CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

queremos galego
Presentada a plataforma en prol da lingua QUEREMOS GALEGO

Anuncia a convocatoria dunha manifestación o 18 de outubro e a posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular

O emblemático Café Casino de Santiago de Compostela acolleu o pasado venres o primeiro dos actos públicos da plataforma cívica QUEREMOS GALEGO, nacida no pasado mes de xullo a partir dun proceso de debate e reflexión para articular unha resposta social todo o ampla posíbel fronte ás medidas que o goberno da Xunta está a impulsar contra a nosa cultura. A plataforma conta, até este momento, con máis de 50 organizacións e entidades adheridas, entre elas a CIG.

Presentación nacional en Compostela da Plataforma Queremos Galego.

Na conferencia de imprensa celebrada, Fran Rei, en representación da comisión xestora de QUEREMOS GALEGO, deu conta do proceso de expansión territorial no que neste momento se encontra a plataforma, coa perspectiva de que nos próximos días conclúan os actos constituíntes, previstos nun total de 19 comarcas que abranguen, segundo explicou, ?a práctica totalidade do país?. Será entón cando se coñeza o número de entidades e persoas a título individual que compoñen a plataforma, ?se ben os actos que xa se realizaron están a caracterizarse por unha asistencia que mesmo soborda as previsións?, indicou.

Manifestación nacional o 18 de outubro

A plataforma QUEREMOS GALEGO anunciou a data da gran manifestación en favor da lingua cuxa convocatoria xa adiantara no mes de xullo: será o vindeiro 18 de outubro en Santiago de Compostela e partirá ás 12 da mañá da Alameda. Fran Rei sinalou que é unha convocatoria na que se chama a participar ao conxunto da sociedade galega, ?a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a día?. Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade ?é válida tamén para que se sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende agredir os nosos dereitos?, dixo.

O acto de presentación pública das primeiras iniciativas de QUEREMOS GALEGO contou coa participación dunha vintena de representantes de entidades cidadás que xa fan parte da plataforma (en representación CIG estiveron o secretario xeral Suso Seixo e de Ensino, Anxo Louzao) e tamén coa do polifacético músico e escritor Xurxo Souto, que falou no nome do grupo de persoas que, vinculadas a ámbitos diversos da sociedade, van ir colaborando nas distintas iniciativas que se vaian pondo en marcha desde este proxecto cidadán.

O ex vocalista do mítico grupo Os Diplomáticos de Monte Alto e animador de millenta iniciativas sociais e culturais do máis diverso animou ao conxunto das galegas e dos galegos a recuperar ?o pulso, o poder e a palabra? participando da manifestación do 18 de outubro e a apoiar as iniciativas que a prol do noso idioma propio se promoveren. Dirixiuse moi especialmente ?ás moitas e aos moitos votantes do Partido Popular que queren o galego e rexeitan, con toda certeza, a guerra declarada polo goberno da Xunta contra o noso máis importante valor, contra o elemento que mellor nos une?.

Posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP)

Por outra parte, tamén se presentou tamén o texto da iniciativa lexislativa popular pola protección dos dereitos lingüísticos, que desde a plataforma se promove. Trátase dun texto ?moi breve e sinxelo que non reclama imposíbeis?, segundo explicou Fran Rei, ?senón a adopción de medidas legais dirixidas a cumprir todo aquilo que xa está previamente recollido na lexislación?. A ILP será rexistrada nos próximos días no Parlamento de Galiza, que ten un máximo dun mes para decidir sobre a súa admisión a trámite e dar instrución á Xunta electoral central para que inicie o procedemento recollido legalmente.

A plataforma QUEREMOS GALEGO conta con poder levar a iniciativa á rúa e comezar a recollida de apoios o vindeiro mes de novembro, estendéndoa durante 4 meses.

Noticia extraida de Avantar.

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 21-09-2009 16:23
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0