CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

COLEXIO HIXIENISTAS DENTAIS
Publicación en DOG dos estatutos do colexio hixienistas dentais
Preme ligazón: DOG

Escrito enviado a conselleira de sanidade por CIG-SAÚDE



Mª José Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade
Sán Lázaro. s/n.
Santiago de Compostela.

Colexio de Hixienista Dental.

O DOG nº 179, Martes.16 de setembro de 2008, publica Decreto 201/ 2008, do 24 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Profesional de Hixienista Dentais de Galicia.
O artigo 9º .- O/ a hixienista dental, recolle no punto 2º o seguinte:? Será requisito indispensable para exercer a profesión de hixienista dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a in corporación ao Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único radique nesta comunidade?.


Desde A CIG-SAUDE queremos amosar o noso desacordo con que a Admón sanitaria continúe a colaborar coa proliferación dos colexios profesionais, obrigando ao persoal á colexiación obrigatoria ao abeiro dunha norma creada na Lei 2/1974,do 13 de febreiro,e modificada posteriormente pola Lei 74/1978, do 26 de decembro. Normas claramente preconstitucionais.

A constitución Española recolle como requisito para acceder ao emprego público os criterios de igualdade, mérito e capacidade. En ningún artigo recolle a obrigatoriedade das/os cidadans a pertencer obrigatoriamente a un órgano en contra da súa vontade, co que ademais non comparte nen os seu obxectivos, nen posiblemente se poida sentir representado por nel.

A si mesmo A Lei 16/1986. Lei Xeral de Sanidade non outorga no entramado do Sistema Nacional de Sáude ningún papel aos colexios profesionais, nin vincula a aistencia sanitaria pública á obrigatoria integración dos profesionais nos respectivos colexios.

Por todos isto rexeitamos que os Hixienistas dentais teñan obrigatoriamente que estar colexiados para traballar no ámbito da Comunidade Autónoma . Desde a CIG-Sáude Preguntámonos se a intención da Administración Galega é continuar regulando a creación de novos colexios profesionais, abocando a todas/os as/os traballadoras/es do sistema sanitario público, con independencia do grupo profesional ao que pertenzamos, a obrigatoriedade de estar colexiados.

Solicitamos que en aras a facultade que ten cada comunidade Autónoma para definir o modelo de colexiación, este sexa voluntario para todas/os as/os traballadores da Sanidade Pública. Isto xa esta regulado en outras comunidades autónomas.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-09-2008 14:45
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0