Choposcarballo


Usuari@s do CRLP "Os Chopos" de Carballo da asociación APEM(Asociación Pro Enfermos Mentais)da Coruña.







¿QUEN SOMOS?
choposcarballo@yahoo.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O TEATRO DOS CHOPOS DE XIRA
Comezou a xira do noso grupo de teatro que por fin se estreou nun escenario fóra do noso centro. Fixoo, con grande éxito, no aniversario do xeriátrico Abrente onde un numeroso grupo de maiores poideron ve-la representación da obra ?Pista ou Peste? que levou o sorriso ás súas caras durante a representación.
Temos que decir que actuar fóra do centro para un público, que non son as nosas familias e amigos, foi unha experiencia nova para todos nós polo que os nervios eran un pouco maiores que noutras ocasións, pero todo saio á perfección.
A prensa local fíxose eco deste acto con foto dalgúns dos nosos actores en plena representación, esperamos seguir saindo en próximas representacións que de seguro nos ofrecerán noutros lugares do concello ou da comarca.
Tamén nos gustaría facer mención ó fabuloso trato que nos dispensaron todo o persoal do centro Abrente antes, durante e ó remate da función que nos convidaron a uns petiscos que agradecemos gustosamente.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 05-02-2010 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
COMUNICÁNDONOS
Aínda que pareza que foi onte,cumprimos xa seis meses da nosa andanza polo mundo da internet para abrirmo-las portas e amosa-los nosos quefaceres no CRPL "Os Chopos de Carballo".

Como xa escribimos noutros artigos, utilizamos o noso blogue como unha ferramenta máis para amosar os traballos que facemos no centro, as actividades que se levan a cabo, os servicios que a nosa asociación(APEM)presta ós doentes e familiares, etc. Pero, ademais de todo esto,queremos que sirva para comunicarnos con tod@s vós,tod@s @s que estades ó outro lado do ordenador e que tedes certa curiosidade e interese polo que aquí facemos. Axudádenos a darlle un pouco de publicidade. Ademais, acabamos de instalar un contador de visitas queremos que ve-lo subir cada día.

Gustarianos tamén que esa comunicación fose recíproca e que nos comentarades os nosos artigos,escribirades as vosas reflexións, e nos propuxerades todo o que vós queirades,recordámosvos que podedes facelo en cada un dos artigos ou no noso e-mail:choposcarballo@yahoo.com seguro que vos contestaremos.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 12-01-2010 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA DE NADAL 2009 NOS CHOPOS
Un ano máis celebramos nos Chopos de Carballo a festa de Nadal. Este ano cambiamos a música doutros anos por unha obra de teatro titulada "O roubo da santería" que os usuarios dos Chopos interpretaron con gran maestría.
A festa foi todo un éxito, a obra saio moi ben e numerosos familiares e amigos disfrutaron da actuación e dos petiscos tradicionais do Nadal nun ambiente moi cordial e familiar.
Este ano asistiu á festa por primeira vez o Alcalde de Carballo D. Evencio Ferrero acompañado polo concelleiro de Sanidade D. Marcos Trigo que quedaron satisfactoriamente sorprendidos polo traballo que levamos a cabo no centro e polo número de xente que convocamos neste e noutro tipo de actos.
Descansamos ahora nestas datas para retomar forzas e seguir traballando noutros proxectos dos que vos manteremos informados.
Bo Nadal a tod@s
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 28-12-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
CARPA "MAÍS QUE CAPACES"
O pasado día 12 de decembro deu comenzo na Coruña a carpa "MAIS QUE CAPACES", unha pequena feira onde diferentes asociacións expoñen e venden os traballos que os usuarios e usuarias destas entidades fan ó longo do ano.
Como non podía ser menos, a nosa asociación, APEM, estivo presente nunha das casetas amosando a ampla variedade de traballos(macramé, cerámica, cartón-pedra,xoiería,...)que nos centros da Coruña, Cee, Carballo, Betanzos e Cambre sacamos dos nosos talleres.
A carpa foi inaugurada pola concelleira de servizos sociais do concello da Coruña que visitou tódalas casetas e onde coincidiu co presidente de APEM, D. Luís Muruzabal e a xerente Dª Esther Monterroso,(vexáse a foto).
Seguimos, pois, presentes nas carpas e en feiras para continuar amosando os nosos traballos e a nosa labor á sociedade da que tamén formamos parte.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 16-12-2009 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
CARPA DAS ASOCIACIÓNS EN CARBALLO 09
Un ano máis as monitoras do noso centro acudiron á carpa das asociacións situada na praza do concello de carballo.
Alí estiveron toda a mañán do domingo 22 de novembro, acompañadas doutras entidades de Carballo e da comarca, amosando os traballos que elaboramos nos talleres ocupacionais do centro.
Ainda que as vendas non foron moi boas, conformámonos con que as persoas que acudiron á carpa poideran decatarse de que tamén existimos e que seguimos traballando pola nosa rehabilitación e a dos nosos compañeiros e compañeiras.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 01-12-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
V ENCONTRO DE FAMILIAS
XORNADA DE ENCONTRO DE FAMILIAS

A V Xornada de Encontro de Familias celebrada o pasado día 17 de Outubro no Pazo da Ópera da Coruña foi un éxito de participación e nós, como non podía ser menos, acudimos coas nosas familias para disfrutar dunha xornada chea de emocións e entretenemento.
A xornada foi inaugurada por distinguidos políticos do ámbito local, provincial e autonómico ademáis do presidente de Feafes Galicia, entidade organizadora xunto coa nosa asociación Apem. Por certo, esperamos que desta vez a clase política tomara nota das nosas demandas e se eforce algo máis para satisfacelas.
Logo dos discursos de inauguración e da parada obrigada para o café, gozamos dunha magnífica mesa de reflexión onde un periodista, un psicólogo social, un arquitecto e tres usuarios opinaron sobre a integración social dos enfermos mentais. Como era de esperar, e sen desmerecer as dos demáis tertulianos, as opinións e reflexións máis acertadas e por suposto as máis aplaudidas foron as dos nosos compañeiros.
A hora do xantar sempre é ben recibida e aínda máis se compartimos mesa coas nosas familias e compañeiros e compañeiras do noso e doutros centros. A comida deliciosa.
Xa pola tarde entregáronse os premios Feafes Galicia de narrativa, poesía, fútbol, blogs, etc. mentres viamos unha montaxe fotográfica da final do campeonato de fútbol celebrada en Narón no mes de Xuño.
Unha obra de teatro representada polo grupo Pinchacarneiro de Lugo foi o último acto antes de que o presidente de Feafes Galicia e o presidente de APEM D.Luis Muruzabal clausuraran a Xornada.
Para o ano esperamos voltar coas nosas familias e aínda que resulte paradóxico, esperamos ser moitos máis?sans.

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 20-10-2009 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
V XORNADA DE ENCONTRO DE FAMILIAS
A V Xornada de Encontro de Familias organizada este ano pola nosa Asociación APEM(Asociación pro Enfermos Mentais de A Coruña e FEAFES Galicia celebrarase no Pazo da Ópera de A Coruña, o vindeiro sábado 17 de outubro de 2009.

A Xornada de Encontro xorde en 2005 coa intención de ofrecer un espazo de intercambio de opinións e información para as familias que forman FEAFES. Na presente edición participarán preto de 1.000 persoas.

Cada ano a Xornada afronta con expertos, profesionais deste campo e cos propios usuarios un tema de interese para o colectivo. Nesta ocasión, debaterase sobre ?O cambio na percepción social da enfermidade mental?. Para iso, emitirase o documental ?Baixo a pel? -realizado por FEAFES Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Sanidade- no que se amosa a realidade cotiá das persoas con enfermidade mental en Galicia. Tras a proxección do mesmo, abrirase unha tertulia na que diversos persoeiros de gran proxección na vida pública galega aportarán a súa visión e reflexións.

As persoas convocadas para formar esta mesa de reflexión son as seguintes:

-Manuel Rivas (escritor e xornalista).
-César Portela (arquitecto).
-Xosé Luís Barreiro Rivas (politólogo, profesor de CC. Políticas e escritor).
-Xosé Romay Martínez (catedrático de Psicoloxía Social da UDC (Universidade de A Coruña).

FEAFES outorgará tamén no marco deste evento os Premios FEAFES Galicia 2009. Este galardón nace en 2005 coa intención de recoñecer o especial labor de entidades e particulares a favor do noso colectivo. Establécense as seguintes categorías: (1) á entidade pública colaboradora co movemento asociativo de persoas con enfermidade mental e os seus familiares, (2) á entidade privada, á (3) empresa privada e ao (4) colaborador individual.

Outra das actividades a desenvolver na Xornada será o V Concurso de Narrativa e Poesía celebrado xa en edicións anteriores- e que premia os traballos presentados por persoas con enfermidade mental pertencentes ás asociacións federadas á nosa organización. Con este concurso pretendemos fomentar entre os nosos usuarios os valores de participación e potenciación da creatividade, e a un tempo proxectar na sociedade unha imaxe normalizada e activa do noso colectivo.

Como novidade, a presente edición do Encontro incluirá un Concurso de Blogs no que se premiarán por primeira vez as iniciativas grupais que os talleres informáticos das distintas entidades presenten neste marco. No actual contexto das Novas Tecnoloxías emerxentes, o obxectivo do concurso é o de fomentar o uso das TIC e incentivar a participación e a creatividade a través da creación dun blog.

TEMPORALIZACIÓN PROVISIONAL DE ACTIVIDADES

10.00h Entrega de documentación

10.30h-11.15h Inaguración (invitados: Presidente da Xunta, Conselleiras de Benestar e Sanidade, Valedor, Presidente Deputación da Coruña, Alcalde de A Coruña)

11-15h-11.45h Pausa café

11-45h-12.15h Emisión documental (Baixo a Pel)

12.15h-13.15h Mesa Redonda ?O cambio na percepción social da enfermidade mental?

◦ Moderador: José Luis Muruzábal Arlegui (Presidente asociación APEM) (pendente confirmación)

◦ Interveñen:

-Manuel Rivas
-César Portela
-Xosé Luís Barreiro Rivas
-Xosé Romay Martínez
Un usario (pendente)


-13.15h-14.00h Entrega de Premios FEAFES Galicia 2009

◦ Premio entidade pública
◦ Premio entidade privada
◦ Premio colaborador individual
◦ Premio empresa colaboradora


14.00h-16.00h Xantar

16.00-16.45h Entrega de Premios Concurso de Narrativa e Poesía, Concurso de Blogs e Premios Fútbol (torneo de fútbol-sala con emisión de reportaxe fotográfica)

-16.45h-17.30 Representación teatral (Grupo de teatro Pinchacarneiro de Lugo: Fundación Anade. Obra: El Médico a Palos)

-17.30 h Clausura

¡¡¡ANIMÁDEVOS E VIDE!!!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 17-09-2009 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0