|
|
|
|
as vosas listas cruzadas |
|
Empézannos a chegar listas cruzadas elaboradas por blogueiros habituais, de momento temos a de celadores, enviada por maria.
Deixamos mais abaixo o enlace e iremos engadindo as que podan vir chegando, que publicaremos sempre en formato pdf e protexido, para non ter problemas coa normativa sobre protección de datos, tamén aclarar que non as revisamos, as iremos colgando tal cal nos cheguen de estar (noutro formato as pasaremos a pdf).
Como xa dixemos onte, nós non as intentaremos cruzar ata que haxa listas definitivas.
Deixamos en artigo destacado este post para que podades acceder a el dende o menu da esquerda do blog.
Graciñas a maria e a toda a xente que queira coloborar e compartir o seu traballo co resto do persoal.
cruzadas celador por maria
Engadimos agora o enlace ás listas de enfermaría cruzadas que nos deixou alguén nos comentarios (chéganos unha mensaxe de Montse, que é a autora, xunto con máis xente de varios foros):
cruzadas enfermaría de Montse
cruzadas DUE cos postos de interinos e de discapacitados ordeados por turkano, (aclara que as realizou a partir do traballo feito por montse).
Deixámosvos aqui as listas cruzadas de TER que elaborou e nos enviou unha persoa que prefire quedar no anonimato. Tanto a esa persoa como a María como a Montse e ás persoas que vos axudaron, agradecémosvos en nome de todas as persoas que visitan o blog o voso traballo e o poñelo a disposición de todo o mundo.
cruzadas de TER por anónim@
Unha afiliada nosa de O Barco, pídenos que conservemos o seu anonimato e danos como nome de guerra (foderica), cruzou as listas de aux de enfermaria, simplemente pon xuntos os datos de experiencia en listas e a nota de OPE, polo tanto hai que ter en conta que a experiencia de tempo traballado en OPE son 28 puntos e en contratacion 18 na que vai incluida a puntuacion de pool que na ope non computa, tampouco aparece o tempo por formación. Aproveitamos a subir o post á cabeceira do blog.
Tédelas neste enlace:
listas cruzadas aux enfermaria, por foderica
Anónimo remítenos listas cruzadas de auxiliar de enfermaría, agradecémoslle que as comparta co resto de persoal, colgámolas tal cal nos chegaron.
listas aux enfermaria cruzadas por anónimo |
|
|
|
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|