CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

CIG-Saúde solicita se aclare que vai pasar coas áreas de Ourense e Lugo
COMUNICADO DE PRENSA CIG-SAÚDE


A CIG-SAÚDE solicita da Consellaría de Sanidade que, dunha vez por todas, clarexe o seu proxecto de xestión integrada de área nas provincias de Lugo e Ourense, e a situación sanitaria, carteleira de servizos e a dotación de Recursos Humanos dos Hospitais comarcais de Burela, Monforte e o Barco.

Na Mesa Sectorial celebrada o día 11 de febreiro a administración sanitaria informounos das liñas xerais que vai conter o Decreto de estrutura periférica de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde. O devandito Decreto está en fase de elaboración, polo que a data de hoxe non podemos ter un posicionamento claro sobre o mesmo.

O que si quedou claro na Mesa Sectorial é a confusión que o SERGAS mantén sobre as áreas sanitarias de Monforte, Burela e O Barco, xa que a información que se deu na Mesa Sectorial non coincide coa información transmitida polos representantes da Consellaría de Sanidade e pola propia Conselleira ás plataformas cidadás, constituídas nestas área sanitarias.

A pretensión da Consellaría de Sanidade é comezar a xestión integrada nas áreas de Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol. Desde CIG-SAÚDE solicitamos que a Consellería de Sanidade explique canto antes a xestión integrada das Provincias de Lugo e Ourense e a dependencia dos hospitais comarcais de: Monforte, Burela, O Barco e Verín.

Compostela 15 de febreiro de 2010.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 15-02-2010 13:50
Queres comentar ou preguntar algo?
apertura fase de concurso
Recibimos esta información:

Bos días: está previsto que o mércores, día 24 de febreiro, sexa publicada no DOG a apertura do prazo (15 días hábiles) para a presentación dos méritos da fase de concurso das categorías cuxos exercicios foron realizados nos pasados meses de outubro e novembro (coa excepción das categorías nas que se debe realizar un exercicio práctico, é dicir, grupo técnico, grupo de xestión, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e cociñeiros).
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 15-02-2010 13:15
Queres comentar ou preguntar algo?
previsión publicación notas OPE
O SERGAS nos informa que o próximo venres, día 19 de febreiro, están previstas as seguintes publicacións:

- Notas provisionais da fase de concurso de :
- FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo
- FEA de nefroloxía
- FEa de psiquiatría
- FEA de Xeriatría

- Notas definitivas da fase de oposición de todas as categorías cuxos exercicios foron realizados nos meses de outubro e novembro de 2009

Na vindeira semana esperamos poder adiantar un calendario coas datas de realización dos exercicios daquelas categorías que teñen que realizar exame práctico.




Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 15-02-2010 11:25
Queres comentar ou preguntar algo?

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 12-02-2010 13:03
Queres comentar ou preguntar algo?
publicado o decreto creación técnicos farmacia
Hoxe, por fín publícase no DOG o decreto de creación da categoria de técnicos de farmacia

Decreto 9/2010, do 21 de xaneiro, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

No tempo transcorrido desde a creación do Servizo Galego de Saúde producíronse importantes cambios na atención sanitaria prestada nas súas institucións. O dereito á protección da saúde consagrado no artigo 43 da Constitución require dos poderes públicos unha constante adaptación das estruturas sanitarias ás novas necesidades e a incorporación a ditas estruturas, cando sexa procedente, de persoal cunha formación profesional específica para a realización de determinadas funcións.

A Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica de Galicia, prevé a realización de funcións de colaboración cos farmacéuticos por parte de persoal técnico ou auxiliar de farmacia. Así mesmo, establece que a atención farmacéutica nas estruturas de atención primaria e centros hospitalarios se levará a cabo a través de servizos de farmacia e depósitos de medicamentos e produtos sanitarios. Para a correcta xestión operativa dos servizos de farmacia é axeitada a incorporación de persoal técnico con formación específica para realizar as funcións que se desenvolven nesas unidades.

O colectivo de persoal que se axusta a estes requirimentos de labor auxiliar nos ditos servizos de farmacia e ao perfil profesional axeitado para as institucións sanitarias do organismo é o que acredita o título de técnico en farmacia establecido polo Real decreto 547/1995, do 7 abril (BOE nº 133, do 5 xuño), cuxa regulación foi substituída polo Real decreto 1689/2007, do 14 de decembro (BOE do 17 de xaneiro de 2008), polo que se establece o título de técnico en farmacia e parafarmacia e se fixan as súas ensinanzas mínimas.

En calquera caso, para fixar a titulación de acceso á nova categoría menciónase neste decreto a denominación fixada na primeira das disposicións citadas -técnico en farmacia-, sen prexuízo de atender ás equivalencias recoñecidas na disposición adicional terceira do propio Real decreto 1689/2007 entre os títulos de técnico auxiliar de farmacia, técnico en farmacia e técnico en farmacia e parafarmacia.

A creación da nova categoría, no exercicio das competencias atribuídas nos artigos 14 e 15 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no artigo 113 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, responde ao consenso existente na Mesa Sectorial de Negociación respecto á necesidade de promover a incorporación de profesionais da área sanitaria con novas titulacións aos cadros de persoal das institucións sanitarias. Esta previsión, polo demais, xa figuraba expresada no acordo sobre mellora retributiva e profesional asinado o 1 de outubro de 2003 (DOG nº 232, do 28 de novembro). As institucións do Servizo Galego de Saúde advirten tamén da necesidade de incorporar profesionais que teñan formación adecuada ás funcións que se realizan nelas.

Por último, este decreto atende á situación actual e á traxectoria profesional do persoal que desempeña ou desempeñou as funcións atribuídas á nova categoría.

O presente decreto dítase despois da preceptiva negociación na mesa sectorial.
Na súa virtude, por proposta da Consellería de Sanidade, de conformidade co ditame número 596/2009, do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación no Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e un de xaneiro de dous mil dez,

DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.

Créase no Servizo Galego de Saúde, dentro do grupo de persoal sanitario de formación profesional, subgrupo de técnicos, a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia, e regúlase o seu réxime xurídico, réxime de acceso, funcións e dotación de cadro de persoal.

Artigo 2º.-Réxime xurídico.
A relación de servizo do persoal desta categoría co Servizo Galego de Saúde regularase polo presente decreto, pola Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, pola Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e a normativa de desenvolvemento e complementaria aplicable ao persoal estatutario do organismo.

En particular, a regulación da xornada de traballo e retribucións do persoal técnico en farmacia será a vixente para o persoal xa vinculado como persoal técnico sanitario de formación profesional.

Artigo 3º.-Acceso.
1. Para o acceso á categoría de persoal técnico en farmacia será requisito indispensable estar en posesión do título de técnico/a en farmacia (formación profesional da área sanitaria). Entenderase cumprido este requisito cando se posúa calquera outro título declarado equivalente, nos termos previstos na normativa de ordenación xeral da formación profesional.

2. O acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría requirirá a superación das correspondentes probas selectivas, convocadas en desenvolvemento e execución dunha oferta pública de emprego, de conformidade coa normativa xeral vixente en materia de provisión de prazas.

3. A selección de persoal temporal da categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia efectuarase polo procedemento establecido logo de negociación na mesa sectorial, de conformidade coa normativa vixente de provisión de prazas.

Artigo 4º.-Funcións.
Corresponde ao persoal técnico en farmacia desempeñar, con carácter xeral, os servizos complementarios e de apoio das funcións que desenvolve o persoal facultativo farmacéutico dos servizos de farmacia das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

O ámbito funcional será o adecuado ás competencias e capacidades propias do título de técnico en farmacia. De xeito específico, o persoal técnico en farmacia desempeñará as seguintes actividades:

1. Recepción, almacenamento, revisión e reposición de medicamentos, material de acondicionamento, produtos sanitarios, material sanitario e outro material utilizado nos servizos de farmacia, garantindo a súa correcta conservación e organización segundo os criterios establecidos.

2. Colaborar, baixo a supervisión do persoal farmacéutico, na dispensación de medicamentos e produtos sanitarios nas súas diferentes modalidades (reposición de botiquíns, dispensación individualizada en doses unitarias, dispensación automatizada), así como realizar a preparación e distribución das solicitudes de medicamentos e produtos sanitarios, de acordo coas normas de actuación establecidas.

3. Almacenamento, control e arquivo dos impresos e rexistros utilizados na recepción, almacenamento, conservación, custodia, dispensación e distribución de medicamentos, produtos sanitarios e demais produtos utilizados.

4. Manexo, limpeza e conservación, mantemento do bo funcionamento e posta a punto do equipamento, utensilios e demais medios utilizados para a recepción, almacenamento, conservación, custodia, dispensación e distribución de medicamentos e produtos sanitarios.

5. Preparar, pór en funcionamento e controlar os utensilios de dosificación e envasado de medicamentos co obxecto da súa dispoñibilidade en cantidade, calidade e estado operativo no momento de seren requiridos.

6. Colaborar, baixo a supervisión do persoal farmacéutico, na elaboración e control de calidade das preparacións farmacéuticas, segundo os procedementos establecidos de acordo coas normas de correcta elaboración e control de calidade.

7. Almacenamento, control e arquivo das preparacións farmacéuticas e dos seus rexistros.

8. Mantemento, conservación e limpeza dos utensilios e material requirido para levar a cabo operacións farmacéuticas.

9. Colaborar no cumprimento dos principios do sistema de xestión da calidade establecido no servizo de farmacia.

10. Manexo de aplicativos informáticos empregados no almacenamento e na dispensación de medicamentos e produtos sanitarios co nivel de acceso que se estableza.

11. Calquera outra actividade que sexa incluída, como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e organizativas, dentro das competencias e capacidades propias do título de técnico en farmacia.

12. Todas aqueloutras funcións a que habilite o seu currículo formativo no seu ámbito funcional.

O ámbito funcional da categoría estenderase, así mesmo, ás funcións previstas para o persoal auxiliar de enfermaría das unidades de farmacia no Estatuto do persoal sanitario non facultativo aprobado por Orde do 26 de abril de 1973.

As funcións desenvolveranse baixo a dirección e supervisión do persoal facultativo farmacéutico responsable pertencente ao servizo de farmacia correspondente e dando cumprimento ás súas instrucións.

En calquera caso o persoal técnico en farmacia desenvolverá as súas funcións sen menoscabo da competencia, capacidade de supervisión, responsabilidade e autonomía dos profesionais sanitarios doutras categorías que actúan no ámbito propio dos servizos de farmacia.

Artigo 5º.-Cadro de persoal.
Correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde, baixo a supervisión e o control da Consellería de Sanidade, determinar o número de efectivos de persoal da nova categoría que poden prestar servizos con carácter estrutural. Esta medida farase efectiva mediante as modificacións que procedan nos cadros de persoal, coas limitacións e consonte as previsións establecidas nas disposicións orzamentarias en vigor.

Os postos de traballo da categoría de técnico en farmacia contarán cun código orzamentario específico.

Disposicións transitorias

Primeira.-Situación do persoal fixo que desempeña actualmente funcións de técnicos en farmacia.

1. O persoal fixo que, á entrada en vigor deste decreto, se encontre desempeñando postos de traballo cuxo contido funcional se corresponda coas funcións que nel se asignan aos técnicos en farmacia permanecerá no seu exercicio. Unha vez que fiquen vacantes, por calquera das causas previstas legalmente, serán amortizados e transformaranse en prazas da categoría técnico en farmacia de conformidade co artigo quinto deste decreto.

2. O persoal fixo a que se refire o parágrafo anterior que, posuíndo o título de técnico en farmacia, superase o primeiro proceso selectivo que se convocase para persoal desta categoría e no momento da elección de destino permanecese no mesmo, poderá optar pola transformación do seu posto de traballo en praza da categoría técnico en farmacia ou participar na elección de destino.

Segunda.-Situación do persoal temporal que desempeña actualmente funcións de técnico en farmacia.

1. As prazas desempeñadas por persoal temporal que, á entrada en vigor deste decreto, se encontre exercendo, con carácter fundamental, as funcións que se atribúen á categoría de técnico en farmacia, serán obxecto de convocatoria pública como prazas desta categoría no primeiro proceso selectivo que se celebre. O dito persoal permanecerá no seu desempeño ata que se produza o seu cesamento pola toma de posesión dos aspirantes que superasen o proceso selectivo ou pola cobertura regulamentaria por persoal estatutario fixo da categoría técnico en farmacia.

2. O nomeamento do persoal con vínculo temporal en praza vacante que á entrada en vigor deste decreto se encontre desempeñando as funcións que nela se asignan aos técnicos en farmacia, e estea en posesión do título requirido para o acceso, será transformado nun nomeamento temporal correspondente á categoría de persoal técnico en farmacia.

Terceira.-Valoración de servizos prestados.
Os servizos prestados en desenvolvemento, con carácter fundamental, das funcións propias da categoría de técnico en farmacia, e debidamente certificados, terán a consideración de prestados na dita categoría nos procesos de selección, para persoal temporal ou fixo, que se formalicen para o acceso a prazas desa categoría.

Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para adoptaren as medidas pertinentes, no ámbito das súas competencias, para o desenvolvemento e aplicación do disposto no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e un de xaneiro de dous mil dez.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade
Comentarios (0) - Categoría: espazo técnico - Publicado o 12-02-2010 11:50
Queres comentar ou preguntar algo?
datas exames 2ª exercicio
O SERGAS envíanos este corrreo referente á OPE;

Boas tardes: para voso coñecemento se informa que estamos a pechar cos tribunais de selección e cos recintos nos que se celebrarán exercicios pendentes da OPE 2009, as datas de celebración dos segundos exercicios daquelas categorías que aínda non o teñen realizado (Grupo Técnico, Grupo de Xestión, Grupo Auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerias e cociñeiro). Esperamos ter pechadas a data na vindeira semán.

Non obstante podemos confirmar que todos os exercicios serán realizados aproximadamente na primeira quincena do vindeiro mes de marzo. Gracias.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 12-02-2010 10:11
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria traslados facultativos
Publicouse onte a convocatoria para traslados de persoal facultativo. Podedes consultala aqui.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 11-02-2010 12:45
Queres comentar ou preguntar algo?
seguen as mobilizaciois do persoal de Vigo contra a privatización
Artigo extraido de CIG-Saúde Vigo

Mobilización H. Xeral contra privatización


As 11 horas do martes 9 de febreiro partiu a manifestación multitudinaria, superando a participación da semana pasada, das traballadoras e traballadores do Hospital Xeral en protesta pola privatización do novo hospital de Vigo. No percorrido proferíronse distintas consignas e cánticos en contra das pretensión do goberno da Xunta do PP de privatizar a sanidade pública en Vigo.

A próxima concentración terá lugar o xoves 11 de febreiro ás 11h no Hospital do Meixoeiro.

O luns 8 de febreiro a Comisión de Centro foi recibida polo alcalde de Vigo, logo de que esta convocara unha concentración no concello para o mércores 10 de febreiro ás 12 da mañá. Nesta xuntanza a o alcalde manifestou o seu apoio á un hospital público 100% tanto na xestión como no financiamento. Logo deste pronunciamento esperamos contar coa súa presenza nas mobilizacións cidadáns en defensa da sanidade pública en Vigo.

Polo tanto, logrado o obxectivo, queda desconvocada a concentración prevista para o mércores 10 de febreiro diante do Concello.

A continuación expomos o calendario de actos a desenvolver nas próximas datas:

■Xoves 11 de febreiro as 11h concentración no Hospital do Meixoeiro.
■Venres 12 de febreiro as 11h asemblea no H. Xeral, ás 14h no H. Meixoeiro.
■Mércores 17 febreiro comparsa do enterro da sardiña, ás 18h na Praza da Constitución (Porta do Sol) onde iremos acompañando á comparsa Os Tarteiras, vestidos con uniforme de hospital e lazos e brazaletes negros.
■Mércores 24 folga e manifestación as 20h dende H. Xeral ata o edificio da Xunta (Praza da Estrela).
■Sábado 20 de marzo acto lúdico festivo na finca de San Roque de mañá e tarde, (concretaranse os actos mais adiante)
■Xoves 25 de marzo folga e gran manifestación cidadá as 20h dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz.

Esperamos ter a máxima participación reivindicativa para conseguir o obxectivo
Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 09-02-2010 20:53
Queres comentar ou preguntar algo?
aclaracións e refrexións sobre as OPEs
Oposición tras oposición do SERGAS véñense repetindo os mesmos erros e o mesmo oscurantismo; este ano veise ademais mais salpicada que nunca polas "supostas filtraciois" que publicamos neste mesmo blog. Sobre este tema cecais cumpra aclarar unha serie de aspectos que veñen xurdindo nos comentarios que aquí deixades.

CIG-Saúde denunciou ante o SERGAS (non no xulgado) que podía haber filtraciois dentro do departamento de RR.HH., os beneficiados das mesmas son 3 persoas, unha delas é o marido dunha alto cargo do SERGAS, como xa informamos no primeiro post.

A denuncia que fixemos foi despois de comprobar os datos que unha persoa con nome e apelidos (obviamente non imos a revelalos) eran correctos, e incluso recibimos confirmación doutras persoas de que algo cheiraba mal no departamento de RR.HH do SERGAS.

En ningún momento CIG-Saúde O Barco publicou nin os nomes das persoas nin tan xiquera a categoria, os nomes aparecen no artigo de "el país" que trasladamos ó blog.

Intentamos co escrito que publicamos no blog, asinado pola secretaria nacional de CIG-Saúde Mª Xosé Abuin, que o SERGAS fixera unha investigación interna sobre este tema e nos aclarara se era certo ou non e en base a isto tomara as medidas correctoras que fixeran falla; (polo que podemos apreciar ata o de agora non se lle vei ningún interese no tema).

Nin CIG-Saúde nin ningún outro sindicato están nos tribunais como tal, aínda que sabemos que polo menos un par de sindicatos meteron xente vinculada con eles, pero ese é problema deses sindicatos e nós non imos a entrar nin a valoralo.

Algunhas das acusaciois que se están vertendo nos comentarios como venta de exames, corrutela en toda unha provincia, etc, etc, etc, poden ser ou non certas, pero dende logo para ir adiante cunha denuncia desta envergadura é necesario que saia dunha persoa física con nome e apelidos, igual que se iniciou o das filtraciois de RR.HH., por razois mais que obvias. Polo tanto se alguén ten probas de que esta pasando algo disto que nos chame e concertaremos unha entrevista con él, manteremos o seu anonimato e seremos nós quén fagamos a denuncia se procedera.

Tamén cumpre aclarar que CIG-Saúde NON está pedindo a suspensión da OPE, de entrada queremos que se investigue e se chegue ata as últimas consecuencias, a nosa asesoria xurídica está mirando este tema para ver se cumpre ou non facer unha denuncia ante o xulgado co fin de que se aclare.

O que sí queda claro é que hai moitas cousas que fallan no sistema actual de OPE, xa levamos tempo decindo que non é normal que o tribunal coñeza as preguntas, hai que buscar unha fórmula para que se hai un corrupto dentro dél, non poda facilitar as preguntas a ninguén, ( distintos exames á elexir ó inicio do exame polos aspirantes, introducción de preguntas nunha base de datos para que saian aleatoriamente co tempo xusto, etc, etc, etc) é cuestión de buscar fórmulas para solventar o problema dunha vez por todas, así mesmo axudaría e moito ós opositores e opositoras saber de que textos saen as preguntas e sería tamén de gran axuda, marcar directrices ós tribunais para que non metan a zoca como meten tódolos anos nalgunha categoria, con exames dun nivel moito mais alto que se lle esixe á categoria, ou incluso non respectar o número de preguntas de cada apartado (xa ten delito que haxa categorias que aprobe menos xente que prazas ofertadas hai).

Pero o arriba exposto é sólo a opinión de CIG-Saúde O Barco co fín de limitar ó máximo posible as irregulariedades que se dan opsición tras oposición e non se fai nada para remedialas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-02-2010 12:23
Queres comentar ou preguntar algo?
apoio ó persoal da área de Vigo
A comisión de Centro do HCV, por unanimidade, mostra o seu apoio as mobilizaciois que se están a dar na área de Vigo contra a privatización da sanidade que afecta gravemente a esa área de saúde.

Acordamos ademais ter unha asemblea o próximo xoves 11 de febreiro ás 11 horas no salón de actos, seguida dunha concentración de persoal en rexeitamento da política privatizadora do goberno, ademais convocarase outra para o mércores 24 de febreiro á mesma hora.

Dende a comisión de centro, poranse os medios necesarios, para facilitar o transporte a Vigo da xente que queira acudir á manifestación en defensa da sanidade pública.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 09-02-2010 10:23
Queres comentar ou preguntar algo?
manifesto do comite de empresa do hospital da cruz roja de Vigo
HOSPITAL CRUZ ROJA DE VIGO


As Centrais Sindicais que compoñen o Comité de Empresa do Hospital da ?Cruz Roja? de Vigo, subscriben o seguinte manifesto:

Os intereses partidistas da ONG Cruz Roja e do SERGAS, pecharán un Hospital de case 60 anos de historia e emblema na cidade de Vigo. Un Hospital que lle da unha cobertura social esencial á Comarca de Vigo para a atención a pacientes sen recursos e de longa estancia debido ás especiais circunstancias da súa enfermidade.

Do mesmo xeito, deixará na rúa á totalidade da plantilla, 70 traballadores/as moitos deles con máis de 30 anos de servizo no Hospital e cunhas idades de complexa reinserción laboral.

Polo que, solicitamos da cidadanía e das Administracións competentes que tomen as medidas oportunas para que non se leve a cabo dito atentado socio-laboral por parte da Cruz Roja, co consentimento do SERGAS e por ende da Xunta de Galicia, contra a cidadanía de Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 08-02-2010 12:00
Queres comentar ou preguntar algo?
previsións de publicación en DOG
Recibimos mensaxe do SERGAS coa previsión de publicacións en DOG sobre diversas categorías de facultativos da OPE 2009:

DOG 12 de febreiro:
*facultativo/a especialista de área de análises clínicas
*facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo
*facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria
*facultativo/a especialista de área de medicina física e rehabilitación
*facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía
*odontólogo/a de atención primaria

DOG 19 de febreiro:
*facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo
*facultativo/a especialista de área de nefroloxía
*facultativo/a especialista de área de psiquiatría
*facultativo/a especialista de área de uroloxía

Finais de marzo: Médico de familia
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 05-02-2010 13:41
Queres comentar ou preguntar algo?
a denuncia sobre filtraciois no SERGAS xa é recollida en el país
Estamos sorprendid@s da repercusión que ten o noso blog, a denuncia das filtraciois ó SERGAS, só o publicamos aquí e hoxe o diario "el país" xa recolle a denucia, que pegamos mais abaixo, para vela no diario el país, picade aquí.

Esta mañá puxeronse en contacto coa executiva de CIG-Saúde diversos medios de comunicación, dende alí non se deron nomes, pero podedes observar que a prensa xa ten moitísimos datos,os que de momento non se puxeron en contacto son curiosamente os medios locais e de Galiza, quererán correr un tupido velo sobre este asunto ou simplemente son menos eficaces que o resto de medios de ámbito estatal?

En todo caso a denuncia xa está na rúa e veremos en que queda a cousa, a medida que vaiamos tendo mais datos iremolos achegando.

Empleados de la sección que prepara pruebas del Sergas lideran las notas

Trabajadores de Recursos Humanos encabezan las oposiciones entre miles de aspirantes

No se ha presentado ninguna denuncia formal y, en esa medida, tanto desde la Consellería de Sanidade como desde los sindicatos, los indicios de filtración de exámenes en las últimas oposiciones del Sergas, celebradas en octubre y noviembre, se desplazan al ambiente de rumorología "que sucede sistemáticamente a cada prueba de este tipo". El sindicato nacionalista CIG ha pedido al Sergas una investigación y que adopte medidas, si realmente hubo filtraciones, o que las desmienta, porque entre los aspirantes de esas pruebas "no se habla de otra cosa".

Los indicios "claros" de filtración apuntan a cuatro categorías. Los aspirantes que obtuvieron las máximas puntuaciones prestan servicios en la Dirección de Recursos Humanos del Sergas y, más concretamente, en la Subdirección Xeral, responsable de la organización de las pruebas.

Así, en la categoría de auxiliar de la función administrativa, para cuyas pruebas se matricularon 10.000 aspirantes, de los que se presentaron casi 6.000 (para 117 plazas), la segunda mejor puntuación (24,661 puntos sobre un máximo de 25) fue para Leonardo Pérez Souto, marido de la subdirectora general Rosario García Villadangos, responsable de la gestión de anteriores pruebas selectivas. El mismo Pérez Souto, ex guarda de seguridad empleado temporalmente como auxiliar administrativo de la Subdirección Xeral, quedó en cuarto lugar (con 23,250 puntos sobre el máximo de 25) en las pruebas para personal de servicios generales, con más de 13.000 aspirantes matriculados (sólo se presentaron unos 7.500) para 299 plazas.

A las pruebas para personal de enfermería se presentaron más de 5.500 aspirantes. El primer lugar, con 57 puntos sobre un máximo de 60, lo obtuvo Jesús Iglesias Castelo, que presta servicios como subalterno en la propia Dirección Xeral de Recursos Humanos del Sergas. También está empleado ahí como auxiliar administrativo José Vidal Valiñas, que obtuvo la segunda mejor nota en la categoría del grupo administrativo de la función pública.

Todos ellos tienen en común una relación directa con el departamento que organiza las pruebas y donde se imprimen y custodian los exámenes. Sanidade responde que no entra en sus planes actuar de oficio pero que tanto Recursos Humanos como el tribunal examinador están en disposición de tramitar las denuncias que se formulen "con pruebas y argumentos". De momento, no tienen noticia de que se haya presentado ninguna.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 05-02-2010 12:43
Queres comentar ou preguntar algo?
Xa temos resposta do SERGAS sobre as filtraciois
Como publicamos onte, derivamos a información que temos á executiva de CIG-Saúde que non tardou en remitir un escrito ó SERGAS para que desmentiran ou non as filtraciois, neste primeiro escrito fíxose de forma xenerica sen dar nomes, o escrito que se enviou é este que segue:

Ola: estamos a recibir numerosas denuncias sobre posibeis flitración dos exames de OPE, as devanditas filtracións estan relacionadas con familiares de persoal da Dirección de Recursos Humanos; persoal con responsabilidade no porceso selectivo. Como estos temas son moi desagradables para todas/os .Solicitamos que por parte desa Dirección se proceda a desmentir esta situación, e ,de ter o mínimo indicio de que isto poida ser certo ,se tomen as medidas oportunas.

De non ter resposta algunha, veríamonos na obriga de facer a denuncia pública, ou ante quen proceda.


Un saúdo Mª Xosé Abuín.


E a resposta do SERGAS é esta que segue:

En primeiro lugar, e como ben sabes pola vosa participación en procesos anteriores, os exercicios son elaborados polos tribunais de selección contando, en caso de estimalo necesario, coa colaboración de persoal auxiliar da Dirección, que previamente realiza unha declaración xurada de non ter ningunha causa legal de abstención para poder participar nas labores auxiliares do proceso. Nesta OPE, como non podía ser doutra forma, seguiuse o mesmo procedemento.

En segundo lugar, cabe sinalar que calquera persoa que cumpra os requisitos establecidos pode participar nos procesos selectivos convocados polo Servizo Galego de Saúde, con independencia de que traballe ou non na Dirección de Recursos Humanos ou en calquera outra dirección do organismo, ou que sexa familiar dalgún deles. De feito, ten sido frecuente que persoal que presta ou prestara os seus servizos nos servizos centrais do organismo ou familiares deles, se teña presentado aos devanditos procesos, e mesmo, nalgún dos casos , os superaran.

A Dirección de Recursos Humanos, como centro directivo encargado da xestión dos procesos selectivos, ten establecidos uns protocolos de seguridade en todalas fases do proceso, dos que non temos ningún inconveniente de informarvos de maneira máis detallada, para garantir que ningún aspirante relacionado cos servizos centrais do organismo poida ter acceso aos correspondentes exercicios antes da data da súa realización. Estes procedementos extrémanse no suposto de que persoal que traballe na Dirección participe como aspirante no proceso selectivo, son.

Como xa coñeces, ven sendo relativamente habitual que en todos os procesos selectivos convocados pola Administración xurdan comentarios ou rumores de posibles filtracións ante os que, salvo que existan probas concretas, o único que pode facer a Administración e reforzar progresivamente as medidas de seguridade, tal e como veu facendo este organismo desde a convocatoria dos primeiros procesos selectivos.

De todos os xeitos, e a pesares de que non sexa o procedemento habitual dada a imposibilidade de poder proceder a revisar os exercicios de todos aspirantes cando existan rumores de posibles filtracións, agradecería, ante a gravidade do denunciado, que me informes do nome do aspirante e categoría para poñelo en coñecemento do correspondente tribunal de selección, co fin de que procedan a unha revisión da sua plantilla de respostas.

Aproveito a ocasión para lembrarte que estamos a vosa disposición por se tedes algunha suxestión ou proposta que aumente todavía mais se cabe asmedidas de seguridade dos nosos porcesos selectivos.

Esperando a túa resposta, un saúdo

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos


Ben, agora o seguinte paso é detallar os nomes das persoas, tamén que nos expliquen cales son os protocolos eses de seguridade e solicitar unha investigación pola gravidade dos feitos denunciados.

Seguiremos informando.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 04-02-2010 10:40
Queres comentar ou preguntar algo?
cursos FEGAS 2010
Publícase no D.O.G. de hoxe, 3 de febreiro de 2010, a resolución pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.

As solicitudes poderán tramitarse a través da páxina Web da Escola Galega de Administración Sanitaria(www.fegas.es)onde tamén están publicados os cursos que se imparten.

Os prazos de inscrición son:
*Para os cursos do primeiro semestre: do 5 de febreiro ao 20 de febreiro
*Para os curso do segundo semestre: do 5 de xuño ao día 20 de xuño

Podedes consultar a resolución premendo aqui.
Para ver a guía de actividade docente, preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 04-02-2010 09:49
Queres comentar ou preguntar algo?
VIGO: mobilizaciois en contra da privatización
Esta información de mais abaixo está publicada no blog d@s nos@s compañeir@s de CIG Saúde Vigo, na súa páxina tedes toda a información das mobilizaciois do persoal en cntra da privatización que quere levar a cabo o partido popular. Dende CIG-Saúde O Barco amosamos o noso apoio e brindámonos a ser partícipes desta a loita que non solo afecta a esta área sanitaria senon que é a cabeza de lanza pola que o PP pretende poñer en mans privadas á sanidade pública, de momento imos trasladar a comisión de centro do HCV e primaria de Ourense un posicionamento de apoio.

Preto de 2000 persoas participaron o martes 2 de febreiro na concentración-manifestación celebrada no hospital xeral de Vigo. A gran participación demostra a sensibilización que o persoal ten en contra da privatización de servizos na sanidade publica.

A pesar dos intentos do "corre ve e dille" do xerente do CHUVI para desmovilizar as mobilizacións, enviando correos electrónicos mostrando o marabilloso que resulta a privatización, o persoal entendeu perfectamente o que se agacha detrás de todo este entramado privado.

Lembramos as próximas mobilizacións:


Xoves 4 de febreiro as 11h concentración no H. do Meixoeiro

Mércores 10 de febreiro concentración diante do Concello de Vigo ás 12h

Mércores 24 de febreiro, paro e manifestación as 7 da tarde dende o H. Xeral..

2 e 3 de marzo, paros.

Tamén se realizarán outros actos "lúdico-festivos" que se anunciarán puntualmente.


Publicamos tamén un vídeo da intervención do Xerente do CHUVI intentando explicar as grandes ventaxas que terá esta privatización. Alucinamos coa paciencia qu ten o persoal desta área onde van recortar mais de 400 postos de traballo estatutario dos xa existentes e a incrementar as listas do paro cantidade de persoal de listas qu non vai ter opción a voltar a traballar no SERGAS, somente o abuchearon e ata o deixaron falar, por certo que a "señorita ou señora" que se enfrenta a asemblea sen coñecela de nada, apostamos a que non pertenece a ningunha das categorias mais directamente afectadas, e algo nos dí que non vai sair á defensa deste persoal co ímpetu que defendeu ó seu amo.

Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 04-02-2010 01:00
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados facultativos
O SERGAS informa que probablemente o dia 10 de febreiro sexa publicado o concurso de traslados de facultativos.

esta de abaixo é a resolución que será publicada:

Resolución do 21 de xaneiro de 2010 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios deste organismo.

Coa finalidade de garantir o dereito á mobilidade voluntaria do persoal estatutario recoñecido no Estatuto Marco, o artigo 27 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé a convocatoria periódica, preferentemente cada dous anos, dun concurso de traslados.
Convocados, mediante as Resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008, os procesos selectivos de diversas categorías de licenciados sanitarios do organismo correspondentes á Oferta de Emprego Público do ano 2008, procede convocar o correspondente concurso de traslados que posibilite ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde así como ao doutros servizos de saúde, o exercicio do dereito á mobilidade, e permita unha resolución simultánea, en canto aos prazos de toma de posesión, dos dous procedementos de provisión de prazas.
Polo tanto, este Centro Directivo, despois da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación en uso das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVE:
Articulo 1º. - Publicar a convocatoria do concurso de traslados para a provisión das prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde das categorías/especialidades relacionadas no anexo III da presente resolución, así como aprobar as bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta.
Articulo 2º. -
1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a administración e os que participen nela.
2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes poderase interpoñer recurso de reposición ante este centro directivo.
3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos pola Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
4. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria ou calquera acto integrante do concurso de traslados serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de localización aos posibles interesados.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2010
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 03-02-2010 13:48
Queres comentar ou preguntar algo?
houbo filtraciois nalgún exame de OPE?
Estes dias recibimos un par de chamadas e algún comentario de persoal denunciando que nos últimos exames de OPE nalgunha categoria poidera haber filtraciois.

Tamén se nos dixo que participou na OPE o marido dunha alto cargo do SERGAS que ademais participa en mais dun tribunal, o que de ser certo sería incompatible.

Son tres os casos dos que nos falan e os tres relacionados co servizo de RR.HH do SERGAS e nos tres casos estas persoas estarían entre as notas mais altas das súas categorias respectivas.

Despois de comprobar os nomes das persoas resulta que o "suposto" marido da alto cargo fixo exame en 2 categorias, sendo nunha a segunda mellor nota e na outra a quinta mellor nota.

Con respecto os outros 2 traballadores un deles está de primeiro na súa categoria e o outro de segundo na que se presentou.

Polo tanto imos trasladar o asunto á executiva de CIG-Saúde para que intenten aclarar co SERGAS se o arriba exposto se corresponde ou non coa realidade, e a partires de ahí se non nos convence a resposta, tomaremos as medidas de denuncia que consideremos oportunas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 03-02-2010 13:37
Queres comentar ou preguntar algo?
modificados os estatutos do 061
Sae hoxe publicada en DOG a modificación dos estatutos do 061. Podedes consultala premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 02-02-2010 12:20
Queres comentar ou preguntar algo?
outras cuestións
E aqui temos a sección para outro tipo de preguntas que non teñan que ver coa OPE e os traslados ou con contratacións.
Lembrámosvos que NON CONTESTAMOS PREGUNTAS REPETIDAS, e que ESTA SECCIÓN NON É PARA COMENTARIOS, senón só para preguntas.
Comentarios (0) - Categoría: AS TUAS PREGUNTAS AIKI - Publicado o 02-02-2010 09:21
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [86]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0