|
|
|
|
Jordi Ballera - Director de Edelman Madrid: Para que falar galego? |
|
XORNAL.COM
La semana pasada me visitó Matt, un amigo neoyorkino que trabaja en una gran compañía automovilística en Japón. Después de tener una ronda de encuentros con clientes me llamó para cenar. Allí se presentó con varios libros en portugués que acababa de comprar y me contó que estaba aprendiendo esta lengua. La razón es evidente: Brasil es el cuarto mercado mundial de automóviles con 3,5 millones de vehículos vendidos en el 2010. Si atendemos a las predicciones económicas, Brasil, que ya es la séptima economía mundial con un crecimiento del 7,5% anual, se convertirá en la cuarta potencia en un par de décadas sólo por detrás de China, India y Estados Unidos. Con estas perspectivas no sorprende que Matt quiera aprender portugués.
Probablemente Matt necesitará algunos años para aprender la lengua; sin embargo un gallego hablante no tardará más de un mes en hablarlo con fluidez. Esto supone una gran ventaja competitiva para los gallegos que tenemos que aprovechar. Es irresponsable no reconocer que el gallego es un activo fundamental para potenciar la presencia de las empresas gallegas en Brasil y contribuir al desarrollo económico del país. Lejos de ser un obstáculo que condena al aislamiento, el gallego es la puerta de entrada a uno de los mercados más dinámicos del planeta.
Por un lado, su cercanía cultural hace de Galicia la vía de acceso natural de las empresas brasileñas a la UE. Sin duda, el hecho de hablar dos lenguas tan cercanas promueve el entendimiento, la confianza mutua y facilita los intercambios comerciales. Por otro lado, la experiencia de Galicia en los sectores pesquero, forestal, textil, construcción o automoción, le permite liderar proyectos de gran envergadura en Brasil, tanto industriales y comerciales como de carácter científico y tecnológico. No olvidemos que Brasil es el gran motor innovador de Centro y Sudamérica, representa el 60% de las inversiones en I+D de toda la región y sus investigadores publican el 50% de todos los artículos científicos de América Latina.
Galicia está en una envidiable posición para colaborar en estos procesos de transferencia tecnológica; pero para ello es fundamental capacitar a nuestros investigadores, científicos e ingenieros con esa lengua gallega que les permitirá cooperar con sus colegas brasileños. Al igual que Israel recurre con gran éxito al hebreo como lengua vehicular en la generación de conocimiento en ramas científicas, logrando cinco Premios Nobel en la última década, Galicia puede hacer lo mismo con la lengua gallega, dignificándola e integrándola en los entornos científicos más innovadores.
El gallego es un factor clave en la articulación cultural del país y el pilar de la identidad gallega. Pero además es el nexo de unión con una de las economías más potentes del mundo. Es imprescindible alentar su uso, en todos los niveles académicos, aprovechar su potencial comercial, económico y científico, y convertirlo en una ventaja competitiva que puede erigir a Galicia en un actor económico de primer orden y de proyección global
|
|
|
|
Os medios en galego importan - Asina |
|
Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.
Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un tras doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tomen a decisión de axudar aos medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.
Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un tras outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos.
|
|
|
|
Expertos europeos comproban ?a deriva? do galego co PP na Xunta |
|
A RAG e Queremos Galego advírtenlles do ?retroceso? da lingua e do ?incumprimento? da Carta que o Goberno presume de aplicar.
xornal.com
O Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (Celrm) comprobou onte ?a deriva que sofre a lingua galega? nos últimos anos. Fíxoo na xuntanza que mantivo con representantes da plataforma Queremos Galego, d?A Mesa pola Normalización Lingüística, Prolingua, Nova Escola Galega, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, representantes de xuíces ou a propia Real Academia Galega (RAG), entre outros.
?Fixémoslles saber a deriva que sofre a situación do galego desde 2004 e os retrocesos que varias medidas supuxeron para o idioma?, explica Manuel González, tesoureiro e representante da RAG, que coincidiu coa maioría de colectivos en sinalar o teórico ?descoñecemento dos expertos da situación real da lingua no país?.
Porque mentres o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurábanlle ao comité nunha reunión posterior ?o cumprimento da CELRM? e presumían ?das iniciativas do actual Goberno para a protección e normalización da lingua?, os tres expertos ficaban ?sorprendidos? ante a situación lingüística en Galicia.
Para Manuel González, a impresión era que o comité ?non tiña moita información do que acontecía no país?, ao igual que para Carlos Callón, presidente d?A Mesa e voceiro de Queremos Galego, que destaca a ?sorpresa? dos expertos ante a documentación que achegou para argumentar o ?incumprimento? por parte da Xunta da CELRM.
A sorpresa, segundo os consultados, era obvia logo de que comprobasen que todos aqueles elementos que o comité destacou como positivos no seu último informe ?as galescolas, os programas de inmersión ou o decreto de 2007? ?xa non existían?. ?Decatáronse de que os aspectos que consideraban óptimos hai uns anos foron eliminados, polo que terían que refacelo todo?, aclara o representante da RAG.
Luís Villares, ex coordinador de Xuíces pola Democracia en Galicia e que acudiu para avaliar a situación da lingua na Xustiza, insiste tamén na ?sorpresa? do comité ao comprobar ?que se incumprían varios artigos neste ámbito?. ?Eles mesmos advertíronme do incumprimento dalgún punto máis da Carta dos que eu lles explicaba?, destaca.
Villares refírese á ?imposibilidade de levar un procedemento xudicial completo en galego, á tradución ao castelán das declaracións xudiciais feitas no noso idioma ou á inexistencia de textos legais na lingua propia?. ?Comprobaron a vulneración flagrante dos nosos dereitos lingüísticos?, remata.
O decano do Colexio de Xornalistas, Xosé Manuel Pereiro, participou tamén na xuntanza, na que transmitiu ?a súa inquedanza sobre o futuro dos medios en galego?, así como ?a falta de actuación por parte da administración autonómica para que poñan de manifesto o seu compromiso claro e efectivo co idioma propio de Galicia?.
Segundo a Xunta, a reunión de onte en Madrid pretende recolleitar información para analizar a política lingüística ?aplicada polo bipartito entre 2006 e 2008?, aínda que Carlos Callón destaca que o comité lles aclarou que a análise ?incluía tamén 2009 (ano da chegada de Feijóo á Xunta)? e que non se limitaba só ao pasado, ?senón tamén ao cumprimento da Carta Europea na actualidade?.
Cos datos que facilite a Xunta e todos os colectivos convocados, os expertos elaborarán un informe que xa foi crítico co bipartito e que se completará con documentos achegados polo Estado. A finais de 2008, o documento do Consello de Europa louvaba as galescolas, os programas de inmersión en galego ou o decreto do ensino do goberno de coalición, aínda que os consideraba ?insuficientes?.
|
|
|
|
Máis dun cento de persoas saen á rúa a prol dos medios en galego |
|
xornal.com
Máis dun centenar de persoas concentráronse este luns en Santiago para reclamar o seu dereito a dispor de medios de comunicación en galego.Tamén mostraron o seu rexeitamento ao peche de cinco cabeceiras no idioma propio de Galicia durante os últimos dous anos. O acto, celebrado na Praza do Toural de Compostela, congregou a personalidades políticas e representantes de asociacións como A Mesa, do BNG, entidades xuvenís, e membros do sector dos medios de comunicación galegos.
Durante a súa intervención na protesta, o presidente da Mesa, Carlos Callón, criticou a ?epidemia? contra o galego que representa o Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo, ao constatar unha ?redución das posibilidades de vivir? no idioma propio de Galicia. ?Temos que reclamar ao Goberno que cese nesas políticas tan letais para o noso idioma?, criticou, tras incidir no perigo que supón esta perda mediática ?para a liberdade de expresión? e recordar que o Estatuto de Autonomía obriga aos poderes públicos a promocionar o galego na sociedade.
Pola súa banda, o poeta e columnista Miguel Anxo Fernán Vello fixo lectura dun manifesto de denuncia da ?brigada de demolicións Feijóo?, no que recalca as ?evidencias? de que a lingua galega é un ecosistema ?sometido a ameaza? e para o que non parece haber ?lexislación ambiental suficiente? que garanta a súa protección. Advertiu que os medios de comunicación en galego están ?en perigo de extinción?, e rematou: ?Deixemos as preguizas e as rutinas e pasemos á acción?. |
|
|
|
O PECHE DE GALICIA HOXE NON É UN PECHE, É UN ASASINATO |
|
Asistimos a un acto máis da violencia fascista do Goberno que ten ocupado San Caetano, unha auténtica brigada de demolicións e limpeza étnica, que subverte preceptos constitucionais un día si e outro tamén,. É a mesma práctica dos nazis pero con outro métodos. Estamos ante o franquismo sen Franco.
É obriga constitucional dos poderes públicos a defensa das linguas como o galego, lingua propia de Galiza. Aínda así, a política do goberno Feixoo adícase a liquidar medios en galego, é o primeiro caso coñecido no que un goberno fai campaña a prol da analfabetización do seu país.
Todos os cidadáns e o mundo da cultura debemos promover a defensa a ultranza dos medios en galego. Precisamos unha rebelión cívica.
Sobre o peche de Galicia Hoxe tamén opina Beiras na entrevista que concedeu a Radio Obradoiro |
|
|
|
|
|