|
|
|
|
información da reunión sobre contratacións |
|
Nesta reunión iniciouse a negociación do novo Pacto de vinculacións temporais. A Admón. fixo entrega dun texto cos artigos a negociar. O dito texto contempla até o 9.4 do texto actual. Ainda que quedamos en enviar as alegacións oportunas, nesta reunión presentamos as alegacións acordadas no grupo de traballo, que xa vos expuxemos nun artigo anterior. A Admón. pediunos que enviemos as alegacións nun prazo de 10 días, a próxima reunión será dentro de 15 días.
Con respecto aos contratos de media xornada, a interpretación que fai o SERGAS do punto 12.4 do pacto actual: segundo se recolle no texto do pacto, caberá a renuncia sen penalización do aspirante vinculado mediante un nomeamento a tempo parcial. É dicir, o persoal que renuncie ao contrato de media xornada non pode ser penalizado. O SERGAS remitiranos o informe que enviarán as Direccións Provinciais sobre isto.
Tamén lles preguntamos pola publicación de listaxes definitivas pendentes: Finais de Novembro ou primeiros de decembro. Sen máis comentarios.
|
|
|
|
e ti que pensas sobre a privatización? |
|
A privatización de servizos no SERGAS e en especial a da Central de Chamadas require unha clara contestación por parte de tod@s; atopámonos que ante o plantexamento de endurecer o calendario de mobilizaciois por parte de CIG-Saúde O Barco resulta que a realidade que perciben @s nos@s compañeir@s no resto das áreas de saúde é moi distinta á nosa; parece ser que a maioría do persoal de plantilla non ve con malos ollos que ésta funcione deste xeito, posto que lle libera de moito do traballo que ten actualmente; é por iso que unha boa parte do resto das áreas de Saúde pensan que unha mobilización masiva do persoal sería moi difícil, e é por iso que dende CIG-Saúde baseemos as mobilizaciois no esforzo dos delegados e delegadas do sindicato. Sobre as queixas aquí recollidas poidera pasar que se repetira a historia das mobilizaciois de OPE e pacto de contrataciois, que somente acudimos @s delegad@s e media ducia máis de traballador@s, posto que ó parecer hai a percepción de que é moi fácil escribir nun blog amprándose do anonimato que dá a rede e logo non participar en nada.
@s delegad@s de CIG-Saúde Barco, que somos mais "inconscientes" ca @s do resto das áreas, facemos unha aposta persoal co obxeto de arrastrar ó resto de zonas a incrementar as protestas contra a privatización da sanidade pública, pero para isto necesitamos da vosa axuda, en varios sentidos:
1. Necesitamos saber se a preocupación por este tema do persoal que traballa no resto das áreas de saúde é de rebote pola privatización ou de pasotismo, necesitaríamos que definírades os centros onde traballades; se non queredes facelo público por medo a represalias mandádenolo o correo (h.obarco@cig-saude.org), non daremos nomes dos centros pero sí o número deles.
2. En caso de que a preocupación fose xeralizada necesitaríamos ideas para levar a cabo onde participemos tod@s, traballadores, persoal de listas de contratación e incluso usuarios; aquí de entrada imos preparar unha recollida de sinaturas entre os usuarios en contra da privatización da central de chamadas.
3. Necesitamos a participación e implicación de tod@s para levar a cabo o que se decida.
Poñer freo á privatización da sanidade é unha tarefa de tod@s
Por outra banda a rolda de prensa celebrada onte para denunciar as privatizaciois no SERGAS, apenas tivo repercusión nos medios de comunicación, deixamos este enlace á noticia no "ABC"
Vieiros |
|
|
|
propostas da CIG-Saúde para o novo pacto de contratacións |
|
Estas son algunhas das propostas que sairon do grupo de traballo de CIG-Saúde de cara ao novo pacto de contratacións e que se irán plantexando na mesa negociadora. En todo caso iremosvos informando a medida que vaiamos sabendo dos avances na negociación.
CONTRATACIÓNS ? PROPOSTAS CIG-SAÚDE
1. PROPOSTA XERAL: unificar convocatoria de OPE e listas de contratación. A convocatoria sería única, a solicitude tamén. Unha vez realizado o exame, as listas de baremación servirían como base para as listas de contratación, incluíndo nelas ás persoas que aínda botando a solicitude non acudan ao exame. A puntuación de OPE faríase proporcional á nota acadada, incluíndo tamén á xente que non supere o exercicio de oposición. Deste xeito, incentívase que a xente se presente á oposición e estude para conseguir nota (ou sexa, puntuación para as listas) e ao mesmo tempo redúcese drasticamente a burocracia e papeleo de diversas listas e o número de taxas que hai que pagar para inscribirse nos distintos procesos.
2. SEGUIMENTO DO PACTO. Neste apartado presentaremos ao SERGAS a seguinte proposta: as Provincias de Lugo e Ourense queren manter a situación actual. Pontevedra, Vigo: Manter os chamamentos nas Dirección Provinciais e que se constitúa unha comisión de seguimento en cada área sanitaria. Coruña, Compostela e Ferrol: Xestión integral do pacto en cada área sanitaria. Na área de Ferrol que se aplique o Decreto de área única. Como argumento para manter a diferenza de criterio neste tema , basearémolo na situación que presenta cada Dirección Provincial, moi distinta de unhas a outras. Ademais pediremos que se redacte dun xeito máis conciso o apartado que fala do funcionamento das comisións de seguimento.
3. REXISTRO INFORMATIZADO: Solicitaremos que exista un rexistro informatizado que recolla as chamadas telefónicas realizadas mediante conexión coa empresa telefónica, que o rexistro non consista en que o funcionario/a introduza os datos. Tamén se propón que se publique a orde de chamamentos para que en todo momento se saiba cal é o número da lista ao que lle corresponden os contratos.
4. CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL: Solicitaremos as seguintes medidas.
a. Renuncia sen penalización á oferta de vínculos de curta duración de incorporación inmediata.
b. O persoal con fillas/os menores de 12 anos poderá solicitar suspensión temporal de chamamentos durante o periodo vacacional escolar.
c. Regular a reserva de vínculos de longa duración durante o permiso maternal.
d. Cambio de área por agrupación familiar (traslado de domicilio por agrupación familiar).
5. ÁREAS ESPECIAIS. Incluir como área especial Quirófano-Esterilización e incluir nelas ás Auxiliares de Enfermaría.
6. FUNDACIÓNS: Se se mantén o sistema actual (non aceptándose a nosa proposta xeral), incluir os últimos procesos de selección de fundacións nas valoracións de OPE.
7. CONTRATOS A TEMPO PARCIAL: Seguir mantendo a valoración destes contratos como xornada completa. Buscar un xeito de que se oferten ás persoas que os cubren os contratos superiores a catro meses para que poidan escoller sen penalización (mellora de contrato).
8. COMISIÓNS DE SERVIZO: Inda estando en contra da forma en que se conceden as comisións de servizo, CIG-Saúde estaría por buscar un sistema de oferta que implicara que cando menos o 50% das vacantes que xurdan sexan cubertas por listas de contratación, para evitar que sexan cubertas no 100% por comisións de servizo sen que se movan as listas.
9. BAREMO PSX. Posto que a categoría foi creada xa hai suficiente tempo como para que haxa servizos prestados nela para baremar, eliminar a puntuación que se outorga polo tempo traballado noutras categorías (telefonista, celador...). Ao mesmo tempo, solicitar a reciprocidade na valoración dos servizos prestados como Auxiliar Administrativo.
10. CONTRATOS EN ÁREA LIMÍTROFE. Para a xente que se atope cubrindo unha vacante na área limítrofe daquela onde está apuntada, oferta do contrato e rescisión do actual, cando xurda un contrato na propia área.
11. EXCEDENCIA POR COIDADO DE FAMILIAR. Ofertaranse con criterio de 1º de lista e ao persoal que este realizando estes vínculos ofertaránselle as interinidades que xurdan, dado que neste tipo de excedencias practicamente ningunha chega ao ano.
12. PROMOCIÓN INTERNA. Preferencia absoluta de ofertar as vacantes a promoción interna, 100% das vacantes que xurdan. Oferta á área sanitaria cando a contratación é reducida ou nula no centro nesa categoría.
13. SUSPENSIÓN TEMPORAL DE CHAMAMENTOS: O persoal, previa comunicación escrita, poderá solicitar a suspensión de chamamentos en días concretos por eventos familiares: vodas, bautizos... Asemade poderá solicitar , polo mesmo procedemento, un mes ao ano por vacacións.
14. BAIXA AUTOMÁTICA DO PERSOAL ESTATUTARIO. Propoñemos unha nova redacción: ?Se unha persoa non aporta documentación ou efectúa a renuncia antes da elección do destino, o que permite correr a lista da ope para completar o número de vacantes, non sería penalizado coa exclusión das listas. Se polo contrario realiza a renuncia con posterioridade á elección de destino, si se penalizaría coa exclusión xa que nese momento non se podería completar a lista de OPE?. Entenderase como prazo de toma de posesión cando sae publicado no DOG o prazo para presentar a titulación correspondente ; se o persoal non presenta a documentación decae o aprobado e corre a listaxe de aprobados. Se a persoa que aprobe a OPE renuncia con posterioridade á praza impedindo que corra a lista de aprobados, será dado de baixa nos listados de contratacións.
15. EXPEDIENTES: regular a incorporación ás listas do persoal excluido das mesmas mediante expediente.
16. CHAMAMENTOS PARA VÍNCULOS DE DÍAS SOLTOS. serán ofertados coa maior proximidade ao día da substitución, xa que do contrario figura como persoa vinculada e non se lle oferta un novo vínculo. Regular o dereito a formalizar un vínculo cando a persoa estea en situación de IT por accidente laboral.
17. ?INCORPORACIÓN? SEGUNDO O ESTATUTO MARCO. Producirase o cesamento do substituto pola reincorporación do titular ou cando este perda o seu dereito á reincorporación á mesma praza? O caso que hai que regular é: cando unha persoa esta substituíndo a ausencia dun titular que presenta distintos motivos continuados (IT, baixa maternal, vacacións, excencia por coidado de fillas/os) se o substituto está de IT coincidindo co cambio de contrato o SERGAS non lle permite formalizar o novo vínculo,ofertándolle o contrato a outra persoa das listas.
18. SAÚDE LABORAL:
a. Solicitar do SERGAS que regule as contratación para o persoal que presenta unha incapacidade física ou psíquica recoñecida pola Seguridade Social.
b. Ao persoal que presente unha discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia aceptaráselle a suspensión de chamamentos. O SERGAS remitirá a este persoal as U.P.R.L
c. O persoal que renuncie a un chamamento por motivos de saúde laboral, quedará suspendido dos chamamentos até a súa valoración pola U.P.R.L do SERGAS.
|
|
|
|
calendario de estaturización de fundacións |
|
O SERGAS remite este calendario coas datas de remisión das Resolucións de estatutarización do persoal das fundacións.
MEDTEC 29/10/2008
H. SALNES 30/10/2008
INGO 30/10/2008
FEGAS 30/10/2008
CTG 30/10/2008
H. VERÍN 31/10/2008
H. VIRXE DA XUNQUEIRA 03/11/2008
H. BARBANZA 04/11/2008
061 05/11/2008
Igualmente informa de que a Orde para o acceso á carreira profesional do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatuario polos procesos previstos no Decreto 91/2007, será publicada -previsiblemente- no DOG do vindeiro luns 3 de novembro.
|
|
|
|
declarado nulo o despido dunha traballadora da limpeza do HCV |
|
Nunha sentenza histórica o pasado 9 de outubro, o Xulgado do Social nº 1 de Ourense declara nulo o despido dunha traballadora da limpeza do HCV e condea á empresa concesionaria "CLECE S.A." a readmitila en iguais condicións que antes do despido.
Trátase dunha sentenza de contido importante posto que o despido é considerado nulo e condeada a empresa á readmisión sen que esta traballadora fora delegada sindical no momento do despido nin no ano anterior, e o despido nulo non é habitual que se declare en persoas que non ostentan representación sindical ou represaliadas durante o embarazo.
A empresa en cuestión despedira á traballadora mentres ésta se atopaba en situación de IT porque segundo a empresa a traballadora en reiteradas ocasións entregara os partes de baixa "fóra dos prazos establecidos pola lei". A propia empresa recoñeceu a improcedencia do despido, pero o fallo xudicial entende que o despido foi unha represalia por ter a traballadora solicitado cambio de turno, e por este motivo declara a nulidade do mesmo. |
|
|
|
concentración HCV |
|
Hoxe levamos a cabo a concentración contra a política discriminatoria e o incumprimento dos acordos por parte da Xerencia do HCV, nela participamos ó redor de 70 persoas, quedamos emprazados a ver que ocurre na reunión do dia 4 de acoplamentos internos, para ver se percibimos ou non cambios na actitudes nos nosos xestores (de momento seguimos igual).
A Dirección debe definir e convocar tódalas prazas ocupadas por interinos para os acoplamentos internos, así como non modificar a organización de ningún servizo no que se refire ó número de traballadores que a compoñen e as súas funciois sen ser consultados os representantes do persoal.
Calquera resolución da Dirección en negativo con respecto os dias por asuntos propios ou LDs, nolo podedes comunicar para ver se esta resolución se axusta os acordos internos e a normativa vixente, debemos e imos vixilar con lupa tódalas actuaciois deste grupo directivo, polo que dispoñer desta información é básico para nós.
Esperamos que tomen boa nota do asunto, porque de non ser así, intensificaríanse as mobilizaciois do persoal e desta vez non nos limitaríamos a quedar nas portas da Xerencia como fixemos hoxe. |
|
|
|
queren amordazarnos |
|
No C.S. de O Barco quitan os cartaces contra da privatización
Parece ser que os cartaces postos no Centro de Saúde de O Barco foron eliminados das paredes por orde da coordinadora médica, mañá iremos a comprobalo, de ser así e non se repoñen inmediatamente iniciaremos unha campaña para denunciar este atentado contra a liberdade sindical e de expresión.
mais de medio cento de reclamaciois contra a central de chamadas en O Barco
por outra banda parece que hai recollidas xa mais de medio cento de protestas dos usuarios contra da central de chamadas, estaría ben que a xente que traballades nos Centros de Saúde lle facilitárades os usuarios que protesten e queiran facelo, o modelo de reclamación e se nos facilitades o numero de reclamaciois que recolledes por este tema, fariamonos unha idea do que pensan os usuarios e deste xeito poderiiamos utilizar este argumento cara a opinion publica e o SERGAS, para que den marcha atras nesta politica privatizadora. |
|
|
|
delito de inxurias |
|
artigo extraido de vieiros
non deixedes de ver o video que non ten desperdicio.
O xuíz ordena seguir a causa contra o alcalde que lle chamou "crápula" ao rei
O rexedor de Puerto Real (Cádiz) declarou este luns en calidade de imputado por un delito de inxurias á coroa española.
Fernando Grande ? Marlaska, en calidade de xuíz da Audiencia Nacional, deu a orde de proseguir a investigación contra o alcalde gaditano de Puerto Real (IU), José Antonio Barroso. Acúsaselle dun delito de inxurias graves á coroa española, logo de chamarlle ao rei "fillo da crápula" e "corrupto", que está penado con entre seis e 24 meses de multa. O maxistrado considera no seu auto que o alcalde "trascendeu o exercicio da liberdade de expresión" e incorreu nunha "desproporción" ao "conxugar a crítica á institución monárquica co debate político". Ademais, engade que "violentou o límite da intanxibilidade inherente á dignidade da monarquía, da persoa que encarna, así como dos fundamentos da orde política e da paz social".
Pola súa banda, o avogado de Barroso anunciou que recorrerán este auto do xuíz solicitando o arquivo da causa e advertiu que "no caso de que a súa petición sexa desestimada" achegarán declaracións de "historiadores e documentos para demostrar" que as palabras do seu cliente "teñen base histórica acreditada". Neste sentido, o propio alcalde manifestou a súa satisfacción pola decisión do xuíz de non arquivar a causa, xa que "iso abrirá o debate republicano", dixo á saída do xulgado.
Que aclare o 23-F
José Antonio Barroso reiterou que "existen unhas fallas democráticas neste sistema, que non permite falar do rei nin dos seus negocios, nin da orixe do seu gran capital". Así, instou ao monarca a "explicar por que a súa é a cuarta fortuna do Estado Español" e "cal foi a súa verdadeira implicación no 23 F". Neste sentido, reiterou as súas críticas á monarquía que considerou "anacrónica e de orixe ditatorial, ademais de innecesaria" e subliñou que "a vida do rei non se corresponde coa vida austera e de adicación plena que se lle supón".
Para a súa declaración perante a Audiencia Nacional, Barroso chegou acompañado do número dous do PCE, Felipe Alcaraz, e por un grupo de simpatizantes que lle amosaron o seu apoio con bandeiras republicanas e carteis alusivos con lemas como "Mandar calar, negocio real" ou "reinan porque amordazan". |
|
|
|
concentración no HCV |
|
A asemblea de hoxe convocada pola comisión de centro do HCV, para informar dos incumprimentos de acordos por parte da Dirección, así como da política discriminatoria levada a cabo por esta, contou coa presencia de mais de medio cento de persoas, dende as mobilizaciois de carreira non se producia esa afluencia a ningunha das asembleas convocadas.
Nela despois de informar das causas que nos levaron a pedir a dimisión da Dirección, acordouse facer unha concentración protesta para rexeitar as actitudes e a discriminación que se practica dende a Xerencia, Dirección de Xestión e Dirección de enfermaría.
A concentración convocouse para o próximo xoves 30 ás 11 horas na entrada do hospital, acordouse tamén estar ben atentos se toman nota ou non da protesta xa que de seguir na mesma liña, convocaríase a unha nova asemblea para debatir mobilizaciois mais serias.
Acoplamentos internos:
Por outra banda hoxe mantivemos a primeira reunión para definir as prazas a acoplamentos internos que sairán en novembro, debido a que xa empezabamos a observar "maniobras extrañas" por parte da Dirección e por outro lado queremos que se cumpran os prazos que temos acordados, decidimos recoller somente os datos que nos facilitaban para estudialos e quedar emprazados a unha nova reunión o martes da semana que ven.
|
|
|
|
convocatoria Pacto de Contrataciois |
|
esta de abaixo é a convocatoria que fai o SERGAS para o dia 30 sobre o novo Pacto de contrataciois:
Asunto: Convocatoria comisión de traballo para a negociación do novo pacto de selección temporal
Órgano convocante: Subdirección Xeral de Políticas de Persoal
Orde do día:
? Presentación da primeira parte do borrador do novo pacto de selección temporal.
Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, xoves, 30 de outubro de 2008 ás 11:00h. na sala 02-03 da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.
Convocados:
? Organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF, USAE, CESM e SATSE
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2008
O subdirector xeral de Políticas de Persoal
Francisco Javier Pena Corredoira
|
|
|
|
publicación destinos definitivos ope médicos e pediatras ap |
|
Publícase hoxe a resolución de destinos definitivos de Médicos de Familia e Pediatras de Atención Primaria. Podedes vela aqui.
O prazo de incorporación comeza mañá.
Segundo informa o SERGAS, por un problema de coordinación co DOG non sae hoxe publicada a resolución de incorporación de traslados deste persoal. Parece ser que sairá mañá, pero que sairán con efectos do mesmo día, é dicir, o prazo de incorporación de traslados e o prazo de incorporación de OPE comezan a contar mañá os dous. |
|
|
|
HCV: STOP enchufismo |
|
Acabamos de enterarnos que non solo rompeu o acordado con respecto á incorporación do persoal de traslados OPE o Xerente co persoal auxiliar administrativo, senon tamén a dirección de enfermaría, xa que acoplou a persoal auxiliar saltándose os acordos.
Tamén nos enteramos que estanse a reter varias solicitudes de comisiois de servizo non sabemos con que oscuros propósitos.
Esta política caciquil e enchufista non a lembrábamos dende hai ben anos e agora é o turno do persoal para poñerlle freno, mañá é a asemblea e aí hai que plantexar mobilizaciois para cortar isto de raiz dunha vez por todas, do contrario o que queda é ver quén pelotea mellor á dirección.
Situaciois de discriminación de persoal estanse a dar deseguido:
Nun mesmo servizo ante a mesma situación a un traballador concedenlle o dia e a outro non.
Traballadoras que levan 6 meses en nómina denégaselle o permiso por matrimonio.
Persoal que vai a ourense a unha consulta dánselle somente 4 horas e non lle permiten incorporarse as 3 restantes.
Traballadores que van facer unha proba que require un tratamento e aiuno e somente se lle da o tempo necesario para a proba.
Cambios de categoria de algún persoal sen Resolución de ningún tipo.
Reclamaciois de pool aprobadas na primavera do 2007 que aínda están sen cobrar, reclamaciois de pool que se ordena o seu arquivo sen tramitar resolución algunha.
Todas estas situaciois son habituais nos últimos meses e a maioría as imos amañando unha a unha como podemos.
Por non falar dos servizos que están en precario por falta de persoal e esta dirección os deixa de lado, ou os graves problemas nalgúns servizos ós que non se lle pon coto.
Como decíamos é hora de mollarse, mañá ás 12,30h no salón de actos, porque sen o voso apoio pouco podemos facer. |
|
|
|
campaña polo cambio de grupo de aux. de enfermaria e técnicos especialistas |
|
este de abaixo é o texto remitido por CIG-Saúde á Conselleira de Sanidade pedindo o cambio de grupo de auxiliares de enfermaria e técnicos especialistas, para a semana que ven iniciaremos unha campaña de envio masivo de postales apoiando esta reivindicación entre o persoal afectado.
Mª José Rubio Vidal Conselleira de Sanidade. Sán Lázaro, s/n. Santiago de Compostela.
Desde a entrada en vigor da Lei 7/ 2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, a CIG-SAÚDE ven solicitando da Consellaría de Sanidade que se recoñeza a clasificación profesional que recolle o artigo 76 do devandito Estatuto en función dos requisitos de titulación exixidos para o desempeño das súas funcións no Servizo Ga1ego de Sáude.
Como Vde. é coñecedora os requisitos de titulaeión e:xixidos para o acceso ao posto de traballo no Sistema Sanitario Público son:
Grupo B: Técnico Superior.
Grupo Cl: formación Profesional de Grao Medio
Grupos profesionais nos que deben de estar incluidos, respectivamente, as/os Técnicos Sanitarios Superiores e as/os Técnicos en Coidados Auxiliar de Enfermaría.
Pero en vez desta reclasificación, un ano máis, o Proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Ga1iza para ao ano 2009, repite a clasificación recollida con anterioridade á publicación do Estatuto Básico, condenando a estas/es traballadoras/es aos grupos de clasificación Cl e C2; a Admón continúa a exixir aos seu profesionais un nivel académico e pola contra aplícalles a retribucións correspondentes ao grupo inferior de clasificación.
Exiximos que a Consellaría de Sanidade inclúa na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma do ano 2009 a clasificación dos Técnicos Superiores e dos Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría nos correspondentes Grupos B e Cl.
Agardando as súa resposta.
Un saúdo.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2008
Mª Xosé Abuin Alvarez.,
Secretaria Nacional CIG-SAUDE |
|
|
|
cesamentos irregulares na área de A Coruña |
|
Durante esta mañá chamounos unha PSX cesada na área de Coruña, ó parecer no centro dela aplicaron o cese por quenda e non por centro, xa avisamos á sección sindical de A Coruña para que miren este tema, co obxeto de que o SERGAS corrixa os ceses que poidera ter feito incumprindo as instrucciois de RR.HH. que din literalmente:
C.- CRITERIOS DE INCORPORACIÓN E CESAMENTO:
Primeiro.- Tal e como se realizou nos anteriores procesos procesos selectivos e de provisión e seguindo as instrucións desta División do 11 de novembro de 2005, en relación cos cesamentos que deban de producirse no ámbito da atención primaria, e tendo en conta que as prazas deste nivel asistencial foron ofertadas por centro, o cesamento igualmente deberá realizarse por centro. .
aconsellamos ó persoal afectado que se poña en contacto cos nosos compañeiros da sección sindical de A Coruña, ou se acaso se da o problema noutra área, coa sección sindical desa área de saúde, para que esta intente resolver o problema. |
|
|
|
Iniciamos a campaña contra da privatización no SERGAS |
|
A SAÚDE NON É UN NEGOCIO
A POLÍTICA SANITARIA DA XUNTA DE GALIZA TRADÚCESE EN:
Central de Chamadas = Privatización, Precarización Laboral
A Consellaría de Sanidade aprovéitase da iniciativa sindical de CIG Saúde, dirixida a mellorar a calidade da cita previa na Atención Primaria, para dar renda solta á súa política privatizadora.
Isto tradúcese en:
1.- Os datos da tarxeta sanitaria quedan en mans dunha empresa externa ao Servizo Galego de Saúde.
2.- Precarízanse as condicións de traballo do persoal. As/os traballadoras/es desta empresa non foron seleccionados a través das listaxes de contratacións do Sergas. Os demandantes de emprego abonan as taxas correspondentes para inscribirse nas listaxes e despois a Consellaría contrata o servizo cunha empresa privada; o que está na listaxe de contratación segue sen poder acceder ao emprego temporal.
Colexiación obrigatoria = Mais ?Chiringos? Corporativos
Que interés hai en seguir fomentando a proliferación dos colexios profesionais obrigando a todas/os as/os traballadoras/es do sistema sanitario público, con independencia do grupo profesional ao que pertenzan, á obrigatoriedade de estar colexiadas/os? Se nin a Constitución española, nin a Lei 16/1986, Lei Xeral de Sanidade, lle outorgan no entramado do Sistema Nacional de Saúde ningún papel aos colexios profesionais, nin vincula a asistencia sanitaria pública á obrigatoria integración dos profesionais nos respectivos colexios. Por que o fai a Consellaría de Sanidade?. A quen lle reporta beneficios a colexiación obrigatoria?
Galaria = Capital e Xestión Privada na Sanidade Pública.
Galaria, creada o 28 de agosto de 2008, é unha sociedade mercantil anónima dependente da Xunta de Galiza. É a parte non asistencial do antigo MEDTEC transformada nunha nova empresa. No lugar de facer desaparecer todas as Fundacións, como se comprometera, a Consellaría de Sanidade crea esta entidade para encargarse de xestionar o plano de infraestruturas sanitarias.
En silencio, con nocturnidade, e sen anestesia, esta Consellaría está planificando utilizar Galaria para compartir con empresas privadas o financiamento do novo Hospital de Vigo a cambio de contratarlles durante moitos anos moitos dos servizos non asistenciais do novo Hospital. Isto comprometería os orzamentos da Consellaría durante moitos anos. É o mesmo que fai Esperanza Aguirre en Madrid e que iniciou Thatcher en Inglaterra, a chamada Iniciativa de Financiamento Privado (PFI): Unha privatización descarada da sanidade pública. É o mesmo que tanto critica a oposición madrileña e que
tiveron que paralizar en Inglaterra despois de comprobar o grave empeoramento da sanidade pública inglesa. |
|
|
|
ASEMBLEA HCV |
|
|
|
|
|
a Comisión de Centro pide o cese da Direccción do HCV |
|
Despois dun longo tempo, sumidos no mais profundo caos organizativo dentro do HCV, onde os incumprimentos dos acordos e o enchufismo están ó orde do dia; a Comisión de Centro convocou hoxe unha rolda de prensa para comunicar públicamente a nosa solicitude de que se proceda ó cese da Dirección do HCV.
esta de abaixo é a carta remitida ó Director Provincial e ó Secretario Xeral do SERGAS.
DE: Comisión de Centro HCV
A: Director Provincial do SERGAS - Ourense
Secretario Xeral do SERGAS
ASUNTO: Petición de cese da Dirección do HCV.
Por medio do presente escrito, a Comisión de Centro do Hospital Comarcal Valdeorras vén a pedir o cesamento inmediato da Dirección do HCV debido aos reiterados incumprimentos dos acordos tomados en conxunto (Xerencia ? Comisión de Centro) e á desinformación e escurantismo absolutos nos que esta Dirección ten sumido ao persoal que traballa neste centro e aos seus lexítimos representantes, así como a manipulación estraña que se fai coas prazas de persoal, modificando, poñendo, quitando e volvendo colocar prazas sen consultar, consensuar nin informar a esta Comisión de Centro.
A pinga que veu colmar o vaso da paciencia desta Comisión foi a incorporación de persoal adxudicatario de OPE e traslados da categoría de auxiliar administrativo. A pesares das nosas constantes peticións ata o propio día de publicación en DOG a Xerencia deste centro non se dignou a informarnos das prazas que había para ofertar a este persoal. Unha vez mantida unha reunión, forzada por esta Comisión, e despois dun intenso debate, no que saíron a relucir as incongruencias, contradicións, desorde e escurantismo cos que esta Xerencia trata a información que debe dar aos traballadores, chegouse a dous acordos. Por un lado, facer efectivo o luns día 20 de outubro o acoplamento interno que xa estaba concedido desde había meses a un auxiliar administrativo na área de persoal do HCV. E por outra banda, un acordo das prazas que debían ser ofertadas ao persoal auxiliar administrativo que se incorporaba por traslado. Dous días despois, tan só dous días despois, a propia xerencia nos remite un escrito no que se dá conta doutras prazas diferentes das acordadas que foran ofertadas aos traslados, entre o que destaca a ?creación? da nada dunha praza vacante que previamente non existía, e a fusión doutras dúas prazas preexistentes nunha soa. Isto, engadido a que verbalmente se nos comunica que o acoplamento acordado non se ía producir na data na que se quedara, fíxonos ver que esta xerencia estaba a realizar algún tipo de manobra para ?enchufar? o persoal onde a ela lle interesaba. Esta situación é TOTALMENTE INADMISIBLE, e xunto con outras moitas anteriores, demostra que este Hospital está totalmente desgobernado, carece de dirección e alguén debe tomar a decisión de cesar ao equipo actual e poñer outro equipo que tome as medidas oportunas e manexe este centro coa legalidade por diante.
Por este motivo, a Comisión de Centro do Hospital Comarcal Valdeorras, por unanimidade dos seus membros, tomou a decisión de trasladarlle a vostede a petición de cesamento inmediato para a Dirección actual do HCV, e a súa substitución por un equipo competente que sexa quen de facer o seu traballo con legalidade e transparencia, así como sacar a este centro do pozo de desorganización no que se atopa.
O Barco, 21 de outubro de 2008.
Asdo: Susana Méndez Rodríguez
Presidenta da Comisión de Centro do HCV.
A nova en La Voz de Galicia.
A resposta do Xerente en La Voz de Galicia (que parece ser que cos xornais sí que fala)
A nova en La Región. |
|
|
|
situación laboral nas antigas fundacións hospitalarias |
|
Posto que temos recibido varias preguntas sobre a situación laboral nas antigas fundacións hospitalarias, pasamos a explicala:
As antigas fundacións hospitalarias pasarán a ser de xeito efectivo hospitais públicos do SERGAS o próximo día 1 de xaneiro de 2009. O persoal destas fundacións puideron optar por integrarse ou non facelo. Actualmente, e mentres non se publica o novo pacto de contratacións e se convocan novas listas, estes centros teñen que contratar tirando das súas propias listas de contratación.
As categorías existentes agora mesmo nas antigas fundacións non se van reclasificar noutras, excepto aqueles psx que aceptaran a proposta que se lles fixo de pasar a auxiliares administrativos. Aqueles que non aceptaron, continuarán como psx coas mesmas funcións que viñan desempeñando.
No momento actual hai unha das antigas fundacións (hospital comarcal do Salnés) que xa incorporou 18 celadores, chamados polas listas de área de Pontevedra Norte (posto que a fundación non tén listas de celadores). En ningunha outra fundación se incorporaron ainda celadores.
En todo caso, progresivamente, estes centros terán que ir adaptando os seus ratios de persoal para equiparalos aos do resto de centros do SERGAS. Debido a esto, é de esperar que todas as antigas fundacións teñan que contratar celadores, e incluso algún persoal máis, posto que como todo o mundo sabe en todas as categorías era máis ben escaso.
CIG-Saúde vai iniciar campañas nestes centros para esixir que se equiparen os ratios de persoal entre centros do SERGAS, e que se contrate o persoal que sexa necesario para facelo. |
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
para recapacitar |
|
Plasmamos aquí un artigo recollido en "la voz de Galicia" sobre un conflicto laboral xurdido no concello de Vilagarcia, cecais serva para facer recapacitar a algún ou cecais para cabrear, pero a nós parécenos importante polo menos amosalo e cada un que se saque as súas propias conclusiois:
Mil «eurazos» por cumprir co seu deber
Funcionarios de Vilagarcía esixen diñeiro e a reparación de danos morais?por asumir a xornada legal de traballo tras décadas de privilexios sen facelo
A falta de que o novo Estatuto Básico do Empregado Público, que entrou en vigor en maio do ano pasado, desenvolva todos os seus puntos, a xornada laboral dos funcionarios españois está fixada por lei en 37,5 horas semanais. Cada Administración, xa se sabe, é un mundo en si mesmo. E hai, por todas as partes, excepcións maiores e menores á regra. Pero o caso do Concello de Vilagarcía soa pouco menos que a paraíso sueco, posto que, en virtude dun precepto nunca escrito pero aceptado por todos, o persoal de oficinas do Concello arousán non traballaba máis que 30 horas á semana (de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres).
A festa torceuse o 16 de setembro pasado, data na que o goberno local, formado por unha coalición de PSOE e BNG, decidiu reconducir o asunto e implantar un sistema acorde á lexislación, levando a súa semana laboral ata as 35 horas (de 8 a 15 horas). A reacción dun grupo de funcionarios é para tomar nota: esixen incrementos salariais e a reparación dos «danos morais» que, aseguran, provocou a medida.
Para abrir boca, algúns deles chegan a demandar da alcaldía o pago de mil euros en concepto de satisfacción polos inconvenientes familiares xurdidos ata o momento, xa que, lamentan, o anuncio colleunos por sorpresa e sen previo aviso. Todo, ante a sinxela e incontestable necesidade de cumprir coa xornada de traballo que por lei lles corresponde.
A rebelión fronte esta particular perestroika laboral cobrou a forma de distintos escritos que os funcionarios máis díscolos están remitindo á alcaldesa, a socialista Dolores García. Neles poden lerse cousas como «cando me presentei ás probas selectivas ninguén me dixo que, aínda que o horario era de 8.30 a 14.30, as retribucións correspondían a 37,5 horas á semana» ou demandas como esta: «Unha reparación polos danos causados á miña imaxe e dignidade pública como funcionario, e a reparación da mesma para todo o persoal deste Concello». Ademais do «incremento das retribucións mensuais de forma proporcional ao novo horario ata que se resolva esta situación». Molestan especialmente ao colectivo as palabras do concelleiro de Persoal, José Membrives, quen se atreveu a afirmar que non facer cumprir o horario legal suporía «unha fraude para a cidadanía».
Con todo, non xorde nin unha soa queixa de entre o grupo de oficinistas polo feito de que, como media, os empregados dos servizos que operan no exterior da Casa Consistorial -desde a brigada de obras á Policía Local- leven media vida traballando, eles si, cinco horas semanais máis que os seus compañeiros de administración.
UXT anuncia un contencioso
¿Cal é a postura, a todo isto, dos sindicatos? Comisións Obreiras, que controla a xunta de persoal (representa aos funcionarios), quere negociar co goberno local. Máis sorprendente é a posición abrazada por UXT, con maioría absoluta no comité de empresa (representa ao persoal contratado), que anunciou xa a interposición dun recurso contencioso-administrativo contra o Concello no caso de que non se retire o novo horario e non se retome a situación de privilexio anterior ao 16 de setembro, que como mínimo se remonta 25 anos no tempo. O máis rechamante do tema é que o convenio colectivo en vigor en Vilagarcía adopta a semana de 37,5 horas como un «imperativo legal». Nin por esas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|