Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Colexio de Avogados de Santiago pide esforzos a prol da lingua na xustiza
MANIFESTO POLA NORMALIZACIÓN

Nun comunicado, o colectivo profesional tamén se solidariza coa maxistrada Ana-López Suevos.
Redacción Vieiros- 09:30 03/05/2008


A Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela aprobou o pasado martes un comunicado a prol da normalización da nosa lingua que agora se fai público. Ofrecémoslle o acordo íntegro:

En relación coa polémica suscitada nas últimas semanas polo uso do galego nos tribunais de xustiza e facendo propias as declaracións emitidas no seu día polo conxunto da avogacía compostelá, esta Xunta de Goberno quere recordar que:

Avogamos polo dereito a usar a lingua propia de Galicia na vida pública e privada.

Avogamos por unir esforzos con todos os operadores xurídicos que actúan no ámbito da xustiza co fin de acadar a normalización efectiva da nosa lingua.

Avogamos por eliminar todos os obstáculos que impiden o uso libre do galego no exercicio profesional e rexeitamos expresa e rotundamente toda actividade ou actitude que trate de utilizar este dereito como arma xurídica.

Avogamos por contribuír ao prestixio e ao enriquecemento do galego xurídico asumindo de noso este reto.

Así mesmo, ofrecemos o noso apoio e solidariedade a todos aqueles operadores xurídicos que vexan menoscabados os anteriores propósitos. Neste senso, consideramos especialmente correcta a actuación da maxistrada D.ª Ana López-Suevos Fraguela e solicitamos unha condena rotunda contra todos aqueles que pretendan alterar os obxectivos enunciados
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 04-05-2008 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0