CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

carreira profesional personal non sanitario
O Sergas informa que vai entrar no Consello da Xunta o día 18 de outubro, para logo publica-lo en D.O.G, a resolución da carreira profesional de persoal non sanitario e sanitario de formación profesional, e ó mesmo tempo publicarase a Resolución que abra prazo para presentar solicitudes.
O que nos sitúa no mes de Nadal, como mínimo, para empezar a cobrar.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 09-10-2007 13:48
Queres comentar ou preguntar algo?
temas de negociación prantexados por CIG-Saúde ao SERGAS


TEMAS DE NEGOCIACIÓN INMEDIATA NA MESA SECTORIAL
Proposta presentada por CIG-Saúde á Secretaría Xeral e á Dirección Xeral
de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde. 08/10/07

1. Negociación para un Acordo Xeral Retributivo e de Condicións de Traballo
2. Negociación para un Acordo sobre condicións de traballo de Persoal Funcionario e Laboral dos centros sanitarios e sobre reglas de negociación colectiva
3. Negociación do réxime ordinario de Carreira Profesional para todas as categorias
4. Negociación para un Acordo sobre Adicación, Exclusividade e Xornada Laboral do Persoal Facultativo Hospitalario
5. Negociación para un Acordo sobre a consolidación do novo modelo de Urxencias Extrahospitalarias e das súas Condicións de Traballo
6. Negociación para un Acordo sobre Condicións de Traballo específicas de Unidades e Servizos de Atención Primaria, que inclua a modificación e adaptación do seu Sistema Retributivo, a actualización do seu réxime de Xornada, e as reglas sobre Substitucións e Acumulacións
7. Aplicación e desenvolvemento de acordos e compromisos previos pendentes de abordar ou con problemas de execución: médicos urxencias hospitais, residentes, xornada 061, ope 2008, carreira profesional fundacións,?


CONTIDOS BÁSICOS DAS MATERIAS PROPOSTAS PARA A NEGOCIACIÓN

1. Negociación para un Acordo Xeral Retributivo e de Condicións de Traballo

- incremento retributivo xeral para todas as categorias e ámbitos
- incremento do valor do plus de nocturnidade
- incremento do valor das noites de domingos e festivos, e pago do plus tamén nas quendas nocturnas (compromiso preexistente non-cumplido)
- incremento do valor da hora de garda (horas festivas, horas nocturnas, horas localizadas)
- 100% do salario nas baixas: recuperación da prorrata da atención continuada como retribución salarias e para todas as categorias
- efectividade da aplicación da medida da consolidación de grao de todas as categorias: inclusión dos colectivos hoxe excluídos e modificación dos complementos de destino de determinados postos (compromiso preexistente non-cumplido)
- negociación dos fondos de acción social (compromiso preexistente non-cumplido)
- renegociación do acordo sobre xornada:
o xornada máxima de 35 hs, e adaptación da táboa por noites a esa diminución
o tratamento e compensación dos excesos de xornada
o revisión do pacto sobre permisos e licencias (compromiso preexistente non-cumplido, de obrigada adaptación ao novo marco legal de permisos e de protección da conciliación)


2. Negociación para un Acordo sobre condicións de traballo de Persoal Funcionario e Laboral dos centros sanitarios e sobre reglas de negociación colectiva

- incremento retributivo xeral para o 2008 do 3?8% e tratamento das condicións de aplicación do pactado para o 2007
- revisión das cuantías dos pluses de noites e festivos: iguais a estatutarios
- actualización dos fondos de acción social
- automatización da opción de estatutarización
- reglas de aplicabilidade dos acordos colectivos estatutarios
- garantía do acceso á Carreira Profesional en igualdade de condicións


3. Negociación do Réxime Ordinario de Carreira Profesional para todas as categorías

- establecer unha regulación básica con carácter universal, para todas as categorias e colectivos, mantendo as especificidades necesarias para os diferentes grupos profesionais só nos aspectos referidos á avaliación
- garantir o acceso de persoal funcionario e laboral, incluido un réxime extraordinario equivalente ao do persoal estatutario
- garantir o acceso de persoal temporal con máis de 5 anos de servizos prestados
- establecer as reglas transitorias de enganche entre o réxime extraordinario vixente e o acceso aos seguintes graos no réxime ordinario
- igualar a consideración e o tratamento da promoción interna, e incluir o periodo de residencia na consideración de tempo de traballo na correspondente especialidade
- axustar as cuantías económinas para garantir que os graos teñan un mesmo valor independentemente da data de recoñecemento e para equilibrar a escala entre grupos profesionais, e establecer reglas para a sua revisión


4. Negociación para un Acordo sobre Adicación e Exclusividade e sobre Xornada Laboral do Persoal Facultativo Hospitalario

- Sobre a Exclusiva e a Optimización dos recursos públicos:
o Negociar medidas para potenciar a dedicación exclusiva
o Negociar medidas para ampliar o horario útil dos recursos hospitalarios
o Incrementar o valor do C. por Adicación Exclusiva
o Establecer a opción da ampliación horaria para traballo ordinario (eliminando os programas de autoconcertación e de actividade sustitutiva da exención de gardas)
o Analizar o impacto desa nova organización sobre o actual sistema de gardas
- Sobre a Xornada Laboral e as Gardas (compromiso preexistente non-cumplido):
o Convertir as 48 horas nun número máximo de horas ou de turnos de garda mensual/anual
o Determinar as compensacións adicionais (retributivas e/ou en descansos) pola superación deses límites, que só poderian ter carácter voluntario, e determinar as reglas específicas desa compensación adicional nos casos de inexistencia contrastada de especialistas a contratar
o Determinar o carácter non recuperable da libranza posterior á garda, garantir a efectividade do descanso semanal e, en xeral, evitar o efecto de que o disfrute dos permisos e as libranzas incrementen as horas posibles de garda
o Reducir o límite de 48 horas en proporción ás reduccións experimentadas pola xornada ordinaria
o Determinar un número máximo de gardas localizadas a realizar por mes/ano
o Establecer unha equivalencia entre horas de localización e horas de presencia a efectos do cómputo das 48 hs
o Determinar novas reglas para o descanso posterior á garda localizada
o Atribuir as condicións retributivas da garda de presencia física aos periodos de actividade da localizada
o Considerar garda de presencia física, a todos os efectos, aquela garda localizada en que o tempo de actividade supere un determinado porcentaxe do seu horario
o Establecer as reglas específicas de aplicación ao persoal Residente en Formación


5. Negociación para un Acordo sobre a consolidación do novo modelo de Urxencias Extrahospitalarias e das súas Condicións de Traballo

- Negociación de novas condicións retributivas e de xornada (1430 hs, complemento urxencia, nocturnidade, festividade, turnicidade,?)
- Retribución como hora ordinaria (de Pac) das horas realizadas no PAC por encima da xornada anual establecida
- Revisión das condicións de prestación do traballo (cadrantes, ordinaria, ?)
- Novas reglas respecto da voluntariedade e do traballo realizado en Atención Ordinaria
- Previsións para a convocatoria de oposicións


6. Negociación para un Acordo sobre Condicións de Traballo específicas de Unidades e Servizos de Atención Primaria, que inclua a modificación e adaptación do seu Sistema Retributivo, a actualización do seu réxime de Xornada, e as reglas sobre Substitucións e Acumulacións

- Conversión de cartillas a Tis
- Establecer o valor das Tis por segmentos de poboación adscrita
- Sustitución dos tramos en Enfermería por número de Tis
- Revisión das retribucións globais para Odontólogos e Pediatras, revisión específica dos conceptos retributivos para Fisioterapeutas, Matronas e Traballadora/es Sociais, e incremento das retribucións globais para PSX
- Xornada de 35 hs, con eliminación dos sábados como atención ordinaria
- Preferencia absoluta a favor da sustitución externa fronte á acumulación de cargas
- Retribuir co doble do valor normal (de ordinaria, de pac, ou de garda, según o caso) calquera hora realizada con carácter forzoso por inexistencia de persoal a contratar
- Retribuir como hora ordinaria calquera prolongación voluntaria de xornada destinada a atender unha consulta, sexa cal sexa o horario de atención e a quenda de procedencia
- Retribuir a denominada intersubstitución, cando sexa imposta pola Xerencia, coa totalidade da retribución da persoa ausente, dende o primeiro dia, e para todas as categorías das UAP
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 09-10-2007 12:17
Queres comentar ou preguntar algo?
trienios persoal temporal
Novo borrador da Orde que vai regular o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Sergas.

sen data prevista de publicación

para velo, preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 09-10-2007 11:01
Queres comentar ou preguntar algo?
exames galego e 2º exame farmacéuticos s.p.
pois parece que algúns tíñades razón posto que @s compañeir@s de CIG Ferrol, xa teñen confirmación de que o SERGAS informa de que convocará a proba de galego para as categorias de:

Aux. Administrativo, P.S.X. e Cociñeiros o vindeiro domingo 28 de outubro as 10 horas en silleda.

a data sera confirmada definitivamente na publicación no DOG prevista para o día 15 de outubro.



Ademáis, ese mesmo día celebrarase o segundo exercio dos farmacéuticos de saúde pública.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 08-10-2007 13:54
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria Aragón
No Boletín Oficial de Aragón do 1 de Outubro aparece a convocatoria para 30 prazas de Auxiliares de Enfermaría e 35 prazas de Auxiliares Administrativos. Podedes consultar as bases premendo nas ligazóns.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 08-10-2007 13:00
Queres comentar ou preguntar algo?
HASTA LA VICTORIA SIEMPRE
o próximo 8 de outubro fará 40 anos que o CHE Guevara foi ferido e capturado en Bolivia, o dia 9 de outubro de 1967, o CHE foi asasinado e o seu corpo despois de ser exibido, foi a parar a unha fosa común que non se atoparía ata 20 anos despois. Non lles valeu de nada esconder o corpo, porque xa no momento da sua morte o CHE era xa un exemplo a seguir, para tódalas xeneraciois vindeiras.

deixamos unha carta que o CHE escribiu ós seus fillos antes da sua morte.



A mis hijos

Queridos Hildita, Aleidita, Camilo, Celia y Ernesto:

Si alguna vez tienen que leer esta carta, será porque yo no esté entre Uds.

Casi no se acordarán de mi y los más chiquitos no recordarán nada.

Su padre ha sido un hombre que actúa como piensa y, seguro, ha sido leal a sus convicciones.

Crezcan como buenos revolucionarios. Estudien mucho para poder dominar la técnica que permite dominar la naturaleza. Acuérdense que la revolución es lo importante y que cada uno de nosotros, solo, no vale nada. Sobre todo, sean siempre capaces de sentir en lo más hondo cualquier injusticia cometida contra cualquiera en cualquier parte del mundo. Es la cualidad más linda de un revolucionario.

Hasta siempre hijitos, espero verlos todavía. Un beso grandote y un gran abrazo de

Papá


tamén deixamos unhos tubos que escollimos dos miles que hai colgados na rede.

HASTA LA VICTORIA SIEMPRE!!!!


un tubo con pequenos cortos de vídeo sobre a sua vida


neste tubo da television venezolana fai un esquema da sua vida.



fidel falando do che e mais imáxenes.



Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 07-10-2007 00:08
Queres comentar ou preguntar algo?
os animais
A ver se vos sona. É a versión de Luar na Lubre:




Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 06-10-2007 09:04
Queres comentar ou preguntar algo?
LISTAS CRUZADAS
os enlaces das listas cruzadas están funcionando correctamente, se vos interesan estan aquí:

Parece ser que algunha xente ten problemas para atopar os listados cruzados, polo que os agrupamos e poñemos neste post os enlaces de tódalas categorias que temos feito, para que vos sexa mais doado atopalos.

seguimos a lembrar que son simplemente orientativos, para nada definitivos posto que terán moitas variaciois con respecto as listas definitivas de aprobad@s que saque o SERGAS.
E xa sabedes, despois do enlace de abaixo, hay que picar logo en "start here download"


Enfermeira
matrona
auxiliar de enfermaria
cruzadas celadores
pinches cruzadas
cruzadas tel
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 06-10-2007 02:40
Queres comentar ou preguntar algo?
TÉCNICOS SANITARIOS OPE VALENCIA
O diario oficial da comunidade valenciana do día 4 de outubro publica a convocatoria de prazas de TEL ( 50 prazas ) TEAP ( 10 prazas ) e de Técnico en Radiodiagnóstico ( 50 prazas ).

Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 05-10-2007 10:57
Queres comentar ou preguntar algo?
o PP desmárcase dun consenso a prol da língua
en vieiros atopamos un artigo do acontecido no debate do estado da nación no parlamento galego, que pasamos a reproducir:

Sen vontade de recuperar o consenso

O PPdeG teima contra a lingua e rexeita un pacto social en favor do galego
Alén de non propoñer iniciativas a prol da lingua, o partido liderado por Núñez Feijoo evita recuperar o consenso rachado pola presión da dirección do PP en Madrid.

Sesión do mércores: Da "gravosa herdanza" á "última oportunidade"
PSdeG e BNG acordan o impulso da reforma forestal e dun "gran pacto" pola lingua
Sesión do martes: Dende o Hórreo a Monte Pío pasando polos fogóns de Xénova


Na mañá desta cuarta feira, socialistas e nacionalistas acordaran unha proposta de resolución onde se insta á Xunta a promover "un gran pacto pola lingua que abranga medios de comunicación, entidades empresariais, políticas, sindicais e asociativas para conseguir un incremento real do uso oral e escrito da lingua galega e promover que se mire pola calidade da lingua utilizada".

A iniciativa foi evitada polo grupo parlamentario do PPdeG. Na xornada anterior, o voceiro do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, xa protagonizara un discurso onde en materia educativa se restrinxiu practicamente a recuperar a denuncia do presunto "conflito" lingüístico que na súa opinión abriu o bipartito co decreto sobre a lingua nas escolas. No segundo día do debate sobre o estado da nación, Feijoo teimou en declaracións para os medios na idea de que o Goberno "rachou o consenso" sobre a lingua. Para o presidente do PPdeG o único pacto aceptábel polo seu partido neste momento é aquel que se basee unicamente no "dereito dos alumnos a dirixirse aos profesores en calquera das dúas linguas oficiais da comunidade autónoma" e no "dereito dos pais a determinar cal é a lingua materna dos seus fillos". Feijoo opina que non se garanten agora mesmo a proporcionalidade no uso do castelán nin as competencias lingüísticas dos alumnos en galego e castelán en cada ciclo educativo.

Ao respecto, o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, acusou de "galegofobia" aos populares. Na opinión de Aymerich existe a constancia da degradación da lingua galega, da que daría conta o último informe do Consello Escolar de Galiza. Por iso, preguntoulle a Feijoo se " a súa paz lingüística consiste en negarlle os dereitos aos galegofalantes e acalar as súas queixas?".





Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 05-10-2007 10:32
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira profesional e trienios interinos
postos en contacto con responsables de negociación destes temas de CIG-Saúde, nos din que o último do que informou ó SERGAS ós sindicatos, foi que o acordo de carreira profesional de persoal non sanitario e sanitario de formación profesional (borrador aqui) publicaríase en DOG neste mes de outubro e xunto con el sairá publicado a apertura de pazo para facer as solicitudes para acceder a ela, para poder cobrala ca nómina de novembro (cousa que dubidamos).

en canto ós trienios do persoal interino, según o SERGAS xa o mandaron a DOG para publicar e iso abriria o prazo para solicitalo.

o luns ó parecer temos unha reunión co SERGAS, a ver se nela precisan algo mais.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 05-10-2007 09:18
Queres comentar ou preguntar algo?
información AGM
@s nos@s compañeir@s da agrupación médica de CIG- Saúde, publican na sua páxina web un par de noticias de interese. unha relacionada co plan de mellora de atención primaria e outra ca OPE de psiquiatria, que pasamos a reproducir.

PLAN DE MELLORA DE A.P.


En resposta ás medidas aprobadas no Plan de Mellora de Atención Primaria o Servizo Galego de Saúde publicou o día 9 de xullo de 2007 dúas Instrucións que afectan directamente ao traballo diario dos profesionais de Atención Primaria: a carga burocrática nas consultas e o acceso ás probas complementarias.

Que estas circulares non se convertan en papel mollado depende, en parte, da actitude que adoptemos os profesionais.

Dende a Agrupación Médica de CIG-Saúde propoñemos unha actitude de vixilancia activa sobre o seu cumprimento. 03/10/2007

OPE psiquiatras


Recursos Humanos do SERGAS responde ao requirimento de información de CIG-Saúde sobre a suspensión Cautelar da OPE de Psiquiatría:

En resposta a solicitude de información realizada por CIG-Saúde sobre o que estaba pasando coa OPE de Psiquiatra, desde a División de Recursos Humanos do SERGAS, o 04/1072007, se nos facilitou a seguinte información:

"Recibiuse nesta División a denuncia dun opositor da que podía inferirse a posible existencia de irregularidades que poderían constituír un ilícito penal. A División decidiu poñelo en coñecemento do Ministerio Fiscal e do Presidente do tribunal de Psiquiatría, e comunicar ao denunciante as devanditas actuacións. En canto haxa un pronunciamento do Ministerio Fiscal, a División de Recursos Humanos e D. P. adoptará as decisións que correspondan en relación con esta cuestión e comunicarase para o seu xeral coñecemento. En tanto non exista este pronunciamento non se realizarán ningún tipo de actuación en relación con esta especialidade que puidese resultar afectada pola decisión do Ministerio Fiscal".

Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 04-10-2007 21:58
Queres comentar ou preguntar algo?
cronograma das próximas reuniois cos servizos
As próximas 2 semanas imos ter unha especial actividade en canto a reuniois cos servizos se refire, istas son as reuniois que temos programadas.

martes 9:
planta verde ás 14 horas
persoal de PAC ás 16 horas

mércores 10:
planta azul ás 14 horas

martes 16:
planta laranxa ás 14 horas

venres 19:
persoal non sanitario de Atención Primaria para dar a coñecer e debater sobre o grupo de traballo do plan de mellora do SERGAS neste grupo de traballadores.

sen precisar data reunión co persoal de cociña para tratar a sua problemática e con ATS e médicos de primaria para tratar o plan de mellora de atención primaria.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 04-10-2007 13:39
Queres comentar ou preguntar algo?
xestión das listas de contratación
moita é a xente que se incorpora iste ano as listas de contratación e a xuzgar por moitos comentarios dos que temos no blog, moita dela está perdida en canto ó funcionamento da xestión das listas, neste post imos intentar aclarar o seu funcionamento, simplemente extraendo os artigos 7 e 8 ademais do 12 do Pacto e remarcando en negrita algúns textos para que vos sexa de mais facil comprensión. Todo está no Pacto de contrataciois.


7. Xestión das listas.

7.1 A determinación das necesidades de vinculación compételles ós directores xerentes dos respectivos centros sanitarios, de acordo coas súas competencias de xestión normativamente recoñecidas, sen prexuízo da preceptiva información sobre os nomeamentos efectuados, que periodicamente debe facilitarse ás xuntas de persoal de área, nos termos recoñecidos no artigo 9 da Lei 9/1987 do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servizo das administracións públicas (BOE nº 145 do 18 de xuño de 1987), e así mesmo nos artigos concordantes da Lei Orgánica 11/1985, de liberdade sindical.

As comisións provinciais de seguimento tamén poderán recaba-la citada información ós directores xerentes, que deberán facilitala nun prazo razoable.

7.2 A xestión das listas e os chamamentos dos aspirantes levarase a cabo nas direccións provinciais do Sergas, a través dun proceso informatizado, respecto de tódalas categorías incluídas no presente Pacto.

Emporiso, as xerencias de atención primaria poderán exercer tal cometido respecto ó persoal facultativo de medicina de familia, odontólogos e pediatras verbo dos distintos ámbitos da súa competencia.

Cando as circunstancias o aconsellen, polo intre, inmediatez e perentoriedade para efectua-lo chamamento dun aspirante, os centros de atención especializada e de atención primaria efectuarán directamente tal chamamento, con respecto absoluto dos criterios de selección previstos no presente Pacto. A tal efecto a dirección provincial correspondente dará cumprida e periódica información da situación e estado das listas, coa explicitación da orde de chamamento dos aspirantes, coordinando axeitadamente o proceso cos centros sanitarios.

7.3 Para efectua-los chamamentos seguirase rigorosamente a orde de puntuación acreditada polos aspirantes en cada ámbito, sen prexuízo dos supostos de suspensión previstos na norma xeral oitava, e dos supostos especiais a norma xeral 12*.
Para a formalización de nomeamentos de duración igual ou superior ó ano chamarase, en todo caso, ó aspirante que acredite a maior puntuación na lista da área sanitaria que corresponda, sempre que non estea xa vinculado por outro nomeamento de duración igual ou superior ó citado período.

De acordo co anterior, cando un aspirante figura con dereito preferente, pola puntuación que acredite, para ocupar praza vacante con carácter interino ou para formalizar outro vínculo de duración prevista igual ou superior ó ano, e se atope vinculado por un nomeamento de duración inferior, será requirido para ocupa-la citada praza vacante ou para formalizar outra vinculación de duración igual ou superior ó ano.

7.4 Para as vinculacións programadas, e sempre que exista un prazo suficiente de 48 horas, os aspirantes serán avisados mediante carta ou telegrama. No resto dos supostos nos que exista premura na vinculación avisarase telefonicamente.

En todo caso, quedará constancia da data e hora na que cada aspirante sexa requirido, mediante dilixencia estendida para o efecto, levándose un libro de rexistro das chamadas efectuadas.

7.5 De constatarse un erro material ou de feito no chamamento e posterior vinculación a prol dun aspirante, que pola súa orde de puntuación non lle corresponde, procederase, no prazo dos 15 días seguintes, á revogación do nomeamento expedido por tal circunstancia.

De tal actuación, notificarase á maior brevidade posible á Comisión provincial de seguimento correspondente.

8. Duración dos vínculos formalizados.

8.1 Os aspirantes que acrediten un período de traballo de 360 días ou superior, nun prazo de tres anos, en virtude deste ou anterior pacto, non serán chamados para subscribir novos vínculos de duración inferior a un ano nun período de tres meses, desde a data de finalización do último vínculo en virtude do cal se acumule o referido período de traballo.

Para estes efectos os meses contaranse por mes natural ou, no seu defecto, pola agrupación de días traballados, a razón dun mes por cada 30 días de prestación de servizos.

Esta regra será de aplicación ó cómputo do tempo de traballo, así como do período de suspensión, que de se-lo caso se estivese aplicando ós aspirantes, desde a entrada en vigor do pacto, con independencia de que o citado cómputo comezase baixo a vixencia do pacto anterior.

8.2 Esta medida de suspensión dos chamamentos non será de aplicación no caso de que, por razóns conxunturais non existan profesionais suficientes nalgún listado das categorías convocadas e, de se-lo caso, área sanitaria, sen prexuízo da continuidade da aplicación da medida unha vez que se superen as citadas circunstancias.

Así, de procederse á convocatoria extraordinaria prevista por indispoñibilidade entenderase aplicable esta medida de suspensión.

8.3 Finalizado o período de suspensión dos chamamentos, os servizos prestados comezarán a computarse para os efectos de completar un novo período de 360 días que dea lugar á aplicación novamente da medida de suspensión.

Non poderán acumularse períodos de suspensión dos chamamentos. En todo caso, a citada suspensión non será superior a tres meses, nun período de doce desde a aplicación da medida.

8.4 Sen prexuízo do reflectido non parágrafos anteriores, coa finalidade de acadar unha maior mobilidade das listas en función das peculiaridades que concorran nalgunha área sanitaria ou provincia, as comisións provinciais poderán propoñer, mediante acordo adoptado de conformidade co previsto na disposición décima deste pacto, o establecemento do sistema que consideren máis conveniente para consegui-la aludida maior mobilidade das listas.

Tal proposta de sistema só poderá referirse ós vínculos de duración inferior ós 12 meses e requirirá para a súa efectividade a ratificación da Comisión central de seguimento.

Sen prexuízo do anterior á Comisión central de seguimento do pacto acordará as medidas necesarias para a aplicación destas medidas de suspensión


*norma xeral 12:

12. Disposicións especiais.

12.1 Período de proba.

Nos nomeamentos expedidos estipularase un período de proba para os aspirantes, de conformidade co establecido no artigo 33.2 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco de persoal estatutario dos servizos de saúde, e artigo 5 da Orde da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais do 1 de xullo de 1997, pola que se regulamentan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servizo Galego de Saúde e demais normas concordantes e complementarias ou que a substitúan.

Cando un aspirante sexa cesado por non supera-lo período de proba que no nomeamento se estipule, quedará automaticamente excluído da lista.

Emporiso, a Comisión central de seguimento do pacto poderá excepciona-la aplicación de tal medida de exclusión, de xeito motivado, naqueles casos nos que, polas circunstancias concorrentes se considere oportuno, así como as medidas adicionais que se estimen convenientes.

Os centros sanitarios deberán comunicar á Comisión central de seguimento do pacto, coa maior brevidade, os cesamentos que se produzan por tal motivo e, de existir, as circunstancias que razoablemente obsten a aplicación da medida de exclusión.

12.2 Áreas especiais.

12.2.1 Cando sexa preciso cubrir necesidades de vinculación de ATS/DUE que se produzan nas áreas de UCI-reanimación, quirófanos, hemodiálise, transplantes, hospital de día onco-hematolóxico e onco-pediatría e prematuros-neonatos, e así mesmo no que respecta ás categorías de persoal adscrito ás unidades de saúde mental, os aspirantes que acrediten experiencia profesional nas citadas áreas ou posúan a especialidade ou titulación específica que non fose preceptiva farano constar no espacio reservado para o efecto nas solicitudes que formulen, achegando, en todo caso, certificación acreditativa da experiencia expedida polo centro sanitario correspondente ou a titulación da especialidade.

Excepcionalmente, as xerencias poderán propoñer ás comisións provinciais de seguimento outras áreas de traballo de carácter sanitario, nas que sexa necesario que os aspirantes acrediten experiencia profesional nelas, ou posúan unha determinada especialidade. Para tal fin, o centro achegará informe debidamente razoado e xustificativo. A comisión provincial resolverá sobre a procedencia do chamamento dun aspirantes cualificado na área ou servizo, e sobre o sistema de efectua-la designación daquel.

12.2.2 O chamamento para tales áreas farase seguindo a orde de prelación da lista e a prol das persoas que acrediten a experiencia ou a especialidade aludidas. Así mesmo, requirirase un informe por escrito do centro sanitario solicitante, no que se fará consta-la área sanitaria especial da que se trate e maila necesidade de que para esta, se designe persoa coa especialidade ou titulación, de se-lo caso, ou con experiencia acreditada. En todo caso, excluiranse de tal sistema a cobertura das prazas vacantes e as substitucións dunha duración previsible superior a 60 días, que se proverán sempre na forma ordinaria.

Serán de aplicación ós aspirantes as medidas de penalización e suspensión de chamamentos previstos nos apartados 11 e 8 respectivamente do presente Pacto.

12.3. Vinculacións de curta duración.

12.3.1 Para a cobertura das necesidades de persoal estatutario naquelas categorías que razoadamente se considere oportuno, producidas como consecuencia do traslado de enfermos en ambulancias, absentismo, incapacidade temporal pendente de xustificación non superior a 3 días desde a data da súa efectividade, permisos e licencias, poderá confeccionarse un listado especial por centro ou complexo da correspondente categoría para nomeamentos que non excedan de 5 días.
12.3.2 Os centros interesados no citado sistema farán a oportuna proposta á Comisión central de seguimento do pacto, que resolverá sobor da pertinencia concreta de cada listado e o número de aspirantes que proceda incluír, en atención ás circunstancias concorrentes e ás necesidades reais de vinculación manifestadas por aqueles.

12.3.3. Os aspirantes que soliciten a inclusión no listado especial, exercitarán a súa opción consignándoa no apartado específico do modelo formalizado da solicitude.

Os aspirantes incluídos na listas, de conformidade co parágrafo 12.3.2, serán chamados para a cobertura deste tipo de situacións pola súa orde de puntuación e de xeito rotatorio.

Ademais, poderá elaborarse un listado de reserva que será utilizado no suposto de esgotamento ou insuficiencia do listado principal.

Os aspirantes deberán permanecer no citado listado principal durante a vixencia de cada convocatoria.

Serán de aplicación ós aspirantes as medidas de penalización e suspensión de chamamentos previstos nos apartados 11 e 8 respectivamente do presente Pacto.

12.3.4 Os aspirantes que figuren nos listados a que se refire esta norma xeral 12.3 non poderán ser chamados para vinculacións que superen o cómputo de 10 días por cada mes.

No caso de que acrediten un tempo de vinculación que exceda dos 120 días ó ano, con ocasión dos chamamentos realizados por este listado, serán excluídos do listado de vinculacións de curta duración e serán chamados cando lles corresponda polo seu número de orde no listado ordinario. Para a realización do cómputo dos citados días teranse en conta como termo inicial a entrada en vigor dos listados que se elaboren conforme ó presente pacto.

12.3.5 En tanto se manteña un aspirante nos listados a que se refire este punto, quedarán excluídos da formalización de vínculos inferiores a 4 meses, agás nos casos de indispoñibilidade de aspirantes da lista xeral para a cobertura do período de vacacións estivais en que serán chamados polo seu número de orde con preferencia sobre as listas a que se refire a norma xeral 6.3. Os citados casos de indispoñibilidade serán acreditados perante as comisións provinciais de seguimento do pacto que serán debidamente informadas.

12.3.6 As comisións provinciais de seguimento do pacto poderán solicitar información das xerencias ó obxecto de realiza-lo control pertinente sobre as citadas vinculacións, e serán informadas mensualmente da xestión e das súas incidencias dos listados para vínculos de curta duración.

12.3.7 Así mesmo as comisións de centro poderán solicita-la citada información das xerencias.

12.4 Vinculacións a tempo parcial ou en ámbito territorial distinto ó do listado.

Caberá a renuncia do aspirante á oferta de vinculacións a tempo parcial ou que supoñan a prestación de servizos nun ámbito territorial distinto ó da lista do que forme parte, agás nos casos en que por indispoñibilidade de profesionais, sexa necesaria a súa inmediata incorporación. Para os efectos esgotarase previamente a oferta a tódolos aspirantes dispoñibles na lista de que se trate. De non ser aceptada a oferta por ningún deles, a aceptación do chamamento será obrigatoria en segundo chamamento.

Así mesmo caberá a renuncia sen penalización do aspirante vinculado mediante un nomeamento a tempo parcial ou que supoña a prestación de servizos nun ámbito territorial distinto, sempre que exista dispoñibilidade de profesionais na lista da súa correspondente categoría.


12.5 Cobertura de atención urxente extrahospitalaria.

I.- Selección de persoal temporal no ámbito da atención urxente no nivel de atención primaria.

A) Selección para vínculos de longa duración (novas prazas e incidencias nesas prazas que conleven vínculos de longa duración) no novo modelo de urxencias en atención primaria.

1º.- A selección do persoal temporal para vínculos de longa duración na nova organización de atención urxente extrahospitalaria que resulte do futuro modelo de urxencias en atención primaria, realizarase de conformidade cos criterios xerais do Pacto de selección temporal, coas particularidades seguintes:

1.- Os aspirantes optarán voluntariamente a formar parte dunha listaxe específica que será o instrumento utilizado nos chamamentos para os vínculos de longa duración no futuro modelo de atención urxente extrahospitalaria.

Estes vínculos ofertaranse polo número de orde na listaxe específica que resulte da aplicación dos apartados do baremo xeral ó que se engadirá a puntuación derivada do parágrafo IX do baremo de médicos e VII do baremo de enfermería.

Nestes apartados do baremo tense en conta a prestación baixo a modalidade de vínculos para cobertura de atención continuada en atención urxente extrahospitalaria.

2.- A inclusión dun aspirante neste listado específico non o excluirá dos chamamentos que lle correspondan pola súa orde de prelación na listaxe ordinaria.

3.- A aceptación dos vínculos de longa duración do novo modelo organizativo de urxencias en atención primaria non suspenderá os chamamentos ós vínculos de longa duración que lle correspondan pola lista ordinaria. Se ben a renuncia a un vínculo de longa duración ó que sexa chamado pola súa orde na lista ordinaria implicará o rexeitamento para todo tipo de vínculo destas características, e, xa que logo, a súa opción por permanecer no vínculo de longa duración nas urxencias extrahospitalarias.

A súa opción por permanecer prestando servizos no ámbito das urxencias extrahospitalarias non obstará a súa obrigatoriedade de incorporarse á prestación ordinaria se houbera indispoñibilidade de aspirantes para a súa cobertura.

2º.- A selección de vínculos de curta duración poderá establecerse mediante o sistema previsto no apartado B deste punto primeiro, se así se acorda no marco de negociación da selección temporal.

B) Selección para outros vínculos derivados da atención continuada en atención primaria: Vínculos de atención continuada en PAC que non estean configurados como de novo modelo.

A vinculación para a prestación á que atinxe este apartado realizarase a prol dos aspirantes que figuren na lista especial á que se refire o apartado anterior e que soliciten voluntariamente a súa inclusión nun listado de chamamentos para outras vinculacións das urxencias extrahospitalarias non incluídas no apartado anterior:

1.- A listaxe elaborarase cos aspirantes a que se refire o apartado anterior que voluntariamente o manifesten no modelo de solicitude.

2.- Os profesionais inscritos cubrirán as necesidades de atención urxente extrahopitalaria e as demais de carácter temporal que supoñan vinculación dun mes ou período inferior, nos ámbitos territoriais do servizo de atención primaria ou punto de atención continuada (PAC), segundo se determine, en cada caso, no marco de negociación da selección temporal.

3.- A incorporación á listaxe especial non obstará o chamamento para as vinculacións superiores a un mes que lle corresponda pola súa orde de prelación no listado ordinario.

4.- A voluntariedade manifestada para o acceso a vinculacións derivadas desta lista B será tida en conta en futuras convocatorias de selección temporal nos apartados VI e IX de médicos e nos apartados V.4 e VII de enfermería. Nos baremos dos apartados IX e VII anteriores serán incluídos en tanto permanezan vixentes ditos listados

2.- Puntuación adicional

Nos baremos de persoal de enfermería e persoal médico que se inclúe nos apartados VII e IX respectivamente dos baremos anexos tómanse en conta os servizos prestados de atención continuada no modelo transitorio para a configuración dos listados de aspirantes ás vinculacións ós que se refire esta disposición.

3.- Regras transitorias


1.- Transformación dos vínculos actuais de atención continuada.

De conformidade co acordo acadado na data 5 de marzo de 2004, as actuais vinculacións para a cobertura da atención urxente extrahospitalaria formalizados no mes de marzo de 2004 transformaranse nos novos nomeamentos eventuais que se configuren para a citada prestación coas características e vixencias que se determinen.

2.- Dispositivos de posta en marcha do novo modelo de urxencias de atención primaria.

Unha vez determinados os ámbitos dos dispositivos de posta en marcha do novo modelo de atención continuada no ámbito de atención primara, de conformidade co acordo acadado no seo da Comisión de seguimento do pacto de urxencias extrahospitalarias, a incorporación de profesionais ós mesmos, realizarase en virtude da convocatoria específica para cada ámbito, na que se terán en conta os baremos deste Pacto de selección de persoal temporal, coa consideración específica dos servizos prestados no ámbito das urxencias extrahospitarias.

As vinculacións que se realicen terán a consideración de vinculacións de longa duración a que se refire o punto 1. Xa que logo, non excluirá o chamamento para vinculacións de longa duración que corresponda ó número de orde da lista ordinaria, sen prexuízo de que o seu rexeitamento por unha soa vez implica a opción do profesional de manterse vinculado no ámbito das urxencias extrahospitalarias ata a finalización do seu vínculo.

12.6 Nomeamento de médicos de familia con diploma de puericultura.

Para poder aspirar ós nomeamentos de médico especialista de pediatría na atención primaria será requisito imprescindible a acreditación do título especialista en pediatría. Non obstante, no suposto de non existir médico pediatra inscrito nas listas que poida efectua-la cobertura de substitucións ou eventualidades, poderanse utiliza-los servizos dos aspirantes da lista de médicos de familia que acrediten o diploma de posgrao en puericultura, que así o soliciten. En todo caso producirase o cese dese persoal no suposto de dispoñibilidade de médicos especialistas en pediatría.

Así, confeccionarase unha lista de médicos de familia que acrediten o diploma de posgrao en puericultura por área de xestión sanitaria, co fin de poder chamar ós incluídos nela por orde de puntuación para cubri-las necesidades asistenciais aludidas no parágrafo anterior.

Para a súa baremación teranse en conta os méritos recollidos no baremo de pediatras agás a formación especializada e coa precisión de que a experiencia profesional se refire á acreditada como médicos de familia en prazas pediatra de atención primaria.

12.7. Compatibilidade da permanencia nos listados especiais dunha mesma categoría.

O aspirante poderá solicita-la súa inclusión nun ou varios listados ós que se refire a presente norma xeral décimo segunda, agás nos casos de incompatibilidade expresamente indicada en cada convocatoria ou neste pacto.


esperamos que o texto da xestión de listas extraido do conxunto do Pacto vos servira para aclarar parte das vosas dúbidas, posto que as veces o ver moito texto xunto (ademais sin santiños que o adornen) pode resultar difícil de entrar para moita xente, todo o que remarcamos con negriña, é moi importante, á hora de entender como se fan os chamamentos no SERGAS, tede en conta de que si se detecta un erro nun chamamento, dispoñemos de 15 dias para denuncialo é que o SERGAS o revoque.



Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 04-10-2007 13:17
Queres comentar ou preguntar algo?
listas automáticas
lembrade que está aberto o prazo de inscripción nas listas automáticas de médicos de familia, pediatras, matronas e enfermeiros/as (ATS/DUE) e cociñeiros.
o prazo para apuntarse nesta convocatoria remata o 15 de outubro.

deixámovos a artigo do Pacto de Contrataciois que desenrola as listas automáticas.


6.3 Supostos especiais.

6.3.1 Incorporación automática de novos aspirantes.

Co obxecto de garanti-la dispoñibilidade de profesionais nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas e enfermeiros/as (ATS/DUE) e cociñeiros, mediante a incorporación dos novos titulados e doutros profesionais, os profesionais, que aspiren ós chamamentos para vinculacións temporais, poderán presenta-la súa solicitude, sen necesidade dunha previa convocatoria, durante os quince primeiros días de marzo, xullo e outubro, que deberán dirixilas ás direccións provinciais do Sergas. Ditos listados manteranse vixentes ata a resolución da seguinte convocatoria xeral ordinaria da correspondente categoría.

Para estes efectos as direccións provincias divulgarán na segunda quincena do mes anterior, un recordatorio da apertura do citado prazo entre os sindicatos, colexios profesionais, escolas de enfermería, servizos e unidades de atención primaria, e nos taboleiros de anuncios das propias direccións provinciais e centros de xestión. Así mesmo publicarán o oportuno anuncio nun ou varios medios de difusión do ámbito territorial respectivo. Así mesmo terán a disposición dos interesados os modelos normalizados de solicitude.

Coas solicitudes presentadas, realizarase a valoración dos expedientes presentados consonte ó baremo da categoría que se publica co presente pacto e procederá a publicación dos listados provisionais de puntuacións que poderán ser obxecto de reclamación no prazo de 5 días. As direccións provinciais resolverán as reclamacións que se presenten no prazo doutros cinco días desde a súa recepción.

O listado que resulte pasará a integrar os listados xerais da derradeira convocatoria ó cabo da lista, con indicación do período de solicitude -mes (marzo, xullo, outubro) e ano- e pola orde derivada do citado prazo e da prelación que resultase da avaliación.

Idéntico tratamento outorgarase ó listado que resulte dos aspirantes que optasen acceder pola quenda de promoción interna.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 04-10-2007 10:53
Queres comentar ou preguntar algo?
CQC, plus altos cargos
xa está colgado no tubo "o aumentiño", que é a parodia do programa caiga quien caiga de tele5, sobre a Lei do plus dos altos cargos.
aquí vos queda.

Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 03-10-2007 11:49
Queres comentar ou preguntar algo?
paralización OPE psiquiatras
esta información aparece na páxina web da agrupación médica da CIG

Suspensión Cautelar da OPE de Psiquiatría:

Segundo información periodística do pasado día 27/09/2007, o SERGAS decidiu paralizar as actividades do Tribunal de Psiquiatría da OPE-2006. O motivo é, seica, a existencia dunha denuncia de filtracións no exame correspondente, do que existiría como proba unha gravación na que se confirmaría a filtración. O SERGAS tería posto estes feitos en coñecemento do Ministerio Fiscal, quen aínda non se pronunciou ao respecto.

Varios días despois de que esa nova aparecera na prensa, seguimos a agardar unha información pública do SERGAS sobre este grave asunto (02/10/2007).

Sanidade suspende de forma cautelar a oferta de emprego para psiquiatras. Un dos 72 opositores denunciou a existencia de filtracións que agora está a investigar a fiscalía. La Voz de Galicia, 27/09/2007.

Os psiquiatras afectados pola suspensión das oposicións esixen garantías dun proceso limpo. La Voz de Galicia, 28/09/2007

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 02-10-2007 13:20
Queres comentar ou preguntar algo?
listas cruzadas
Parece ser que algunha xente ten problemas para atopar os listados cruzados, polo que os agrupamos e poñemos neste post os enlaces de tódalas categorias que temos feito, para que vos sexa mais doado atopalos.

seguimos a lembrar que son simplemente orientativos, para nada definitivos posto que terán moitas variaciois con respecto as listas definitivas de aprobad@s que saque o SERGAS.
E xa sabedes, despois do enlace de abaixo, hay que picar logo en "start here download"


ATS-DUE
matrona
Auxiliar de Enfermaria
cruzadas celadores
pinches cruzadas
cruzadas tel
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 02-10-2007 12:52
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] 3
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0