Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Arrancan as xornadas de Teatro con g
As xornadas de teatro con G comezaron o dia 15 de maio con Acuario : poemas de María Canosa con representación do grupo Os Ghazafelhos. O éxito de asistencia do público espectacular.Gostamos de ver as crianzas gozando na nosa lingua.
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2014 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Esquela Carmela
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-05-2014 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Falecemento de Carmela




Lamentamos profundamente comunicar o falecemento da nosa compañeira Carmela, boa e xenerosa, quen con tanto ánimo e ilusión nos acompañou ao longo destes anos.
En canto teñamos maior información, comunicarémola para que poidamos acompañala na súa derradeira andaina.


Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 15-05-2014 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
O Mundial fala galego e o galego é mundial
Praza Pública - Miguel Pardo | @depunteirolo


"O Mundial fala galego e o galego é mundial". Con esta frase poderíase resumir a campaña que desde o vindeiro 17 de maio porá en marcha a AGAL (Associaçom Galega da Língua) de cara ao vindeiro Campionato do Mundo de fútbol que se celebrará no Brasil neste verán. "Todo o planeta conhecerá e estará pendente do que é o jogo bonito, a torcida, a bola na rede, as bancadas ou umha folha seca. O galego, que batizado como português percorreu milhares de milhas náuticas, será centro da atençom de muitos lares nos cinco continentes", advirte a asociación na web que supón o punto de partida para unha iniciativa que pretende volver amosar á sociedade que o galego "vale para o dia a dia mas também para eventos tão importantes coma este".

Así o aclara Miguel R. Penas, presidente da AGAL, que encadra esta campaña (O Mundial fala galego) dentro das liñas que a asociación se marcou para este ano e coas que intenta amosarlle unha vez máis á sociedade galega que a súa lingua propia abrangue moito máis que Galicia. Que vale para todo, pero que neste 2014 "valerá, também, para organizar, e ser o eixo central, do mais grande espetáculo futebolístico internacional como é a Copa do Mundo". "Umha língua mundial para o Mundial. A norma do mundo é nossa", di o manifesto pendurado na web en referencia ao lema que os brasileiros adoitan usar para presumir da súa supremacía futbolística.

O Mundial fala galego ten varias fases e a primeira delas iniciouse co lanzamento da web, do manifesto e dos diferentes lemas e continuará o vindeiro sábado 17 de maio, Día das Letras, coa gravación dun vídeo no campo de Belvís de Compostela, onde dous equipos, un de amarelo e outro de vermello, xogarán un "jogo simbólico" que se incorporará logo ás diferentes iniciativas.

"As pessoas e coletivos que entendemos o galego como esta língua extensa, internacionalmente conhecida como português, queremos mostrar à nossa sociedade como este ano um dos maiores eventos desportivos será desenvolvido nesta nossa língua", di AGAL, que insiste en que "longe das visões derrotistas e (auto)limitadoras" é necesario "ver na língua um ponto de uniom e umha riqueza coletiva para toda a cidadania galega". "O galego é sinal que nos caracteriza, que nos singulariza, mas igualmente é chave que nos abre grandes oportunidades", asegura.

Pero haberá moito máis. A web incluíra desde esta mesma semana opinións de diferentes persoeiros que explicarán por que para eles o galego tamén é mundial e levarase a cabo unha campaña de crowdfunding para poder incluír banners e publicidade en grandes medios de comunicación, ademais dos anuncios que se incluirán xa en medios en galego e que serán financiados cos fondos da propia AGAL.

Do mesmo xeito, e durante a disputa do campionato no Brasil, a web d'O Mundial fala galego completarase con contidos desde os que se pdoerá acceder a vídeos en portugués, blogs de interese sobre o torneo na mesma lingua, así como un seguimento dos movementos de protesta que se están a celebrar no país durante os últimos meses e que seguirán durante o evento.

Como recoñece Miguel R. Penas, o deporte de masas e o Mundial son eventos que serven para "conectar com a gente nova que gosta do futebol". Por iso tamén que a campaña empregue as figuras dos xogadores Neymar e Cristiano Ronaldo, os respectivos líderes e figuras do Brasil e de Portugal, lembrando que eles dous "falan galego".

"É preciso reconhecermos o Brasil como país galegofalante ao tempo que reconhecemos a Galiza como lusófona", reivindica esta campaña, que se apoia no fútbol como "principal desporto na Galiza, no Brasil e em Portugal" e que "aproveita esta oportunidade" para volver berrar con forza que "a nossa língua é mundial".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-05-2014 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
En defensa da xustiza en galego
20 novos xuristas ingresarán na Irmandade Xurídica Galega co obxectivo de impulsar o idioma.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 10/05/2014


A defensa do galego na xustiza. Esa será a encomenda dos novos 20 novos xuristas que ingresarán na Irmandade Xurídica Galega.

Esta entidade, nacida para promover e potenciar o noso idioma no ámbito da xudicatura, celebra a súa VII asemblea no Paraninfo do Instituto Ramón Otero Pedraio de Ourense o próximo día 24. Alí, estes 20 novos xuristas pronunciarán a fórmula ritual de prometer desempeñar a súa actividade profesional en lingua galega.

Con estes xa son preto de douscentos os xuristas que integran a Irmandade: maxistrados, fiscais, avogados, procuradores e funcionarios de oficinas xudiciais. No acto intervirá o Fiscal Superior de Galicia que disertará sobre a figura do xurista homenaxeado deste ano Amadeo Varela Rodríguez , avogado ourensán vencellado á causa galeguista na II República ?escribiu artigos no xornal A Nosa Terra- e nos movementos antifranquistas.

O acto contará, ademais, coa descuberta dunha placa conmemorativa na rúa do Progreso da cidade das Burgas, onde Amadeo Varela tivo o bufete.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-05-2014 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Convocatoria de reunión - A mocidade coa lingua 2014
DÍA:MARTES, 13 DE MAIO DE 2014

HORA:19,00 HH

LUGAR:IES CONCEPCIÓN ARENAL



ORDE DO DÍA


1- Aprobación, se proceder, da acta da sesión anterior
2- FESTIVAL MUSICAL: ?A MOCIDADE COA LINGUA? 2014

Ferrol a 7 de maio de 2014
O Secretario
Miguel Anxo Romero
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-05-2014 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Gabriel-Rei Doval: "Galicia é tanto un 'state of mind' coma un 'state of heart'"
Gabriel-Rei Doval é un dos grandes impulsores do galego nos EE.UU. Alí celebrase estes días o simposio "(Re)Mapping Galician Studies in North America" que pretende "poñer no mapa" os estudos e a importancia que o galego ten nese país.

Galicia Confidencial

Por Xurxo Salgado | Milwaukee | 03/05/2014


En setembro de 2013 botaba a andar o Grupo de Investigación en Estudos Galegos da Universidade de Wisconsin-Milwaukee da man dun incansable investigador, sociolingüísta e profesor nesta universidade, Gabriel Rei-Doval, e co obxectivo de universalizar e afondar no estudo da lingua galega.

Polo momento, este grupo xa ten varios proxectos de investigación en marcha, algúns deles moi ambiciosos. Así, e ademais do seguimento e activismo a favor da campaña MLA Galician Studies, para incluír o galego na Asociación de Linguas Modernas, está a celebrar estes días o simposio "(Re)Mapping Galician Studies in North America".

Este congreso pretende ofrecer un punto de encontro para facilitar o intercambio de ideas críticas e de propostas disciplinarias sobre o presente e o futuro dos Estudios Galegos no mundo académico norteamericano. Entre outros proxectos, este grupo tamén está levando a cabo un estudio para a creación dunha sección permanente en Estudos Galegos na Asociación de Linguas Modernas, un proxecto de investigación para mapear a presenza de publicacións relacionadas co galego e unha enquisa sobre a vida e as contribucións dos galegos.


Por que é necesario "mapear" os estudos do galego en Norteamérica?
En realidade o que pretendemos desde Milwaukee é poñer no mapa, visualizar, o que xa existe e moitos colegas de diferentes universidades están a facer de maneira silenciosa e se cadra non coordinada. Trátase de visualizar e dar voz, imaxe e contexto ó que afortunadamente xa existe. Este é un intento de ?espectacularizar? a lingua, cultura e literatura galegas en Norteamérica. É tempo da acción total por Galicia e pola nosa lingua.

Que expectativas tes postas neste congreso?
A expectativa é que sirva para crear músculo académico para os Estudos Galegos en Norteamérica, tanto nos EEUU coma en Canadá. Que cada un de nós sexa xermolo dun mangado de galicianistas nun futuro próximo, e que Galicia, a nosa cultura e a nosa lingua sexan cada vez máis e mellor coñecidos neste corazón dun Imperio que, por moi poderoso que sexa, non poderá sobrevivir sen o alimento que a ricaz e variada tradición cultural galega poden prover ás outras culturas do mundo, tamén a norteamericana.

E cal é o teu obxectivo final?
Como dixen, a idea é ir creando músculo académico para axudar a visibilizar unha Galicia que é tanto territorial coma extraterritorial. Galicia é tanto un ?state of mind? coma un ?state of heart?. Parafraseando ó Presidente Kennedy, non se trata do que Galician Studies pode facer por nós, senón o que nós podemos facer por Galician Studies.

Levas xa moitos anos de docencia nos EE.UU. Que busca un estudante ou investigador cando elixe o galego?
Efectivamente, este ano cúmprese unha década desde a miña chegada ós Estados Unidos. Agora paréceme intuír mellor como axudar a facilita-la entrada da cultura e lingua de Galicia neste que é o meu país de acollida. Os estudantes que desde a súa mocidade saben de Galicia descobren un mundo novo, que ás veces lles descobre unha forma tamén nova de sentir, pensar e estar no mundo. Porque, como dicía unha campaña de dinamización lingüística, ?en galego, estamos no mundo?.

Que é o que máis lles gusta da nosa cultura, do noso país?
O que máis sorprende da nosa cultura é a súa capacidade para se manter e revitalizar, como din en inglés, a súa ?resilience?, a pesar de todo e de todos. Pregúntanme por que Galicia segue non só resistindo, senón tamén existindo, a pesar de todo. E eu dígolles, é que Galicia contén en si mesma un mundo enteiro. Como dicía miña avoa ?é que Ghalicia éche moi ghrande?.

E o que menos?
O que menos gusta é probablemente o espírito de ?loser? ou perdedor no que moitos galegos seguen teimando de forma insensata e inútil. A algúns se cadra pareceralles poético, pero como digo é absolutamente inútil, e desde logo non encaixa na mentalidade norteamericana. Claro que só quen perdeu moito sabe apreza-lo que é gañar.

Cres que ten potencial de futuro nese país?
Eu coido que Galicia ten que aprender a facerse valer, cara a dentro e tamén cara a fóra. Os galegos temos moito de que sentirnos orgullosos, e moito que ofrecer ó mundo. Esta é unha das bases do noso (Re)Mapping Galician Studies in North America. Necesitamos ser conscientes de que, como dicía un programa da TVG, somos unha potencia, mesmo desde a nosa dimensión supostamente minúscula.

Ti es o impulsor do Grupo de Investigación en Estudos Galegos da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, que traballo estades agora a realizar, ademais de organizar este congreso?
O noso grupo naceu hai menos dun ano, pero xa antes diso facilitamos e liderámo-la proposta MLA Galician Studies, que puxo na boca e na mente de moitos académicos norteamericanos a existencia dunha realidade emerxente chamada Galicia, que é relevante tanto para o mundo lusófono coma para o hispánico, e asemade para diversos ámbitos: os Estudos Postcoloniais, Celtas, Transatlánticos, Ibéricos, Culturais ou de migración, entre outros.
Nestes momentos sómo-lo grupo de investigación en Estudos Galegos máis numeroso de ningunha universidade desta parte do hemisferio. Queremos logo aproveitar ese potencial humano co que contamos para visibilizar e dar corpo á investigación sobre Galicia e a súa lingua milenaria. Nestes momentos, pensamos en iniciar unha investigación historiográfica sobre os estudos galegos en Norteamérica, tanto no que se refire a publicacións coma a congresos académicos. Ademais, ó longo deste ano elaboraremos un estudo sobre o sentido e percepción dos temas galegos entre académicos norteamericanos . Temos máis ideas, pero temos que ir de vagariño. Amodo que temos présa.


Unha das principais campañas que tedes realizado é unha recollida de apoios para que os estudos galegos conten cunha sección propia na Modern Laguage Association. Como está esta cuestión?
Nestes momentos, a todopoderosa Modern Language Association está considerando a nosa proposta. Queremos que a lingua, cultura e literatura galegas teñan o posto máis distinguido posible, e niso traballamos arreo creando rede e facendo campaña de apoio a todo o que representa Galicia. Para nós non hai mellor maneira de querer Galicia e de ser galegos. En http://groupsdiscussion.commons.mla.org/revised-draft-proposal/ pode verse como Galicia e todo o que o noso país representa concita moitos máis apoios e simpatía do que moitos poderían imaxinar.

Cales son os teus proxectos futuros no campo da lingua en EE.UU.?
O proxecto principal é facer que a lingua nacional de Galicia sexa recoñecida, valorada e estudada por tantos norteamericanos como poidamos sumar ó potencial xa existente en Galicia. Desde hai máis de dúas décadas interésame a investigación sociolingüística, e nestes momentos tento combinar o que iso supón coa dimensión máis psico- e neurolingüística. Tamén me interesan os contextos de fronteira (a galego-portuguesa, por exemplo), así como o estudo historiográfico da lingüística galega. Porque para min, antes, agora e sempre, en galego estamos no mundo? E a nosa lingua florecerá tamén en Norteamérica.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 03-05-2014 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0