Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fundaçom Artábria apresenta cartaz e programa do Dia das Letras em Ferrol
Diario Liberdade - Publicado em Terça, 12 Maio 2015.


Mais um ano, chega o 17 de maio e, mais um ano, a nossa entidade organiza umha intensa jornada lúdico-reivindicativa para festejar o Dia das Letras.

No sábado 16, começamos a jornada na Associaçom de Vizinhança de Santa Marinha, onde às 11.30 realizaremos um mural coletivo, obra da jovem artista ferrolana Névia Lamas.

Posteriormente, às 12.30, haverá umha sessom vermute com música tradicional.

Às 14.00 decorrerá um jantar popular com o churrasco como protagonista, a 5? a refeiçom, acompanhada de pam e crioulo.

Já de tarde, haverá umha gincana infantil com a nossa língua como tema central. Haverá prémios para @s ganadores/as.

Todas estas atividades decorrerám no local da Associaçom de Vizinhança de Santa Marinha.

Já à noite, a atividade deslocará-se para o nosso Centro Social, onde às 22.30h e com entrada gratuita, teremos música galega e em galego: Os Derradeiros, já uns clássicos na Fundaçom Artábria, partilharám cenário com outros clássicos do rock and roll galego: Os Zënzar.

Os da "cochiqueira" chegam a Ferrol para apresentar o seu último trabalho, com que festejam 25 anos em cima dos cenários.

na manhá do dia 17, combinamos na Praça da Tafona, em Canido, para percorrer o bairro com umha ruada normalizadora que nos levará como destino final ao Cruzeiro, onde participaremos na concentraçom convocada pola Plataforma Queremos Galego. Mais umha vez, daremos visibilidade ao reintegracionismo, conformando o "Bloco Laranja".

Em Trasancos, em galego!
Na Galiza, em galego!
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-05-2015 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
"Quen puxo Filgueira sobre a mesa non pode pedir agora que se agoche o debate"
Do Filgueira que se fotografaba coa bandeira galega coa esvástica Ultreia até o censor e o represor. O A Fondo que publicaremos esta quinta feira 14 de maio viaxa pola vida e obra do máis polémico homenaxeado no 17 de maio.

Sermos Galiza


-Polémico e poliédrico, como se encaixa neste A Fondo a figura de Filgueira Valverde?

-Pode que semelle sesgado cara aos aspectos críticos mais, sen deixar de recoller a argumentación a prol do positivo da súa obra, quixemos compensar o silenciamento destas outras posicións que exhibirán os demais medios. Quen puxo sobre a mesa a Filgueira non pode pedir agora que se acoche o debate ao redor del.

-Que facetas da súa vida e da súa obra serán abordadas nos diferentes artigos que o compoñen?

-Cómpre salientar nos contidos o devandito obxecto central da controversia. Dise que esta dedicatoria pode ser unha oportunidade para coñecer o noso pasado, pois coñezámolo. Sobre todo o ocultado e perseguido.

-O historiador Uxío Breogán Diéguez aborda neste A Fondo a figura de Filgueira en relación co nacionalismo. Que papel xogou Filgueira ao respecto do nacionalismo?

-Este autor achéganos a traxectoria de Filgueira a respecto do movemento nacionalista co que durante un tempo conflúe e do que finalmente se afasta.

-O artigo que escribes para o A Fondo céntrase na visión que Castelao tiña de Filgueira. Para Castelao, quen era Filgueira?.

-Lembramos a posición xenuína de Castelao a respecto de Filgueira. Castelao non considera que Filgueira actúe por conviccións políticas, senón que bota man desas conviccións segundo lle conveña para os seus intereses persoais. Como explica Uxío Breogán Diéguez no seu artigo, houbo outras persoas da dereita galeguista coma el que foron exiliados e represaliados porque, precisamente, polas súas conviccións relixiosas, non podían xustificar un réxime que mataba. No fondo latexa esa convicción fascista de que non hai dereitas nin esquerdas.

-O historiador Lucio Martínez fala neste A Fondo das responsabilidades que ocupou Filgueira no réxime franquista e o seu papel coa represión fría na ditadura. Que dirías fronte a aquelas persoas que o consideran un franquista xeneroso ou que traballaba dende dentro contra o réxime de Franco?

-Abonda só lembrar o cargo que ocupou na Comisión de Depuración das Bibliotecas de Lugo e citar tan só un dos libros prohibidos: Aires da miña terra de Curros. Os datos cómpre coñecelos, despois que cada quen tire as súas conclusións.

-A escolla de Filgueira Valverde para o Día das Letras estivo marcada pola polémica dende o primeiro momento. Deixounos este Ano das Letras saber máis ao redor da súa figura?

-Este é un país con moi pouco coñecemento de si. As letras galegas eran usadas por quen as defendía como unha oportunidade para traballar en prol de aliviar ese descoñecemento. A dedicatoria a un franquista por parte daqueles que non se distinguen precisamente polo seu activismo foi interpretado como un xeito de desmobilizar ás persoas que están a traballar día a día por baixo e a contra corrente para disipar esta autoignorancia. Isto foi unha xogada intelixente para que se nos quiten as ganas de traballar a todos os que nos viñamos implicando ano tras ano no Día das Letras nos centros de ensino, nas asociacións...

-Nun dos artigos deste A Fondo, o escritor Francisco Castro fala do valor da súa obra literaria. Onde radica? Puidera ser que as críticas pola súa biografía deixen en segundo lugar o seu traballo literario?

-Non hai ese perigo neste caso. Imos asistir quizais á máis grande potenciación dunha obra dun autor homenaxeado, ao sobredimensionando de cada un dos seus treitos e achegas. Precisamente son os que promoveron esta dedicatoria os que non teñen problemas en relegar autores con maior calidade e cantidade no seu traballo literario por ter unha biografía coa que disenten.

-O filólogo Xosé Freixeiro Mato comeza o seu traballo para este A Fondo cualificando de falta de decoro o feito de que se lle dedicara o Día das Letras a Filgueira Valverde e non a Carvalho Calero. Que hai para o noso stablishment cultural que fai que así sexa?

-Pois, como comentaba antes, a biografía disidente de Carvalho Calero. Precisamente, para defender a Filgueira Valverde como homenaxeado no Día das Letras dísenos que non hai que fixarse na súa vida, senón na súa obra. Mais iso non se aplica no caso de Carvalho Calero.

-Francisco Castro cualifica de infantilismo, neste A Fondo, levar aos altares ao homenaxeado do Día das Letras, como é habitual. Impediunos isto ter unha visión máis completa e real das persoas homenaxeadas até o de agora?

-Se aludimos á famosa mitificación, eu opino que lamentablemente a cultura galega non ten altares. Non hai nada que desmitificar porque estamos nunha cultura subalterna e minorizada que ten socialmente moito por facer para darse a respectar. Agora ben, concordo se nos referimos a que non valen de nada os ritos institucionais se non hai un traballo real de socialización das obras dos autores homenaxeados. Eu vivo nunha comarca con premios, rúas e centros de ensino dedicados a autores que teñen a súa obra esgotada ou inédita (Kenkeirades, Valenzuela, Espasandín...).

-Comeza Luis Bará o seu artigo cunha cita de Sabino Torres: ?En Pontevedra aínda hai moita xente que loitou contra Filgueira, que sabe ben quen era...?. Ti encárgaste das conclusións deste A Fondo. Para ti, quen era Filgueira?

-Non é casual neste momento a escolla de Filgueira. O pasado é invocado para xustificar o presente. Estamos asistindo á procura de escusas de todo tipo para desertar da causa do país. O localismo, o entreguismo a forzas alleas, as rendicións e fugas que nas situacións difíciles sofre un país? explican o éxito de figuras como estas. Eu subscribo plenamente a opinión de Castelao.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-05-2015 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Manuel Pazo: 17 DE MAIO
Redacción Diario de Ferrol | Actualizado 12 Mayo 2015


A única lingua que corre perigo na Galiza é esta que eu estou falando...?

Velaí o resumo da situación na que se atopa a lingua propria de Galiza nas palabras da deputada ConsueloMartínez. Convén lembrar, ás portas dun novo 17 de maio, que na primavera de 1963, en plena ditadura, abríase unha xanela á esperanza. Porén, 52 anos despois da súa instauración, 40 após da morte do ditador e 34da aprobación do Estatuto de autonomía non se acadaron os obxectivos de parar a perda de falantes e da normalización da lingua galega. A día de hoxe, os usuarios do galego seguimos carecendo do mesmo status legal que os falantes de calquera outra lingua, o que impide que a poidamos usar libremente en todos os ámbitos.
Non será, pois, o momento de mudar e procurar un acordo nacional no que se vexa implicada unha ampla maioría social? O solpor adormece entre os arrolos que docemente cantaruxa o souto.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 13-05-2015 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
A supervivencia do galego entra en campaña
O presidente da Real Academia acusa ao PP de non ter a defensa do galego como unha das súas ideas fundamentais. Dende a USC pídese que se aplique o Plan de Normalización mentres os conservadores, polo de agora, gardan silencio.

Por Galicia Confidencial | Santiago/ Ourense | 12/05/2015


A lingua galega entra de cheo en campaña tras o comunicado das tres universidades alertando que o idioma propio corre risco de ser estranxeiro na súa propia terra.

O presidente da Real Academia, histórico militante do PCE, tirou de retranca para advertir que "o PP non veu ao mundo para salvar a lingua galega". A insitución que preside Alonso Montero, ao igual que os departamentos de galego das universidades que se pronunciaron o luns, son moi críticos co chamado "Decreto do Plurilingüísmo".

Montero lembrou que o PP non ten como idea fundamental no seu programa a defensa do galego pero que goberna, polo que cómpre reclamarlle "aquelo que é esixíbel" mentres se espera que "gobernen outras forzas".

Na súa opinión debe ser o conxunto da sociedade quen reivindique esta defensa do propio. "A sociedade galega é a que ten que reclamar unha boa educación pública, unha boa sanidade pública e que se tomen medidas para que o galego no lugar de desfalecer, poténciese", indicou tras un evento polo Día das Letras na Universidade de Santiago.

Pola súa banda, Francisco Cidrás, un dos profesores autores do manifesto, lembrou que "os indicadores que van aparecendo nos últimos anos paunta dun xeito claro a un retroceso da posición social do galego". O responsábel do Departamento de Filoloxía da USC lembroulle a Xunta que é o Goberno quen ten ferramentas para corrixir esta situación porque, considera, aínda se está a tempo de corrixir o declive. Cidrás reclamoulle ao Executivo en particular que aplique o Plan de Normalización Lingüística.

Polo de agora nin a Xunta nin o PPdeG responderon as críticas recibidas. Con todo, cómpre lembrar que, despois de alimentar a polémica lingüística durante o bipartito, os conservadores, unha vez recuperado o goberno, sempre tenataron afastar o problema da lingua da primeira liña do debate público, conscientes do potencial mobilizador que ten o idioma entre os sectores sociais que apoian á oposición.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-05-2015 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
As universidades alertan que o galego está seriamente ameazado
Declaración conxunta dos departamentos de Galego das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo. Foi aprobada por unanimidade en cada un dos tres Consellos de Departamento e critica a falta de investimento en normalización e o chamado Decreto do Plurilingüismo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2015


Os departamentos de galego das tres universidades do Sistema Universitario Galego (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) acordaron facer pública unha declaración conxunta expresando a súa ?fonda preocupación pola situación que atravesa actualmente a lingua galega e polo seu futuro?, que consideran ?seriamente ameazado?. No documento defenden a lingua propia como ? patrimonio de todos os galegos e galegas e reclaman dos poderes públicos unha aposta decidida pola normalización lingüística, emendando a actual liña de actuación política nesta materia, e o cumprimento das súas obrigas legais de defensa e promoción do galego?.

En opinión dos expertos a lingua galega está "en perigo de seconverter nunha lingua estranxeira na súa propia patria" debido, entre outros factores, á "diminución de investimentos en todos os ámbitos relacionados coa promoción do uso e normalización da lingua galega".

A declaración foi aprobada por unanimidade nos Consellos dos tres departamentos e está asinada polos seus directores: Francisco Cidrás, do Departamento de Filoloxía Galega da USC; Manuel Ferreiro, do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UdC, e Burghard Baltrusch, do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo.

O texto critica varias políticas gubernamentais. Primeiro, a "falta de desenvolvemento" do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado polo Parlamento de Galicia en 2004 por unanimidade e, en segundo lugar e de forma subseguinte, "os efectos contraproducentes do Decreto denominado (aínda que de forma academicamente incorrecta) ?de plurilingüismo?", do ano 2010.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-05-2015 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
O brasileiro Luiz Ruffato súmase á listaxe como ?Escritor Galego Universal?
O vindeiro sábado, o brasileiro Luiz Ruffato converterase no novo ?Escritor Galego Universal?. Xa na Galiza, Ruffato participará en varios actos públicos para falar da súa obra.

Sermos Galiza


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) entregaralle o vindeiro sábado en Lugo, no transcurso da Gala das Letras, o recoñecemento e ?Escritor Galego Universal? ao brasileiro Luiz Ruffato.

Xa na Galiza, o escritor brasileiro pronunciará esta quinta feira ás 12.30 horas o relatorio ?Uma literatura na perifería do mundo? na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Xa na tarde, ás 19:00, será o protagonista dos ?Encontros no Paraninfo? na Facultade de Xeografía e Historia, acompañado dos profesores da USC, Carlos Quiroga e Carme Villarino.

O sábado, Ruffato participará en Lugo nun encontro cos medios de comunicación ás 17.30 no Refectorio do Museo Provincial de Lugo canda outros galardoados cos Premios da AELG nos apartados de ?Institucións? e ?Os/As Bos/Boas e Xenerosos/as? para logo recibir o premio na Gala das Letras que terá lugar ás 20:00 no Círculo das Artes.

O nome de Luíz Ruffato súmase ao de Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga no premio da AELG que destaca ?aqueles autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade humana?.

Luiz Ruffato está considerado un dos máis relevantes autores da literatura brasileira contemporánea. Contista, romancista, xornalista e poeta, na súa obra destacan títulos como Inferno Provisório, Eles Eram Muitos Cavalos, ou a pentaloxía Inferno Provisório, o que se presenta como o seu gran proxecto literario arredor da historia da clase traballadora brasileira.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-05-2015 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chelo Martínez: "A única lingua en perigo na Galiza é o galego"
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-05-2015 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Vtelevision.es: O galego e o apartheid
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-05-2015 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
A cantautora Sés actuará o 18 de xuño no Jofre no marco do festival ?A mocidade coa lingua?
REDACCIÓN DIARIO DE FERROL | Actualizado 06 Mayo 2015


Sés, nun recente concerto no Pazo de Cultura naronés d.a.


A cantautora Sés, un dos referentes da actual música galega, actuará o vindeiro día 18 de xuño no Teatro Jofre. A súa actuación converterase no prato forte do festival ?A mocidade coa lingua? organizado un ano máis pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración co Concello de Ferrol.
A actividade, dirixida aos centros educativos que desexen asistir ?previa inscrición?, contará ademais coa participación de tres formacións musicais estudiantís: un solista do IES Ricardo Carballo Calero; o grupo de rap do CPI Atios de Valdoviño; e o grupo de rock do IES Fernando Esquío de Neda.

obxectivo
Como en todas as actividades impulsadas desde a Coordenadora de Equipas, tamén nesta o obxectivo pasa por fomentar o emprego da lingua galega entre a mocidade e ademais en contextos, como neste caso o musical, que suscitan un gran interese entre os rapaces.
Ao mesmo tempo, a cita convértese para estes nunha oportunidade para dar a coñecer as súas creacións en galego. Nesta liña desenvólvese precisamente cada ano, por exemplo, o certame de poesía e imaxe, no que os estudantes da comarca amosan as súas destrezas plásticas en orixinais composicións que atopan en obras poéticas da literatura universal o seu motivo de inspiración. Outra das iniciativas da Coordenadora de Equipas para promover o emprego oral da lingua galega é o ciclo de teatro con G, que trala sesión inaugural do pasado 28 de abril continuará o vindeiro 20 de maio coa representación da obra ?Bicos con lingua? de Talía Teatro, nunha proposta dirixida a estudantes de ESO, Bacharelato e FP
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 06-05-2015 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña da USC para fomentar o uso do galego na docencia
GCiencia - Ciencia galega




Cando un docente usa o galego o seu alumnado tamén o emprega moito máis. Amparado nun estudo que demostra que un mesmo grupo de clase usa o galego nos exames ata un 70% máis co profesor que lle imparte as clases nese idioma que co que o fai en castelán, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela lanza a campaña ?Ensinas máis do que cres? para fomentar o uso da lingua galega na docencia nesta institución.

O uso do galego na docencia dos graos no curso 2014-2015, segundo os datos que manexa a propia USC, é do 21,52% sobre o cómputo de horas de docencia global (máis de 384.000 horas), mentres que o do castelán foi dun 74%.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 06-05-2015 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0