CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

linguas cruzadas
a raiz do debate sobre a lingua que estamos a ter estes dias, creemos interesante volver a poñer en primeira páxina o documental linguas cruzadas, que no seu dia xa puxemos no blog e que se emitiu na TVG o dia das letras galegas do ano pasado.

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 02-05-2008 14:23
Queres comentar ou preguntar algo?
The Homens "Calamar"
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 01-05-2008 01:56
Queres comentar ou preguntar algo?
polo dereito a vivirmos en galego
Dun tempo a esta parte estamos a ver como se producen, día si e día tamén, ataques (furibundos os máis deles) contra o galego. Nós non acertamos a comprender qué mal tan grande pode facer unha lingua secular e fermosísima coma a nosa, para que algunha "xente" se poña a botar pestes contra dela, negando aos que a usamos o dereito de facelo e, o que é máis grave, dando a entender que se está a impoñer, cando calquera con dous dedos de fronte que mire ao seu redor e escoite se dará conta de que a realidade dista moito de ser esa, senón a contraria.
Gustaríanos saber onde estaban (e están) estes que agora denuncian a suposta imposición do galego cando era (e é) outro idioma, alleo, o que era (e é) imposto, mesmo pola forza (temos que lembrar a algúns e algunhas os sopapos que levaron por dicir algunha palabra en galego na escola?). Entón non se lles oía falar desa "Galicia Bilingüe" que propugnan (ainda que todos sabemos que tras dese eufemismo se agacha unha cruzada contra a nosa lingua).
A estes ataques que se veñen producindo constantemente contra o galego, que todos podemos ver a cotío en certa prensa (cómplice moitas veces desta cruzada) acaba de unirse un comentarista deste blog, que no día de onte se atreveu a escribir nun comentario en "queres preguntar?" isto:

Estoy un poco harto de que las contestaciones salgan única y exclusivamente en gallego.
¿Tenéis algún problema con el castellano?
Agradecería me contestaseis. (Por lo menos en los dos idiomas).GRACIAS.
EN VEZ DE AVANZAR LO QUE HACEMOS ES RETROCEDER
victor


Pensamos que estas palabras non necesitan comentarios. Que alguén se atreva a entrar no blog que desenvolven outras persoas e lles esixa que non escriban o blog en galego (se estivera en inglés seguro que non tiñan problemas), fala por si só, e é claro exemplo dos ataques orquestados (imaxinamos por quen) que se están a producir, fomentando o odio e o rexeitamento cara a nosa lingua.
Xa alguén respostou a este suxeito acertadamente. Nós tamén fixemos o propio, velaqui a nosa resposta:

victor, non sabemos ben quen te obriga a entrar ó noso blog para estar farto de nada do que aquí se poña e de que utilicemos a nosa lingua para expresalo, simplemente non entres.
este blog foi concebido para encher un espazo de información sindical que pensábamos que faltaba na rede, pero o aspecto sindical non é a única sensibilidade que temos, a língua, a NOSA LINGUA, ten un tratamento especial nél posto que entendemos que de seguir ca perda de galego falantes dos últimos anos o galego será como o latín nun par de xeneraciois, é un legado dos nosos pais, dos nosos abós e que ó igual que outros temas como o respeto o medio ambiente (ó que tamén dedicamos moitos dos posts deste blog), temos a responsabilidade de mimalo e protexer.
respetamos o resto das linguas, podes ver que contestamos igual ás cuestiois que se nos fan en castellano, ata temos un traductor enlazado, pero pedimos que se nos teña o mesmo respeto que temos nós polo resto de linguas.(...) asi que o dito victor, como che contestaron antes, deberas cambiar por libertad digital ou a cadena episcopal, este está claro que non é o teu sitio.


Posto que non imos consentir que ninguén nos diga en qué idioma temos que falar, e por suposto non imos consentir que se desprecie a nosa lingua, participaremos activamente na manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística o próximo domingo 18 de maio en Santiago de Compostela " polo dereito a vivirmos en galego", e convidámosvos a tod@s a participar e denunciar estes ataques inxustificados e fascistas.
Para ir á manifestación, ademais, A Mesa facilitará o transporte poñendo autobuses gratuitos (en colaboración cos concellos) con saída desde O Barco e A Rúa. Para apuntarvos nos autobuses podedes chamar ao 622 53 80 10.




CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS

Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.

Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, povo comun,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.


Manuel María.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 30-04-2008 11:12
Queres comentar ou preguntar algo?
18 M viaxa pola lingua
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 28-04-2008 15:06
Queres comentar ou preguntar algo?
concentraciois fronte dos locais da COPE
artigo recollido de galizacig

Respaldando o chamamento feito polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), a CIG tamén se suma ás concentracións convocadas por esta organización, fronte aos locais da Cope das principais cidades galegas, para o mércores 23 de abril. O lema da convocatoria de mobilización é "A Cope quere amordazar a nosa lingua. Non llo imos permitir" e con ela quérese manifestar un claro rexeitamento á política de agresión contra o galego practicada polo grupo mediático da Conferencia Episcopal.
Nesta ocasión, a hostilidade da emisora dos bispos manifestouse a través dunha denuncia presentada perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra a xuíza Ana López-Suevos Fraguela, quen está á fronte do Xulgado do Social número 2 da capital galega. Na devandita denuncia, o avogado da Cope ceibaba a súa animadversión e os seus prexuízos sobre o galego, cuestionando a validez dun xuízo e unha sentenza (que lle era desfavorábel) porque se produciran no idioma de país, algo que evidentemente non só entra dentro da lóxica máis normal senón que ten plenas garantías legais para que sexa así, até o punto de que a denuncia vén de ser arquivada polo CXPX.

Así e todo, esta actuación da Cope, cuestionando a lexitimidade do galego nun ámbito como o xudicial (que se por algo salienta a nivel de usos lingüísticos, é pola escasa presenza da lingua galega), está a ter contestación desde diferentes sectores. Profesionais do Dereito e da Xustiza están a asinar un manifesto de apoio ao labor da xuíza denunciada. Así mesmo, diversas organizacións, entre elas a CIG e a Mesa, difundiron hai días cun comunicado de prensa censurando a actitude da Cope por esta cuestión. Igualmente o asunto tivo repercusión parlamentaria, a través dunha pregunta realizada polo grupo do BNG na Cámara galega.

Dentro da contestación social á postura da Cope, está agora este chamamento feito polo MpDC e que está a ser secundado por diversos colectivos, organizacións e persoas a título individual, chamamento a mobilizarse e a concentrarse diante dos locais da Cope das sete cidades galegas para o mércores 23 de abril ás 20 horas.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 22-04-2008 00:55
Queres comentar ou preguntar algo?
normas ortográficas do galego
A xeito de recordatorio ou de aprendizaxe, recollemos do blog Boedense esta presentación sobre as normas ortográficas do galego:

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 20-04-2008 12:02
Queres comentar ou preguntar algo?
Ruxe-Ruxe - Xigantes
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 18-04-2008 12:38
Queres comentar ou preguntar algo?
a goku arríncanlle a lingua
noticia recollida de gznación

O vindeiro 30 de abril sae ao mercado a última parte da saga da serie mítica Dragon Ball, pero esta vez Songoku non falará galego. O DVD soamente poderá escoitarse en castelán, xaponés e catalán coa opción de subtítulos en castelán.

Dende a Mocidade pola Normalización Lingüística denunciaron esta situación e dirixíronse á distribuidora, Selecta Visión, para interesarse pola razón pola cal entre as diferentes linguas nas que se poderá ver a serie non está o galego e mesmo reclamarlle que reconsiderasen esa decisión e incluísen tamén o idioma no cal durante tantos anos falaron Songoku e a longa listaxe de personaxes que o acompañaban a través dos nosos televisores.

A distribuidora sinala que ?non foi posíbel incorporar o galego ás opcións do DVD? debido, segundo aseguran, ?á inasumíbel política de prezos de cesión de dobraxes que ten a TVG?, en comparación ?coa máis asumíbel doutras televisións autonómicas?.

Ao coñecer esta nova situación de discriminación da nosa lingua no ámbito audiovisual, a Mocidade pola Normalización Lingüística dirixiuse tanto á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza como á dirección da TVG para ?pedir explicacións? polo que, segundo explicou o colectivo xuvenil, ?sería a todas luces un incumprimento do compromiso contraído pola propia TVG coa Mesa en 2006 para ceder as súas dobraxes en iguais condicións ás da ETB vasca e a TV3 catalá?. A Mocidade pola Normalización Lingüística recorda que grazas a aquel compromiso ?a TVG cedeu gratuitamente a dobraxe para DVD da mítica serie Allo, Allo!, por exemplo? ou foi posíbel a inclusión da nosa lingua no da serie Heroes.

A sección xuvenil da Mesa exixiu ?que se esclareza oportunamente o que aconteceu? para que Dragon Ball GT non vaia estar en galego e, asemade, ?un compromiso claro? por parte da TVG ?do cumprimento do acordado en 2006 para a cesión de dobraxes? de xeito que a canle autonómica ?cumpra un dos seus principais cometidos: ser un axente activo e esencial na normalización e extensión social da lingua galega?.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 17-04-2008 23:53
Queres comentar ou preguntar algo?
pelo gato 24
O sábado 5 de abril presentouse na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela Pelo Gato 24, un proxecto de PAI Música e a Asociación de Gaiteiros Galegos que é moito máis ca un disco: 'é un xoguete', en palabras de Magoia Bodega, que xunto con Paulo Nogueira, dirixiu pedagoxicamente o proxecto.
a noticia en a nosa terra.


Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 17-04-2008 17:33
Queres comentar ou preguntar algo?
Lamatumbá - Camiños
'Paraugas universal' é o novo traballo de lamatumbá, que sae dentro de 3 dias, aquí vos deixamos o vídeo "camiños" ca participación especial do home do tempo "Pemán".

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 14-04-2008 15:19
Queres comentar ou preguntar algo?
dalle de mamar... en galego...
un fermoso video de oquetencutenmedo

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 28-03-2008 16:54
Queres comentar ou preguntar algo?
o home e o carro
Este é o filme documental onde Xaquin Lorenzo falaba sobre a relación entre os homes e o carro galego, e a influencia que este veículo tivo no desenvolvemento do rural deste noso país. Paga a pena velo, é un documento único:



Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 20-03-2008 01:01
Queres comentar ou preguntar algo?
pradolongo
este venres estrenouse en O Barco e a Rua a longametraxe Pradolongo, rodada en Valdeorras e ca nosa variante do galego.
así daba a noticia vieiros:

'Pradolongo': o cinema normalízase
Trátase da primeira longrametraxe rodada integramente en galego dende 2002, e a sexta en toda a historia.

Redacción - 09:20 14/03/2008
Tags: cinema estrea ignacio vilar pradolongo

En Pradolongo, Ignacio Vilar conta a historia de tres amigos da infancia, Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto, que veñen de cumprir 18 anos. No filme os dous mozos compiten polo amor da rapaza, mentres observan a posíbel venda da louseira propiedade dun deles. Así, os conflitos persoais mestúranse coa realidade da Galiza rural en proceso de venda e despoboamento. Filme iniciático, polo tanto, no que os protagonistas descóbrense a si mesmos á vez que redescobren o mundo que os arrodea.

A película ten outros moitos atractivos, como o uso da variante lingüística do galego empregado en Valdeorras, a fermosura das paisaxes (por exemplo as existentes nos arredores de Pena Trevinca), ou a continua homenaxe que realiza a Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro. Ignacio Vilar afondou na figura de Chano Piñeiro no documental Sempre Xonxa en Petín, e de feito Pradolongo rodouse nalgúns escenarios exteriores e interiores nos que tamén o fixo aquel filme. Cómpre salientar igualmente o traballo de procura de actores mozos que Vilar realizou nos institutos da comarca de Valdeorras.

Finalmente, non se debe esquecer a calidade da música que acompaña o filme, gravada especialmente para a ocasión pola Orquestra Sinfónica de Galicia, e que mesmo inclúe unha nova versión do Quen puidera namorala, regravada por Luís Emilio Batallán para formar parte da banda sonora do filme.

Primeiro filme rodado en galego dende 2002
A película, producida por Vía Láctea Films, foi realizada por un grupo de traballo integramente galego e considérase a sexta cinta que se grava integramente en galego na historia do cine no país, despois de Sempre Xonxa (1989) de Chano Piñeiro, Urxa (1989) de Xosé A López Piñeiro e Carlos G. Pinal, A metade da vida (1994) de Raúl Veiga, e Era outra vez (2000) e Días de voda (2002) de Juan Pinzás. A estrea mundial do filme terá lugar este venres no Cine Avenida da Rúa, coa presenza da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Nos vindeiros meses o filme proxectarase en institutos de todo o país, acompañado de charlas e coloquios.

Dáse a circunstancia de que este xoves estreouse na Coruña O menor dos males, película de Voz Audiovisual. O filme ofreceuo seu primeiro pase á vez en galego e castelán, en dúas salas paralelas. Así mesmo, a última cinta do director coruñés, Xavier Bermúdez, ?Rafael' vai participar na sección oficial da 11ª edición do Festival de Cine de Málaga. Esta cinta, gravada na súa versión orixinal en galego, será proxectada con subtítulos en castelán no certame.



Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 16-03-2008 01:10
Queres comentar ou preguntar algo?
mamasunción
Deixámosvos hoxe aqui a curta "Mamasunción" do finado Chano Piñeiro. É xa un clásico do audiovisual galego. E tén moito que ver coa nosa forma de ser, coa nosa cultura e coa nosa forma de protestar, xa sabedes, dicía Castelao: os galegos non protestamos, emigramos. E tamén tén que ver coas que Rosalía chamaba "viuvas de vivos".

Védeo ata o final, que é a miga. Paga a pena.

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 16-02-2008 19:20
Queres comentar ou preguntar algo?
experiencias
Extraídas do Arquivo da Experiencia, varias manifestacións de lembranza de tempos inda non moi lonxanos, onde non estaba permitido falar galego, e se se facía era castigado:








Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 20-01-2008 20:28
Queres comentar ou preguntar algo?
estou na lavadora!
Xa hai uns cantos anos, pero quén non lembra con cariño e nostalxia as cancións do Xabarín? Toda unha xeración foi socia do clube e cantou estas rimas:





Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 13-01-2008 11:26
Queres comentar ou preguntar algo?
o PP desmárcase dun consenso a prol da língua
en vieiros atopamos un artigo do acontecido no debate do estado da nación no parlamento galego, que pasamos a reproducir:

Sen vontade de recuperar o consenso

O PPdeG teima contra a lingua e rexeita un pacto social en favor do galego
Alén de non propoñer iniciativas a prol da lingua, o partido liderado por Núñez Feijoo evita recuperar o consenso rachado pola presión da dirección do PP en Madrid.

Sesión do mércores: Da "gravosa herdanza" á "última oportunidade"
PSdeG e BNG acordan o impulso da reforma forestal e dun "gran pacto" pola lingua
Sesión do martes: Dende o Hórreo a Monte Pío pasando polos fogóns de Xénova


Na mañá desta cuarta feira, socialistas e nacionalistas acordaran unha proposta de resolución onde se insta á Xunta a promover "un gran pacto pola lingua que abranga medios de comunicación, entidades empresariais, políticas, sindicais e asociativas para conseguir un incremento real do uso oral e escrito da lingua galega e promover que se mire pola calidade da lingua utilizada".

A iniciativa foi evitada polo grupo parlamentario do PPdeG. Na xornada anterior, o voceiro do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, xa protagonizara un discurso onde en materia educativa se restrinxiu practicamente a recuperar a denuncia do presunto "conflito" lingüístico que na súa opinión abriu o bipartito co decreto sobre a lingua nas escolas. No segundo día do debate sobre o estado da nación, Feijoo teimou en declaracións para os medios na idea de que o Goberno "rachou o consenso" sobre a lingua. Para o presidente do PPdeG o único pacto aceptábel polo seu partido neste momento é aquel que se basee unicamente no "dereito dos alumnos a dirixirse aos profesores en calquera das dúas linguas oficiais da comunidade autónoma" e no "dereito dos pais a determinar cal é a lingua materna dos seus fillos". Feijoo opina que non se garanten agora mesmo a proporcionalidade no uso do castelán nin as competencias lingüísticas dos alumnos en galego e castelán en cada ciclo educativo.

Ao respecto, o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, acusou de "galegofobia" aos populares. Na opinión de Aymerich existe a constancia da degradación da lingua galega, da que daría conta o último informe do Consello Escolar de Galiza. Por iso, preguntoulle a Feijoo se " a súa paz lingüística consiste en negarlle os dereitos aos galegofalantes e acalar as súas queixas?".





Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 05-10-2007 10:32
Queres comentar ou preguntar algo?
dia das letras
Hoxe a rede enchese de homenaxes ó dia das letras galegas, maria mariño, que viviu moitos anos ben perto de Valdeorras, no Courel é a escritora que pon este ano cara a este dia.
Nós tamén queremos contribuir a homenaxear este dia con artistas que contribuiron a que a nosa lingua se manteña viva.

Pucho Boedo é un mito para @s galeg@s somente atopamos un tubo na rede dos tamara que podedes ver aqui abaixo:



Andrés Dobarro cantaba en galego cando o franquismo non o permitía.



Suso Vaamonde símbolo da loita dun pobo



fuxan os ventos



os resentidos



e un longo etc
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 17-05-2007 01:20
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0