado vai ser o tempo de servizos prestados en alta continuada (que ata o de agora non eran contabilizados), e non todo o vínculo como se desprendía do texto.



Como lembraredes e como vos informamos neste artigo, o SERGAS quedara en enviar unhas instruccións ás xerencias para que os certificados de servizos prestados das persoas que no seu momento traballaron como vinculados garda a garda nos PACs (reforzos) foran expedidos contabilizando xa (como indican algunhas sentenzas) todo o tempo como vinculado e non só os días de garda.
Pois ben, puxéronse en contacto connosco, telefónicamente e através de comentarios, varias persoas que nos indican que nas xerencias non teñen coñecemento desas instruccións e que van facer os certificados de servizos prestados como ata agora, é dicir, contando só os vínculos dos días de garda.
Postos en contacto con Santiago para aclarar este punto, comunícannos o seguinte:

* Aquelas persoas que no seu momento estiveran traballando nos PACs, vinculados a eles, con contratos por día de garda, independentemente de que teñan ou non sentenza favorable, van ser baremados por todo o tempo de vinculación e non só polos días de garda.

* O SERGAS finalmente non enviou esas instruccións ás xerencias, polo que os servizos prestados non figuran con todo o vínculo senón só cos días de garda, pero vai ser RRHH quen se encargue directamente de baremar estes casos, posto que din coñecer todos e cada un deles.

* En todo caso, aquelas persoas que vos atopades nesta situación, unha vez publicados os resultados provisionais da baremación, comprobade que fostes ben baremados en canto aos vínculos de PAC, posto que poderedes presentar reclamación en caso de non ser así.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 25-02-2010 09:20
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-Saúde contra a colexiación obrigatoria
Considera que a consellaría amosa, unha vez máis o seu desprezo absoluto aos representantes sindicais e á Mesa Sectorial de Negociación.

CIG-Saúde denuncia que Sanidade vulnera a liberdade de decisión dos profesionais ao impor a colexiación obrigatoria.

Compostela, 24 de febreiro de 2010

O pasado 23 de febreiro de 2010 saíu publicada no DOG a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, pola que se modifican diversas leis de Galiza para a súa adaptación á directiva 2006/123/CE, Lei que aproveita o Sergas de forma escurantista e sen previa comunicación ás organizacións sindicais para modificar a Lei vixente nesta comunidade autónoma de Colexios profesionais de Galiza. Con esta modificación será obrigatorio para todos os profesionais de Ciencias da Saúde da administración pública que realicen actos profesionais e que teñan como destinatarios os usuarios do servizo público de saúde, a súa colexiación.

Desde a CIG-Saúde queremos lembrar que a colexiación obrigatoria é unha norma creada na Lei 2/1974 do 13 de febreiro e modificada posteriormente pola Lei 74/1978 do 26 de decembro, normas claramente preconstitucionais.

A CE recolle como requisito para acceder ao emprego público os criterios de igualdade, mérito e capacidade e ningún artigo recolle a obrigatoriedade das/os cidadáns de pertencer obrigatoriamente a un órgano en contra da súa vontade, co que ademais non comparten nin os seus obxectivos nin posíbelmente se poidan sentir representados nel.

Así mesmo a Lei 16/1986, Lei Xeral de Sanidade, non outorga no entramado do sistema nacional de Saúde ningún papel aos colexios profesionais nin vincula a asistencia sanitaria pública á obrigatoriedade de integración dos profesionais nos respectivos colexios.

Con esta medida que anula a lexislación vixente na comunidade autónoma onde o goberno bipartito recollía a colexiación voluntaria de todos os profesionais, o que fai a consellaría de Sanidade e moi especialmente a súa conselleira, é darlle un papel relevante a quen lle fixo a campaña electoral ou a quen pretende gobernar a consellaría desde a sombra.

A CIG-Saúde seguirá defendendo a colexiación voluntaria dos profesionais aos colexios e reclamando que a conselleira de Sanidade respecte a normativa vixente, os preceptos legais e a Constitución Española, que recollen o recoñecemento da participación dos representantes sindicais e dos órganos de representación lexitimamente elixidos na Mesa Sectorial.

María Xosé Abuín
Secretaria Nacional de CIG-Saúde


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 24-02-2010 12:42
Queres comentar ou preguntar algo?
Servizos prestados para a OPE
Como vemos que varias persoas xa nos preguntaron por este tema, poñémosvos aqui a información sobre os servizos prestados:

O SERGAS comunica que todo o persoal debe solicitar o certificado de servizos prestados . A administración non o vai incorporar de oficio apesares de estar no FIDES.

Polo que: hai que solicitar a certificación de servizos prestados e achegalo co resto da documentación.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 24-02-2010 12:31
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicadas resolucións OPE
Publícanse hoxe no DOG dúas resolucións sobre OPE:

* Resolución que finaliza a fase de oposición e abre fase de concurso para as categorías non facultativas agás aquelas que inda teñen pendentes exercicios. Publicarán na web do SERGAS as listas de persoas que superaron a fase de oposición.

*Resolución que convoca os exames pendentes de realizar para as categorías de xestión e técnico de función administrativa, cociñeiros, PSX e auxiliares administrativos.
A este último respecto aclarar que na convocatoria de exercicios aparecen convocados só os exercicios prácticos polo que, postos en contacto co SERGAS, comunícannos que os exercicios de galego pendentes serán realizados en data posterior porque contan que non será moita xente.

A nosa opinión sobre este tema é de que isto é improvisación e chapuza, como tantas outras cousas desta ope e outros procesos que leva o SERGAS.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 24-02-2010 10:03
Queres comentar ou preguntar algo?
Resolución CIG Saúde contra a privatización da sanidade pública.
CONTRA Á POLÍTICA PRIVATIZADORA QUE PROMOVE A XUNTA DO P.P. E EN APOIO DAS MOBILIZACIÓNS DAS/OS TRABALLADORAS/ES E DAS PLATAFORMAS CIDADÁNS QUE DEFENDEN A SANIDADE PÚBLICA.


Resolución do Consello Nacional de CIG-Saúde do 22 de febreiro de 2010.

A chegada do PP á Xunta de Galiza despois das últimas eleccións, está tendo como consecuencia unha forte ofensiva contra a sanidade pública e a prol da privatizacións da construción das infraestruturas sanitarias e da xestión privada da sanidade pública. Nunha estratexia dirixida directamente polo Presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade, a ultraconservadora Pilar Farjas, o PP pretende aplicar rancias receitas neoliberais privatizadoras na sanidade pública, que xa teñen demostrado amplamente (no Reino Unido, en Valencia, en Madrid,...) que son ineficaces para solucionar os problemas que teñen que afrontar os sistemas sanitarios públicos, e que teñen nefastas consecuencias de deterioro da calidade da atención prestada aos usuarios e de precarización das condicións laborais dos traballadores da sanidade pública. Resulta realmente rechamante o feito de que un goberno que, nas eleccións de marzo de 2009, sacou 4.000 votos menos que a oposición, e só un deputado máis, actúe de xeito tan sectario e unilateral, sen pretender nin buscar ningún tipo de consenso, nun tema tan delicado e transcendente para o futuro do sistema sanitario público como este.

Os elementos máis evidentes, malia que non os únicos, desta ofensiva conservadora son a decisión de PP de construír os novos hospitais de Vigo e Pontevedra e todos os centros de saúde co modelo denominado ?Iniciativa de Financiamento Privado? (PFI), así como de facer responsábel da xestión de toda a tecnoloxía do novo hospital de Lugo a Galaria.

Nesta situación CIG-Saúde:
-Oponse rotundamente aos intentos de privatizar a sanidade pública galega, e reafirma a súa aposta por unha sanidade pública de calidade, con financiamento e xestión plenamente públicos.
-Promoverá todas as mobilizacións que sexan precisas para conseguir que esta brutal ofensiva privatizadora que promove o PP fracase. Que é posíbel conseguilo, demóstrao a experiencia de que as mobilizacións dos traballadores e da cidadanía foron o elemento clave para o retorno ao sistema sanitario público das Fundacións Hospitalarias (Cee, Barbanza, Verín,...) e das outras ?novas formas de xestión? (INFO, Medtec,...) que no pasado xa tentou poñer en marcha o PP.
-Apoiará e se integrará en todas as plataformas cidadáns existentes no noso pais que defendan a sanidade pública e se opoñan a súa privatización, como é o caso das plataformas existentes nestes momentos, así como naquelas outras que poidan xurdir con eses mesmos obxectivos.
-En todos os órganos de representación (xuntas de persoal, comités de centro,...) e en todas as instancias de negociación (mesas sectoriais,...), os representantes de CIG-Saúde xogarán un papel activo defendendo as posicións da CIG e das plataformas cidadáns en defensa da sanidade pública e contra a privatización.
-Esiximos que as novas infraestruturas sanitarias conteñan unha carteira de servizos que garanta as prestacións sanitarias que por dereito lle corresponden a poboación.

Compostela, 22 de febreiro de 2010.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 23-02-2010 14:43
Queres comentar ou preguntar algo?
Reunión de seguimento de Carreira Profesional
O pasado venres houbo no Sergas unha xuntanza da comisión de seguimento da carreira do persoal de Xestión e Servizos e sanitario de Formación Profesional. Comentar ao respecto o seguinte:

1. Expedientes DENEGADOS: Todos aqueles que foron presentados fora de prazo, neste ano non van a entrar, terán que volver a solicita-lo cando se abra o grado IV, argumentan que é porque este ano están suspendidos os acordos.
2. Expedientes A DENEGAR, neste documento están aqueles que presentaron cursos anteriores ao ano 2002 e aqueloutros que non tendo formación presentaron documentación de COMPROMISO COA ORGANIZACIÓN, comentar que estos quedan pendentes, xa que pola nosa insistencia (a postura de CIG-Saúde en base ao acordado nas Resolucións de Carreira esiximos a valoración de tódolos cursos anteriores ou non ao ano 2002) o dos cursos van a volver a valora-lo, na reunión non estaba a persoa responsable e polo tanto quedaron en que nos remitirían por escrito a sua postura para alegacións. Respecto do COMPROMISO COA ORGANIZACIÓN quedaron en que todos eses certificados teñen que estar asinados polo responsable da Dirección de RRHH e polo menos teñen que explicitar o compromiso nalgo concreto, nalgún protocolo en concreto, non van a valer cousas xerais. Si se acordou dar por válidos aqueles dos liberados sindicais que aportan certificados de Compromiso coa Organización en base ao seu traballo nos Comités de Centro.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 23-02-2010 14:24
Queres comentar ou preguntar algo?
previsión de datas de exames
PREVISIÓNS DE DATAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA OPE DO ANO 20089

1.- Grupo Técnico e Grupo de Xestión da Función administrativa

Día: 9 de marzo de 2010

Lugar: Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS). Santiago de C.

2.- Grupo Auxiliar da Función administrativa e Persoal de Servizos Xerais

Día: 13 de marzo de 2010

Lugar: Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).

3.- Cociñeiro

Días: 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo de 2010, en quendas de tres aspirantes cada día excepto os dous últimos días que será en quendas de dos aspirantes.

Lugar: Hospital Materno-Infantil de A Coruña.

Estas datas, así como os horarios concretos serán publicados proximamente no Diario Oficial de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-02-2010 23:03
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación notas definitivas e puntuación provisoria
Resolución do 11 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativa á publicación de puntuacións definitivas dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro).

Resolución do 12 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

As notas, premendo aquí.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 19-02-2010 10:33
Queres comentar ou preguntar algo?
enterro da sanidade publica en Vigo
O persoal da área de Vigo non perde oportunidade de mobilizarse contra a venta da sanidade pública, esta é unha noticia roubada do blog de CIG-Saúde Vigo

O mércores 17 de febreiro celebrouse o fin do Entroido co enterro da sanidade pública como protagonista no desfile de comparsas que se celebrou en Vigo.

Unha gran participación chea de sentido do humor e reivindicativa percorreron as rúas de Vigo con cánticos e berros reivindicativos en contra da privatización da sanidade pública en Vigo que pretende materializar o Partido Popular dende o seu poder na Xunta de Galiza.

As viguesas e vigueses estamos a resistir esta ofensiva privatizadora do goberno do PP que pretende diminuír tanto a calidade asistencial como os recursos materiais e persoais da sanidade pública viguesa.

Ante este ataque sen precedentes tanto a Comisión de Centro do CHUVI como a Plataforma en Defensa da sanidade Pública de Vigo van convocar mais actos de protesta na nosa Área Sanitaria.

As próximas mobilizacións serán o luns 22 de febreiro ás 11h no Hospital do Meixoeiro e o martes 23 de febreiro no Hospital Xeral ás 11h, onde se realizarán concentracións para seguir protestando contra a liquidación da sanidade pública e o recorte tanto de persoal como de calidade asistencial.

O mércores 24 de febreiro haberá FOLGA de 24h no CHUVI e unha manifestación das traballadoras e traballadores, así como toda a cidadanía que queira participar. A manifestación partirá do Hospital Xeral de Vigo ás 20h.

Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 18-02-2010 18:10
Queres comentar ou preguntar algo?
Mesa sectorial: pacto de contrataciois
Chéganos esta convocatoria do SERGAS para a negociación do novo Pacto de contrataciois.

Asunto: Grupo de Traballo. Novo Pacto de Selección Temporal.
Órgano convocante: Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións

Orde do día:
?Proposta de Bases para a elaboración dun novo Pacto de vinculacións temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2010 ás 11:00 horas na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

Convocados:
?Subdirección Xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional
?Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal
?Organizacións sindicais: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE e USAE

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2010

O subdirector xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico
e Recursos e Reclamacións

Francisco Javier Pena Corredoira

ORGANIZACIÓNS SINDICAIS: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE E USAE
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 17-02-2010 23:19
Queres comentar ou preguntar algo?
manipulación na radio galega
artigo extraido de avantar

A sección sindical da CRTVG amosa a súa preocupación polas ameazas da subdirectora de contido na redacción da Radio Galega


Exixe ao Director Xeral e á Xerencia que se normalice e reconduza a actuación do equipo directivo da Radio

A Coordinadora da sección sindical da CIG denuncia as ameazas da subdirectora de Contido da Radio Galega, Rosa Sierra, ás/aos locutoras/es e redactoras/es de informativos, a manipulación informativa decretada desde a dirección para a información en xeral, e no que respecta ás mobilizacións que se convocaron contra o Decreto de Plurilingüismo en particular, e demanda a posta en marcha dos Consellos de Redacción para tratar de frear esta situación.
Reproducimos a nota emitida pola Coordinadora da sección sindical da CIG, polo seu interese:

O COORDINADORA da CIG viña prestando especial atención á situación creada nos departamentos de Informativos e Programas durante as últimas semanas, sobre todo a raíz das mobilizacións contra o Decreto do Plurilingüismo.

Tras debater sobre os feitos relatados por algúns dos seus membros e corroborados por diferentes testemuñas de traballadores, acordou propor ó Comité de Empresa a aprobación dun escrito denunciando a situación. Pero por diferentes causas alleas á vontade desta Coordinadora, o Comité non se reuniu este pasado xoves como adoita facer e como estaba convocado.

Daquela a CIG considera que non se pode agardar máis para reaccionar ante uns feitos que consideramos graves e que expomos de contado.

Na xuntanza de hoxe a CIG ACORDOU:

Lamentar e condenar as ameazas que a Subdirectora de Contido, Rosa Sierra, lanzou a toda a redacción, de viva voz , nun intento de meterlle medo ós traballadores que ?ousen? falar de vetos ós redactores.

As súas palabras, dirixidas á toda redacción , ... ?a partir de ahora voy a vetar de verdad? , nun ton exaltado e ameazador, non se poden consentir nunha empresa cunhas relacións laborais ordenadas e razoables. Por se non abondase , ó dia seguinte chegou a repetir a advertencia : ??Hasta ahora fuí una señora. A partir de ahora se van a cagar? frase pronunciada nunha conversa cun traballador pero en ton moi alto e perfectamente audible en boa parte da redacción, con clara intención de que todos a escoitasen.

Os feitos descualifícanse de seu e non pasarían de ser unha lamentable ?saída do testo? se non fose porque representan un intento de asustar ós traballadores ós que se considera co-partícipes do ?pecado? de preguntar polos motivos dunha decisión da Dirección. Estas ameazas son, ademais, un ataque á independencia profesional dos xornalistas, incompatible coa propia existencia dun medio público como a Radio Galega.

Este episodio complétanse co tratamento informativo que tivo todo o referido ó polémico Decreto, tratamento no que a RG amosou, unha vez máis, que está só para servir ós intereses da Xunta.

Poderase negar esta afirmación, pero a realidade é teimuda en demostralo. Dende entrevistas a eito a prol do decreto, con preguntas do entrevistador cargadas de opinión, ata intentos de impoñer convidados en determinados programas, pasando por ordes para abrir as información con determinadas frases, compuxeron un panorama de manipulación informativa só superado coa propia noticia do día da manifestación contra o Decreto. Chegouse a facer ?contra-información preventiva?: na véspera da protesta, o Redactor Xefe xa tiña escrito un texto con cortes de voz de persoas opostas á xornada de folga no ensino. Se os convocantes non tiveron voz para falar da incidencia do paro, si falaron un representante dunha ANPA e o secretario dun CEIP que, a título particular , amosaron a súa oposición á folga.

E nestes días as medidas de control sobre o que escribe o persoal, subiron un grao : ós traballadores de programas e ás delegacións, obrígaselles a escribir no sistema aberto, algo que se levaba pedindo dende hai tempo por necesidades operativas. Pero adoptar agora esa decisión parece obedecer a un intento dos xefes por aumentar o control preventivo da censura, máis que por solucionar os problemas que había de acceso á información.

Resulta particularmente rechamante que estas actuacións partan da Directora de Contido e do Redactor Xefe, dúas persoas que ata hai pouco tempo tiñan responsabilidades ó máis alto nivel na representación dos traballadores : presidenta do Comité de Empresa e Delegado Sindical, respectivamente.

A Coordinadora da CIG considera que sería fundamental, para tratar de atallar esta desfeita na política informativa da RG, botar a andar, dunha vez por todas, os Consellos de Redacción, cuxa constitución está dende sempre recollida nos distintos Convenios Colectivos da CRTVG. E nese senso lembrámoslle ó Director Xeral que moitos dos membros do seu actual equipo directivo na TVG foron arduos defensores, radicais reclamantes, da creación deses Consellos. Nas súas mans está, agora, facelo. Nese labor pode contar con este sindicato.

Acórdase dar publicidade a este escrito e remitirlle copias ó Director Xeral e á Directora Xerente da Radio Galega, como responsables últimos de todo o aquí recollido, facéndolles a petición de que reclamen dos seus mandos intermedios un pouco de sosego e sentidiño, un chisco máis de profesionalidade e o respecto á liberdade no exercicio xornalístico dos seus locutores e redactores. Seguiremos tentando que o Comité de Empresa se pronuncie sobre a situación.

San Marcos, a 8 de Febreiro de 2010.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 16-02-2010 12:36
Queres comentar ou preguntar algo?
cuestión de dietas
Mentres a unhos se nos esixe un esforzo máximo para capear a crise, incumprimento de acordos, elevar a idade de xubilación, propostas de despido case que gratuito, etc etc, a outros os cartos chóvenlle do ceo, este de abaixo é un artigo e "la voz de Galicia"

salario público
O Parlamento paga máis de 1.000 euros ao mes a deputados por viaxes que non fan.
Hai deputados autonómicos fincados en Santiago a quen, á parte do seu soldo, páganlles un plus de quilometraxe, de máis de 1.000 euros mensuais, coma se vivisen nas montañas do Courel.


Hai deputados autonómicos fincados en Santiago a quen, á parte do seu soldo, páganlles un plus de quilometraxe, de máis de 1.000 euros mensuais, coma se vivisen nas montañas do Courel. Tamén os hai que comparten coche e cobran o desprazamento por separado ou, ata, algún que non ten carné e percibe o extra como o que conduce a diario. A denuncia feita polo PSOE contra o deputado popular Antonio Rodríguez Miranda polo suposto cobro ilícito de viaxes abriu a caixa dos tronos no Parlamento galego e pode acabar chamuscando a todos os grupos políticos.
O dereito a percibir unha compensación económica por acudir a «actos parlamentarios» é practicamente tan antigo como a propia institución. Actualmente, un deputado percibe 0,27 euros por cada quilómetro que realiza para asistir a unha sesión plenaria, a unha comisión, a unha reunión da mesa de comisión ou a unha xunta do seu grupo político.
En total, son entre doce e quince días, máis ou menos, os que se poden cobrar ao mes e para un parlamentario de Ourense a cifra pódese traducir nun plus de 600 euros mensuais, se vive na capital, ou de ata 1.200 se declara o seu domicilio no extremo oriental da provincia, como lle ocorre aos socialistas Carmen Acuña (O Barco) ou a Francisco Rivera (Verín), que acaba de tomar posesión do seu escano en substitución de Laura Seara.
26.000 euros nun mandato
Os socialistas foron quen lanzaron a primeira pedra ao acusar a Miranda de cobrar na anterior lexislatura 26.000 euros en quilometraxes cando adoitaba viaxar no coche oficial de José Manuel Baltar, o que foi o seu rival político no último congreso do PP. A dirección popular reaccionou de inmediato disparando contra Seara, hoxe presidenta do Instituto da Muller, por cobrar desprazamentos cando se movía nun coche oficial de Medio Ambiente, sendo Pachi Vázquez conselleiro. Iso, cando non compartía asento co tamén deputado Pablo López Vidal.
A socialista coruñesa Mar Barcón viuse tamén no medio do disparadero, ao ser acusada polo PP de acudir durante anos ao Hórreo nun coche oficial do Concello da Coruña. Ela defendeuse solicitando un certificado á Mesa da Cámara, no que consta que entre o 2006 e o 2009 non cobrou nin un euro do Parlamento.
Pero o cruzamento de acusacións non fixo senón avivar máis o debate e a marcaxe duns deputados a outros. Ao secretario da Mesa, o popular José Manuel Balseiro, apúntano co dedo por utilizar o seu coche oficial para transportar de paso ao vilalbés Agustín Baamonde, a quen o sistema habilitado no Hórreo permitiríalle cobrar aparte o seu desprazamento. E o mesmo sucedería cos nacionalistas vigueses Carme Adán e Henrique Viéitez cada vez que comparten coche.
«O problema reside en que a quilometraxe se paga sempre de forma automática desde o domicilio declarado», sinala un deputado do PP, quen relata que os parlamentarios nin sequera teñen que reclamar o seu plus. Abonda con que pasen lista nunha comisión e estean presentes para que os servizos da Cámara compútenlles o desprazamento. E aínda que resida en Santiago, dá igual. Se o domicilio declarado é Ribadeo, percibirá 110 euros por cada día de actividade parlamentaria.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 15-02-2010 14:38
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0