CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Club Financeiro Vigo: un ataque mais a nosa lingua
artigo extraido de avantar

CHAMAMENTO AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS A RESPONDER CON MAIOR PRESIÓN SOCIAL E MAIOR USO DA LÍNGUA PROPIA

A CIG esixe unha rectificación pública do Club Financeiro de Vigo e denuncia o ataque ao galego que supón o seu informe

O ?Club Financeiro Vigo? (CFV), institución que proclama defender ?os intereses dos homes e mulleres de empresa?, ven de emitir un delirante ?caderno para o debate? sobre política lingüística, no que ataca as políticas de promoción do galego, defende o uso exclusivo do español como lingua que favorece a negociación e di que o uso e defensa da lingua propia podería facer as empresas sair do noso país

Non sorprende demasiado que unha institución deste tipo estea disposta a sacrificar a nosa lingua a favor dun suposto "beneficio económico". Porén, ese beneficio nin sequera é real e só é un argumento para encobrir a súa galegofobia, pois como demostran os casos vasco e catalán o uso da lingua propia non afecta negativamente a economía, máis ben ao contrario.

No informe, ademais, méntese descaradamente, asumindo os argumentos de partidos como o PP e colectivos españolistas como "Galicia Bilingüe" que falan duns suposta imposición do galego e da imposibilidade de estudar en español algo que non acontece no noso país. De feito, a insuficiente lexislación en materia de galeguización educativa é sistematicamente incumprida, e o ensino segue a ser o principal elemento españolizador na mocidade galega.

Planificada campaña

Desde a CIG, "denunciamos este ataque por parte desta institución reaccionaria á nosa lingua, que se encadra nunha planificada campaña por parte da extrema dereita contra o galego e os poucos dereitos dos que agora mesmo desfruta, para asi facilitar a súa desaparición a favor do español".

Rectificación pública e maior presión e uso do galego

Asimesmo, desde a central sindical nacionalista, Manuel Mera, Secretario confederal de Formación Sindical e Comunicación da CIG, esixe "unha rectificación pública e unha vez máis chamamos, por tanto, ás traballadoras e traballadores galegos a responder a estas campañas con maior presión social e por suposto con un maior uso da língua propia que precisamente as clases populares e non os empresarios foron capaces de manter viva ao longo dos séculos a pesar das agresións e persecucións dos poderes políticos e económicos".
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 03-09-2008 23:45
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0