CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

CULTURA SÍ MAUSOLEO NON
recentemente creouse unha plataforma cidadan para denunciar a obra faraónica que supón a construccción da cidade da cultura de Santiago e reivindicar que se lle dé un uso racional o proxeto. abaixo deixamos a suas reivindicaciois extraidas da páxina web cultura sí mausoleo non, non deixedes de visitala.

Resultan tamén interesantes as declaraciois de Xan Carlos Ansia que é o voceiro do colectivo e compañeiro da nosa central sindical.

Pola eliminación do Proxecto da Cidade da Cultura e a reconversión das obras e edificacións rematadas en instalacións útiles para a sociedade galega.


Pola depuración de responsabilidades penais ante o cúmulo de irregularidades desde o inicio do proxecto.


Pola anulación dos orzamentos destinados ao Proxecto da Cidade da Cultura e a súa inversión en Sanidade,Educación e Servizos Sociais.



O capricho faraónico de Manuel Fraga Iribarne, coñecido como Cidade da Cultura, ubicado no monte Gaiás de Santiago de Compostela, non pode converterse nun saco sen fondo, para o que destinar centos de millóns de euros que van hipotecar os orzamentos galegos nunha infraestrutura valeira de contidos, inútil culturalmente e representativa dunha arquitectura espectáculo que en Galiza supón un derroche dos fondos públicos. Van xa 373,7 millóns de euros invertidos nun complexo que triplicou o seu custe inicial e que vai continuar a ser unha sangría de cartos de todos os galegos e galegas, destinados a unhas obras innecesarias e que non responden a ningún proxecto cultural fiable e crible.


En Santiago de Compostela, a finais do mes de agosto de 2007, cidadáns do común, galegos e galegas conscientes do derroche inxustificado que supón a Cidade de Cultura constituímos a PLATAFORMA CIDADÁN CULTURA SI, MAUSOLEO NON, que ten como únicos e principais fins os seguintes:


1º. ELIMINACIÓN DO PROXECTO DA CIDADE DA CULTURA. DISOLUCIÓN DA FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA E NON EXECUCIÓN DE MAIS OBRAS E INSTALACIÓNS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO INICIAL APROBADO POLO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR NA XUNTA DE GALICIA.


2º. ANULACIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS Á CIDADE DA CULTURA E RECONVERSIÓN DE TODAS AS CANTIDADES EN CONCEPTOS DE SANIDADE, EDUCACIÓN E SERVIZOS SOCIAIS.


3º.APROVEITAMENTO DAS OBRAS EXECUTADAS E EDIFICIOS REMATADOS PARA ALBERGAR TODAS AS INSTALACIÓNS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.AFORRÁNDOSE O PAGO DE ALUGUERES E DESTINANDO OS EDIFICIOS EN PROPIEDADE A OUTROS FINS CULTURAIS E SOCIAIS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A CIDADANÍA.


4º.DEPURACIÓN DAS RESPONSABILIDADES PENAIS A QUE HOUBERA LUGAR, POR PARTE DAS AUTORIDADES DOS DISTINTOS GOBERNOS DA XUNTA DE GALICIA, POLO QUE DAMOS TRASLADO Á FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN DO INFORME DO CONSELLO DE CONTAS DO ANO 2004, DAS DENUNCIAS APARECIDAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS E DAS EFECTUADAS POR ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.


5º.RESPONSABILIZAMOS AO GOBERNO BIPARTITO E NOMEADAMENTE Á CONSELLERÍA DE CULTURA DA CONTINUIDADE DUN PROXECTO QUE COMPROMETE O BENESTAR E A CALIDADE DE VIDA CUNHAS INVERSIÓNS QUE DEBERÍAN SER UTILIZADAS EN CREAR BENESTAR E RIQUEZA PARA GALIZA.

* Se queres formar parte ou apoiar a plataforma "Cultura si mausoleo non" envia os teus datos a: culturasimausoleonon@gmail.com . O teu nome e profesión saira publicado na lista de apoio do blog.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 31-08-2007 23:38
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0