CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

galicia encantada
Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que siguen vivindo na nosa memoria colectiva.

Destes nosos conveciños, fillos das nosas máis vellas fantasías, procuramos as pegadas, describimos a súas figuras, desenmascarámolos e seguímolos ata os seus escondedoiros.


isto pódese leer na páxina de inicio da web "galicia encantada", que sumamos os nosos favoritos.

se eres amante das lendas, trasnos, meigallos, astroloxia e todo tipo de historias do alén, entón paga a pena que visites esta páxina.

ten un buscador por topónimos e outros elementos, e che dará unha morea de historias que leer. nos puxemos valdeorras e nos diu entre outras esta lenda que se desenrola entre quiroga e valdeorras.

Roldán e as costureiras de Puxares


Dos Doce Pares de Francia, Roldán foi un dos máis sonados paladíns enviados a Galicia por Carlomagno para axudarlle ao apóstolo Santiago a liberala dos mouros; por veces chamáselle don Roldán e ata San Roldán noutros casos, e pode ocupar, segundo que versións leamos desta lenda, o papel de vilán ou o do heroe.
En Puxares, parroquia de Vilanuide, concello de Quiroga (Lugo), vivían tres costureiras moi ben feitas nun outeiro apartado do resto do lugar. Cadrou que pasou Roldán polo lugar e viunas, e desde entón non houbo día que non as fose visitar.

As tres mozas comezaron a aborrecer aquelas visitas, non confiaban nas boas intencións do cabaleiro pero cando Roldán lles propuxo levalas canda el para Francia, respondéronlle que non. Roldán seguía porfiando, e elas dicíndolle que non querían ir para Francia nin para outro lado. Pero Roldán, anoxado pola negativa, mesmo as ameazou con levalas pola forza. Entón as tres mozas, non vendo a maneira de convencelo, dixéronlle un imposible:
?Temos de ir contigo ás Francias

cando veña o río Xares
por diante da nosa casa.
Pasou a noite, e ninguén sabe como foi, o caso é que o río Xares, que máis abaixo se chama Bibei, cambiou o curso. E, pola mañanciña do día seguinte, os veciños chegaron á porta das tres costureiras dicindo:

?Costureiras de Puxares,
vinde lavar as perniñas
ás augas do río Xares

As tres mozas saíron da casa e palideceron; o río Xares pasaba bicando a porta do lugar de Puxares.
As tres costureiras, por medo a ter que cumprir con Roldán, fuxiron camiño de Valdeorras. Roldán sóuboo por boca dos seus soldados, montou no seu cabalo branco e perseguiunas. Cruzaron terras e montes por onde agora se chama A Rúa ata chegaren a Valencia do Sil, mesmo á beira do río que lle dá nome a este lugar.
As tres mozas, non se sabe a arte que usaron, cruzaron o río para o outro lado. Roldán viunas desde lonxe, aínda estaba a moita distancia delas; entón picou as esporas do seu roán e dun chimpo pasou a outro lado do río. Para quen queira velas, andan por alí as pegadas das ferraduras do cabalo.
Entón foi cando as costureiras, as tres a unha, pediron a axuda do demo:

?Antes pedras de seixo ca escravas de Roldán.

E o demo atendeu a súa petición e volveunas, diante os fociños de Roldán, pedras; tres brancas pedras coma tres cabezos, brancas coma o cuarzo ou coma o cabalo do cabaleiro Roldán.

E esas tres pedras aínda hoxe se poden ver, no Coto do Castelo de Valencia do Sil, en Vilamartín de Valdeorras (Ourense), luídas pola chuvia e polo vento, pero albíscase na súa feitura a que debeu ser a beleza e a fermosura das mozas de Puxares antes de coñecer a Roldán.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 26-10-2007 21:35
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0