CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Galiza somos. A lingua en movemento
O filme proxéctase dentro da campaña cara á manifestación do 18 de maio
A Mesa presenta o documentario Galiza somos. A lingua en movemento

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de estrear o filme documentario Galiza somos. A lingua en movemento, producido pola propia asociación e concibido como ?unha mostra da vulneración dos dereitos lingüísticos na nosa historia recente?. A presentación deste documentario realízase dentro da campaña para a mobilización nacional do 18 de maio en defensa do dereito a vivir en galego.


En Galiza somos abórdanse os casos de varias persoas que decidiron facer fronte a situacións de discriminación contra o galego, rompendo a ?naturalidade? con que se quere presentar a subordinación constante da lingua propia do país. En palabras de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, ?as persoas que defenden os seus dereitos, como as que vemos neste filme, son as que logran mover o mundo?. ?As mulleres e os homes que deciden utilizar o galego con normalidade e queren superar as discriminacións son as que fan que aflore o conflito e que axudan a superalo?, sinala Callón.

Os casos seleccionados neste documentario son os dunha muller expulsada da consulta médica por usar o galego, a loita das nais de Palmeira en defensa da escolarización neste idioma para os seus fillos e fillas, a sanción que padeceu a empresa Erica Mel por etiquetar en galego, as innumerábeis trabas que encontran as parellas para casar no idioma de Galiza a pesar de ser cooficial, as campañas que emprederon os adolescentes de Brión para que a telefonía móbil utilice o galego, a penalización padecida por un traballador por querer manter os seus dereitos lingüísticos e, por último, a loita do pobo de Lubián en defensa do galego, a pesar de que a súa lingua non ten recoñecemento oficial por se encontrar na provincia de Zamora.

Desde A Mesa sinálase que ?esta fita non pretende ser un arquivo de discriminacións no uso da lingua galega. Escollemos unha serie de casos paradigmáticos e contámolos. Mais poderían aparecer aquí moitos outros que por motivos de limitacións de tempo non o fan.?

O documentario Galiza somos conta co apoio da Consellaría de Cultura e Deporte e foi realizado por Iceberg Producións. A súa estrea foi onte no Forum Metropolitano da Coruña. No acto de presentación interviron a concelleira de Normalización Lingüística da Coruña, Ermitas Valencia, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.

Casos abordados no documentario

Un dos principais casos tratados é o das nais de Palmeira, que no ano 1995 se organizaron e mobilizaron en defensa da escolarización en galego, fronte a unha Xunta de Galiza que na altura decidira expedientar o colexio onde tiñan os seus fillos e fillas porque impartía as aulas na lingua do país. Unha das nais conclúe: ?Transcorridos estes trece anos, temos os fillos adultos, universitarios, sabemos que non nos equivocamos e que loitamos porque tiñamos que loitar. Estivo ben?.

No ámbito do traballo, abórdase o caso de Emilio Casal, empregado de Telefónica en Santiago de Compostela que foi sancionado por usar o galego no seu horario laboral. Os tribunais de xustiza anularon fulminantemente a sanción e recoñeceron o dereito á libre utilización da lingua de Galiza.

Aínda no sector empresarial, trátase o tema da empresa Erica Mel, de Arzúa, que foi tamén expedientada nos anos 90 pola propia Administración autonómica por etiquetar en galego os seus produtos. A presión social conseguiu que se retirase a sanción. O xerente lembra ese episodio e móstrase ?satisfeito do traballo ben feito, de estar onde debes estar e á altura dos tempos?.

Lubián é un concello da provincia de Zamora, aínda que a paisaxe, a fala e moitas máis cousas nos din que, cando alí chegamos, estamos aínda en Galiza. Porén, como non está na comunidade autónoma galega, alí o galego non é oficial, o cal provocou situacións moi fortes de discriminación. Por exemplo, hai seis anos, varias familias denunciaron que unha nena e un neno recibiran o castigo na escola de escribir duascentas veces ?No hablaré gallego en clase?. A loita do pobo de Lubián en defensa da súa lingua testemúñaa o seu alcalde, Felipe Lubián, entrevistado para o filme Galiza somos.

As alumnas e os alumnos do IES Esparís de Brión pedíronlles ás compañías de telefonía móbil a atención en galego e a opción deste idioma nos aparellos. Tamén lle pediron a Salvat-Bruño que editase os libros de Astérix na nosa lingua . Non poder usar o galego no día a día é tamén unha discriminación, máis sibilina, contra a que cómpre actuar.

Xurxo e Chus son unha parella que decidira casar. E quixeron facelo na lingua en que medraran, na lingua en que namoraran. A partir de aí, todo foi unha incríbel carreira de obstáculos para poderen cumprir un trámite tan sinxelo. Se fose en castelán, todo sería automático, mais decidiron non renunciar ao seu dereito.

Outra das situacións máis graves abordadas en Galiza somos é o caso de Tareixa Pereira, a quen un dentista lle negou a atención médica porque ela falaba en galego, o cal denunciou perante o seguro e tamén publicamente. A paciente sinala que se trata ?dunha cuestión de dereitos e tamén da nosa propia dignidade como persoas?.

extraido de Galiza-CIG
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 07-05-2008 18:15
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0