|
|
|
|
Declaración da Renda |
|
CIG-Valdeorras informa que o prazo para realizar a declaración da renda no sindicato será do 3 de maio até o 30 de xuño, os luns, martes e mércores en horario de 17:00 a 20:00 horas
A CIG de Valdeorras vén de informar aos afiliados e afiliadas que queiran realizar a declaración da renda 2009 no sindicato que poderán facelo a partir do vindeiro 3 de maio e até o 30 de xuño. Dende a Unión Local sinalaron que será preciso pedir cita con antelación para evitar demoras.
Todos os afiliados e afiliadas que desexen facer a declaración da renda no sindicato teñen de prazo dende o 3 de maio até o 30 xuño.
As declaracións realizaranse os luns, martes e mércores en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Para evitar colapsos e esperas innecesarias, dende a CIG de Valdeorras informan que será preciso pedir cita pasando polo local da central ou ben chamando ao teléfono 988 321 511.
|
|
|
|
CIG Valdeorras xornadas |
|
Xornada técnica de identificación de riscos laborais e Guía de boas prácticas na elaboración da pedra natural, en Valdeorras
O xoves 8 de abril, en horario de 9:30 a 14:00 horas
O vindeiro venres 8 de abril terá lugar no Salón de Actos do edificio multiusos do Concello de O Barco de Valdeorras unha xornada técnica de identificación de riscos laborais e guía de boas prácticas na elaboración da pedra natural, organizada pola CIG.
Dende a CIG de Valdeorras informan que todas as persoas que estean interesadas en participar nesta xornada poderán anotarse no teléfono 988 321 511, a través do correo electrónico ou ben pasando polos locais da central en O Barco.
A xornada comezará ás 9:30 horas e rematará ás 14:00 horas do próximo xoves, 8 de abril. O prazo para apuntarse finaliza o vindeiro mércores, día 7 de abril, ás 20:00 horas.
Ao remate do encontro, todos/as os/as asistentes que o soliciten recibirán un diploma que acredita a súa asistencia a esta xornada técnica.
|
|
|
|
oferta de cursos CIG Valdeorras |
|
A CIG de Valdeorras abre o prazo para anotarse aos cursos de formación interna e para traballadores da empresa privada.
Ofertan ?Prevención de Riscos?, ?Palista cargador?, ?Informática de usuario? e ?Nóminas e Seguridade Social?.
A CIG de Valdeorras anuncia a convocatoria do curso de formación continua de ?Prevención de Riscos Laborais?, ?Palista cargador? e Informática de Usuario?, dirixidos a traballadores da empresa privada e o de ?Nóminas e Seguridade Social?, dirixidos a formación interna. Para apuntarse, as/os interesadas/os poden pasar polo local ou chamar ao 988 321 511.
O curso de prevención de riscos laborais ten unha duración de 55 horas e un total de 15 prazas, igual que o de Informática de Usuario. O de palista cargador, porén, é de 45 horas e o número de prazas tamén é de 15.
O curso de formación interna para delegados/as de Nóminas e Seguridade Social impartirase os días 27 de outubro, 12 de novembro, 10 de decembro, 14 de xaneiro, 11 de febreiro e 11 de marzo en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:00 horas.
|
|
|
|
o persoal de IPISA marcha sobre Ourense |
|
fonte: avantar
Os traballadores/as de IPISA reclaman en Ourense a intervención da Xunta para pór fin ao conflito laboral
O persoal suma xa cinco mensualidades sen cobrar, incluída a paga extraordinaria de xullo
Camiño de Ourense e en demanda do cobro dos seus salarios, os traballadores e as traballadoras de IPISA retomaron as mobilizacións, logo de tres xornadas de traballo e antes do inicio do período de vacacións. O conxunto do persoal, acompañado por sindicalistas da CIG e CCOO de Valdeorras e Ourense marcharon sobre e capital da provincia para reclamar á Xunta que medie nun conflito laboral que se ven prolongando dende hai case tres anos.
Sobre ás oito da mañá do xoves 30 de xullo, varios os autobuses saían dende a praza do Concello de O Barco con dirección a Ourense, a onde os traballadores e as traballadoras de Iberoitaliana de Pizarras ían levar as protestas para reclamar os atrasos salariais, que neste momento xa suman cinco mensualidades, incluída a paga extraordinaria de xullo.
Seis quilómetros antes de chegar ao destino, os manifestantes abandonaron os autobuses para realizar o último traxecto a pé. Ao chegar á zona de As Lagoas, os traballadores e as traballadoras foron recibidos por delegados e delegadas de CIG e CCOO que se uniron á manifestación, e que previamente mantiveran unha concentración diante da Casa Sindical.
Dende alí, todos e todas marcharon até as portas do edificio da Xunta en Ourense para reclamar á administración unha implicación directa neste conflito que se vén prolongando dende hai case tres anos. Neste senso, a CIG-Valdeorras lamentaron a desidia que está a amosar a administración ante a situación crítica na que se atopan case duascentas familias.
Neste senso, reclamaron ao goberno galego que analice a actual situación no conxunto do sector da lousa, que nos últimos tempos eliminou arredor de mil postos de traballo, e que a concesión de axudas estea ligada ao mantemento do emprego.
Gastos en indemnizacións
Dende a CIG-Valdeorras teñen indicado que a verdadeira intención da dirección de IPISA pasa por ?cansar? ao persoal, promovendo así as baixas voluntarias e desfacerse do persoal indefinido dun xeito barato. De feito, dende hai tres anos o cadro de persoal de IPISA veuse reducindo dende os 262 traballadores/as até os 125 que hai na actualidade.
?Calculamos que entre pagamentos por despido máis gastos de xuízos, IPISA xa gastou máis de un millón de euros?, informaron dende a Unión Local.
Asemblea o 17 de agosto
Os traballadores e as traballadoras tamén acordaron convocar unha asemblea á volta das vacacións, o vindeiro 17 de agosto, para analizar a situación daquela e convocar un novo calendario de protestas, á espera de que a dirección comece a cumprir as súas promesas e a facer fronte ás súas responsabilidades.
|
|
|
|
manifestación IPISA |
|
|
|
|
|
traballador@s de IPISA continuarán a folga indefinida e anuncian un incremento das medidas de presión |
|
A dirección pretendía que que o persoal desconvocase o paro sen garantir o cobro dos atrasos salariais
O venres 10 de xullo os traballadores e as traballadoras de IPISA desenvolvían o quinto día de folga indefinida e anunciaban un endurecemento das medidas de presión, diante da falta de avances na reunión mantida coa dirección da empresa. Os directivos da factoría de A Medua pretendían que o persoal desconvocase o paro anunciando que ían abonar a paga extraordinaria de marzo e parte do salario de abril nuns días, proposta que para a asemblea de traballadores/as resultou cativa e imprecisa, polo que xa avanzaron que non retomaran a actividade na fábrica até que non se faga efectivo o pago de dúas mensualidades.
Ás sete da maña o persoal de IPISA mantiña unha nova concentración nas instalacións de A Medua, de onde trasladou a protesta até as portas do Concello de O Barco. Así mesmo, na asemblea celebrada ao mediodía acordouse endurecer as protestas se a empresa non resolve a actual situación e exixiuse á administración unha maior implicación no conflito.
Dende a Unión Local da CIG de Valdeorras lembran que o superdelegado da Xunta en Ourense aínda non se puxo en contacto coa representación dos traballadores/as, a pesar de terse comprometido a iniciar xestións para sentar aos directivos de IPISA nunha mesa, co obxecto ?de arranxar este grave problema?.
?Os traballadores as traballadoras xa están o límite, e estanse a vivir auténticas penurias por esta situación, que se poden agravar nos vindeiros días ou semanas, xa que con catro mensualidades sen cobrar, e un futuro incerto, dentro de un par de meses e cos nenos empezando o colexio, a situación poder insostible?, subliña, o responsábel da CIG de Valdeorras, Adriano Brito.
Chamamento ás autoridades laborais
Dende a CIG de Valdeorras realizouse un chamamento ?a quen teña responsabilidades en materia laboral? para que aplique todo o peso da lexislación á empresa, obrigádoa a abonar todas as débedas contraídas co persoal.
Brito tamén solicitou á Subdelegación do Goberno que non tente premer aos traballadores/as para que desistan das súas protestas e reclamacións lexítimas, xa que durante toda a semana de folga non se rexistrou ningunha alteración da orde pública en toda a comarca. Neste senso, destaca que, aínda que os traballadores/as están a manifestarse pacificamente, o pasado xoves os responsábeis da Garda Civil advertiron que unha concentración non comunicada de máis de 20 persoas esta prohibida, e que a partires do venres procederían a identificar a cada unha das persoas participantes, así como a multalas por alteración da orde pública.
?A contestación nosa foi que pensamos que pola beirarrúa pode andar todo o mundo, mentres non ocupemos a rúa, pola beirarrúa poden andar as persoas que queiran. Ou cando hai unha visita de cen ou douscentos turistas por unha cidade ou vila, vai alguén pedirlle os permisos por andar tanta xente en grupo??, preguntou o responsábel da CIG de Valdeorras.
Reunión sen avances
O pasado venres 10 de xuño a representación do persoal mantivo unha reunión coa dirección de IPISA, na que esta ?propuxo? que os traballadores/as comezaran a traballar este luns, xa que o ?martes ou mércores? ingresarían a todo o persoal a paga extraordinaria de marzo e unha parte do mes de abril.
Non obstante, a asemblea acordou continuar en folga indefinida até que a empresa abone a paga extraordinaria máis o mes de abril, e ?se despois diso fixera algún xesto positivo, a asemblea decidirá no seu momento os pasos a seguir?, apuntou Brito.
Dende a CIG de Valdeorras tamén denunciaron que un dos directivos da louseira tentou incluír na reunión a persoas que non forman parte do Comité, segundo lles argumentou, porque son os traballadores máis antigos da empresa e o persoal ?tenlle máis respecto?. Dende o Comité deixouse ben claro que non se aceptaría esta proposta ?baixo ningún concepto. A representación é a que hai, e eses máis antigos se queren, que se presenten nas próximas eleccións sindicais?.
Fonte: Avantar. |
|
|
|
folga en IPISA |
|
Os traballadores/as de IPISA acordan estender a folga ás empresas do grupo na provincia de Lugo
Os representantes do persoal manterán unha xuntanza co delegado da Xunta en Ourense para exporlles a súa crítica situación
Os traballadores e as traballadoras de IPISA acordaron, durante a asemblea celebrada na mañá do 7 de xullo, incrementar a intensidade das protestas e estender a convocatoria de folga a todas as empresas que o grupo ten na provincia de Lugo. Os máis de cen traballadores/as da louseira secundaron de xeito maioritario a segunda xornada de paro na fábrica de A Medua para exixir á dirección o pagamento das tres nóminas atrasadas e a paga extraordinaria de marzo.
Por volta das nove da mañá o conxunto do persoal de Iberoitaliana de Pizarras tomaba parte na asemblea xeral celebrada coincidindo coa segunda xornada de folga na louseira, convocada por CIG e CCOO. Durante a asemblea acordouse o calendario de accións a desenvolver durante esta semana e decidiuse incrementar a intensidade das protestas entendendo a convocatoria de folga ás demais empresas do Grupo situadas na provincia de Lugo.
A decisión chegaba logo do silenzo mantido pola dirección da louseira e ante a falta de resposta ás medidas de protesta. Así mesmo, dende a CIG de Valdeorras denunciouse que os responsábeis de IPISA recorreron á súa ?habitual estratexia? para romper a unidade de acción e facer fracasar a folga: pagar unha parte dos cartos adebedados a un grupo de obreiros/as. Non obstante, nesta ocasión a medida non foi suficiente para frear as protestas.
Mala xestión e problemas entre socios
A través da folga, secundada polos máis de cen traballadores/as da fábrica de A Medua, o persoal de IPISA quere denunciar a difícil situación que atravesan, logo de levar máis de tres meses sen cobrar as nóminas, ás que lle hai que engadir as cantidades da paga extraordinaria de marzo.
Dende a Unión Local da CIG en Valdeorras sinalan que o impagamento dos salarios responde máis a unha cuestión de pésima xestión e problemas entre os distintos socios da empresa, que a unha mala situación económica nas finanzas da compañía.
De feito, os traballadores e traballadoras de IPISA teñen secundado mobilizacións e convocatorias de folga nos últimos meses por mor dos constantes atrasos no pagamento das nóminas, aínda que até o momento non tiñan chegado a unha situación tan complicada.
Reunión co ?superdelegado? da Xunta
Durante o transcurso da asemblea, tamén se decidiu levar a cabo unha concentración diante do Concello de O Barco, a partir das sete da mañá do mércores 8 de xullo, e unha nova manifestación polas rúas de Valdeorras.
Posteriormente, ás 17:00 horas, os representantes dos traballadores/as manterán unha entrevista co delegado territorial da Xunta en Ourense, para explicar a situación na que se atopa o cadro de persoal de IPISA e reclamar á administración unha mediación neste conflito, así como que exixa á dirección da empresa que cumpra coas súas obrigas legais.
Manifestación solidaria
A vindeira semana tamén se convocará unha manifestación solidaria na que están chamados a participar todos os traballadores/as do sector, así como toda a cidadanía, para manifestar o seu apoio aos compañeiros e compañeiras de IPISA.
|
|
|
|
Xornada Técnica de Saúde Laboral |
|
Dentro da campaña de denuncia sobre o amianto que acaba de iniciar a CIG-Valdeorras está programada unha Xornada Técnica de Saúde Laboral:
OS PERIGOS DO AMIANTO
Mércores 20 de maio no Salón de Actos do Concello de O Barco
Programa:
09,30 horas: Presentación da Xornada: Obxectivos técnicos e sindicais
Anxo Pérez Carballo. Técnico do Gabinete de Saúde Laboral da CIG
09,45 horas: Proxección do vídeo: ?El polvo diabólico?
10,15 horas: ?Enfermidades producidas polo uso do amianto?
Gumersindo Rego. Xefe do Servizo de Neumoloxía Ocupacional do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo
Coloquio
11,30 horas: Descanso
12,00 horas: ?Conciencia e auto-organización das persoas expostas?
Cristobal Carneiro. Presidente da Asociación Galega de Vítimas do Amianto
Coloquio
13,00 horas: ?Conclusións e Alternativas Sindicais?
Anxo Pérez Carballo. Técnico do Gabinete de Saúde Laboral da CIG
Coloquio
13,45 horas: Clausura
Etelvino Blanco. Secretario Comarcal da CIG ? Ourense
|
|
|
|
campaña denuncia a sobre o amianto |
|
CIG-Valdeorras inicia unha campaña para denunciar a presenza de amianto en obras, vertedoiros e edificios nesta subcomarca
Nos vindeiros dias realizarán desde a CIG-Valdeorras unha xornada técnica, dirixida as/os delegadas/os e á afiliación en xeral, e para todas as persoas que queiran asistir, xa que será unha xornada aberta a todo o mundo que desexe informarse sobre o tema. Esta formación estará dirixida polo técnico do gabinete de saúde laboral da CIG, Anxo Ramón Pérez Carballo. Ademais desde a CIG de Valdeorras xa presentaron diante de Medio Ambiente unha denuncia pola alta presenza de amianto nas antigas instalacións do matadoiro do Barco.
A CIG de Valdeorras dirixiuse á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, a fin de poñer no seu coñecemento que "nas antigas instalacións do Matadoiro de O Barco, na actualidade en estado de abandono e en situación practicamente ruinosa, existen centos de quilos de material que contén amianto, que está quebrando, que se acumula en pequenos vertedoiros incontrolados, que en moitos casos ten sido substraído por particulares para usar como cubertas en galpóns e outras instalacións, e que está en lugares de público acceso".
Esta situación representa un grave risco para as persoas e o medio ambiente, polo que desde a CIG de Valdeorras consideran que "se debe proceder inmediatamente ao desamiantado das instalacións".
Solicitan investigación
É por isto que solicitan desa Delegación que efectúe as comprobacións necesarias e abra a correspondente investigación que determine quén é o responsábel de ditos verquidos, e "proceda a sancionar conforme á lexislación vixente, e obrigue ao correspondente desamiantado".
Páxina web:
Tamén queremos informar que xa está funcionamento a páxina web de saude laboral da CIG que é www.cigsaudelaboral.org |
|
|
|
Declaración da Renda |
|
CIG-Valdeorras informa que o prazo para realizar a declaración da renda no sindicato será do 4 de maio até o 29 de xuño.
Os afiliados e afiliadas que queiran realizar a declaración da renda 2008 no sindicato poderán facelo a partido do vindeiro 4 de maio e até o 29 de xuño.
As declaracións realizaranse os luns e os mércores de 17:00 a 20:00 horas.
Para evitar colapsos e esperas innecesarias, dende a CIG de Valdeorras informan que será preciso pedir cita pasando polo local da central ou ben chamando ao teléfono 988 321 511.
|
|
|
|
CURSO DE PALA- EXCAVADORA |
|
CIG-VALDEORRAS INFORMA
CURSO DE PALA- EXCAVADORA PARA TRABALLADORAS/ES EN ACTIVO DA EMPRESA PRIVADA
O próximo dia 9 de Maio de 2009 dara comenzo o curso de PALA EXCAVADORA para traballadoras/es en activo da empresa privada na CIG-Valdeorras. O curso, que é totalmente gratuíto, tera unha duración de 45 horas, 40 horas de praticas e 5 horas de igualdade repartidas do seguinte xeito, as praticas faranse os sabados co seguinte horario de 9 da maña a 14 horas, e as 5 horas de igualdade faranse repartidas en dos dias pola semana, co seguinte horario, de 20 horas a 22,30 horas.
As prazas dispoñibles son 15 e para anotarse hai que pasar polo local da CIG-Valdeorras ou chamar ao 988 321 511.
O prazo para anotarse e desde o lúns dia 30 de Marzo ata o Xoves dia 7 de Maio
PRATICAS:
MAIO:
SABADO DIA 9 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 16 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 23 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 30 DE 9 A 14 HORAS
XUÑO:
SABADO DIA 6 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 13 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 20 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 27 DE 9 A 14 HORAS
IGUALDADE:
LUNS DIA 22 DE XUÑO DE 20 A 22,30 HORAS
MARTES DIA 23 DE XUÑO DE 20 A 22,30 HORAS
|
|
|
|
pizarra: unha hora extra a cambio dun xantar |
|
A CIG de Valdeorras denuncia que unha empresa obriga aos traballadores/as a realizar unha hora extra a cambio dun xantar
A CIG de Valdeorras vén de denunciar que o grupo da lousa CUPIRE, integrado en CUPA GROUP, está pondo en marcha unha práctica ?sorprendente: traballo a cambio de comida?. Segundo denuncian, os 375 traballadores/as da louseira están obrigados a xantar nos comedores da empresa e co servizo de comidas da empresa e a cambio, deberán realizar, tamén obrigatoriamente, unha hora extraordinaria ao día, ?para pagar a comida que, obrigatoriamente, recibiron?.
Dende a CIG de Valdeorras exixiron a CUPIRE que cese nesa práctica e que oferte o servizo de comedor a prezos razoábeis e ?non co propósito de facer un novo negocio. Estamos no século XXI?. Así mesmo, denunciaron que esta práctica é ?desleal para con todo o sector, de quen semella ser máis ben un ave de rapiña que agarda ver como hai víctimas que están no último suspiro?.
O coñecido grupo da lousa CUPIRE, integrado en CUPA GROUP, con ampla expansión internacional e con máis de 2.100 persoas traballando ao seu servizo, ?está a poñer en práctica unha máxima e unha aspiración de todo sistema escravista: traballo a cambio de comida?, segundo indicou o responsábel da CIG de Valdeorras, Adriano Brito.
Os 375 traballadores e traballadoras do sector da lousa pertencentes ao grupo CUPIRE en Valdeorras están sometidos a un trato (totalmente obrigatorio) que consiste en que todo o persoal debe xantar, obrigatoriamente, nos comedores da empresa e co servizo de comidas da empresa. A cambio, deberán realizar unha hora extraordinaria ao día, ?para pagar a comida que, obrigatoriamente, recibiu. Negocio sorprendente?, critican dende a CIG de Valdeorras.
Unha vella reivindicación
Dende a central explican que os comedores de empresa, vella reivindicación sindical nas mobilizacións do sector nos principios dos 90 (que ademais contou coa oposición frontal dos responsábeis de CUPIRE naquel entón) son para que os traballadores e traballadoras podan ter un servizo de comidas san, hixiénico e digno. ?Nunca para que a empresa faga negocio e tire beneficio por dobre vía: como restaurante e coa propia producción que fai na hora extra?, afirman.
Para resaltar o significado desa hora a maiores de balde, explican que a producción diaria de 375 persoas no sector da lousa ven sendo, aproximadamente, de 36 xaulas. O prezo medio (tendo en conta que hai diversas medidas e calidades) anda arredor dos 1.000 ? por xaula. Isto significa que na hora extraordinaria facturan ao redor de 36.000 ?, que multiplicado polos 225 días laborábeis ao ano, ?que ás veces son algún máis, obtemos a cantidade de 8.100.000 ? (máis de 8 millóns de euros). Unha verdadeira lotería primitiva?.
Por se fose pouco, continúa Brito, esta práctica (imposta pola empresa e obrigatoria para os traballadores e traballadoras) choca frontalmente coa situación de crise. ?Como se poden facer horas extras en plena crise??, pregúntanse dende a CIG de Valdeorras. ?Resulta hipócrita e desleal co resto das empresas do sector; a eliminación desa hora extra suporía darlle traballo a case 50 desempregados; se a crise, parón da construcción e sobreproducción, que tanto teñen repetido os empresarios, é tan real, producir máis é suicida!?.
Non obstante, CUPA GROUP fai gala na súa páxina web do incremento de facturación en 2008 a respecto de 2007, a augura un medre aínda maior para 2009.
avantar |
|
|
|
CIG-Valdeorras denuncia atentado ó medio ambiente |
|
fonte avantar
A CIG de Valdeorras denunciará ante Medio Ambiente as balsas de augas residuais sen illar desta fábrica
A CIG de Valdeorras denunciará ante Medio Ambiente as balsas de augas residuais sen illar desta fábrica
En exclusiva para Avantar, disponibilizamos unhas imaxes da louseira de Valdeorras Ipisa, onde se pode ver a situación de dúas balsas que supoñen un grave risco para todos/as os habitantes da comarca de Valdeorras, xa que a louseira está a botar ás aguas residuais sen depurar que se empregan na fabrica da Medua para o serrado da lousa diretamente a unha balsa feita no chan e sen illar como marca a lei. Nos próximos dias estas gravacións entregaranse nunha denuncia á Consellaria de Medio Ambiente, para que sexa coñecedora do que está a acontecer en Ipisa.
Iberoitaliana de Pizarras IPISA está a imcumprir sistematicamente as máis elementais medidas de seguridade e hixiene, poñendo en grave riscos a todos/as os/as traballadores/as, mais agora vimos de coñecer da man da CIG de Valdeorras unha denuncia xa que esta fábrica está a incumprir gravemente a normativa sobre medio ambiente
Ademais, todo isto agrávase máis, xa que tamen incumpre as normativas medioabientais. A CIG de Valdeorras subliña que "isto supón un grave risco para todos/as os habitantes da nosa comarca, en Valdeorras, xa que está a botar as augas residuais sen depurar que se empregan na fábrica da Medua para o serrado da lousa diretamente a unha balsa feita no chan e sen illar como marca a lei. Isto é un grave perigo, xa que a auga que se utiliza no serrado da lousa (son miles de litros de agua misturados con toneladas de lodo) fíltrase na terra e como consecuencia nos manantiais dos arredores e o resto vai diretamente ao rio Sil, todo co agravante que se ditas balsas rompen miles de litros de auga contaminada irán parar ao rio Sil, xunto con toneladas de lodo".
Posíbeis danos graves para a comarca
Asi, desde a CIG de Valdeorras subliñan que "isto pode causar graves danos na fauna, mais tamén nas persoas e nos seus bens, xa que ao caron do rio Sil e da Medua para baixo están as vilas de Sobradelo, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Petín, e nestas vilas viven ao redor dunhas 25.000 persoas.
Sospeitas de que non se recicla o aceite da maquinaria
Desde a central sindical nacionalista adiantan que "ademais de todo isto que nos parece gravísimo, únese ás sospeitas de que os aceites de maquinaria non se reciclan, tamén o poñeremos en coñecemento da Consellaria de Medio Ambiente".
Por último, a CIG de Valdeorras indica que "nos vindeiros dias poñeremos todo isto en coñecemento das autoridades para que tomen as medidas oportunas e agardamos que sexa o máis pronto posíbel, xa que estamos a falar de algo moi grave, non só para o Medio Ambiente senón tamen para as persoas"
|
|
|
|
CIG-VALDEORRAS DENUNCIA |
|
INEFICACIA DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA
Cando o día 10 de setembro de 2008 presentamos conxuntamente os sindicatos CIG e CCOO sendas denuncias ante a Inspección de Traballo e a Delegación de Industria de Ourense contra a pizarreira Iberoitaliana de Pizarras, por graves incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais, advertiamos da urxente necesidade de sancionar as infraccións e corrixir as deficiencias que se puideran constatar.
Algunhas das cuestións denunciadas poñen en serio perigo e saúde e a integridade física das persoas que prestan servizos nas canteiras e naves de IPISA; nalgúns casos mesmo pode estar en xogo a vida de traballadores e traballadoras.
Transcorridos máis de tres meses da presentación das denuncias, non só non temos noticia ningunha das conclusións ou dos informes que se deberan ter sido redactados, senón que, o que aínda é máis grave, a empresa non adoptou medida correctora ningunha, polo que podemos afirmar que IPISA segue a poñer en perigo ao persoal que mantén contratado.
Esta actitude de desprezo e prepotencia non é de estrañar, se temos en conta a ineficacia e inoperatividade inspectora, tanto por parte de Traballo como de Minas, que actúan con desesperante lentitude e se despreocupan de comprobar si a empresa cambia ou non de actitude.
Esiximos maior compromiso, dilixencia e contundencia por parte da Autoridade Laboral (tanto de Traballo como de Minas) así como reclamamos maior grao de cumprimento por parte da patronal de IPISA, símbolo inequívoco do que nunca se debera facer en materia laboral e social.
|
|
|
|
CIG Valdeorras cambia de local |
|
CIG-Valdeorras cambia de local por mor das obras que se van realizar no edificio sindical
A CIG de Valdeorras vén de informar do cambio de local, a partir do próximo día 6 de outubro, por mor das obras que se van realizar no edificio sindical. A partir desa data trasladarase ao segundo andar do edificio novo do concello do Barco de Valdeorras, fronte á Casa Sindical (Praza do Concello, nº 1, 2º). O teléfono e o fax seguerán a ser os mesmos.
|
|
|
|
folga en IPISA |
|
16 DE SETEMBRO DE 2008 : Os traballadores/as de Ipisa acuden masivamente á folga polo impago dos seus salarios.
As traballadoras e traballadores de Iberoitaliana de Pizarras (IPISA) secundaron unha xornada de folga en protesta polos continuos retrasos do pagamento dos seus salarios o 16 de setembro, nesta empresa da lousa da bisbarra de Valdeorras. Ás 5,30 h da mañá as/os traballadoras/os de IPISA dos diversos centros e quendas de traballo e de produción que a pizarreira ten en Carballeda de Valdeorras, como se acordara en asemblea do pasado sabado 6 de setembro, concentraronse diante da sede da empresa en a Medua.
A esta hora as traballadoras e traballadores de IPISA empezaron a chegar a Medua, sede de IPISA, a pesares dun forte despositivo da Garda Civil diante da sede central da empresa. Ás 8 horas unianse o groso das/dos compañeiras/os desa quenda a pesares das continuas manobras da patronal para que desistiran da sua atitude, o persoal de IPISA secundou o paro ao 100% .
As 13,30 horas unianse a folga as/os o resto das/os compañeiras/os da quenda de tarde.
Presión da dirección
O director da pizarreira a media mañá mantivo unha conversa cos/as os/as traballadores/as na fabrica, expoñéndolles que desistiran da sua atitude, xa que a moitos traballadores e traballadoras se lle ingresara a paga extra de xullo o sabado, e que a vindeira semana se lles pagaría o mes de agosto.
Ante todo isto, a CIG de Valdeorras avalia que "como sempre a dirección da empresa pretendia dividir aos traballadores, xa que como é habitual no ultimo ano, só paga cando se anuncian mobilizacións, e iso sempre selectivamente a un grupo de traballadores e traballadoras escollidos para dividir e desunir ao persoal (256 traballadoares/as), pero desta vez as traballadoras/es mantivéronse firmes nas súas demandas e solidarios cos compañeiros/as que ainda non cobraron a extra de xullo, e decidiron secundar esta xornada de folga".
Dúas novas xornadas de folga o 24 e 25 de setembro
Tamén se acordou en asemblea, mantida no mesmo centro de traballo que se a empresa non lle paga a extra de xullo a todas e a todos os as compañeiras e compañeiros e o salario do mes de agosto antes do dia 23 de setembro, o 24 e 25 de este mes habera duas novas xornadas de folga. Outro dos motivos para levar adiante este novo paro é se a empresa segue na sua atitude de non afrontar por unha vez todos os problemas que ten co persoal, polo que non se descarta convocar unha folga indefindia.
Sen problemas de liquidez
Desde a CIG de Valdeorras subliñan que "o problema de IPISA non é a falta de liquidez, pois o seu director recoñeceuno diante do comité, que ten a produción vendida para os proximos meses, e que de aquí en diante o mercado como sempre dara un gran pulo despois do inverno, esperando vender toda a produccion. De feito transmitiu ao comité que terian que aumentar a produción de lousa para os vindeiros meses".
|
|
|
|
QUEREMOS COBRAR!!! |
|
QUEREMOS COBRAR!!!; esa foi a consigna mais coreada polos asistentes á manifestación que tivo lugar onte en quiroga (óredor de 2000 persoas).
esta manifestación foi convocada posto que o persoal das pizarreiras de Quiroga leva 4 meses sen cobrar e xa se están dando procesos de regulación de emprego.
É o primeiro aviso de que o ata o de agora foi motor dinamizador das economias de quiroga e Valdeorras, a pizarra, empeza a padecer as consecuencias do todo vale e da avaricia poucos escrúpulos dos pizarreiros.
perto de medio milleiro de traballadores e traballadoras ven perigar o seu posto de traballo e isto pódese extender a Valdeorras posto que hai varias empresas como por exemplo IPSA que tamén adeudan soldo ó persoal e irá á folga o dia 16.
as 6 da tarde de onte tódolos establecementos de quiroga pechaban as suas portas en solidariedade cos traballadores e traballadoras a quen se lles adeudan varios meses de soldo e a favor dos postos de traballo.
A manifestación transcurriu normalmente ata a chegada a nacional, onde a pancarta que levaban os lideres dos 3 sindicatos convocantes, que iba por detrás da pancarta portada polos degados e delegadas, adiantou a esta imprimindo mais velocidade á manifestación, instados pola guardia civil.
Foi penoso ver os líderes sindicais 300 metros por diante do persoal que quería e conseguiu paralizar o tráfico, en vez de estar con eles na reivindicación.
Especialmente vergonzosa a actuación dos lideres de UGT e CC.OO que intentaron reventar o corte de tráfico decindo que daban por rematada a manifestación ata que foron abucheados polos traballadores e marcharon.
Os traballadores e traballadoras de quiroga diron un exemplo do que é a loita obreira ó permanecer firmes na estrada a golpe de tambor desoindo ás cabezas pensantes e dirixentes.
O responsable de CIG de Monforte que en principio fixo o mesmo cos outros sindicatos separándose do persoal, ó final entrou en razón e uniuse ós concentrados no corte que durou case 2 horas.
no acto que se celebrou ó rematar interviron os 3 líderes, pero a intervención do lider ugetista foi interrumpida costantemente con abucheos e berros de vendido dos ali concentrados.
a noticia en "la región"
a noticia no correo gallego
deixámosvos un tubo da manifa:
|
|
|
|
manifestación en Quiroga |
|
OS SINDICATOS CIG-CC.OO-UGT CONVOCAN UNHA
MANIFESTACION EN QUIROGA O VENRES DIA 12 DE SETEMBRO DE 2008 AS 18:00 horas
O VINDEIRO VENRES DIA 12 DE SETEMBRO TERA LUGAR EN QUIROGA UNHA MANIFESTACION EN SOLIDARIDADE COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE , PEBOSA , CUPIGA , E FERLOSA, para reclamar que se lle pagen os salarios adevedados, estes compañeiros/as estan sen cobrar desde o mes de MAIO, desde a CIG-VALDEORRAS facemos un chamamento a toda a clase traballadora para que acuda a MANIFESTACION do vindeiro VENRES dia 12 de SETEMBRO as 18 horas, para amosar a nosa solidaridade cos traballadores e traballadoras e as suas familias e reclamar da patronal que cumpra cas suas obrigas.
PAREMOS-LLE OS PES OS PIZARREIROS!
EN SOLARIDADE COS TRABALLADORES DAS PIZARREIRAS DE QUIROGA ACUDE A MANIFESTACION.
O VENRES DIA 12 TODOS E TODAS A QUIROGA! |
|
|
|
pizarra: retraso de cobro de nóminas |
|
Pásannos @s compañeir@s da pizarra un comunicado denunciando o retraso do cobro das nóminas nalgunhas empresas que procedemos a publicar
RETRASOS NOS COBROS DA PIZARRA
Parece que a moitos empresarios estalle vindo que nin pintado a cantinela esta da crise económica e a suposta necesidade de apremar o cinto e moderar as pretensións económicas. Sempre que sexamos os traballadores e traballadoras quen asumamos ese cinto apremado e esa moderación económica - salarial.
No último ano, moitas familias que viven do seu traballo en empresas como IPISA, FERLOSA, CUPIGA, PEBOSA, IPIGA e outras, están a padecer retrasos no cobro das súas nóminas absolutamente desmesurados, acumulando até dous meses sen salario.
Non obstante, salvo excepcións, a produción non diminuíu, o material sae ao mercado coma sempre, e o persoal mantén a mesma ou maior produtividade.
Logo non é un problema estrutural nin unha situación de crise real. Cando menos nas empresas das que estamos a falar.
Tampouco pode ser un problema de solvencia, a teor do ritmo de vida que algúns se gastan e do que, ademais, alardean sen pudor ante os mesmos traballadores aos que non paga o que lle adebeda.
Non se pode consentir, por indecente e inmoral, que un empresario que ten a preto de cen familias sen cobrar tres nóminas, celebra fastosamente, nun coñecido restaurante da comarca, a súa onomástica ante setenta convidados; que a súa dona estree coche xusto no período no que o persoal non percibe o soldo; ou que outros manteñan empresas paralelas noutra actividade e que, a pesares de tamén adebedar varios meses, teñan a desfachatez de pedir a algúns empregados que vaian traballar nas vacacións a estas obras nas que a actividade non se interrompe nin de día nin de noite.
Non debemos consentir que se descapitalicen empresas mentres os seus (i) responsábeis dilapidan o patrimonio que saíu do traballo e suor de moitas persoas de ben.
Non imos caer na trampa de aceptar sen poñer en entredito unha suposta crise que sempre, sempre, temos que pagar os traballadores e traballadoras.
A sociedade ten dereito a saber en qué situación económica e patrimonial quedan certos empresarios que non teñen o mais mínimo tremor de pulso para asinar expedientes de regulación e despedimentos colectivos.
Non imos consentir exemplos como a tan de moda Martinsa Fadesa, que se desfai de centos de empregados cando, despois de especular e de obter beneficios multimillonarios, deixa de gañar. Menos aínda permitiremos que sexa o Estado, mediante o Fondo de Garantía Salarial, o que apande co custe económico dos despedimentos, cando o empresario mantén o seu incontábel peculio.
Reclamaremos investigación por parte de quen teña competencias na materia fiscal e económica e estaremos sempre ao lado dos traballadores e traballadoras, defendendo o emprego e o salario.
|
|
|
|
situación tercermundista en IPISA |
|
esta de abaixo é a denuncia que fan dende CIG Valdeorras á situación tercermundista que están a padecer os traballadores e traballadoras da empresa de pizarra IPISA; non deixedes de ver o vídeo posto que unha imaxe vale mais que mil palabras.
Desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) dirixímonos á Dirección da empresa IBEROITALIANA DE PIZARRAS (IPISA) a fin de lle manifestar a nosa preocupación polo estado no que se atopan algunhas instalacións da mesma e pola inseguridade coa que se efectúa o transporte do persoal.
En canto a instalacións estamos a referirnos aos vestiarios do centro de traballo da Medua, en Carballeda de Valdeorras, que non cumpren absolutamente ningún dos requisitos e condicións previstas no RD 486/1997, do 14 de abril, sobre Disposicións Mínimas de Seguridade e Saúde nos Lugares de Traballo.
Así, no apartado 2.2 do Anexo V do citado Real Decreto recóllese literalmente:
Os vestiarios estarán provistos de asentos e de armarios ou taquillas individuais con chave, que terán a capacidade suficiente para gardar a roupa e o calzado. Os armarios ou taquillas para a roupa de traballo e para a de rúa estarán separados cando isto sexa necesario polo estado de contaminación, sucidade ou humidade da roupa de traballo.
Do mesmo xeito, no apartado 2.4 do mesmo Anexo V establécese:
Os lugares de traballo dispoñerán, nas proximidades dos postos de traballo e dos vestiarios, de locais de aseo con espellos, lavabos con auga corrente, quente se é necesario, xabón e toallas individuais ou outro sistema de secado con garantías hixiénicas. Dispoñerán, ademais, de duchas de auga corrente, quente e fría, cando se realicen habitualmente traballos sucios, contaminantes ou que orixinen elevada sudoración. En tales casos, subministraráselles aos traballadores os medios especiais de limpeza que sexan necesarios.
Por último, dicir que tampouco se cumpre a normativa en canto ao que instalacións de primeiros auxilios se refire, por canto carece do material e medios regulados no Anexo VI do RD 486/1997, que di textualmente:
5. Os lugares de traballo de máis de 50 traballadores deberán dispoñer dun local destinado aos primeiros auxilios e outras posibles atencións sanitarias. Tamén deberán dispoñer deste os lugares de traballo de máis de 25 traballadores para os que así o determine a autoridade laboral, tendo en conta a perigosidade da actividade desenvolvida e as posibles dificultades de acceso ao centro de asistencia médica máis próximo.
6. Os locais de primeiros auxilios dispoñerán, como mínimo, dun botiquín, unha padiola e unha fonte de auga potable. Estarán próximos aos postos de traballo e serán de fácil acceso para as padiolas.
7. O material e locais de primeiros auxilios deberán estar claramente sinalizados.
No que a medios de transporte se refire, as condicións nas que se efectúa tampouco son o máis seguras posíbeis. Así atopamos vehículos coas rodas totalmente lisas, sen apenas debuxo algún, e cun mantemento precario, o que representa un perigo engadido para os traballadores e traballadoras que deben viaxar cada día neles.
Algunhas destas deficiencias son tamén comúns a outros centros de traballo, de IBEROITALIANA DE PIZARRAS polo que facemos extensiva a proposta de remodelación.
Dado que está próximo o período vacacional, prantexamos que se leven a cabo, xusto nese tempo, as obras necesarias para adecuar as instalacións á lexislación actual en materia de prevención de riscos laborais, así como de efectuar un mantemento adecuado nos medios de transporte.
Son cambios absolutamente necesarios para garantir a seguridade, a saúde, o decoro e a intimidade do persoal que traballa en IPISA.
Pensamos que é totalmente razoábel e ponderada a proposta que facemos, ademais de construtiva. Nembargante, non por iso podemos transixir por máis tempo, polo que poñemos no seu coñecemento que non dubidaremos en acudir, se fose necesario -por caer en saco roto o recollido neste escrito-, á Inspección de Traballo e Seguridade Social de Ourense, así como á Autoridade de Minas da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
Agardamos a súa receptividade, e manifestámoslle o noso compromiso de estar á súa disposición para o que fixera falla, dentro das nosas competencias.
O Barco de Valdeorras, a 22 de xullo de 2008.
Adriano Brito Ferreira
Secretario da Unión Local da CIG - Valdeorras |
|
|
|
|
|
|
|
|