CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

mareas de xente contra a privatización
Recollemos o artigo de CIG-Saúde Vigo sobre a gran mobilización de onte en Vigo.

A cidadanía de Vigo di un NON rotundo á privatización do novo hospital de Vigo nunha IMPRESIONANTE manifestación. Mais de 70.000 persoas marcharon dende o cruce de Vía Norte ata o edificio da Xunta.

A marea humana era tal que cando a cabeceira da manifestación chegou ao seu destino aínda non arrancara a cola da mesma, cando se rematou de ler o manifesto e a xente se retiraba a cola aínda estaba no cruce da Gran Vía, era un cruce entre os que ían e os que volvían.

A gran participación da sociedade viguesa mostra deste xeito a concienciación que ten pola defensa da sanidade pública na comarca de Vigo. Vigo non se vende foi unha das frases que berrou a cidadanía nunha das maiores manifestacións mais multitudinarias da súa historia.

O goberno do PP ten que tomar nota e os responsables da sanidade galega teñen que reflexionar sobre a súa capacidade para representar os intereses sanitarios da cidadanía. Vigo xa fixo historia con esta mobilización e converteuse na punta de lanza da loita en Galiza en defensa da sanidade pública. En Vigo foi o primeiro ataque á sanidade pública por parte do goberno do PP e en Vigo comezou a súa defensa.

Algún xornal próximo ao PP como Atlántico Diario, intenta minimizar o éxito da manifestación e fala segundo "se rumorea" (quen rumorea?) menudas fontes de información mais rigorosas, de mesa camilla, dunhas 10.000 persoas. Non hai peor cego que o que non quere ver, as decenas de miles de persoas que alí estábamos sabemos que non éramos 4 ou 5.

Lembramos que as próximas mobilizacións en defensa da sanidade pública serán o día 11 de abril en Ferrol e o día 16 de abril en Pontevedra. A marea humana en defensa da sanidade pública estase expandindo por todo o pais de forma imparable, e Vigo converteuse no símbolo desta loita con esta demostración de forza cívica na defensa dunha sanidade pública, gratuíta e de calidade.

Señores e señoras arrogantes do PP, a rúa e da cidadanía, os guetos para cegos como vostedes. A loita continúa.

Soriano lambón vaite para León.

Pilarita Pilarita a sanidade pública non se quita

VIVA A SANIDADE PÚBLICA E GRATUÍTA


Grande expresión de rexeitamento á política privatizadora do goberno de Feijoo


Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centro da cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontade privatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta de Galiza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso de Vigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas e convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta mobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzas sindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumou apoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país: Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas que tamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega

Desde antes das oito da tarde xa eran moitas as persoas que se xuntaban no cruce de Vía Norte, diante do chamamento desta manifestación en defensa da sanidade pública. Se en outubro eran 15.000 persoas, desta volta todas as previsións ian quedar curtas nunha noite de reivindicación e demostración de forza dunha cidade e dunha comarca que non se rende diante da teimuda política privatizadora do goberno do PP na Xunta.

"Non á privatización"

Estaba marcha ía encabezada por unha pancarta c lema 'A privatización prexudica a túa saúde: hospital público xa', e ao longo desta manifestación houbo canticos, berros e consignas como 'Non, non, non á privatización', 'Xerente dimite, o Chuvi non te admite', 'Conselleira dimisión' ou 'Feijóo, atende, Vigo non se vende'.

Solidariedade das plataformas

Foron moitos os colectivos, e moitas tamén as plataformas sindicias, de traballadoras e traballadores da sanidade pública, mesmo doutras zonas do país como Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Monforte, O Barco de Valdeorras ou Compostela que participaron desta mobilización, que colapsou o centro de Vigo durante perto de dúas horas.

Valoración moi positiva

Manuel G.Moreira, presidente da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, declaraba diante dos medios de comunicación, ao remate desta mobilización na Praza da Estrela en Vigo, valorou moi positivamente a resposta da cidadania a esta convocatoria, e "pensamos que a Conselleira de Sanidade e o presidente da Xunta teñen que facer unha lectura de que a maioría da cidadanía de Vigo está amosando que non quere esa política para a sanidade de Vigo, e estamos dicindo que non pode privatizar, e que se privatiza é por unha decisión política, e non é unha cuestión de xestión, nin de organización nin económica. A cidadania de Vigo está a dicir que non pode privatizar, que esta non é a política que queremos e este non é o hospital que precisamos".

Acto final

Manuel Martín, portavoz da Plataforma en defensa da Sanidade Pública, tomou a palabra, e agradeceu a presenza de todas as persoas e especialmente doutras plataformas en defensa da sanidade pública porque "é preciso poñerlle freno a esta situación para que non se estenda".

"Tamén saudamos ás traballadoras do Hospital da Cruz Vermella de Vigo que está en proceso de desmantelamento porque entendemos a súa situación e porque Vigo como toda Galiza, precisa camas de longa estancia. A vosa presenza é unha demostración de que hoxe estamos aqui porque coa saúde non se xoga", engadiu.

Por último, lembrou que "é un asunto da maior importancia para toda a cidadanía: a atención futura da nosa saúde. A nosa, que pronto precisará coidados, mais aínda a das nosas fillas e fillos. A elas e eles debemos deixarlle unha Sanidade Pública mellor que a que recibimos das nosas nais e pais. E porque o futuro da sanidade galega ficará en máns da mocidade e ao seu servizo, vaivos ler este manifesto Uxia, unha estudante dun instituto de Vigo, que está nerviosa por ver tanta xente, mais convencida do que este escrito defende".
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 26-03-2010 11:13
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0