CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

quedan sen efecto os acoplamentos de interinos pendentes
Velaqui tedes a acta da reunión de hoxe, na que se decidiu deixar sen efecto os acoplamentos internos de interinos. Mañá será colgada na intranet do HCV:

ACTA COMISIÓN ACOPLAMENTOS INTERNOS E INCORPORACIÓN OPE-TRASLADOS.

7 DE OUTUBRO DE 2008


Reunidos na data sinalada os sindicatos CCOO, UGT, SAE, SATSE, CSI-CSIF, CIG con representación no HCV e a Dirección do Centro deciden:

PRIMEIRO ACORDO:

- En vista dos problemas xurdidos a raiz da coincidencia da incorporación de acoplamentos internos de persoal interino e da incorporación de persoal adxudicatario de OPE e Traslados 2006,
- En vista dos sucesivos movementos de persoal que terían lugar no Hospital se se levaran a cabo as incorporacións de acoplamentos internos de persoal interino,
- En vista de que no mes de Novembro está regulado que debe convocarse ordinariamente un novo proceso de solicitude de traslados internos para persoal fixo e seguidamente para persoal interino, o que levaría aparellado que o persoal interino que estivera nese momento acoplado podería ser cambiado de servizo pouco tempo despois dese acoplamento, sendo ademáis prexudicado para unha nova elección,
- Decídese deixar sen efecto a resolución da Dirección do HCV de data 8 de xullo de 2008, referente a acoplamentos internos de persoal interino, comprometéndose as partes a:
- Cumprir o seguinte calendario de datas para un novo proceso de acoplamentos internos:
* 28 de outubro: oferta de prazas vacantes.
* 3ª semana de novembro: convocatoria de acoplamentos de persoal fixo.
* 1ª semana de decembro: publicación de listas provisorias de acoplamentos de persoal fixo.
* 2ª semana de decembro: publicación de listas definitivas de acoplamentos de persoal fixo e convocatoria de acoplamentos de persoal interino.
* 28 de febreiro: data límite para incorporación de todo o persoal ás prazas adxudicadas.

- A Dirección dará publicidade tanto a este acordo como ás sucesivas convocatorias aquí reseñadas, publicándoos tanto na intranet do HCV como nos diferentes tablóns de anuncios de todos os servizos do centro.

- Este acordo tómase cos votos a favor de CIG, SAE, SATSE, UGT, CSI-CSIF e a Dirección do Centro, e coa abstención de CCOO.


SEGUNDO ACORDO:

En cumprimento das instruccións recibidas de RR.HH do SERGAS sobre incorporacións e ceses de persoal adxudicatario de OPE-traslados 2006:

1º O persoal que xa viña prestando servizos no HCV permanecerá provisionalmente no mesmo posto que viña desempeñando.
2º A Dirección organizará dous actos para a adxudicación de postos de traballo, o día da toma de posesión (21 de outubro): persoal auxiliar de enfermaría: 11 hs; e persoal DUE: 12 hs.; de xeito que se poidan escoller as prazas vacantes existentes (incluindo as do persoal a quen lle corresponda cesar ese día) ofertadas por orde de puntuación de OPE ou traslados.
3º Aquela persoa adxudicataria que se incorpore despois desa data farao no posto que deixe a persoa a quen lle corresponda cesar.

Este acordo é ratificado por unanimidade dos/das presentes.


O Barco, 7 de outubro de 2008.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 07-10-2008 14:08
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0