Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Xunta recoñece que no eido da xustiza é onde menos se avanzou á hora de normalizar o idioma
INTERPELACIÓN PARLAMENTARIA

Dende a Consellaría de Presidencia aseguran que nestes momentos xa se pode tramitar o 50% das accións xudiciais en galego.

Redacción Vieiros- 16:00 15/09/2008



O secretario xeral da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Santiago Roura Gómez, compareceu este luns no Parlamento para comprometerse a traballar máis pola normalización do galego no ámbito xudicial. O lugartenente do conselleiro Xosé Luis Méndez Romeu recoñeceu que a xustiza é un dos eidos en que, "por razóns estruturais", o proceso de normalización lingüística está "menos desenvolto".

Logo de recoñecer os déficits, Santiago Roura marcou tres liñas de actuación para aumentar a presenza da lingua do país. En primeiro lugar, destacou a necesidade de accións formativas en materia de lingua e de linguaxe xurídica. Mais Roura tamén sinalou a necesidade de aumentar as traducións de textos legais á nosa lingua. Dende a consellaría sostñene que nos vindeiros meses vaise publicar a tradución dos códigos civís e penais e das leis de axuizamento civil e criminal, "que forman o corpus xurídico fundamental de utilización máis común nos xulgados e nos tribunais".

Por último, sinalou que a aplicación das novas tecnoloxías é "unha das accións fundamentais que se está a desenvolver". Roura afirmou que na actualidade xa se pode tramitar o 50% das accións xudiciais en galego e que se vai avanzar nos vindeiros meses.

O deputado nacionalista Bieito Lobeira denunciara na comisión parlamentaria que as ferramentas informáticas que empregaban os xulgados do país exclúen o galego. Roura asegurou que isto se debía a razóns estruturais xa que as aplicacións proveñen do goberno español.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-09-2008 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Jorquera pedirá medidas para garantir "o respecto do galego na Administración"
[GZnación / Redacción / 16 Set 08]



O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, dirixiráse mañá ao Presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero para preguntarlle "que medidas vai adoptar para garantir o respecto á lingua galega por parte da Administración Xeral do Estado".

Segundo informa nun comunicado, o parlamentar do BNG porá de manifesto "a continua vulneración da legalidade lingüística, no referente ao galego, na que acostuma a incorrer a Administración Xeral do Estado a través dos seus organismos, institucións ou departamentos ministeriais".

A pregunta será formulada na sesión de control ao Goberno que ten lugar os mércores pola mañá, a partir das 9:00 horas.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-09-2008 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Recibido de Mercedes Queixas
O venres 5 de setembro publicouse no DOG a resolución pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia para o curso escolar 2008-2009.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 6 de outubro (incluído).

Dado que as comisións de baremación deberán primar a calidade do proxecto cun valor do 80%, é importante reparardes no artigo 10 en que se explicitan os criterios de cualificación dos proxectos.

Entendemos que esta convocatoria presenta novidades importantes por canto quere responder a demandas longamente reclamadas. Por unha banda, publícase no inicio do curso académico, o que permitirá adecuar o proxecto económico á dinámica de actividades que se espallan ao longo do mesmo, e non só ao ano natural, como viña sendo habitual. Por outra banda, para facilitar o voso traballo e o propio desenvolvemento do programa de dinamización
lingüística, os centros recibirán un anticipo a conta do 20% do importe total concedido no mes de decembro. A xustificación, que, no entanto, será unica e global, deberá efectuarse antes do 1 de
xullo de 2009.

Fico ao voso dispor para calquera aclaración.

Saúdos dinamizadores cos meus mellores cumprimentos para este curso escolar que xa comezamos.


Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL
Edificio Administrativo Monelos
Praza Luís Seoane s/n 9º andar
15071 A Coruña
981 184 452
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 08-09-2008 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
OpenOffice 3.0 en galego
PRIMEIRA CANDIDATA

Xa se pode probar o novo OpenOffice 3.0 en galego

Publícase unha versión do paquete ofimático libre á que só lle faltan pulir erros de cara ao lanzamento definitivo, a mediados deste mes.

Redacción Vieiros - 14:40 08/09/2008


Xa está dispoñíbel a primeira versión candidata de OpenOffice.org 3.0, o paquete ofimático aberto máis coñecido, en galego. Hai que lembrar que este software foi traducido á nosa lingua no último encontro Xuventude Galiza Net coa coordinación de Mancomún.

Aínda que esta versión non é a definitiva, pois quedan posíbeis erros por corrixir, si nos ofrece a posibilidade de probar todas as súas novas características e funcións. Unha das máis novidosas é a importación de arquivos PDF, que xa antes podía crear, mais non editar.

A saída do OpenOffice.org 3.0 final está prevista para arredor do 16 de setembro. Até entón, pódese descargar a versión para Windows, Mac, Linux e Solaris dende varios servidores de réplica, como a da Universidade da Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 08-09-2008 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
... as verbas dos directivos do Club Financeiro de Vigo son falacias
A Rede Galega de Empresas di que as verbas dos directivos do Club Financeiro de Vigo son "falacias"

Núñez Feijóo propón retomar o "consenso" en materia lingüística dado que "estamos ao bordo dun conflito" polo idioma

[GZnación / Redacción / 4 Set 08]


A Rede Galega de Empresas mostrou hoxe a súa "repulsa" ante as manifestacións realizadas desde o Club Financeiro de Vigo sobre os supostos efectos negativos da política lingüística en defensa do galego, sinalando que están "completamente alonxadas da realidade" e que son "profundamente inxustas coa sociedade galega e en especial cos empresarios e empresarias que levamos anos traballando por este país".

Segundo sinalan, non se sente obrigados desde ningunha institución a utilizar o idioma galego, e se o fan é porque "nos sentimos debedores co noso país e porque o idioma forma parte da nosa realidade sociocultural".

Así, cualifican de "tremenda falacia" a afirmación de que o uso do idioma propio é causa da fuxida de empresas asentadas no territorio galego a outros países. "Mais ben, pensamos que a utilización do galego pode servir como un distintivo máis das nosas actividades produtivas e industriais", engaden. Con todo, sinalan, si poderían advertirse problemas para usar libremente o galego fronte a outros idiomas como, por exemplo, o castelán.

Finalmente, recalcan que non se poden achacar os problemas do empresariado galegos aos idiomas, senón ás políticas "que pretenden ter un empresario dependente das pautas monopolísticas que buscan primar sempre o de fóra, reducindo a mera comparsa a capacidade empresarial que como galegos nos corresponde".

Para o PP, Galiza está "ao bordo dun conflito lingüístico"

Así mesmo, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que Galiza está "ao bordo dun conflito lingüístico", polo que propuxo retomar "o consenso", pois existen "capas da sociedade" que non están de acordo coas políticas que se están aplicando nesta materia no país.

Un dos exemplos, aseverou, é o informe do Club Financeiro de Vigo, que será "revisado e analizado" polos 'populares', que consideran que é "fácil volver ao consenso", algo que parte de "derrogar o decreto do galego na ensinanza" para retornar aos "plans" lingüísticos aprobados por unanimidade.

Neste sentido, explicou que o seu criterio parte de que "os idiomas non poden ser unha barreira, senón unha ponte", nunha Europa na que "hai unha única moeda" e tendo en conta que as empresas só coñecen "unha moeda, a da competitividade". Así mesmo, considerou que as políticas que aplica o Goberno autonómico nesta materia "non protexen ao galego nin ao bilingüismo cordial", concluíu.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 05-09-2008 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Estimado/a señor/a:

No marco dos traballos realizados ao abeiro do Observatorio da Lingua Galega, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, queremos presentarlle o boletín electrónico de periodicidade semanal Novas de Linguas, que poderá recibir, se o desexa, no seu enderezo electrónico todos os xoves. Este boletín informa, en galego, sobre a actualidade lingüística de Galicia, España e do resto do mundo, nas tres seccións que o compoñen. Ademais, o boletín incorpora enlaces a recursos e páxinas web que poden ser do seu interese.

Se aínda non se subscribiu e está interesado en recibir este boletín, só debe facer clic en http://www.observatoriodalinguagalega.com/?q=boletin/subscricion e
introducir o seu enderezo de correo electrónico.

Como exemplo, pode consultar o boletín do xoves 4 de setembro no seguinte enderezo: http://www.observatoriodalinguagalega.org/boletines/20080904.htm


Reciba un saúdo cordial,
O equipo do Observatorio da Lingua Galega
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 05-09-2008 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Formación do profesorado CIG-Ensino e AS-PG 08/09
Premendo nesta ligazon podedes atopar as Xornadas de Ensino correspondentes a este mes de setembro de 2008, organizadas como cada ano pola CIG e a AS-PG.
Atención ao novo sistema de matrícula.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 03-09-2008 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
O Clube Financeiro de Vigo sostén que "o español desapareceu do ensino"
O DIFÍCIL CAMIÑO DA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A xunta directiva desta influinte asociación cre que o decreto de galeguización 'espanta' os executivos con fillos en idade escolar.

* A Universidade de Vigo, que é socia do clube, descoñecía a existencia do documento lingüístico

Redacción Vieiros - 19:55 02/09/2008


O equipo directivo do Clube Financeiro de Vigo publicou este martes un documento onde se teoriza sobre cuestións sociolingüísticas. Logo de afirmar no limiar que o escrito non está sostido en "criterios de carácter ideolóxico ou político", a dirección do clube financieiro conclúe nas seguintes páxinas que a dende a chegada do bipartito á Xunta e especialmente dende o decreto de galeguización do ensino "as posibilidades de escolarización en español para os nenos de Ensino Primario e de lingua materna castelá son practicamente nulas". No documento sinalan que isto, en menor medida, tamén ocorre no ensino secundario e no bacharelato xa que, segundo esta peculiar visión, "o español desapareceu ou ocupa un lugar residual pois a lingua vehicular é o galego; as materias troncais impártense nesa lingua, tendo o castelán tratamento de lingua estranxeira".

No mesmo documento, a entidade, que agrupa a 300 empresas e entidades que desenvolven a súa actividade no sur de Galiza, afirman que a normalización do galego no ensino provoca que "moitas empresas se estean a enfrontar á dificultade de reter ou contratar persoal cualificado procedente doutras rexións españolas ou doutros países, se a súa idade se sitúa na franxa de 30 a 50 anos e teñen fillos en idade escolar".

Como conclusión, o clube empresarial proponlle á Xunta, entre outros puntos, que sexan os pais os que decidan o idioma de escolarización dos seus fillos e que sinalización pública sexa sempre bilingüe.

Un posicionamento unánime?

O Clube Financeiro de Vigo engloba medianas e grandes empresas que teñen intereses na área metropolitana olívica. Fundando en 1993, a sociedade pretendía converterse nun foro para uns, nun "lobby" dirían outros, da clase empresarial viguesa e influir tanto nas decisións políticas locais como nas de ámbito nacional.

Tal e como lle recoñeceron dende o clube a Vieiros, o texto presentado publicamente este martes en Vigo foi aprobado unilateralmente pola xunta directiva, encabezada polo ex deputado socialista Xesús Bahillo. Por iso mesmo, custa concluir que todas e cada unha das entidades e empresas que forman parte deste colectivo suscriban este posicionamento. Un exemplo é o da Universidade de Vigo, que forma parte do Clube Financieiro de Vigo. Segundo puido saber este xornal, nesta institución pública non gustou nada o contido do comunicado. De feito, é moi posíbel que nas vindeiras horas se dea a coñecer un documento polo cal a entidade se desvincula do controvertido texto.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 03-09-2008 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Enviada pola ASPG - Xornadas Vicente Risco 1

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-09-2008 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Vicente Risco 2

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-09-2008 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0