CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

corrección de erros traslados pediatras AP
Publicada hoxe en DOG corrección de erros en relación coa convocatoria de traslados para pediatras de Atención Primaria. Podedes consultar os cambios aqui.

Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 17-01-2008 09:46
Queres comentar ou preguntar algo?
publicada resolución traslados pediatras AP
Nesta ligazón podedes atopar a resolución pola que se convocan traslados para pediatras de Atención Primaria.
O prazo é dun mes a partir de mañá.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 07-01-2008 09:28
Queres comentar ou preguntar algo?
listado admitid@s tralados varias categorias
recibimos un correo do SERGAS que nos din que por problemas informáticos non poideron publicar os listados de admitidos en varias categorias para o concurso de traslados, somente son unhas poucas categorias podedes velas nos enlaces que deixamos abaixo e logo clicar Download...

clica no enlace que che interese:

persoal non sanitario

persoal sanitario non facultativo

persoal facultativo
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 21-12-2007 18:20
Queres comentar ou preguntar algo?
calendario previsto traslados e OPE
Vimos de recibir comunicación do SERGAS, que nos fai chegar un calendario de previsión de datas sobre os traslados. Velaqui o que se nos di:

- Concurso de traslados de licenciados sanitarios:

Na semana do 17 ao 22 de decembro se publicará na páxina web un listado, aos efectos meramente informativos, que tamén será enviado aos centros de xestión, no que figurarán os admitidos e excluidos (coa causa de exclusión), así como o centro en propiedade.
Coa publicación deste listado trátase de que os centros nos confirmen que o centro en propiedade é o correcto (dada a importancia que ten para adxudicar as resultas) e por outra banda para que os interesados sepan quenes participan definitivamente no concurso.

Os que figuren excluidos poderán enmendar a causa de exclusión coa publicación deste listado ou esperar a que sexa publicada a resolución provisional do concurso.

A resolución provisional do concurso será publicada na segunda quincena do vindeiro mes de xaneiro.

- Concurso de traslados outras categorías:

Nos últimos días do mes de decembro publicarase o listado de admitidos e excluidos no concurso de traslados das categorías restantes, excepto:

- ATS/DUE
- Auxiliar de enfermaría
- Celador
- Fisioterapeuta
- Grupo auxiliar da función administrativa
- P.S.X.

Coa publicación deste listado trátase de que os centros nos confirmen que o centro en propiedade é o correcto (dada a importancia que ten para adxudicar as resultas) e por outra banda para que os interesados sepan quenes participan definitivamente no concurso.

Os que figuren excluidos poderán enmendar a causa de exclusión coa publicación deste listado ou esperar a que sexa publicada a resolución provisional do concurso.

A resolución provisional do concurso de traslados para cada categoría irá publicándose a partires do mes de febreiro.

- Concurso de traslados de pediatría de atención primaria:

A convocatoria do concurso de traslados para pediatría de atención primaria será publicado no D.O.G. na segunda semana do mes de xaneiro.



Con respecto ás previsións da OPE, a única novidade que se nos informa é esta:

- Grupo auxiliar da función administrativa, P.S.X e cociñeiros:

Na semana do 17 ao 22 de decembro confirmaranse as notas definitivas do exercicio de galego e abrirase o prazo para a presentación de méritos. Dadas as datas do Nadal, o prazo para presentar a documentación será ampliado ata o 31 de xaneiro de 2008.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 05-12-2007 12:44
Queres comentar ou preguntar algo?
constitución das comisións de baremación de traslados
Vanse constituir as comisións de baremación para os traslados convocados do seguinte xeito:

* Comisión para Persoal Facultativo: inciciará o seu traballo na semana próxima e contan sacar listados provisorios en decembro.

* Comisión para o resto do persoal: iniciará o seu traballo en xaneiro, contando sacar listados provisorios en febreiro-marzo.

Se calquera de vós estades pensando en renunciar á solicitude de traslado, debedes de facelo agora, antes de que se constituan as comisións de baremación, enviando un escrito á Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS. Unha vez constituidas as comisións o traslado será irrenunciable.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 06-11-2007 11:01
Queres comentar ou preguntar algo?
solicitantes traslados SERGAS
Esta é a información da xente que solicitou traslados e do seu lugar de orixe, facilitada polo SERGAS. Decir que "xa" se constituiron os grupos de baremación e queren empezar de seguido a traballar.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 05-11-2007 14:03
Queres comentar ou preguntar algo?
publicada corrección de erros traslados
Publícase hoxe a corrección de erros da convocatoria de traslados. Podedes consultar a resolución aqui para licenciados sanitarios e aqui para o resto do persoal.

O prazo prorrógase ata o 31 de agosto.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 17-07-2007 12:40
Queres comentar ou preguntar algo?
novo retraso na convocatoria de traslados
O SERGAS informa que a publicación da CORRECCIÓN DE ERROS da convocatoria de traslados que estaba prevista para o día de hoxe ( por problemas do DOG ) atrásase para o vindeiro día 17 de xullo, e o prazo para bota-las solicitudes amplíase ata o vindeiro 30 de agosto.



Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 12-07-2007 09:16
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados
A relación das prazas de Traslados se van a publicar coa Corrección de Erros o Xoves día 12 de xullo en DOG e teñen carácter DEFINITIVO ( o prazo de solicitudes ampliarase ata o 14 de agosto ) para ver todalas prazas ofertadas:

Facultativos Especialistas Oferta
resultas

resto das categorias
resultas

Servizos Prestados: Os certificados de servizos prestados si son de Galiza se solicitan no centro onde se está traballando e é o propio centro o que se encarga de pedir os que se teñan en centros distintos de Galiza, logo de cubrir unha solicitude indicando en que centros e categorías se teñen os servizos prestados. Si os servizos prestados son de fora de Galiza e xa se teñen en formato orixinal ou compulsados serven non hai que solicita-los de novo.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 07-07-2007 23:41
Queres comentar ou preguntar algo?
cadros de prazas a traslado
Cadros coas prazas DOG:( haberá unha corrección de erros que sairía o vindeiro 9 ou 10 de xullo e abrirá novo prazo de solicitudes).

Facultativos Especialistas


Resto Categorías
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 05-07-2007 09:43
Queres comentar ou preguntar algo?
ÚLTIMAS NOTICIAS TRASLADOS
Despois de falar no día de hoxe co Sergas comentan o seguinte:

A Corrección de Erros das prazas contan PUBLICALA na semana que ben a principios ( 9 ou 10 de xullo ). Isto supón unha variación no prazo de solicitudes, o NOVO PRAZO empezará a contar a partires da publicación da Corrección de Erros e será dun mes dende a mesma. Ábrese un novo prazo debido a que os erros supoñen unha modificación sustancial da convocatoria ao afectar ás prazas.

Servizos Prestados: Os certificados de servizos prestados si son de Galiza se solicitan no centro onde se está traballando e é o propio centro o que se encarga de pedir os que se teñan en centros distintos de Galiza, logo de cubrir unha solicitude indicando en que centros e categorías se teñen os servizos prestados. Si os servizos prestados son de fora de Galiza e xa se teñen en formato orixinal ou compulsados serven non hai que solicita-los de novo.

Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 02-07-2007 14:01
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados
parece ser que moitos erros nesta convocatoria en canto a prazas que non veñen contempladas, a semana que ven o SERGAS mandará a DOG unha corrección sobre as prazas.
en tanto ahí vos queda o que está publicado en DOG.


Resolución do 20 de xuño de 2007, da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios deste organismo.

Resolución do 20 de xuño de 2007, da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario deste organismo.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 29-06-2007 11:37
Queres comentar ou preguntar algo?
prazas a traslados

Cadros coas prazas que o Sergas nos pasa para os traslados que van a DOG no dia de mañá:

Facultativos Especialistas

Resto Categorías
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 28-06-2007 18:09
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados
Enos imposible pola estructura do blog, poñer as vacantes de primaria desglosadas por categoria e centros, entendemos que resulta de interese non só para o persoal de traslado senon tamén para o persoal interino que as cubre.
Mañá poñerémonos en contacto coa executiva de CIG-Saúde para que as colguen na súa páxina e asi meter un enlace dende aquí.
De todos xeitos quen estea interesado en ter as vacantes que nos mande un correo a h.obarco@cig-saude.org antes das 14 horas de mañá venres e enviaremosllas ó correo.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 31-05-2007 23:02
Queres comentar ou preguntar algo?
TRASLADOS INFORMACIÓN XUNTANZA SERGAS
No día de hoxe celebrouse unha reunión no Sergas na cal se ían tratar dous asuntos:

Peche baremo persoal facultativo
Oferta de prazas á traslados

Respecto do primeiro punto comentar que o baremo queda pechado segundo o último borrador que hai do mesmo, ou sexa o que significa que a puntuación do MIR non vai ter un peso específico dentro do baremo, senón que vai no apartado de formación, a isto CIG-Saúde fixo un voto particular en contra que non foi aceptado xa que tanto a Administración como o resto dos sindicatos estaban dacordo co proposto no borrador de baremo.

O Sergas informou de que a convocatoria dos Pediatras retrasarase para novembro para que poidan concursar os pediatras da ope extraordinaria segundo o compromiso acadado en Mesa Sectorial anterior. Tamén informa que a toma de posesión non vai ser antes do primeiro trimestre do vindeiro ano.

Outro asunto que nos plantexa o Sergas é que para os Farmacéuticos de Atención Primaria a toma de posesión sexa por área e non por centro e turno, a este asunto opuxémonos os sindicatos da Mesa polo que non sabemos como o van sacar ao final.

Respecto das Matronas fixeronnos unha proposta que consiste en retrasar a oferta de traslados a novembro xunto coa dos pediatras para que poidan neste tempo modificar o Decreto 200/1993 e que as Matronas APD funcionarias poidan participar no concurso de traslados (neste asunto quedamos que nun par de días temos que manifestar a nosa opinión).

Respecto das prazas pasanos o Sergas un borrador coas prazas dos FEAS, que temos que comprobar, e temos para facer alegacións ata o martes da semana que ben. En O Barco xa detectamos que falta polo menos unha praza de radioloxia, que para nós é basico que saia.
Tamén nos entrega borrador correxido do resto de categorías. Quedaron en que ao longo do día de hoxe ou mañá pasarían as mesmas por centro e turno.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 30-05-2007 22:10
Queres comentar ou preguntar algo?
cadro de prazas de traslados SERGAS
Hoxe o SERGAS fíxonos entrega das prazas de traslados.
Podedes consultalas premendo aqui
e para ver as prazas ofertadas para facultativos
preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 30-05-2007 19:08
Queres comentar ou preguntar algo?
cadro de prazas provisorias para traslados sergas
para ver o cadro provisorio de prazas que sairán a traslado, preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 02-05-2007 11:38
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador definitivo de traslados
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 05-04-2007 01:05
Queres comentar ou preguntar algo?
Datas e baremos de traslados
O SERGAS fixo onte unha proposta sobre os traslados, na que adiantou os baremos que se van seguir (tanto de persoal facultativo como o de persoal non facultativo).

Ademáis o SERGAS informou de que pretende sacar as convocatorias no mes de ABRIL, ofertando o 100% das prazas, exceptuando as de médicos e enfermeiras de PACs, que non sairán convocadas nin para traslados nin para a oposición e serán renegociadas para o 2008.

Podedes consultar os borradores das bases dos traslados aqui (persoal facultativo) e aqui (persoal non facultativo)
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 14-03-2007 11:04
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0