Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para o Corte Inglés, o Galego é unha lingua estranxeira?
Galiza - Diário Liberdade - A livraria que o centro comercial espanhol 'El Corte Inglés' tem na Corunha, segunda cidade galega em habitantes, classifica os dicionários de Galego dentro da seçom "Línguas Estrangeiras".

A prova gráfica foi remetida ao Diário Liberdade por um leitor que etiqueta como "impressionante" este facto, sem dúvida revelador do grau de implantaçom e acomodaçom à realidade da Galiza das grandes firmas espanholas.

Este facto, em lugar de constituir qualquer estravagáncia, corresponde com o peso real que o idioma da Galiza tem na livraria e em todo o centro comercial de 'El Corte Inglés' nas diferentes cidades galegas. O espanhol é mais do que hegemónico, quase único, frente a alguns traços pitorescos da que ainda é língua maioritária para o conjunto da populaçom galega, mas que começa a ficar como minoritária entre as galegas e galegos de menor idade graças, entre outras cousas, à política abertamente espanholizadora de 'El Corte Inglés'.

De facto, a livraria do 'El Corte Inglés' fai do espanhol a língua de 99% das obras postas à venda, com a única exceçom de umha pequena estante de livros em galegos, comparável em peso ao que tem qualquer outra língua estrangeira. O gesto de, diretamente, colocar os dicionários de Galego na seçom de "Línguas Estrangeiras" confirma o aberto desprezo dos donos dessa firma pola identidade do país onde mantenhem abertos os seus negócios.

Mais indignante nos parece que as proprias instituiçons públicas da Galiza (Cámara Municipal da Corunha e Junta da Galiza, neste caso), mantenham relaçons preferenciais com essa empresa, sem lhe exigir o mais mínimo compromisso com o idioma ainda hoje maioritário da populaçom galega.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-05-2012 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello acolleu onte a primeira reunión do Consello da Lingua deste mandato
Diario de Ferrol

Venres, 11 DE MAYO DE 2012 00:00


O Concello acolleu na tarde de onte a sesión constitutiva do Consello da Lingua, presidido polo primeiro edil da cidade, José Manuel Rey Varela.
O organismo está integrado polo concelleiro delegado da área de Normalización Lingüística, José Manuel Vilariño Anca; un representante de cada grupo municipal, así como da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, da Fundación Artabria e da Mesa pola Normalización Lingüística.
Entre os asuntos abordados na sesión de onte atópanse a incorporación da administración ferrolá á rede de dinamización lingüística e a programación preparada polo departamento de Normalización Lingüística para o primeiro semestre do ano, na que se inclúe a celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano ao pontevedrés Valentín Paz Andrade.
O Consello da Lingua constituíuse por vez primeira no ano 2001 e ó longo destes anos tivo momentos de moi escasa actividades. Trátase de abordar o tema da lingua e o fomento do galego non só dende o punto de vista institucional.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-05-2012 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Xa levabamos tempo sen música para os máis pequenos
Comentarios (0) - Categoría: Para os máis pequenos - Publicado o 11-05-2012 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
7 cidades lerán un manifesto polos medios en galego.
7 cidades lerán un manifesto polos medios en galego.
A campaña Vitaminas para o Galego, na que colabora o GC, lanza novas iniciativas polo Día das Letras, incluída a lectura dun manifesto a prol do idioma propio en dezasete cidades de todo o mundo.

Por Galicia Confidencial |

Alumnos e alumnas dos colexios e Institutos de Lugo recibirán nos vindeiros días ?Lapis para escribir en galego?, dentro da campaña ?Vitaminas 17? que esta semana se presentou na Casa do Concello de Lugo. ?Vitaminas 17? é unha iniciativa de Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 29 medios de comunicación do país. Este colectivo prepara unha serie de accións co gallo do Días das Letras, entre as que se inclúe a lectura dun manifesto en 17 cidades de todo o mundo.

Segundo o responsábel dun dos medios organizadores, Henrique San Fiz de Radiofusión, ?os lapis pretenden ser unha chiscadela de humor e ironía para propiciar a reflexión arredor da utilización da nosa lingua?. Alfonso Ribeiro (De luns a venres) indicou que segundo os dados do EGM, o 40% dos seus lectores teñen como primeira lingua o castelán, o que demostra ?que a utilización do idioma galego non é en absoluto un obstáculo para chegar a todo tipo de públicos?. O tenente de alcalde e concelleiro de Cultura Antón Bao subliñou a importancia de promover o idioma galego como ?elemento de cultura, comunicación, tolerancia e respecto?.

Os organizadores destacaron que ?nestes momentos xa se sumaron á Vitaminas para o galego 29 medios de comunicación, o que é unha proba da receptividade da sociedade diante desta iniciativa?.

Vitaminas 17 polo Día das Letras

Para conmemorar o Día das Letras, o 17 de maio, os medios de comunicación de Vitaminas, organizan unha actividade expansiva ?facendo fincapé na necesidade de medios en galego para prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeracional?.

Na web vitaminasparaogalego.gl pódese consultar un manifesto redactado polos medios. O obxectivo é que o 16 de maio se lea o manifesto en, polo menos, 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 Casas dos Concellos, en 17 cidades de todo o mundo e que se traduza o manifesto ás 17 linguas máis faladas. Vitaminas xa traballa para que todas estas lecturas se graven en vídeo e se envíen ao enderezo manifesto@ vitaminasparaogalego.gl

Festival en Carballo

A iniciativa que se presentou onte en Lugo rematará o dia 16 co festival ?Vitaminas para o galego?, organizado polo Concello de Carballo e que presentará a actriz e escritora Paula Carballeira contando coa actuación de María Xosé Silvar ?Ses?. Ademais realizarase a entrega do Premio de Artigos Normalizadores, que este ano recaeu en Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización.

A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Tempos Novos, Galicia Confidencial, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal da Barbanza Certo, O Sil.info, Crónica 3, Radio Nordés, Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca, Surf GZ, Cardenos de Comunicación e Análise, Lalín e Comarca, Hermes e Atenea , Disquecool, De Luns a Venres, Cabozo.com, Vencello, Cartafol, A nova Peneira, Programa radio Plástico Elástico, Cerne, Terra de Melide, gzvideos, gzmusica, Kubus e Gaceta de Fene.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 10-05-2012 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Entrega de premios certame Poesía e Imaxe 2012
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 10-05-2012 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
O fiscal superior da Galiza reclama ''que a RAG se proxecte por riba da literatura'' e defenda o galego no eido xurídico
Carlos Varela e Méndez Ferrín mantiveron unha xuntanza ''histórica'' en que o fiscal manifestou a necesidade de que o uso da nosa lingua se normalice na Xustiza. Emprazou á Real Academia a que elabore un vocabulario que as e os profesionais poidan consultar na rede.

Sermos Galiza


O fiscal superior da Galiza, Carlos Varela, trasladou nesta terza feira á RAG --Real Academia Galega-- "a necesidade de que a institución se proxecte por riba da literatura" para incidir na difusión da nosa lingua en ámbitos como o xurídico.

Nunha xuntanza co presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín, que Varela cualificou como "histórica" --pois é a primeira vez que un presidente da RAG vai á Fiscalía superior de Galiza--, o fiscal informou ao intelectual de que a asociación Irmandade Xurídica Galega (Ixuga) organizará o vindeiro 16 de xuño unha homenaxe a Ramón Carballal Pernas, que exerceu na Audiencia territorial da Coruña e foi activo promotor da incorporación do galego ao eido xurídico.

Así, Varela reclamou perante Ferrín que o Día das Letras "debería abrirse" a figuras históricas de sectores distintos do literario "e que resultan fundamentais nestes tempos para a penetración e normalización do uso do galego". Alén disto, o fiscal propuxo que a RAG elabore un vocabulario xurídico na lingua propia do país que permita ás persoas dedicadas profesionalmente ao dereito consultar, a través da rede, termos legais que deben empregar.

"Estamos implicados nun proceso de normalización lingüística, de modo que procuramos que todas as nosas actuacións públicas incorporen sempre o galego como lingua de expresión", destacou Varela en relación á actividade da Fiscalía, e engadiu que, por primeira vez, a memoria anual da actividade que se presenta perante o Parlamento da Galiza foi elaborada no noso idioma.

"En casas como esta, en audiencias e xulgados, téñense perpetrado verdadeiros e masivos insultos e atentados contra a lingua, e durante séculos moitos galegos que acudían aos tribunais sen saber falar castelán eran interrogados nunha lingua que non entendían ben, feito que os situaba nunha situación de indefensión gravísima", recalcou Méndez Ferrín, quen reclamou que a lingua galega "debe ocupar plenamente e con dereito" o seu lugar nos tribunais de Xustiza.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 10-05-2012 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Xuventude Galicia Net "sen galego"
A maior festa informática do país, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, usou unicamente o español para comunicarse cos oito mil mozos que acudiron esta fin de semana a Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 07/05/2012

Xuventude Galicia Net é a maior xuntanza informática do país. Grazas ao financiamento da Xunta, miles de mozos acuden cada ano a Santiago para participar nunha fin de semana repleta de actividades e obradoiros.

Segundo denuncia Galiza Nova, a organización, que depende da Xunta, excluíu o idioma propia de todas estas actividades da edición desta fin de semana. As mocidades do Bloque aseguran que "o español foi o idioma único na mínima cartelaría editada, nos avisos da organización, así como na atención dos postos de extranet?. Como proba aportan un dos carteis dos obradoiros, efectivamente só en español.

A web de Xuventude Galicia Net si está no idioma propio de Galicia. A Xunta aínda non deu unha resposta á denuncia do colectivo nacionalista. "Estamos ante unha actitude consciente e deliberada, que encaixa perfectamente na actitude mantida polo goberno do Partido Popular empeñada na desaparición do galego entre a xente moza?, denuncia Galiza Nova. Os mozos do BNG chaman a participar na manifestación de Queremos Galego o día 17 en Santiago co gallo do Día das Letras.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-05-2012 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
XX Certame Musical A Mocidade coa Lingua

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 04-05-2012 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0