CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

manifestación en defensa dos servizos públicos
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 19-04-2010 13:35
Queres comentar ou preguntar algo?
plan de ordenación de RRHH
Como hai xente que se está a interesar polo borrador do plan de ordenación de RRHH do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, enlazámolo da páxina do SERGAS
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 19-04-2010 13:34
Queres comentar ou preguntar algo?
Declaración da Renda
CIG-Valdeorras informa que o prazo para realizar a declaración da renda no sindicato será do 3 de maio até o 30 de xuño, os luns, martes e mércores en horario de 17:00 a 20:00 horas


A CIG de Valdeorras vén de informar aos afiliados e afiliadas que queiran realizar a declaración da renda 2009 no sindicato que poderán facelo a partir do vindeiro 3 de maio e até o 30 de xuño. Dende a Unión Local sinalaron que será preciso pedir cita con antelación para evitar demoras.

Todos os afiliados e afiliadas que desexen facer a declaración da renda no sindicato teñen de prazo dende o 3 de maio até o 30 xuño.
As declaracións realizaranse os luns, martes e mércores en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Para evitar colapsos e esperas innecesarias, dende a CIG de Valdeorras informan que será preciso pedir cita pasando polo local da central ou ben chamando ao teléfono 988 321 511.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 19-04-2010 10:09
Queres comentar ou preguntar algo?
miles de persoas maniféstanse en Pontevedra contra a privatización da sanidade

O pasado venres levouse a cabo unha grande manifestación en contra da privatización da sanidade en Pontevedra, coa presenza de máis de 8000 persoas. CIG-Saúde tamén estivo apoiando esta manifestación, como non podía ser doutro xeito. Na fotografía, membros de CIG-Saúde O Barco portando a pancarta da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área O Barco.

Temos que continuar as mobilizacións por unha sanidade pública e digna. A seguinte terá lugar o próximo xoves, día 22, en Vigo.

noticia extraida de Vieiros:

A convocatoria Plataforma contra a Privatización expresou o descontento dos concellos e da veciñanza contra o proxecto do hospital de Monte Carrasco.

Miles de persoas manifestáronse o venres ao serán en Pontevedra contra o proxecto de novo hospital en Monte Carrasco, no que se demostra a aposta da Xunta pola privatización da sanidade. A convocatoria, organizada pola Plataforma contra a Privatización, levou como lemas "Por un hospital único e público. Contra a privatización da sanidade" e "Onde están os 100 millóns de Montecelo. A sanidade non é un negocio".

A manifestación, que partiu ás 20 horas da Praza da Ferraría, estivo encabezada polos alcaldes de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e de Marín, Francisco Veiga, xunto cos doutros concellos da área sanitaria de Pontevedra. Tamén estiveron presentes parlamentarios do PSdeG e do BNG, como Modesto Pose e Bieito Lobeira, ademais do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Manuel Martín, voceiro da plataforma, afirmou que o proxecto de Monte Carrasco é unha "manobra do PP" que lle atribuíu ao presidente local do partido en Pontevedra, Telmo Martín, para utilizar a sanidade pública "no beneficio político particular". Considerou un "dispendio" gastar 1.400 millóns de euros nun novo hospital podendo desenvolver un proxecto por 141 millóns polas mesmas prestacións. "A sanidade pública de Pontevedra está en perigo", concluíu.

O parlamentario socialista Modesto Pose acusou a Sanidade de mentir sobre a situación dos hospitais e reclamoulle que "rectifique e recoñeza a verdade". Guillerme Vázquez denunciou a postura "caprichosa" da Xunta e a súa intención de facer un "pelotazo" coa construción do novo hospital. Na mesma liña, Fernández Lores alertou dunha mudanza do modelo sanitario "camiño da privatización parcial dos servizos non clínicos".

A convocatoria da Plataforma contra a Privatización explicou que a Xunta non ten diñeiro para ampliar Montecelo, mentres lle "regala" a un consorcio de bancos e aseguradoras a xestión dun novo centro por 20 anos, "que custará seis veces máis". Denuncia que o modelo privado xa está desacreditado por experiencias anteriores, como a posta en marcha por Margaret Thatcher no Reino Unido, ou o que está a acontecer en Madrid, con carencias de persoal e de camas. Por iso, a plataforma denuncia que "privatizar a sanidade é o primeiro paso para instaurar o copago: pagará máis quen máis enfermo estea".
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 18-04-2010 20:45
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 16-04-2010 12:28
Queres comentar ou preguntar algo?
retraso no envio de prazas a traslado
O SERGAS comunicounos no seu dia que cara mediados de abril nos remitiría a relación de prazas a sacar a traslados; pois ben parece que imos ter que agardar por elas duas semanas mais, posto que na reunión de mesa sectorial do pasado mércores dixeron que están a rematar as reunións cos centros para pechar o nº de prazas a convocar en cada un deles.
Nun prazo de maís menos 15 días enviarannos as prazas que se convocaran, nese momento iniciaremos a negociación.



Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 16-04-2010 12:16
Queres comentar ou preguntar algo?
Facendo plans para a fin de semana...
Imos facer unha especie de resumo dos diversos eventos reivindicativos e culturais que hai esta fin de semana, para aqueles que queirades participar nalgún, ou en todos eles:

* Mañá venres, 16 de abril, ás 20 hs, parte desde a Praza da Ferraría de Pontevedra, a manifestación contra a privatización convocada pola "Plataforma contra a privatización e polo Hospital Único de Pontevedra".





* O Sábado, 17 de abril a partir das 19:30 hs, poderedes gozar no Recinto Feiral, tamén en Pontevedra, do histórico Concerto de Queremos Galego, en defensa da nosa lingua e contra o decreto do galego no ensino, concerto no que participan grandes grupos e solistas do panorama musical galego, tais como Fuxan os Ventos, Lamatumbá, Berrogüeto, A Quenlla, Galegoz, Os tres trebóns, Fía na Roca, Ruxe-Ruxe, Uxía Senlle, Espido, García MC, Os Carunchos, Tino Vaz, Roi Casal, Zurrumalla... Cun elenco así, non podedes perdervos tan histórica actuación, ao tempo que reivindicamos a dignidade que merece a nosa lingua. Inda podedes mercar as vosas entradas na web de queremos galego, ou premendo nesta imaxe:




* O domingo, 18 de abril, A Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" convoca en Santiago unha manifestación de apoio ao pobo cubano e en contra da manipulación informativa que se está a vivir últimamente ao respecto. Sairá ás 12:30 hs desde a Alameda de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 15-04-2010 11:43
Queres comentar ou preguntar algo?
chamamentos 15 de abril 2010

Abrimos unha nova sección que pode ser de interese para o persoal de listas de contratación da área de O Barco.

A partires de agora intentaremos colgar no blog o número de chamamentos que lle corresponderia as diversas categorias unha ou 2 veces por semana, según nolo permita o noso traballo e tamén o do persoal da dirección provincial que amablemente aceptou a proposta.
Non renunciamos a que sexa o propio SERGAS quen publique os chamamentos que se producen diariamente, pero en tanto, polo menos para o persoal desta área de saúde ofrecémoslle este pequeno servizo.

Na táboa podedes ver a categoria e a data na que se nos deron os datos, o número que vedes debaixo de chamamentos de curta ou longa son os que lle corresponderia traballar en caso de producirse algunha contratación no momento no que se nos dan os datos.
Lembrade que de un dia para outro pode sofrir moitas variaciois cada unha das listas, debido a xente que remata o periodo de descanso obrigatorio, xente que remata contrato, etc.

Así pois ahí vos queda como estaría hoxe a situación en caso de producirse algún contrato.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 15-04-2010 11:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Manifestación contra o peche do Hospital da Cruz Vermella
Ante o peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo:

MANIFESTACIÓN CIDADÁ EN VIGO

MÉRCORES, 21 DE ABRIL, ÁS 20:00HS

DENDE O CRUCE VIA NORTE-URZAIZ,
ATA A XUNTA (PZA. DA ESTRELA)


NON AO PECHE DO HOSPITAL CRUZ VERMELLA

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 15-04-2010 11:14
Queres comentar ou preguntar algo?
reunión novo pacto de contrataciois
Por fin temos convocatoria de negociación do novo Pacto de Contrataciois, esta de abaixo é a convocatoria remitida polo SERGAS.

Asunto: Grupo de Traballo. Novo Pacto de Selección Temporal.
Órgano convocante: Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións

Orde do día:
? Bases para a elaboración dun novo Pacto de vinculacións temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, 23 de abril de 2010 ás 11:00 horas na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

Convocados:
? Subdirección Xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional
? Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal
? Organizacións sindicais: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE e USAE

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2010

O subdirector xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico
e Recursos e Reclamacións

Francisco Javier Pena Corredoira

ORGANIZACIÓNS SINDICAIS: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE E USAE
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 14-04-2010 11:52
Queres comentar ou preguntar algo?
manifestación en Ferrol
na web do colectivo ártabra 21, hai un amplo reportaxen sobre a Manifestación contra a privatización da Sanidade Pública que se celebrou o Domingo 11 de Abril de 2010 en Ferrol - Audio, Vídeo, Fotos, Artigos, ...

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol -que a integran 44 entidades da comarca-, diante do grave deterioro ao que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular, realizou es Domingo 11 de Abril de 2010 unha manifestación, a cal reflexou na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte da cidadanía da comarca.

Tamén aparecen declaraciois Lois Méndez compañeiro da executiva de CIG-Saúde, que trasladamosó noso blog.

Contra a privatización da Sanidade Pública

Lois Méndez Pérez [*]
11.04.2010

As Iniciativas de Financiamento Privado (PFI) son unha ferramenta para privatizar a Sanidade Pública, poñendo os seus activos e o seu financiamento nas mans do sector privado e os seus accionistas

Con estas ferramentas de privatización increméntanse os custes finais de construción dos hospitais e dos centros de saúde moi por riba dos construídos polo sistema público tradicional

Estes custos tan elevados e progresivos hipotecan os orzamentos, de investimento e de gasto corrente do sistema sanitario público, durante moitos anos e trasladan ás xeracións futuras o pago dos actuais centros. Conleva ceder as empresas á construción do edificio, adquisición do equipamento, mantemento e contratación do persoal non sanitario, ademáis de explotar tódolos servizos (cafetería, aparcamento, subministros, almacén ?.), O Sergas pagará un aluguer como inquilino durante máis de 20 anos, o custe final será seis veces superior ao que custaría o hospital de terse construído con financiamento totalmente público. Cando o Sergas, pasados máis de 20 anos, sexa o propietario do hospital ou dos centros de saúde, xa estarán obsoletos e necesitaran grandes investimentos para poñelos en valor. Este modelo de xestión xa fracasou no Reino Unido, Valencia, Madrid, pois deteriora a calidade asistencial, con peor atención ao usuario, ademáis este modelo privado sae máis caro, desviando recursos a favor da empresa privada que só busca beneficios. Para compensar os maiores custes, as infraestruturas son de peor calidade, redúcese o número de camas e de persoal, co que se deteriora a calidade da asistencia sanitaria. A experiencia inglesa demostrou que os maiores custos condicionan problemas de infraestruturas e reducións en camas, persoal e en calidade da asistencia sanitaria:

Por cada 200 millóns de libras de incremento de custos perdéronse 1.000 postos de traballo, polo que o persoal reduciuse nun 25% desde a posta en marcha da PFI. Perdéronse 13.000 camas entre 1997 e 2001. Estes hospitais teñen unhas listas de espera moi elevadas (en áreas esenciais que pon en perigo a saúde dos pacientes).

Construtoras deseñan e constrúen.

Proporcionan e repoñen mobiliario e resto do equipamento básico.

Xestionan persoal e servizos non sanitarios. As empresas concesionarias son as responsables de:

Mantemento integral del edificio, Xestión de residuos Seguridade, Lavandería.
Transporte exterior e interior, desinfectación e Xestión do arquivo de documentación clínica e administrativa.
Conservación de vías e xardinería, limpeza, esterilización, almacenaxe, distribución é restauración

Estes centros sanitarios teñen un 68% menos camas, 0,95 fronte a 3 camas por mil habitantes dos públicos da comunidade. Teñen externalizada a radioloxía e laboratorio, que quedan fóra dos centros impedindo contacto con profesionais clínicos. Poñen en perigo a confidencialidade dos datos clínicos dos pacientes, que están en poder de empresas privadas. Teñen menos médicas/os por mil habitantes: Centros con xestión privada (PFI) oscilan entre 0,46 e 0,73 por mil habitantes. Centros Públicos entre 1,3 e 2,4 por mil habitantes. Teñen menos persoal de enfermaría por mil habitantes:

Centros con xestión privada (PFI) oscilan entre 1,07 e 2,47 por mil habitantes. Centros Públicos 4,5 por mil habitantes. As fórmulas de financiamento das que se está a falar non son novas nin teñen dous anos de vida, non se orixinan nin son produto da crise, senón que son fórmulas que viron a luz hai máis de dez anos, en plena fase expansiva da economía, e que xa dende o ano 2000 nas comunidades de Valencia e Madrid, gobernadas polo Partido Popular, e en Galicia co goberno Fraga, con Romay Becaría na Consellería de Sanidade e con Alberto Nuñez Feijóo no Sergas liderou no seu día a experimentación sobre novas formas de xestión do sector sanitario, as fundacións: hospital de Verín, Barbanza e Cee (xa restituídas ao Sergas, que constituíron un rotundo fracaso de xestión: economica e asistencial) ou a asignación a un centro privado da atención sanitaria dunha área de poboación (Povisa, aínda en vigor e polo que o Sergas paga un canon anual superior aos 74 millóns de euros). Nesta área sanitaria, a unión do centro de especialidades co hospital A. Marcide (a entrada actual ao hospital: citas) foi financiada pola empresa privada, como contraprestación da explotación do aparcadoiro construido en chan público, por un período de 50 anos.

Consecuencias para os usuarios, cada vez que teñen que acudir a consultas externas, facer probas ou visitar algún familiar, pagan as tarifas máis caras por usar o aparcadoiro de toda a cidade: a necesidade convírtese nun negocio.

As consecuencias da privatización son catastróficas: abandono de valores fundamentais; universalidade, equidade, gratuidade, carácter redistributivo, planificado por necesidades e participativo. Incrementa a irracionalidade e a desigualdade sanitaria (acceso servizos). Aumenta o gasto sanitario sen mellorar resultados.

Os efectos dos orzamentos destinados pola Xunta de Galicia no ano 2010 nesta Área Sanitaria son:

A falla de orzamento para adicar á alta tecnoloxía: nin un só euro.

A escasa dotación de 100.000 euros ao plano director.

Aumento alarmante das listas de espera.

Aumento de derivacións de usuarios a outras Áreas Sanitarias e a centros privados concertados.

Conxelación dos cadros de persoal, anulación do plan mellora de atención primaria e redución drástica de contratacións temporais: peor calidade asistencial.

A construción dos centros de saúde de Ares, A Capela, Cedeira e Narón pola iniciativa privada.

O nulo investimento na adaptación do Hospital de Defensa, coa conseguinte paralización de novos servizos e a plena utilización desta infraestrutura.

Por todo isto temos que dar a batalla en defensa da Sanidade Pública.

Contra a Privatización da Sanidade Pública, contra o deterioro dun servizo público esencial, contra a perda e precarización dos postos de traballo. Por unha sanidade pública, gratuíta e de calidade.

Hoxe dende o ambulatorio Fontenla Maristany na praza de España, convido a participar a tódolos traballadores e traballadoras da sanidade e a todos/as os/as usuarios/as na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, porque aínda estamos a tempo de parar esta agresión a un dos pilares básicos do estado de benestar, o que non defendamos agora, no futuro ímolo lamentar, pero daquela xa será demasiado tarde.
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 12-04-2010 14:02
Queres comentar ou preguntar algo?
Pradolongo, primeiro filme galego que chega ao circuito comercial portugués
noticia extraida de Vieiros:

'Pradolongo', primeiro filme galego que chega ao circuito portugués de cine comercial

A película de Ignacio Vilar estrearase a vindeira semana en Braga, posteriormente percorrerá outras cidades lusas. A película poderá verse na versión orixinal en lingua galega.

Por vez primeira unha película feita en Galiza e na nosa lingua chegará ao gran público portugués. As salas Cinemax de Braga (Centro Comercial Bragashopping) proxectarán dende o vindeiro sábado 17 de abril o film 'Pradolongo', do director Ignacio Vilar. Posteriormente, a película vai poderse ver en cines comerciais doutras cidades do país veciño, entre elas na propia Lisboa.

A estrea non deixa de ser un fito importante na historia do noso cine, xa que nunca unha película rodada en galego tiña sido exhibida nos circuitos comerciais lusos. O propio Ignacio Vilar salienta o feito de que os espectadores van poder ver o filme no idioma propio de Galiza, ou máis ben como matiza con humor en ?galego de Valdeorras?.

A estrea vén acompañada dun esforzo por parte dos directores e dos actores por achegarlle a obra ao gran público. Para iso, Ignacio Vilar, Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto teñen previsto achegarse até o outro lado da Raia para promocionar o filme en actos organizados por institutos e asociacións das diferentes cidades. En Braga, os actos contarán co apoio da Universidade do Minho, do Centro de Estudos Galegos, Bragashopping e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Comentarios (0) - Categoría: a vosa opinión - Publicado o 11-04-2010 23:04
Queres comentar ou preguntar algo?
só nos faltaba dicilo cantando
noticia extraida de A nosa terra:

'CONCERTAZO CONTRA O DECRETAZO'
Un 'cartel histórico' únese a prol do ensino do galego

'Música contra o Decretazo'. Este é o slogan do concerto que a plataforma Queremos Galego organiza en Pontevedra o próximo sábado 17 de abril. Uxía Senlle e Carlos Callón presentaron o evento en Santiago.

Berroguëtto, Fía na Roca, A Quenlla, Luar Na Lubre, Fuxan os Ventos, Os 3 Trebóns, Galegoz, Os Carrunchos, Zurrumalla, Espido, Lamatumbá, García MC, Asociación de Gaiteros Galegos, e Uxía Senlle sucederanse no Recinto Feiral da cidade do Lérez a partir das 19h30.

As entradas terán un prezo 10 euros en anticipada, 12 no recinto do concerto. Pódense mercar en puntos de venda publicados na web do colectivo cidadá.

Uxía Senlle fixo de voceira dos músicos colaboradores. ?Vai ser un concerto histórico pola cantidade de grupos e polo carácter simbólico do acto; agardamos unha resposta masiva (...) igual que nas distintas mobilizacións a prol do uso do galego na escola?, animou a cantante.

Senlle animou a acudir a Pontevedra en defensa dunha lingua ?que abre horizontes e que nos permite estar en contacto con outros países, como Brasil ou Portugal?. Como proba da vitalidade da escena do país, a cantante argumentou que ?imos poder escoitar dende o rock en galego até o folk e outras moitas expresións?. A artista destacou o carácter ?lúdico? do evento para que ?teñamos mil primaveras máis? a prol da lingua.


'Só nos faltaba dicilo cantando', responde Callón a Anxo Lorenzo


O voceiro da Mesa pola Normalización lembroulle ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que a maioría do tecido social galego pronunciouse en contra do polémico ?Decreto do Plurilingüismo?. ?Só nos faltaba dicilo cantando?, ironizou Carlos Callón na presentación do ?concertazo contra o decretazo? cun ?cartel en verdade histórico?.

Callón criticou as palabras de Lorenzo, que cualificou de ?político? o rexeitamento do Consello Escolar de Galicia a nova norma.

O portavoz dixo que ?hai un clamor unánime na sociedade? para manter o actual texto, que fixa nun 50 por cento as aulas galegas nalgúns cursos. Así, Callón lembrou que a práctica totalidade de asociacións de pais, alumnos e profesores rexeitaron a contrareforma impulsada polo PP.

O voceiro argumenta que os conservadores insisten en derrogar o texto do bipartito ?sen importarlle a opinión nin tan sequera a opinión dos votantes do PP?. Así, recordou que varios ex-altos cargos cos gobernos de Manuel Fraga, caso do ex-conselleiro de Cultura Daniel Barata, xa se pronunciaron contra o ?decretazo?.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 10-04-2010 18:29
Queres comentar ou preguntar algo?
o persoal de Pontevedra tamén se bota á rua co berro de NON Á PRIVATIZACIÓN

Onte ás 20 horas, convocada pola xunta de persoal e todos os sindicatos con presenza nela, saia a manifestación en defensa da sanidade pública e contra dos intereses de privatizar do Partido Popular, a ela acudiron preto dun milleiro de traballadores e traballadoras desta área de saúde, á que acudimos solidariamente varios membros da sección sindical de CIG-Saúde O Barco como xa fixemos anteriormente nas duas manifestacións celebradas en Vigo.
Iso sí botamos en falla representantes doutras áreas, ante un tema tan grave como é a pretensión do governo de finiquitar a sanidade pública, temos que estar unid@s.

Lembramos que en Pontevedra o próximo venres 16 celebrarase unha nova manifestación, esta vez convocada pola plataforma en defensa da sanidade pública; pero antes, o domingo 11 de abril as 12 horas sera á plataforma en defensa da sanidade publica de Ferrol quen sairá á rua.
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 08-04-2010 16:34
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 08-04-2010 13:51
Queres comentar ou preguntar algo?
O Consello Escolar de Galiza solicita a retirada do proxecto de Decreto de ?Plurilingüismo?

noticia extraida de Avantar

O Consello Escolar de Galiza solicita a retirada do proxecto de Decreto de ?Plurilingüismo?

Unha mostra máis de que o PP, a Xunta e a Consellaría continúan sós na súa cruzada contra o galego

O pleno do Consello Escolar de Galiza, máximo órgano de participación da comunidade escolar, rexeitou o decreto contra o galego que se someteu onte a ditame e acordou pedir a súa retirada e, polo tanto, devolvelo á consellaría. O Proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza recibiu 24 votos en contra e só 16 a favor de mantelo. Cómpre salientar que deste 16, 6 eran de representantes da propia consellaría, 2 eran alcaldes do PP, 2 da Confederación de Empresarios, 2 titulares de centros privados e concertados, 2 de representantes de recoñecido prestixio nomeados directamente pola consellaría e 2 da CONGAPA (Pais e Nais de Ensino Privado e Concertado).
Para a CIG-Ensino é especialmente ?lamentábel? a actitude ?despreciativa e autoritaria? amosada polo Secretario Xeral de Política Lingüística quen, na súa última intervención e unha vez perdida a votación constatou, segundo explicou Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino ?o seu absoluto desprezo cara este órgano ao afirmar que non estaba disposto a asumir o acordo recén aprobado?.

Diante desta actitude, Louzao afirmou que ?ou ben fai caso deste órgano ou ao conselleiro non lle queda máis remedio que dimitir ao igual que ao director xeral de política lingüística, dado o desprezo que amosou cara a lingua galega?.

No Consello Escolar presentáronse 7 emendas á totalidade do Proxecto de Decreto, entre as que estaba a da CIG, que finalmente confluíron nunha única. Na súa intervención, o secretario nacional de CIG-Ensino explicou que esta proposta de decreto supón un retroceso e un ataque en toda regra ao noso idioma. Ademais afirmou que está baseado na mentira e na ausencia dun mínimo consenso, coa única pretensión de ?exterminar o galego do uso social?.

Louzao sinalou ademais que se trata dun decreto contra a normalización que bota abaixo todo o conquistado e propón falsos equilibrios ?imposíbeis nunha sociedade diglósica como a nosa?.

Para o secretario nacional de CIG-Ensino un dos aspectos máis graves que contén este decreto, tal e como dixo na súa intervención no Consello, é que o alumnado poderá usar nas aulas a súa lingua de preferencia, aínda que a materia se imparta en galego; que se fixan por vez primeira materias a impartir en español, precisamente as científico-técnicas e que os alumnos de Educación infantil poderán saír sen ter contacto co galego ate os 6 anos o que supón unha absoluta marxinación para os galego-falantes.

Louzao manifestou ademais que é un disparate que as familias fixen a lingua do ensino e que desapareza a denominación dos equipos de ?normalización? e concluíu asegurando que o proxecto supón unha total desconsideración co profesorado e, sobre todo, unha mostra do desprezo do PP cara a normativa vixente, porque incumpre o Estatuto, a Lei de Normalización e a Carta Europea das Linguas Minoritarias.

Concentración de Queremos Galego

Coincidindo coa celebración da xuntanza do Consello Escolar de Galiza a plataforma cidadá Queremos Galego convocou unha concentración simbólica de urxencia ás portas da sede do organismo. Numerosas persoas de diferentes colectivos, entre eles a CIG, permaneceron na entrada do edifico á espera de coñecer o resultado da votación.

A emoción entre os presentes era evidente cando se fixo público o maioritario rexeitamento dos membros do Consello Escolar e á saída, os representantes dos colectivos que apoiaron a solicitude de retirada deste proxecto contra o galego foron recibidos con aplausos. Non así Anxo Lorenzo, que tivo que escoitar os apupos e as demandas de dimisión que coreaban as/os concentradas/os.

Ao remate da concentración fíxose un chamamento a participar na manifestación do 17 de maio, Día das Letras Galegas, a participar na recollida de sinaturas para a frustrada ILP e a sumarse aos actos que a plataforma cidadá vaia convocando para manifestar por toda Galiza o masivo rexeitamento que produce este ataque sen precedentes ao noso sinal de identidade máis preciado: a nosa lingua.

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 08-04-2010 12:35
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración contra o decretazo
artigo extraido de avantar

Queremos Galego convoca unha concentración contra o decretazo no ensino coincidindo coa reunión do Consello Escolar
A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na mobilización, o mércores día 7 de abril, ás 16:15 horas

A Plataforma cidadá Queremos Galego, na que está integrada a CIG, convoca para o próximo mércores, día 7 de abril, ás 16:15 horas, unha concentración ante a sede do Consello Escolar (Rúa San Roque, 2, a carón da galescola, no antigo Hospital de San Roque), en Santiago de Compostela. A convocatoria coincide coa xuntanza deste organismo consultivo, que se pronunciará nesta xuntanza sobre o anteproxecto de decreto contra o galego no ensino non universitario. A CIG-Ensino fai un chamamento a participar nesta concentración simbólica.

Queremos galego convoca esta concentración d eurxencia co obxectivo de ?reiterar cantas veces sexa preciso? o rexeitamento unánime que suscitan nos diferentes sectores do ensino e na sociedade en xeral ?os plans de demolición da lingua propia polo Partido Popular?.

A plataforma cidadá chama especialmente á participación dos diferentes axentes da comunidade educativa para que ?tanto dentro como fóra? da reunión do organismo consultivo ?fagan sentir a voz que a consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística está tratando de silenciar por todos os medios posíbeis?.

O movemento cívico de entidades a prol do idioma propio do país pretende que a sociedade ?non albergue a máis mínima dúbida? sobre a ?natureza antidemocrática? dunha norma que non ten máis apoios que os ?debuxados na imaxinación do Partido Popular?.
Comentarios (0) - Categoría: a vosa opinión - Publicado o 06-04-2010 14:36
Queres comentar ou preguntar algo?
En defensa dos servizos públicos
As políticas económicas e sociais deseñadas e aplicadas polo sistema económico neoliberal, como é sabido, procuran a privatización e mercantilización de todo o que é público e aproveitan a actual crise económica para acelerar o desmantelamento ou privatizar, aínda máis, os servizos públicos.

O goberno do Partido Popular está aplicando políticas o máis ultraliberais posíbeis, reducindo o gasto público na educación, na sanidade e nos servizos sociais, e desviando cantidades inmensas de diñeiro público para o negocio privado, mediante o incremento dos concertos ou a privatización de diferentes servizos.

Resulta inaceptábel a abusiva privatización da xestión de diferentes servizos que os concellos están levando a cabo. Son cada vez mais os servizos que se privatizan ou se xestionan a través de concesións, de cesións ilegais de traballadores ou a través de asistencias técnicas.

A deriva neoliberal de adelgazamento da propia administración é constante e permanente. Así un ano máis, o goberno central do PSOE, mediante a Lei de orzamentos do estado, restrinxe a oferta pública de emprego en moitas áreas da administración e impide, así, cubrir diferentes servizos mediante a xestión directa. Isto implica reducir o emprego e empeorar servizos prestados, xa que ese traballo será realizado mediante empresas privadas subcontratadas ou asistencias técnicas que procurarán abaratar custes para obter o maior beneficio posíbel en detrimento do servizo e precarizando as condicións laborais.

A aposta pola privatización e mercantilización de todo tipo de servizos públicos implica diminuír a calidade do servizo ou prestación e precarizar e reducir o emprego. A empresa privada pretende o máximo beneficio co mínimo custe, a conta do rebaixe da calidade do servizo da redución do persoal, de baixos salarios, contratos temporais e precariedade laboral dos seus traballadores e traballadoras. Non hai mellor proposta para defender o público fronte ao privado que ampliar a xestión directa dos servizos e non recorrer a órganos ou empresas con menos garantías para prestar o servizo e con traballadores/as que teñen os seus dereitos laborais reducidos.

Non hai sociedade do Benestar nin xustiza social sen uns servizos públicos universais de calidade, xa que significan unha garantía para reducir as desigualdades sociais e reforzar a cohesión social. A súa calidade e eficiencia soamente é posíbel mediante a xestión pública, xa que esta busca exclusivamente o ben público e social. O público é garantía de calidade, o privado é negocio e beneficio.

Resulta inxustificábel que, neste momento de crise motivada pola aplicación de políticas neoliberais, se liquiden servizos, se despidan traballadores e traballadoras e se deixe de atender sectores sociais máis desfavorecidos que sofren de xeito máis duro as consecuencias desta situación. Por iso, rexeitamos o desmantelamento das oficinas I+B co despedimento de 61 traballadoras/es, a privatización dos centros de día e a pretensión de eliminar o carácter público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,como instrumento de xestión interadministrativa entre a Xunta e os entes locais para o desenvolvemento de servizos sociais comunitarios específicos comarcais acaídos ao País, asi como a entrega total á empresa privada de SOGASERSO, destinada a xestionar as Residencias de maiores.

A aposta do Partido Popular pola mercantilización do ensino, lévaos a privilexiar modelos educativos retrógrados mediante concertos educativos que segregan o alumnado por razón de xénero. A Xunta destina 259 millóns de euros, o 11% dos orzamentos de Educación, ao ensino privado, mentres o ensino público continúa con carencia de profesorado e de recursos suficientes para facer fronte ao fracaso escolar e non garante a demanda de prazas escolares de 0 a 3 anos. Esta xenerosidade do PP coa patronal do ensino concertado contrasta coa redución do orzamento da Consellaría de Educación, coa supresión da gratuidade dos libros de texto, coa negativa a reducir o número de alumnado por aula, a universalizar o servizo de comedores escolares e á gratuidade das actividades extraescolares.

A redución dos orzamentos dedicados á sanidade pública para o ano 2010 constatan a continua aposta polo financiamento da sanidade privada coa introdución do modelo de financiamento privado de obra pública para a construción do hospital de Pontevedra e Vigo que veñen a completar a privatización de numerosos servizos que hoxe xa están externizados. As listas de espera fanse insufríbeis e intolerábeis, os servizos sanitarios teñen múltiples deficiencia e carencias, mais isto non lle impide á Xunta amortizar prazas e perpetuar a precariedade laboral. A aposta pola sanidade pública comporta impedir que a saúde se converta nun negocio, ter control público, garantía e calidade.

Un capítulo á parte é a privatización e eliminación dos servizos ás explotacións agrícolas e gandeiras. As oficinas de asesoramento e de apoio ás explotacións comarcais sufriron dende hai anos recortes de persoal e de medios, perdendo o seu carácter de dinamizadoras para quedarlles encomendada só unha parte dos trámites burocráticos.

Mención à parte merece o desmantelamento da empresa pública SEAGA, privatizando a xestión agroforestal e encomendando a empresas privadas a extinción de incendios forestais, atención veterinaria, atención telefónica ao agro, etc, que comportaron o despedimento de máis de 2000 traballadores/as. Así mesmo persiste unha total incerteza na extinción de incendios de cara ao verán onde traballan arredor de 2000 persoas. Así mesmo ficaron paralisados os proxectos UXFOR e o BANTEGAL actúa co mínimo persoal.

A xestión privada tamén se apoderou dos parques comarcais de bombeiros. Desde as administracións non se rescata ningunha privatización e continúase coa vontade de que todos os que abran de novo sexan de xestión privada.


PERANTE ESTA GRAVE SITUACIÓN

ESIXIMOS:

 A mellora, reforzo e ampliación dos servizos públicos, creando emprego e transformando o temporal en estábel. Ampliación da propia administración pública como proposta de defensa do público fronte ao privado.

 A revogación progresiva dos concertos estabelecidos coas empresas privadas, nomeadamente no ensino e na sanidade, e absorción e prestación destes servizos directamente pola administración correspondente.

 A supresión de todas as fundacións constituídas para xestionar empresas, institucións ou órganos públicos, integrándoas na administración correspondente. Absorción paulatina dos servizos privatizados das diferentes administracións e supresión das asistencias técnicas.

 A eliminación da restrición da oferta de emprego imposta polo estado na Lei de Orzamentos. As Administracións galegas (autonómica e local) terán plenas competencias para, previa negociación coas OOSS, crear e ofertar o emprego necesario.

 A defensa inequívoca do ensino público, dotándoo de maiores orzamentos e suprimindo os concertos educativos.

 O mantemento e extensión das Galescolas como modelo educativo público galego para a educación infantil de 0 a 3 anos. A Administración ofertará prazas suficientes de 0 a 3 anos, na rede pública.

 A ordenación e o incremento da oferta de ciclos formativos no ensino público, satisfacendo a demanda existente para facilitar o emprego e o desenvolvemento daqueles sectores estratéxicos do tecido industrial e produtivo galego. Eliminar os concertos educativos na formación profesional

 A dotación de profesorado suficiente nos centros públicos para satisfacer as necesidades educativas dos centros, reducir a ratios, atender a diversidade, prever e actuar contra o fracaso e o abandono escolar e acadar a máxima calidade posible. Dotación, en todos os centros públicos, de administrativos e de coidadores, educadores sociais e outros profesionais nos que sexan necesarios.

 Acceso en todo o territorio a un ensino público de calidade, paralización da supresión de servizos e recuperación dos mesmos, nomeadamente no medio rural (escolas unitarias, unidades educativas, ciclos formativos...)


 O fornecemento de servizos complementarios necesarios, nomeadamente de comedores escolares, a todos os centros educativos públicos. Garantiráselle a gratuidade a todo aquel alumnado con escasos recursos. Así mesmo, a Administración facilitará a gratuidade e universalidade das actividades extraescolares nos centros públicos. Restabelecemento da gratuidade dos libros de texto a todo o alumnado do ensino infantil e obrigatorio.

 A dotación orzamentaria que permita acadar un sistema sanitario público de calidade, garantindo á poboación os principios básicos de universalidade, gratuidade e equidade no acceso ao sistema. Os orzamentos do ano 2010 para sanidade implican o seguinte: en Atención primaria un 4,2% menos, en Persoal un 3,5% menos e en Equipamentos un 2,5% menos. Con esta anemia orzamentaria só se pode esperar un empeoramento da Sanidade pública

 Unha defensa activa do sistema sanitario público. Rexeitamos a actual política de concertos coa sanidade privada, que ten como máxima pretensión crear unha confusión entre a sanidade pública e privada: incumprimento da Lei de incompatibilidades e do traballo en réxime de exclusiva. Exiximos o cumprimento do Plan de Mellora de Atención Primaria e o Plan de Saúde Mental.

 O rexeitamento de calquera intención de introducir no sistema sanitario público os modelos de iniciativa de financiamento privado (que implican segundo a OMS unha redución de camas do 30% e unha redución do persoal sanitario, médicos e enfermeiras do 38%, datos xa contrastados) onde estes modelos xa están funcionando. Exiximos que o plan directorio de infraestruturas sanitarias se financie integramente con fondos públicos, tanto na construción como na xestión destes: hospitais de Vigo e Pontevedra, posta en funcionamento do hospital de Lugo, construcións dos centros de saúde e as obras de adaptación nos distintos hospitais.

 A igualdade territorial dos recursos sanitarios e a paralización do proceso de supresión de areas sanitarias consolidadas (Barco, Monforete, A Mariña, Ferrol...) Implantación das medidas que permitan corrixir os problemas de acceso á atención sanitaria, en particular ás listaxes de espera para diagnóstico e tratamento cirúrxico, que é o problema máis grave da sanidade pública e un indicador claro do deficiente funcionamento do sistema.

 Un servizo público de servizos sociais que atenda e cubra as necesidades de poboación galega, asentados na prevención, na atención integral a persoas e enmarcados nun sistema público galego de servizos sociais. Sistema público galego que cubra as necesidades do conxunto da poboacións galega.

*Desenvolvemento da Lei 13/2008 do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia en vigor dende o 18 de marzo de 2009 na que se define aos servizos sociais como un sistema público de servizos, constituíndose no 4º piar do benestar xunto coa educación, a sanidade e a seguridade social; recoñece o dereito aos servizos sociais como un dereito subxectivo das persoas, do conxunto da poboación, e obriga a incluír nos orzamentos anuais da Xunta e das entidades locais as partidas necesarias para o financiamento do sistema galego de servizos sociais.

A consolidación dun sistema público galego de servizos sociais que garanta os equipamentos precisos para acadar uns servizos que cubran as necesidades sociais do conxunto da poboación galega ? servizos aos que temos dereito, vivamos onde vivamos- co obxectivo de favorecer a cohesión social do país, reforzando os vencellos sociais e combatendo os procesos de desestruturación territorial e social, abordando, tanto as situacións de falla de autonomía persoal, como as de pobreza e exclusión social ou nas que existan menores en conflito ou desamparo.

A consolidación dos servizos sociais comunitarios dirixidos ao conxunto da poboación dun territorio determinado que teñen un carácter predominantemente local, baseado no desenvolvemento de accións preventivas, de atención integral a persoas e familias e de incorporación social e laboral, enmarcados no sistema público galego de servizos sociais estruturado en rede e coordinado cos outros servizos para o benestar: de saúde, educación, emprego, vivenda, migracións, etc.

 Un servizo de correos público galego, xa que o servizo de correos é algo necesario para impedir que o mundo rural se sinta discriminado e se poida revitalizar

 O rescate e ampliación da xestión pública en servizos que foron ou están sendo privatizados nas administracións locais como a limpeza, abastecemento de auga e depuración, parques e xardíns, escolas infantís, servizos socioculturais e administrativos, servizos provinciais de emerxencia, parque comarcais de bombeiros.


 O restabelecemento da xestión pública dos servizos que prestaba SEAGA e SOGASERSO.

 A revitalización e dotación de persoal e medios ás Oficinas Agrarias Comarcais para que volvan prestar todo tipo de servizos de asesoramento, incluído o aconsellamento, e tramitación ás explotacións, rescatando todos os servizos que xa foron privatizados

 O rexeitamento total ás recentes decisións de eliminar servizos e postos de traballo nas entidades públicas e ao traspaso de tarefas tan importantes como os traballos de prevención de incendios a empresas privadas sen ningún tipo de control.

 A xestión directa da administración en todo o relacionado coa á sanidade animal e vexetal, que só se realizarán con garantías se non están sometidas a intereses privados e particulares e se asumen dende a Administración Pública.

 Artellamento duns servizos de transporte público no medio rural acorde coas necesidades existentes, mantendo e mellorando o que xa existe, recuperando liñas, e ampliando horarios, tanto de autobuxes como de tren.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2010
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 06-04-2010 13:21
Queres comentar ou preguntar algo?
remata o prazo do Cantalingua, inda estades a tempo!
O vindeiro día 10 remata o prazo de presentación de cancións ao certame Cantalingua2010. Estades a tempo de presentar a vosa ao concurso. Velaqui tendes as bases:

Bases e info.

¿Qué é o Cantalingua?

O Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.

¿Quen se pode presentar?

Pois todos os grupos ou solistas de calquer estilo musical que manden unha canción en galego.

¿Que hai que facer?


Moi sinxelo, só tedes que enviarnos unha canción en formato MP3 [obviamente en galego] baixo licencia Creative Commons e un correo electrónico ou teléfono de contacto a correlingua@correlingua.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . As cancións serán colgadas nas páxinas Correlingua.org e Komunikando.net para que poidan ser desfrutadas por todo o mundo.

Ademais do tema en formato mp3, mándanos a foto da banda e un breve texto de presentación.

Os temas deberán ser orixinais, quedando excluídas as versións. A temática das letras será completamente libre, pero ollo! non poderán ter contidos obscenos nin discriminatorios. Recordade que o Correlingua está dirixido a rapazas e rapaces menores de idade. Un pouco de sentidiño? ;)
Importante: o prazo para enviar os temas remata o 10 de abril de 2010.

Os gañadores

Os grupos ou solistas gañadores serán elexidos baixo un sistema mixto de votación popular vía Internet, mais un xurado integrado por persoas vinculadas dunha ou outra maneira ao difícil mundo da música. Os nomes dos gañadores serán coñecidos ao redor do día 15 de abril.

Pero? ¿hai premio ou non hai premio?

Por suposto que o hai! Como sabemos o difícil que é para os grupos galegos facer concertos, ese será o noso premio: 11 concertos para o Correlingua 2010, que se repartirán os tres primeiros grupos ou solistas clasificados no concurso.
Ditas actuacións terán lugar entre os días 3 e 14 de maio de 2010, e contarán cunha remuneración económica de 700 euros por actuación.

* O primeiro clasificado tocará 5 concertos
* O segundo clasificado tocará 3 concertos
* E o terceiro clasificado tocará 2 concertos

Todos os concertos serán pola mañá e terán unha duración aproximada de media hora e deberán ser integramente en galego. No caso de que algún dos gañadores non puidese participar nalgún dos concertos, a lista iría correndo ata completar todas as datas cos grupos que queden entre os 10 primeiros.
E lembrade?

Aínda que soe a tópico? no Cantalingua o importante é participar. O obxectivo non é acadar un premio, senón espallar a música das bandas galegas -a vosa música- entre o maior público posible. Por iso vos pedimos a todos os grupos amateurs e profesionáis, aos rapaces e rapazas, profesorado... ¡PARTICIPADE! Axudádenos a dar a coñecer a música en galego entre os máis novos. Todos sairemos gañando.


Podedes escoitar as cancións presentadas ata o de agora, premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 05-04-2010 14:52
Queres comentar ou preguntar algo?
para mariñeiros nós
"Para mariñeiros nós" é unha serie que comezou a gravarse para emitir exclusivamente en internet, mais que, á vista do éxito obtido, vai dar proximamente o salto á TV, ao estilo do que sucedeu con "Qué vida más triste", que agora emite a Sexta.

Para que vaiades coñecendo ao Pinto e máis ao Cobiñas, os mariñeiros protagonistas da serie, e para que escachedes coa risa e quededes con ganas de máis, deixámosvos aqui o capítulo 2 e o capítulo 3 da primeira tempada. Agora andan pola segunda.






Se vos deixa bo pouso, podedes coñecer máis sobre a serie, e ver o resto de capítulos nestas ligazóns:


PMN


serie "para mariñeiros nós"
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 04-04-2010 11:48
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0