Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Invitación do ENDL do Conservatorio
Benqueridos compañeiros!

Dende o ENDL do Conservatorio d Música Xan Viaño, querémosvos invitar
ao Concerto-Homenaxe a Xosé M. Álvarez Blázquez que celebraremos o vindeiro día 4 de xuño, ás 17.00 h. no auditorio do CMUS Xan Viaño.

Aproveitaremos a ocasión para presentar o voceiro n 0 do conservatorio que leva por nome FALAMUS!

Agardando q pasedes esta info aos ENDL
saudámosvos e agardamos a vosa visita

Moitas grazas
EMILIO MESÍAS FARÍAS
Coodinador do ENDL do CMUS Xan Viaño de Ferrol

José Manuel Y. Carballeira - voz
Genaro Fernández - piano
María José Corralero - arpa
Rubén Caneiro - guitarra
Vanessa Domínguez - arpa
Uxía Otero -arpa
Sonia Guerrero - arpa
Candela Ferández - arpa
Teresa Real - arpa
Verónica Gomollón - arpa
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-06-2008 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Vázquez Pintor: O primordial é a salvación da nosa lingua
De nada valería esta homenaxe se a lingua esmorece, se dentro duns anos desaparece o galego e queda nas huchas coma nun museo ... A xente debe ser usuaria sempre. Hai que manter a lealdade co noso idioma


Terra de Santiago.es - 27-05-2008

Xosé Vázquez Pintor acaba de ser nomeado escritor do ano por parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega. O próximo 7 de xuño faráselle entrega da simbólica Letra E, que xa recibiron destacados escritores da nosa terra. Xosé explica esta semana no TIERRAS como está a vivir esta experiencia.

? ¿Como recibe a nova de que vai ser recoñecido como escritor do ano?

? Din os novos algo así como "que way tío". É unha felicidade plena e con moito agradecemento á asociación da lingua galega. Ademais somos amigos, compañeiros... Este é un valor engadido. Estou como un rapaz novo ó que lle dan melindres.

? ¿Cal cre que son os seus méritos para recibir este recoñecemento tan destacado?

? Véxome a min mesmo como xente humilde, sempre un aprendiz. Eu son fillo de xastre e nunca coiden que chegaría a este nivel. O orgullo é outra cousa, pero esa pretensión de ir de... eu nunca fun así, máis ben todo o contrario. Por isto supoño que me deron os afectos. Despois no ámbito literario tiven moita sorte na literatura, e posiblemente, onde a vida mellor me tratou. Todo se xunta e sempre volves ás raíces de onde saíches, unha pedra que vai quedar na permanencia... Quedas moi agradecido, aos amigos, a familia, a Galicia.

? Ademais da entrega da letra E, a biblioteca municipal de Melide vai levar o seu nome, ¿como se sinte un ante isto?

? É unha fortuna. Este premio xa leva anos de andadura, é unha xenerosidade que cómpre que agradezcamos nós e os territorios que nos acollen. Porque non só é a letra E. Entereime o outro día que o busto vai ser unha peza de Silverio Rivas, que vaia casualidade, porque é un dos meus escultores preferidos. Lévase estupendamente, a letra que recolles, a pedra que vai quedar alí, a carón da capela de San Roque, onde está o cruceiro máis antigo de Galicia. E tamén o da biblioteca, o berce, a cuna dos libros... é todo un orgullo.

? E tendo en conta que voste leva moitos anos dedicándose a isto...

? Si. Pero se a meta se considera a publicación de libros ou premios literarios, iso o interpreto sempre como un factor de sorte. Que mo deran non significa que sexa merecedor ou que non houbese obras bastante mellores cas miñas. Sempre cómpre ser humildes e pensar que nunca fixeches a obra grande que ti soñas, que sempre quedará aí inacabada.

? Sen dúbida o 7 de xuño será un gran día, ¿en que consistirán os actos?

? Eu sempre soñei cos actos humildes e sinxelos, máis que cos bonitos e entrañables. Aquí van vir amigos escritores, das artes, das letras, veciños... porque tiven a sorte de aprender na vida, na terra e tamén convivir na beiramar atlántica. Vou ter seguramente unha boa acollida, rodeado de xente dende o atlántico. Espero que sexa un acto emotivo, pero sobre todo que sirva para reivindicar a lingua. Estamos pasando un momento crítico. De nada valería esta homenaxe, se a lingua esmorece, se dentro de uns poucos anos desaparece o galego ou queda metido nas huchas coma nun museo. O primordial é a salvación da lingua, despois a literatura, as homenaxes...

? Fala de manter viva a lingua galega, pero ¿cal sería o estado actual da literatura en Galicia?

? A min gústame a literatura de canle poética, onde as palabras teñen o seu sentido. Ó longo da miña experiencia como mestre trataba de que souberan apreciar a forma, o xeito. Porque temos unha lingua chea de palabras máxicas, extraordinarias e que ademais da mensaxe, dan ledicia, é música... Eu por exemplo, leo literatura ou poesía miña ou de outros autores en voz alta, porque hai que escoitar esa fermosura, a cadencia das palabras...

? ¿Cal sería o papel da xente nova na conservación da escrita galega?

? A xente debe ser usuario sempre que poida, que se pode. Hai que manter esa lealdade co idioma . Esa é a primeira ferramenta que o escritor ten que mostrar en público, na oralidade da lingua. Porque a escrita é outro mundo. Se es usuario todos os días e a xente que te escoita cre en ti, e ademais tes riqueza de léxico seguirán crendo en ti e se aínda por riba escribes como os anxos, pois xa o tes todo.

? Vostede fixo narrativa, poesía ou teatro, ¿podería escoller un destes xéneros?

? Non sei. De todos estou moi agradecido. O teatro deume a posibilidade de adentrarme nun mundo máxico. Eu denunciaba por aquel entonces a falta de interese das institucións daquela cara ó teatro, e para que o teatro de base fose o xérmolo. Tiven unha moi boa experiencia e creamos unha escola de base, tiven que deixalo despois de catorce anos. Aínda hoxe existen valeiros no teatro. Na poesía, sempre soñei ser poeta, pero ninguén será nunca ese poeta que soña. Tiven moita sorte en canto os premios literarios, o máis importante naquel tempo foi no 89. Pero tras os premios consecutivos, despois chegan as caídas, os silencios... pero aí está a experiencia, resistindo. E a narrativa é unha descuberta preciosa porque antes nunca pasaba das vinte ou trinta páxinas. Coa chegada do ordenador xa comecei a superar esas páxinas e a experimentación foi positivísima. Empezaron a nacer as novelas os relatos e posiblemente sexa onde mellor me atopo hoxe en día. Probei tamén no ensaio, sempre tiven moita sorte en todo o que fixen a nivel escrita. As editoriais ata día de hoxe respectáronme moito, sempre me quixeron ben.

? Sempre traballando... e de feito acabas de publicar a túa última obra ?Para dicir abril?, ¿en qué consiste este traballo?

? O que eu quería é que fose un libro lido sobre todo polo público feminino. É unha novela reivindicativa, anque tamén apunta pola vía poética, sobre todo pola diferenza sexual. Pasei a ser un narrador omnisciente, contando dende a miña experiencia ?masculina e de 61 anos? métome no corpo, e sobre todo na alma, dunha mociña de 29 anos lésbica. A súa andadura dende a infancia, os seus traumas, a pederastia que hai pola súa infancia adiante... chega a descuberta de que ela é outra cousa diferente. Esas diferenzas son o fío narrativo desta novela, que é unha reivindicación da diferenza en todos os xeitos, e sobre todo a visión do lesbianismo como outro mundo que hai que respectar e valorar. Aí están figuras da nosa historia que foron sempre loitadoras reivindicativas.


O PERFIL


Naceu o 30 de decembro do 1946, no municipio de Melide.
- Realizou a carreira de Filosofía e Ciencias da Educación.
- Como escritor abordou case todos os xéneros, dende a narrativa ata a poesía, pasando polo teatro ou o ensaio. Colaborou con diferentes medios de comunicación, sobre todo na radio e na prensa escrita. Durante os últimos anos foi mestre.
- Xosé recoñécese un verdadeiro amante da escrita, unha vocación que non pensa deixar polo momento. Confésase, ademais, un amante do deporte.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 01-06-2008 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0