CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Castelao, seis décadas de ausencia
artigo extraido de vieiros

No 60º cabodano da súa morte, a súa figura é reivindicada como referente do nacionalismo no difícil momento que atravesa a lingua e a identidade galegas.

Velahí por qué eu, no día de hoxe, denuncio como traidores a cantos sementan a discordia na nosa coleitividade, inxuriando e calumniando ao galeguismo, co único obxeto de servir aos nemigos da República democrática e liberal".

Así falaba Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no seu derradeiro discurso, escrito en 1949, no ano que sería o da súa morte. Unhas palabras que cobran especial actualidade 60 anos despois, inmersos como estamos nun continuo debate político sobre a identidade, o galeguismo e, aínda máis, sobre a cuestión lingüística.

Un cancro de pulmón levaríao á morte tal día coma hoxe no actualmente polémico Hospital Galego de Arxentina, de onde foi trasladado ao cemiterio da Charcita de Bos Aires, no medio de grandes mostras de solidariedade e admiración por parte dos bonaerenses e dos exiliados galegos. Foi a mesmo respecto e cariño que lle amosaron 35 anos despois os galegos, no seu traslado a Galiza (ver vídeo).

Máis alá da utilización duns e doutros da súa figura, a obra de Castelao ofrécenos hoxe un amplo abano de manifestacións artísticas, a xeito de novela, debuxos, caricaturas, pinturas ou ensaios. Teórico da arte e político, atopamos no seu facer un indiscutíbel compromiso co galeguismo e coa solidariedade que cómpre revisar.

Este xoves, Rianxo acollerá precisamente un acto público en recoñecemento do traballo do comprometido intelectual. Á lectura de loas e discursos por parte dos responsábeis do Bloque Nacionalista Galego (BNG) sumarase a tradicional ofrenda floral no busto de Castelao, no paseo da Ribeira da vila rianxeira.

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 07-01-2010 14:18
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0