CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

quempallou, como se dí en inglis?
a raiz dun comentario posto no post de linguas cruzadas, en vez de respondelo no propio artigo como é habitual en nós o facemos con música, que sempre resulta mais ameno; para isto o fin de semana vainos acompañar no blog a música do último traballo de quempallou "Polo Aire" , se nunca escoitastes este grupo, paga a pena que o fagades con atención, posto que hoxe por hoxe é do mellorciño que temos escoitado.
o disco xa está a venda e non ten desperdicio. Paga a pena mercalo.

deixámosvos un tubo deles.


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 20-10-2007 02:02
Queres comentar ou preguntar algo?
data de reunión de primaria: mércores 24-O
por fin temos data definitiva da xornada de contactos con algún persoal do HCV e a asemblea sobre o plan de mellora, será o mércores 24;

as reuniois como xa dixemos anteriormente serán co seguinte horario:

ás 13,30 horas reunión co persoal informático do HCV

ás 14 horas reunión co persoal administrativo do HCV.

ás 17 horas no PAC imos ter unha reunión con este persoal á que acudirá Xoan Cons Secretario Nacional de CIG-Saúde, para intentar aclarar as dudas que se nos plantexaron no seu dia.

tamén ás 17 hs, pero no Centro de Saúde, haberá unha reunión co persoal non sanitario de atención primaria, para ver como lles afecta o Plan de Mellora. Contaremos coa presenza do noso compañeiro Lois Méndez, que participa no grupo de traballo do SERGAS ao respecto en representación da CIG.

ás 18 horas na sala de xuntas do Centro de Saúde teremos unha xuntanza con persoal de atención primaria para informarlles do acontecido nas reuniois co SERGAS no plan de mellora de Atención Primaria.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 19-10-2007 19:31
Queres comentar ou preguntar algo?
avaliación de CIG ó plan de A.P
esta que segue é a avaliación de >CIG-Saúde ó plan de mellora de Atención primaria:

A. Liña de desenrolo dos recursos humanos

1.- Os aspectos contemplados na Acta de Mesa Sectorial do 21 de xuño de 2007, relativos a cuestións relacionadas con contratación de persoal, tiveron unha repercusión desigual segundo as áreas sanitarias, e as Xerencias que os aplicaron.
O contrato de longa duración non tivo a repercusión esperada, en parte pola incerteza que creaba o tema da dispoñibilidade, e en parte pola xestión de determinadas xerencias que puxeron problemas a hora de confeccionar as nóminas de este persoal, co que se incrementaron as dubidas sobre a seu beneficio para os profesionais.
A prolongación de xornada mediante quendas fora da xornada do profesional que as realiza, permitiu, nalgúns centros, organizar mellor a atención aos usuarios diante da falta de substitutos, pero quedan aspectos sen solucionar, como os centros que non teñen xornada de tarde. Outro aspecto destacable foi o comportamento da xerencias de área de Ferrol, que non cumpriu os termos do pactado na Acta e contratou con criterios ?propios? aos profesionais, pagándolles por horas, en peores condicións que aos de outras áreas.
Na citada Acta tamén se contemplaba a extensión de algunhas melloras ao persoal dos PACs, nomeadamente o dereito ao descanso dun fin de semana ao mes, que aínda non está a ser incorporado a tódolos calendarios.

2.- Era compromiso da Administración solicitar a inclusión na ordenación sanitaria de Galicia da posibilidade de zonificación en cidades de mais de 250.000 h. (Vigo e A Coruña). O Anteproxecto da Lei de saúde de Galicia (Versión 24 setembro de 2007) dí:

Art. 68.- As zonas sanitarias.
1. As zonas sanitarias son divisións funcionais das áreas e constitúen as unidades elementais de prestación dos servizos sanitarios. Estas zonas facilitan a xestión nas áreas de saúde e representan os territorios básicos de actuación das diferentes unidades que prestan servizos sanitarios.
2. A delimitación das zonas sanitarias terá carácter funcional, conforme a criterios funcionais de índole xeográfica, demográfica, epidemiolóxica e de accesibilidade, tendo en conta, en todo caso, as necesidades sanitarias da poboación.

Con esta redacción non quedan claros os efectos para os profesionais da zonificación das grandes áreas urbanas.

3.- Non temos información de ningún estudio das XAP sobre o troco de cotas mínimos de tarde cara a apertura na mañá, nin de novos modelos de xestión da oferta de horario de tarde nos centros onde a demanda cidadá o xustifique.

4.- Era compromiso negociar en Mesa Sectorial, antes do mes de outubro de 2007:
? A mellora das condicións da oferta de voluntariedade para o persoal de xornada ordinaria e o de xornada complementaria (PAC?s).
? Analizar a repercusión asistencial e orzamentaria da cobertura dos sábados pola mañás como xornada complementaria.
? A modificación do modelo retributivo de cartilla a TSI.
? O coeficiente corrector de Pediatría.

Os temas que terían estar xa en plena negociación aínda non teñen data de inicio. A magnitude dos cambios necesarios no modelo retributivo da Atención Primaria levan a CIG-Saúde a facer a seguinte proposta negociadora:

Negociación para un Acordo sobre Condicións de Traballo específicas de Unidades e Servizos de Atención Primaria, que inclúa a modificación e adaptación do seu Sistema Retributivo, a actualización do seu réxime de Xornada, e as regras sobre Substitucións e Acumulacións

- Conversión de cartillas a Tis
- Establecer o valor das Tis por segmentos de poboación adscrita
- Substitución dos tramos en Enfermería por número de Tis
- Revisión das retribucións globais para Odontólogos e Pediatras, revisión específica dos conceptos retributivos para Fisioterapeutas, Matronas e Traballadora/es Sociais, e incremento das retribucións globais para PSX
- Xornada de 35 hs, con eliminación dos sábados como atención ordinaria
- Preferencia absoluta a favor da substitución externa fronte á acumulación de cargas
- Retribuír co dobre do valor normal (de ordinaria, de pac, ou de garda, segundo o caso) calquera hora realizada con carácter forzoso por inexistencia de persoal a contratar
- Retribuír como hora ordinaria calquera prolongación voluntaria de xornada destinada a atender unha consulta, sexa cal sexa o horario de atención e a quenda de procedencia
- Retribuír a denominada intersubstitución, cando sexa imposta pola Xerencia, coa totalidade da retribución da persoa ausente, dende o primeiro dia, e para todas as categorías das UAP

B. Liña de mellora da capacidade resolutiva

1.- O acceso a probas diagnósticas contemplado na instrución 17/2007 non se cumpre en tódalas áreas, temos noticias de que na de A Coruña non se ten acceso a determinadas probas analíticas, na de Santiago non se accede a Ecografías. Os sistemas de citación non estaban preparados para o acceso as novas peticións demostrando imprevisión na posta en marcha.

2.- A redacción dos protocolos para as probas da listaxe B, que tería que facerse conxuntamente con atención especializada, é unha incógnita para os profesionais dos dous niveis, co que parece difícil que a súa redacción e aplicación finalice para xaneiro de 2008.


C. Liña de xestión clínica é desburocratización

1.- A Instrución 16/2007 publicada, o día 9 de xullo de 2007 sobre ?Tramitación de determinados aspectos da actividade profesional dos facultativos de Atención Especializada? e que como di no seu texto: ?detalla normas e procedementos de tramitación de determinados aspectos da actividade profesional dos facultativos de Atención Especializada? non foi distribuída axeitadamente entre os profesionais de Atención especializada, que serian os seus destinatarios naturais, pois é a súa conduta a que se intenta modificar, polo que a súa efectividade resulta cuestionable. Dende CIG-Saúde instamos aos profesionais a que comuniquen os incumprimentos, e a Administración a que tome tódalas medidas necesarias para que estes non se produzan, e de producirse se subsanen.

2.- A implantación da Historia clínica Electrónica, co seu pilotaxe inicial, realizase con moita lentitude, e non contempla a súa extensión aos profesionais de enfermería, co que se producirán desaxustes na xestión de pacientes crónicos. Sería moi importante incorporalos dende o principio e integrar o traballo do grupo que está a discutir sobre as funcións e a carteira de servizos dos profesionais de Enfermería.

3.- Da pilotaxe da receita electrónica, dos informes, formularios de peticións de probas, de derivacións e de interconsultas non temos noticias.
Sendo estes os aspectos que mais poderían modificar o traballo dos profesionais, terían que ser desenvolvidos con mais rapidez, e o proceso tería que ser adecuadamente explicado ao conxunto dos profesionais.
Se o obxectivo inicial do Plan de Mellora era conseguir que os facultativos incrementaran o seu tempo de dedicación aos pacientes, a súa calidade na atención, e a súa capacidade resolutiva, creemos que é necesario incidir con mais forza nas medidas que directamente afectan a estas cuestións: desburocratización e extensión da receita electrónica.

4.- Na Orde do día do Pleno do ?Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde? celebrado en Madrid o 10 de outubro de 2007, non figuraban os temas relacionados coa xestión das Incapacidades Temporais, partes de confirmación con criterios clinico-asistenciais, nin a modificación da normativa referente a prescrición, no que afecta ao modelo de receita. A Administración comprometerase a enviar a este Organismo as propostas acordadas no Plan sobre estes temas. Levantase unha grande dubida sobre a posible modificación nun prazo razoable do modelo de xestión da I.T. e das receitas de crónicos.

5.- Non temos noticias de que se iniciara a pilotaxe das Centrais de chamadas en tres centros de cada xerencia, co que a reorganización do traballo das áreas administrativas non vai a beneficiarse da descarga de tempo que supón a cita telefónica.

6.- As actuacións de Mellora nas áreas administrativas están condicionadas as conclusións do grupo de traballo da Área administrativa, que tivo un inicio como grupo técnico da administración, incumprindo o texto e o espírito do Plan de Mellora, e que contou ao final con participación dos profesionais a través da representación sindical.
CIG-Saúde defendeu nas citadas reunións que o grupo de traballo non pode rematar a súa andadura coa elaboración de procesos administrativos, necesarios para optimizar e incrementar a eficiencia no traballo, senón que debe abordar e dar resposta aos seguintes temas:
? Modelo Administrativo.
? Funcións e Tarefas.
? Recursos e Ratios de Persoal.
? Necesidades de modificacións estruturais.
? Necesidades de Recursos Informáticos.
? Modelo Retributivo.
? Impacto económico.
? Cronograma de implantación.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 19-10-2007 18:23
Queres comentar ou preguntar algo?
Información sobre a reunión de avaliación
O 17 de outubro celebrouse a reunión de avaliación prevista no Plan de Mellora de Atención Primaria.
Os temas tratados se resumen no seguinte orde do día:

1. Docencia e Investigación.
2. S. X. Información e S.Tecnolóxicos.
3. Cumprimento instrución 16 e 17 / 2007
4. Grupos de Traballo :


Capacidade resolutiva.
Plan de Tecnoloxías en AP para equipamento e/ou
Plans Funcionais dos centros.
Enfermería nos equipos.
Farmacéuticos en A.P.
Área Administrativa.
5. RRHH :
144 novas prazas. Prazas 2008 (35%).

1. Investigación e Docencia

Os responsables de Docencia e Investigación fixeron un pormenorizado relatorio sobre os cambios que están a introducir na xestión de estas actividades, co obxectivo de favorecer o acceso a investigación dende a Atención Primaria, e para centralizar a oferta formativa e facela mais accesible a través da intranet e da web do Sergas.

Destacar o reforzamento das unidades de apoio a investigación, a posibilidade de uso, mediante licencias compartidas, de programas de análise estatístico (SPSS e STATA) dende os centros e o acceso dos profesionais de enfermería ao liderazgo de proxectos de investigación por ter suprimida a condición de Doutor para poder acceder determinadas a axudas a investigación.
Para o Plan de Formación Continuada 2008 recibíronse 1113 propostas das unidades administrativas e centros asistenciais de todo o Sistema sanitario de Galicia, das que 319 foron emitidas dende Atención Primaria. Actualmente está en fase de análise e aplicación dos criterios de inclusión. A idea é a edición dun único documento informativo de todo o Plan de Formación Continuada 2008, independente de quen sexa o responsable da actividade, para favorecer a elección dos profesionais dos cursos que mais lles interesen para ese ano.

Dende CIG-Saúde incidimos na importancia de que tódalas actividades de investigación e docencia chegaran a tódolos profesionais, mellorando a política de comunicación corporativa.


2. S. X. Información e S.Tecnolóxicos.

Os responsables desta área comentaron o estado do despregue do IANUS, o inicio da dispensacion electrónica, do acceso dende primaria aos informes de exploracións complementarias, analiticas, etc. dos complexos hospitalarios e do desenvolvemento da Historia clínica electrónica en Primaria
Sobre o IANUS, de xuño hasta setembro de 2007
Instalouse IANUS en 196 postos de atención primaria.

Renováronse 516 pc´s nos centros de saúde.

Ampliáronse as liñas de comunicacións de 67 centros de saúde e planificouse a ampliación de 603 liñas de comunicación máis nos próximos 6 meses.

Impartíronse 260 horas de formación en IANUS.

Sobre a Receita Electrónica é moi importante destacar que xa esta acordado cos colexios de Farmacéuticos a implantación da dispensación electrónica no primeiro trimestre de 2008. Unha vez solucionados os problemas da Firma Electrónica e das disposicións legais, que parece que permitiran unha duración de 6 meses da prescrición, o despregue da dispensacion da medicación nas farmacias sen mediar receita en papel pode supoñer un verdadeiro cambio para o traballo na Atención Primaria.

Como pensamos que este é un dos puntos fortes do Plan, insistimos en que o esforzo a realizar ten que ser importante para que o despregue chegue canto antes a tódolos profesionais.

O acceso dende primaria aos informes, analíticas, imaxes, etc. dos complexos hospitalarios acada xa niveis altos quedando aínda algunhas zonas e áreas con acceso deficiente, como as dependentes de POVISA, que segundo informan será solucionado nun par de meses, e o acceso a algúns laboratorios que están pendentes de cambios tecnolóxicos que permitan a interconexión.

No mes de Setembro iniciouse a pilotaxe dos módulos de Historia Clínica nos centros de Casco Vello e Cualedro, utilizando unha aplicación desenvolvida por un grupo de profesionais, que xa ten unha boa funcionalidade, polo que se espera que pronto se estenda a mais centros.

A pilotaxe estaba pensada para facerse so nas consultas médicas, pero os propios profesionais que a iniciaron reclamaron que se estendera as consultas de enfermería. Dende CIG-Saúde defendiamos isto mesmo pois pensamos que unha ferramenta tan importante como a historia clínica en Primaria tense que despregar en paralelo nas consultas médicas e de enfermería. O Sergas informa que iniciará o proceso de dotar a Enfermería coa tarxeta chip e de recursos informáticos as súas consultas para lograr a incorporación á historia clínica electrónica dende o principio.

3. Cumprimento instrución 16 e 17 / 2007
Sobre a instrución 16/2007 sobre burocracia delegada, informan que so tiveron notificacións de algún caso nas áreas de Ferrol e de Pontevedra.


Nos manifestamos a nosa preocupación por que unha instrución que intenta modificar hábitos e costumes de profesionais de Especializada non se difunda entre eles, e insistimos que esa instrución debe ser coñecida por tódolos profesionais tanto de primaria como de especializada, e o seu cumprimento debe ser esixido ás xerencias responsables.

Sobre a instrución 17/2007 que regula o acceso libre a probas complementarias manifestamos a nosa preocupación pola improvisación e a falta de coordinación cos servizos hospitalarios, pois algunhas reunións para organizar o cumprimento da instrución estaban convocadas para despois da súa entrada en vigor.

Os incumprimentos iniciais serán negociados cas xerencias dos hospitais para tratar de corrixilos. A solución aportada pola xerencia do CHUS ao acceso as Ecos dende primaria xerou moito malestar entre os profesionais e as propias xerencias de primaria, quedamos en que esa ?solución? de listas paralelas para primaria non podía tolerarse e as solicitudes de Primaria terían que ter o mesmo tratamento que o resto das peticións.

Sobre a elaboración dos protocolos que permitirán o acceso as probas da listaxe B, que terían que estar rematados para xaneiro de 2008, informan que o traballo está moi adiantado e que manteñen o compromiso da data de xaneiro para a entrada en vigor.

4. Grupos de Traballo :

Grupo de traballo para elaborar o Plan de Tecnoloxías e equipamento en AP e os Plans Funcionais dos centros.

As conclusións do grupo de traballo de calidade en atención primaria eran que a base para elaborar o equipamento dos centros de Primaria era o reflectido no documento de ?Estratexias de Mellora na Atención Primaria do Século XXI? aprobado no Consello Interterritorial. O grupo de traballo estableceu un plan plurianual de equipamento que publicará nun documento a final de ano e que contempla:

. Equipamento de cada tipo de consulta (medicina, enfermería, pediatría, servizos de apoio)
. Equipamento común para todo o centro (ubicado nunha ou varias salas polivalente: ECG, desfibrilador?)
. Equipamento ligado á realización de programas (cooxímetro, ecógrafo, retinógrafo?)

A previsión de investimento é de 13 millóns de euros

A elaboración dos Plans Funcionais dos centros terá que contemplar os aspectos recollidos no Plan de Mellora. O grupo traballa na definición dos locais e espazos cos que debe de contar un centro de saúde de nova construción ou as grandes reformas que se realicen nos existentes, así como as relacións de ubicación dos locais (médico-enfermeira...). O documento final definira tres tipos de centros:

. Centro tipo A: centro de saúde pequeno no que a poboación de referencia é menor a 3.000 habitantes.

. Centro tipo B: centro de saúde mediano no que a poboación de referencia oscila entre 3.000 e 10.000 habitantes.

. Centro tipo C: centro de saúde grande no que a poboación de referencia é oscila entre 10.000 e 20.000 habitantes.

O Grupo de traballo de Enfermería informa que está a traballar na carteira de servizos para primaria que estará rematada a finais de decembro. Informan que solicitaron a creación de 230 prazas novas para o ano 2008.

CIG-Saúde manifestou a necesidade que se incorporaran aos profesionais de enfermería a historia clínica electrónica e que se tiveran en conta as súas conclusións no seu desenvolvemento.

Sobre o Grupo de traballo de Farmacéuticos de Primaria se nos informou que se están a estudar diferentes modificacións no sistema de visados que aforrará moito traballo aos facultativos e que liberará o 40% do tempo que os farmacéuticos dedican ao visado.

O Grupo de traballo da Área Administrativa traballou na elaboración dos seguintes procedementos:

Procedemento en receita electrónica :
. Firma dixital, acceso a impresión por enfermería e PSX de receitas pendentes de impresión, seguimento e incidencias a resolver polo facultativo

Procedemento en citación :
. Necesidade de protocolo de atención de demanda urxente
. Actuación ante demanda indemorable
. Citación concertadas, EDEMS, ausencias imprevistas, AABUR, MFCRO

Procedemento en xestión de IT :

. Firma dixital, acceso a impresión parte de confirmación por PSX de copias en papel si as precisara o paciente
Procedemento en información-recepción

O procedemento de xestión da incapacidade temporal está pendente de negociar coa subdirección de Inspección, que segundo comentan ten unha actitude mais receptiva as nosas demanda, posiblemente polo importante pulo na utilización do IANUS para mecanizar os procesos de IT que xa chega ao 60%.

Como conclusión do Grupo de traballo asumida pola administración propoñen abrir o debate na Mesa Sectorial sobre:

1 Modelo administrativo
2 Funcións e tareas
3 Recursos e ratios
4 Modelo retributivo
5 Impacto económico
6 Cronograma

Esta discusión incluiría a necesidade de manter o traballo do grupo existente ou crear outro a iniciativa da Mesa.

O Grupo de traballo de Pediatría está a facer un análise da situación actual e recursos dispoñibles así como dos criterios de definición das necesidades de pediatras nas áreas, que xa se mandaron as xerencias e están pendentes de resposta.

5. RRHH :

Sobre as 144 prazas de 2007 informase que as que quedan pendentes de creación son por non ter rematadas obras de adaptación ou non dispor de profesionais para cubrilas

As prazas que se crearán no 2008 se resumen no seguinte cadro:



Sobre os temas que están pendentes de negociar en Mesa Sectorial, antes do mes de outubro do 2007, informan que o inicio da negociación será inmediata (posiblemente o 26 de outubro) e que se falará de:

1 A mellora das condicións da oferta de voluntariedade para o persoal de xornada ordinaria e o de xornada complementaria (PAC?s).
 Analizar a repercusión asistencial e orzamentaria da cobertura dos sábados pola mañás como xornada complementaria.
2 A modificación do modelo retributivo de cartilla a TSI.
3 O coeficiente corrector de Pediatría.
4 Pendente : cerrar o pacto de Intersubstitución

A valoración que fan do resultado da xestión das vacación é que globalmente foi bastante mellor que o de 2006, e indican tres razóns:
Apreciación das X. A. P.
Diminución das Reclamacións na Web e en medios de comunicación
Diminución das Preguntas Parlamentarias ao respecto

Dende CIG-Saúde expuxemos os problemas cas nóminas dos contratos de longa duración, que xunto coa incerteza da dispoñibilidade, fixo que non tiveran incidencia real na solución de problemas. Tamén comentamos os problemas de pagamento da prolongación de xornada na Área de Ferrol e os outros temas que figuran no noso documento de avaliación, que foi entregado ao Sergas ao final da reunión.

Se indicou por parte da administración que os problemas estaban localizados e que serian solucionados.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 19-10-2007 18:18
Queres comentar ou preguntar algo?
notas definitivas 2º exercicio
deixamos enlace ás notas definitivas do 2º exercicio da OPE de:

Cociñeiros

Auxiliares Administrativos

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 19-10-2007 11:48
Queres comentar ou preguntar algo?
plan de mellora de atención primaria
DOCUMENTO ENTREGADO POR CIG-SAUDE, NA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN MELLORA ATENCIÓN PRIMARIA 2007-2011 CELEBRADA NO SERGAS

COMPOSTELA 17 DE OUTUBRO 2007

A. Liña de desenrolo dos recursos humanos

1.- Os aspectos contemplados na Acta de Mesa Sectorial do 21 de xuño de 2007, relativos a cuestións relacionadas con contratación de persoal, tiveron unha repercusión desigual segundo as áreas sanitarias, e as Xerencias que os aplicaron.
O contrato de longa duración non tivo a repercusión esperada, en parte pola incerteza que creaba o tema da dispoñibilidade, e en parte pola xestión de determinadas xerencias que puxeron problemas a hora de confeccionar as nóminas de este persoal, co que se incrementaron as dubidas sobre a seu beneficio para os profesionais.
A prolongación de xornada mediante quendas fora da xornada do profesional que as realiza, permitiu, nalgúns centros, organizar mellor a atención aos usuarios diante da falta de substitutos, pero quedan aspectos sen solucionar, como os centros que non teñen xornada de tarde. Outro aspecto destacable foi o comportamento da xerencias de área de Ferrol, que non cumpriu os termos do pactado na Acta e contratou con criterios ?propios? aos profesionais, pagándolles por horas, en peores condicións que aos de outras áreas.
Na citada Acta tamén se contemplaba a extensión de algunhas melloras ao persoal dos PACs, nomeadamente o dereito ao descanso dun fin de semana ao mes, que aínda non está a ser incorporado a tódolos calendarios.

2.- Era compromiso da Administración solicitar a inclusión na ordenación sanitaria de Galicia da posibilidade de zonificación en cidades de mais de 250.000 h. (Vigo e A Coruña). O Anteproxecto da Lei de saúde de Galicia (Versión 24 setembro de 2007) dí:

Art. 68.- As zonas sanitarias.
1. As zonas sanitarias son divisións funcionais das áreas e constitúen as unidades elementais de prestación dos servizos sanitarios. Estas zonas facilitan a xestión nas áreas de saúde e representan os territorios básicos de actuación das diferentes unidades que prestan servizos sanitarios.
2. A delimitación das zonas sanitarias terá carácter funcional, conforme a criterios funcionais de índole xeográfica, demográfica, epidemiolóxica e de accesibilidade, tendo en conta, en todo caso, as necesidades sanitarias da poboación.

Con esta redacción non quedan claros os efectos para os profesionais da zonificación das grandes áreas urbanas.

3.- Non temos información de ningún estudio das XAP sobre o troco de cotas mínimos de tarde cara a apertura na mañá, nin de novos modelos de xestión da oferta de horario de tarde nos centros onde a demanda cidadá o xustifique.

4.- Era compromiso negociar en Mesa Sectorial, antes do mes de outubro de 2007:
· A mellora das condicións da oferta de voluntariedade para o persoal de xornada ordinaria e o de xornada complementaria (PAC?s).
· Analizar a repercusión asistencial e orzamentaria da cobertura dos sábados pola mañás como xornada complementaria.
· A modificación do modelo retributivo de cartilla a TSI.
· O coeficiente corrector de Pediatría.

Os temas que terían estar xa en plena negociación aínda non teñen data de inicio. A magnitude dos cambios necesarios no modelo retributivo da Atención Primaria levan a CIG-Saúde a facer a seguinte proposta negociadora:

Negociación para un Acordo sobre Condicións de Traballo específicas de Unidades e Servizos de Atención Primaria, que inclúa a modificación e adaptación do seu Sistema Retributivo, a actualización do seu réxime de Xornada, e as regras sobre Substitucións e Acumulacións

- Conversión de cartillas a Tis
- Establecer o valor das Tis por segmentos de poboación adscrita
- Substitución dos tramos en Enfermería por número de Tis
- Revisión das retribucións globais para Odontólogos e Pediatras, revisión específica dos conceptos retributivos para Fisioterapeutas, Matronas e Traballadora/es Sociais, e incremento das retribucións globais para PSX
- Xornada de 35 hs, con eliminación dos sábados como atención ordinaria
- Preferencia absoluta a favor da substitución externa fronte á acumulación de cargas
- Retribuír co dobre do valor normal (de ordinaria, de pac, ou de garda, segundo o caso) calquera hora realizada con carácter forzoso por inexistencia de persoal a contratar
- Retribuír como hora ordinaria calquera prolongación voluntaria de xornada destinada a atender unha consulta, sexa cal sexa o horario de atención e a quenda de procedencia
- Retribuír a denominada intersubstitución, cando sexa imposta pola Xerencia, coa totalidade da retribución da persoa ausente, dende o primeiro dia, e para todas as categorías das UAP

B. Liña de mellora da capacidade resolutiva

1.- O acceso a probas diagnósticas contemplado na instrución 17/2007 non se cumpre en tódalas áreas, temos noticias de que na de A Coruña non se ten acceso a determinadas probas analíticas, na de Santiago non se accede a Ecografías. Os sistemas de citación non estaban preparados para o acceso as novas peticións demostrando imprevisión na posta en marcha.

2.- A redacción dos protocolos para as probas da listaxe B, que tería que facerse conxuntamente con atención especializada, é unha incógnita para os profesionais dos dous niveis, co que parece difícil que a súa redacción e aplicación finalice para xaneiro de 2008.

C. Liña de xestión clínica é desburocratización

1.- A Instrución 16/2007 publicada, o día 9 de xullo de 2007 sobre ?Tramitación de determinados aspectos da actividade profesional dos facultativos de Atención Especializada? e que como di no seu texto: ?detalla normas e procedementos de tramitación de determinados aspectos da actividade profesional dos facultativos de Atención Especializada? non foi distribuída axeitadamente entre os profesionais de Atención especializada, que serian os seus destinatarios naturais, pois é a súa conduta a que se intenta modificar, polo que a súa efectividade resulta cuestionable. Dende CIG-Saúde instamos aos profesionais a que comuniquen os incumprimentos, e a Administración a que tome tódalas medidas necesarias para que estes non se produzan, e de producirse se subsanen.

2.- A implantación da Historia clínica Electrónica, co seu pilotaxe inicial, realizase con moita lentitude, e non contempla a súa extensión aos profesionais de enfermería, co que se producirán desaxustes na xestión de pacientes crónicos. Sería moi importante incorporalos dende o principio e integrar o traballo do grupo que está a discutir sobre as funcións e a carteira de servizos dos profesionais de Enfermería.

3.- Da pilotaxe da receita electrónica, dos informes, formularios de peticións de probas, de derivacións e de interconsultas non temos noticias.
Sendo estes os aspectos que mais poderían modificar o traballo dos profesionais, terían que ser desenvolvidos con mais rapidez, e o proceso tería que ser adecuadamente explicado ao conxunto dos profesionais.
Se o obxectivo inicial do Plan de Mellora era conseguir que os facultativos incrementaran o seu tempo de dedicación aos pacientes, a súa calidade na atención, e a súa capacidade resolutiva, creemos que é necesario incidir con mais forza nas medidas que directamente afectan a estas cuestións: desburocratización e extensión da receita electrónica.

4.- Na Orde do día do Pleno do ?Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde? celebrado en Madrid o 10 de outubro de 2007, non figuraban os temas relacionados coa xestión das Incapacidades Temporais, partes de confirmación con criterios clinico-asistenciais, nin a modificación da normativa referente a prescrición, no que afecta ao modelo de receita. A Administración comprometerase a enviar a este Organismo as propostas acordadas no Plan sobre estes temas. Levantase unha grande dubida sobre a posible modificación nun prazo razoable do modelo de xestión da I.T. e das receitas de crónicos.

5.- Non temos noticias de que se iniciara a pilotaxe das Centrais de chamadas en tres centros de cada xerencia, co que a reorganización do traballo das áreas administrativas non vai a beneficiarse da descarga de tempo que supón a cita telefónica.

6.- As actuacións de Mellora nas áreas administrativas están condicionadas as conclusións do grupo de traballo da Área administrativa, que tivo un inicio como grupo técnico da administración, incumprindo o texto e o espírito do Plan de Mellora, e que contou ao final con participación dos profesionais a través da representación sindical.
CIG-Saúde defendeu nas citadas reunións que o grupo de traballo non pode rematar a súa andadura coa elaboración de procesos administrativos, necesarios para optimizar e incrementar a eficiencia no traballo, senón que debe abordar e dar resposta aos seguintes temas:
· Modelo Administrativo.
· Funcións e Tarefas.
· Recursos e Ratios de Persoal.
· Necesidades de modificacións estruturais.
· Necesidades de Recursos Informáticos.
· Modelo Retributivo.
· Impacto económico.
· Cronograma de implantación.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 18-10-2007 17:36
Queres comentar ou preguntar algo?
últimas novas carreira profesional PNS e FP
Anunciada a publicación no DOG do venres 26 da resolución que abrirá o prazo dun mes para botar as solicitudes.

O próximo luns 22 haberá outra reunión da mesa sectorial da que sairá un cronograma e unha previsión de datas para comezar a cobrar o correspondente aos seis meses deste ano. En canto saibamos estas datas, aqui as veredes.


CALENDARIO PROVISIONAL PREVISTO.


Luns, 22 de outubro. Xuntanza da comisión de seguimento para acordar resolución pola que se inicia o proceso de recoñecemento de grao I.

Xoves, 25 de outubro. Aprobación polo Consello da Xunta do acordo de carreira profesional.

Venres, 26 de outubro. Publicación en DOG do acordo e da resolución.

Sábado, 27 de outubro. Inicio do período para solicitar o grao I.

Efectos retributivos dende o 1 de xullo do 2007.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 18-10-2007 13:56
Queres comentar ou preguntar algo?
aplazadas as reuniois co persoal de primaria
debido a problemas cas datas, as reuniois que se iban a levar a cabo o venres, vanse pospoñer; estamos intentando que sexan o mércores e sería co mesmo horario que tíñamos marcado. mañá en todo caso confirmaríamolo ó longo do dia.

ás 13,30 horas reunión co persoal informático do HCV.
ás 14 horas reunión co persoal administrativo do HCV.

Ás 17 horas no PAC imos ter unha reunión con este persoal á que acudirá Xoan Cons Secretario Nacional de CIG-Saúde, para intentar aclarar as dudas que se nos plantexaron no seu dia.

Ás 18 horas na sala de xuntas do Centro de Saúde teremos unha xuntanza persoal de atención primaria para informarlles do acontecido nas reuniois co SERGAS no plan de mellora de Atención Primaria, nesta reunón informarán Xoan Cons, o responsable de negociación da agrupación médica Manuel Gonzalez Moreira e o responsable da negociación do persoal non sanitario de CIG-Saúde Lois Méndez.

perdoade as molestias

Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 17-10-2007 16:54
Queres comentar ou preguntar algo?
exame de galego
esta é a resolución pola que se convoca o exame de galego de cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.
graciñas a montse por avisarnos.

Resolución do 27 de setembro de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fai público o lugar e a data de realización do terceiro exercicio da fase de oposición das categorías de cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais de persoal estatutario deste organismo.
O número 4 da base sexta da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios de oposición da fase de selección se realizarán no lugar e a hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días naturais de antelación.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, polo que este centro directivo,

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar os aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo das categorías de cociñeiro, do grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servizos xerais de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) para a realización do terceiro exercicio o vindeiro día 28 de outubro de 2007, ás 10.00 horas.

Segundo.-O exercicio realizarase no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e posesión de teléfonos móbiles, axendas electrónicas e calquera outro soporte con memoria.

Terceiro.-O chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

De conformidade co establecido no segundo parágrafo do número 4 da base sexta da convocatoria e no artigo 15 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, realizarase o exercicio conxunto para as diversas categorías convocadas en unidade de acto. Así, por acordo do respectivo tribunal, en atención a necesidades organizativas e dado o seu carácter obrigatorio e non eliminatorio, os aspirantes que coincidan nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais accederán unicamente pola entrada prevista para o grupo auxiliar da función administrativa, e a puntuación obtida no exercicio de coñecemento da lingua galega aplicarase para ambas as dúas categorías.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2007.

Antonio José Fernández Paniagua

Director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 17-10-2007 12:31
Queres comentar ou preguntar algo?
venres 19 xornada intensiva
O próximo venres 19 imos a levar a cabo varias reuniois co persoal de primaria para informar o que se está a negociar na Mesa Sectorial.

tamén teremos unha reunión co persoal administrativo e de informática do HCV, para tratar varios aspectos que preocupan a este colectivo.

o cronograma é o seguinte:

ás 13,30 horas reunión co persoal informático do HCV.

ás 14 horas reunión co persoal administrativo do HCV.

Ás 17 horas no PAC imos ter unha reunión con este persoal á que acudirá Xoan Cons Secretario Nacional de CIG-Saúde, para intentar aclarar as dudas que se nos plantexaron no seu dia.

Ás 18 horas na sala de xuntas do Centro de Saúde teremos unha xuntanza persoal de atención primaria para informarlles do acontecido nas reuniois co SERGAS no plan de mellora de Atención Primaria, nesta reunón informarán Xoan Cons, o responsable de negociación da agrupación médica Manuel Gonzalez Moreira e o responsable da negociación do persoal non sanitario de CIG-Saúde Lois Méndez.

a isto hai que sumar a reunión que teremos o xoves ás 14,30 horas cos celadores do HCV.

Mañá mércores haberá unha mesa sectorial do plan de mellora polo que nos darán cumprida información do que alí aconteza.

Dende CIG Saúde estamos a facer un máximo esforzo para dar a coñecer todo o que acontece, proba disto e o desprazamento dos diversos responsables a O Barco, polo que pedimos que fagades un esforzo por acudir a estas asembleas informativas.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 16-10-2007 15:38
Queres comentar ou preguntar algo?
Reunión Foro Marco
Logo de ano e medio de inactividade total e de reiteradas peticións de convocatoria, o Ministerio de Sanidade ven de convocar unha nova reunión do denominado Foro Marco que se celebrará o próximo dia 30 de octubro.

Os temas incluidos na Orde do Dia son os seguintes:

- informe de actividades da Comisión de Recursos Humanos do SNS dende febreiro de 2006

- informe sobre o proxecto de decreto para a formación sanitaria especializada (definición e clasificación de especialidades en Ciencias da Saúde, e aspectos formativos do sistema de residencia)

- constitución e actividade do Observatorio de Carreira

- informe sobre o desenvolvemento das Especialidades de Enfermería

- informe sobre o réxime xurídico do persoal estatutario (afectación do EBEP).


É de esperar por tanto que esta reunión nos sirva ao menos para dispoñer de información actualizada sobre estes temas de evidente interés, así como de outros dous que prantexaremos nós: previsións e posibilidades de regulación para a xubilación voluntaria anticipada, e posición das Administracións Sanitarias sobre as cualificacións profesionais de Técnicos Superiores e Auxiliares de Enfermería.

O Foro Marco é o órgano previsto no Estatuto Marco para o debate dos temas que afecten ao persoal do todo o SNS, con presencia das Administracións Sanitarias (Ministerio e Servizos de Saúde) e dos Sindicatos máis representativos no sector sanitario público (CIG, CCOO, UGT, CEMSATSE, ELA), como se recolle no seu artigo 11:



Artigo 11. Foro Marco para o Diálogo Social.

1. O Foro Marco para o Diálogo Social ten como

obxectivo constituí-lo ámbito de diálogo e información

de carácter laboral, así como promove-lo desenvolvemento

harmónico dos recursos humanos do Sistema

Nacional de Saúde.

2. O Foro Marco para o Diálogo Social, no cal estarán

representadas as organizacións sindicais máis representativas

do sector sanitario, depende da Comisión de

Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde, á

cal prestará apoio e asesoramento en tódalas funcións

de coordinación das políticas de recursos humanos que

nesta lei se encargan á citada comisión.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 16-10-2007 12:26
Queres comentar ou preguntar algo?
ope comunidad valenciana
O diario oficial de valencia do día 15 convoca prazas de:

ATS

(ATS/DUE) SAMU de instituciones sanitarias

matronas

Fisios

Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 15-10-2007 13:10
Queres comentar ou preguntar algo?
Luis Nogueira, campión da terra enteira!
O noso compañeiro Luis Nogueira vén de ganar a medalla de ouro nos Campionatos do Mundo de Veteranos, en Italia. Ao pouco de volver, concedeunos esta entrevista, e poidemos velo coa medalla posta, xa que lle pedimos que posara para este blog con ela. Velaqui o que nos dixo:

Canto tempo levas traballando neste hospital?
Levo 20 anos, desde o 1987.

Como compatibilizas a tua ocupación no hospital coa túa faceta deportiva? Sen ningún problema. Ao traballar en quendas rotatorias teño tempo libre de abondo para adestrar. De cara ás competicións se fai falla non teño problemas para cambiar cos compañeiros.

Facilítanche as cousas desde a dirección do hospital para participar en eventos deportivos?
A verdade é que nunca o pedin, e penso que nin sequera están enterados de que son deportista de certo nivel, ninguén da dirección me tén comentado nunca nada ao respecto.

Como foron os teus comezos no atletismo? Sempre competiches en xabalina?
Empecei aos 17 anos en Barcelona en saltos de lonxitude e triple salto, onde acadei as mellores marcas de España naquel ano en idade xuvenil. Máis tarde viñen vivir a Galiza deixando de practicar atletismo, ata que aos 28 anos empecei outra vez, desta volta con lanzamento de xabalina.

E porqué a xabalina?
Nun principio parecía que estaba máis dotado para os saltos, pero logo, por necesidades dunha competición do clube, posto que un xabalinista se lesionou, adestrei para suplilo e descubrin que estaba capacitado e que me fascinaba o que tiña de primitivo e o voo da xabalina cruzando o espazo.

Recentemente gañaches a medalla de ouro dos Campionatos do Mundo de Veteranos de Atletismo en Riccione (Italia). Cóntanos como foi.
Acudía coa mellor marca de todos os participantes, polo que acadar o título entraba dentro das posibilidades, pero a satisfacción máis grande foi a de conseguir bater o récord do mundo cun lanzamento de 71.01m, que era unha das aspiracións ao longo da miña traxectoria deportiva, pasar a barreira dos 70 metros.

Cóntanos algunha anécdota do mundial.
Primeiro decir que o atletismo de veteranos estase convertendo nunha manifestación deportiva cada vez máis importante. En Italia eramos case 9.000 atletas de todo o mundo e este evento pón de manifesto que é importante ter un obxectivo que nos ilusione e que invertir en deporte veterano implica un aumento no aforro en gasto sanitario.
Segundo, eu tiña intención de competir coa camiseta de Galiza, pero non me deixaron, e tiven que conformarme con poñela para recibir a medalla.
Comentarios (0) - Categoría: traballadores "ilustres" da área do barco - Publicado o 15-10-2007 11:57
Queres comentar ou preguntar algo?
lingua galega en Asturies
Afondando no tema da lingua, "Fronteiras", unha reportaxe sobre o galego en Asturies occidental.



Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 13-10-2007 20:42
Queres comentar ou preguntar algo?
linguas cruzadas


no dia das letras galegas a TVG emitiu este documental sobre o uso da língua entre os xóvenes galegos, se non o vistes paga a pena gastar uns minutos nel.

rescatamos o vídeo a raíz dun artigo que saiu en "la voz de Galicia", que pasamos a reproducir íntegramente.

lingua

A Mesa alerta de que o galego «está na peor situación da súa historia»
O último estudo sociolingüístico, da Real Academia, indica que só é o idioma inicial do 20% da poboación


Volver O galego como lingua inicial da poboación está «na peor situación da súa historia», segundo valoracións do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, que se alicerza na última sondaxe sobre o asunto, realizada polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega. Este documento conclúe que só é primeiro idioma para un 20%, o que supón un descenso importante desde o ano 1992, cando a lingua galega era a principal para o 60,3%. O estudo, publicado neste ano, parte de datos do 2004.
A situación é especialmente preocupante nas cidades e entre os grupos máis novos: en Ferrol só fala galego como lingua principal o 1,6% da mocidade entre 15 e 24 anos; e non chega ao 10% dese colectivo en Vigo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. Entre os que teñen de 25 a 34 anos, manifestan usar «só galego» tamén menos do 10% nesas mesmas cidades.
A porcentaxe medra a partir dos 35 anos. Non obstante, se se suman os falantes que declaran usar «só galego» cos que din usar «máis galego» que outras linguas, os usuarios de galego non son maioritarios en ningún caso. Na maior parte das respostas a esa sondaxe que promocionou a Real Academia Galega, os falantes das sete grandes cidades afirman utilizar de forma maioritaria «só castelán», con tres únicas excepcións: os coruñeses que teñen de 15 a 24 anos e os ourensáns de 25 a 34 anos, que afirman falar «máis castelán» que «só castelán»; e os tamén residentes na Coruña, con idades de 25 a 34 anos, que utilizan no 40,2% «máis castelán» e «só castelán», coa mesma porcentaxe.
O estudo revela a existencia de colectivos que utilizan outras linguas diferentes a castelán e galego, con algúns resultados que poden sorprender. É o caso dos que responderon o inquérito en Santiago con idades entre 15 e 34 anos, pois o 7% dese colectivo afirma usar outros idiomas diferentes. Nesa situación tamén se encontran o 5,7% dos ourensás de 45 a 54 anos; o 4,3% dos vigueses desa mesma idade; o 4,1% dos veciños da cidade de Pontevedra que se encontran entre os 35 e os 44 anos; ou o 3,5% dos lucenses que teñen de 25 a 34 anos.
Ao coñecer a existencia do estudo, correspondente ao segundo volume do Mapa Sociolingüístico da comunidade, a Mesa solicitou información con pormenor a algúns dos autores, e foi así como tiveron acceso a eses resultados.
A Mesa interpreta que eses datos teñen que ver sobre todo coa situación familiar, e espellan a porcentaxe de familias que utilizaron o idioma autóctono cos seus fillos. «Nunca na milenaria historia da nosa lingua a transmisión xeracional foi tan escasa; é para estar preocupados polo futuro, con certeza que é para pensar seriamente sobre as ameazas de que poda chegar a desaparecer», indica o presidente desa entidade.
Carlos Callón afirma que o Goberno galego debe tomar medidas perante esta situación, pois o estudo foi subsidiado pola Presidencia da Xunta a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O mellor remedio, afirma, é partir do cumprimento pleno do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento autónomo no ano 2004, e que «aínda case non se desenvolveu».


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 12-10-2007 13:08
Queres comentar ou preguntar algo?
puntuacion por orde varias categorias
ordenamos por puntos algunhas categorias de facultativos (as que teñen mais aspirantes), as deixamos por se alguén lle resultan de interese.

tedes que darlle a "Click here to start download", para baixar o arquivo

medicina interna

medico urxencias hospital

medico de familia de primaria

farmacia primaria
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 11-10-2007 20:51
Queres comentar ou preguntar algo?
Listaxe puntuacións provisorias
hoxe saen publicadas Listaxe puntuacións provisorias do persoal facultativo excepto psiquiatras.

medicos de familia
medicos de urxencias hospitalarias

para ver o resto de especialidades, preme aqui.

xa empezábamos a dudar que as colgaran hoxe, ;-).

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 11-10-2007 14:05
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria para auxiliares administrativo e celadores en Valencia
O diario oficial do día 11 convoca 400 prazas de Auxliar Administrativo e 675 de Celador.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 11-10-2007 12:03
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria para auxiliares de enfermaría en Valencia
No Diario Oficial de Valencia do día 8 aparece publicada a resolución que convoca 500 prazas de auxiliar de enfermaría. Quen poida estar interesado/a, pode consultar as bases aqui.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 10-10-2007 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
novas sobre OPE
Despois de falar cos responsables do Sergas podemos contarvos o seguinte:

Confirmación da data do exame de Galego para PSX, Auxiliares Administrativos e Cociñeiros, para o día 28 de outubro, o de psx e auxiliares administrativos é o mesmo para ámbalas dúas categorías e válelles tamén para as duas.

Respecto dos FEAS, informan de que a finais desta semana contan publicar tódalas notas pendentes (coa única excepción de Psiquiatría) e que todo segue o seu proceso normal.

Respecto de TRASLADOS comentar que van crear dúas COMISIÓNS DE BAREMACIÓN, unha para persoal facultativo e a outra para non facultativo, seguen mantendo que iran resolvendo según vaian rematando por categorías, e seguen mantendo como data de todo resolto a primaveira do 2008.


Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-10-2007 14:04
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2 [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0