Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Política Lingüística di estar "moi satisfeita" co compromiso dos corpos policiais co galego
Pregunta do BNG no Parlamento

A Secretaría Xeral asegura ter constancia do máximo compromiso dos corpos e forzas de seguridade do Estado coa normalización.
Redacción Vieiros - 19:20 01/09/2008


Os dereitos lingüísticos dos galegofalantes nos cuarteis, comisarías e dependencias da Garda Civil e da Policía Nacional están garantidos. Así o considera a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que na resposta a unha pregunta parlamentar do BNG sobre este tema, asegura estar "moi satisfeita" neste eido. Ademais, na resposta di "ter constancia do máximo compromiso dos corpos e forzas de seguridade do Estado co proceso de normalización da lingua galega".

A pregunta dos nacionalistas referíase á situación dos dereitos lingüísticos das persoas que falan galego nas dependencias policiais e á imposibilidade de facer sinxelos trámites como denuncias, consultas na web ou a xestión do pasaporte en galego. Política Lingüística, pola súa parte, atribúe estes problemas existentes na actualidade ao feito de que "o proceso de normalización aínda está en marcha" e asegura que, unha vez concluído, estas circunstancias desaparecerán.

Doutra banda, o departamento da Xunta subliña os avances dos corpos policiais do Estado no eido da normalización, tal como as campañas En galego, con toda seguridade ou a difusión de relatos policiais na publicación Contos de agardar
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 02-09-2008 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0