Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Premios a proxectos de innovación en normalización lingüística
Prezado coordinador:
Prezada coordinadora:

No DOG do martes 13 de maio foi publicada a resolución pola que se convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística para se desenvolveren no curso académico 2008-2009.

Os proxectos deberán fomentar algún ou varios destes aspectos:
1. O galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas.
2. O achegamento á lingua e ao coñecemento da realidade sociocultural galega por parte do alumnado procedente do estranxeiro e das súas familias.
3. A colaboración con entidades culturais, asociativas, recreativas e deportivas, así como coas empresas locais, para favorecer o emprego da lingua galega e mellorar a súa valoración social.
4. A relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e da comunicación.

A consecución dun dos dez premios convocados implica unha dotación económica de 2.000 euros máis a formación e o asesoramento necesarios para o profesorado do centro participante no proxecto. Unha vez entregada a memoria do proxecto, este difundirase nos web da Secretaría Xeral de Política Lingüística e no da Consellería de Educación.

O prazo de presentación do proxecto é de DOUS MESES contados desde o día seguinte á publicación no DOG.

No seguinte enlace, e só como orientación, podes consultar os dez proxectos premiados na pasada convocatoria e que se desenvolveron durante o presente curso escolar: http://www.xunta.es/linguagalega/boas_ideas.

Sen outro particular, e coa confianza de que esta convocatoria responda á vosa motivación innovadora en materia de normalización lingüística, aproveito a opcasión para che enviar un saúdo dinamizador.


Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL
981 184 452
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-05-2008 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Trinta traballos escolares integran a mostra "En galego, sen filtro"
REDACCIÓN DIARIO DE FERROL


Trinta debuxos, pinturas, colaxes e fotografías inspiradas en propostas poéticas da literatura universal en diferentes idiomas. Son as obras que conforman a exposición do VIII Certame de Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro" que onte foi inaugurada no Carvalho Calero con motivo da entrega de premios aos traballos seleccionados.

Centos de escolares de colexios da cidade e comarca, máis incluso que en anteriores convocatorias, participaron este ano nunha nova edición do concurso organizado polo Concello de Ferrol en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Deles, o xurado seleccionou os catro mellores traballos por etapa educativa (Infantil, primeiro e segundo ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos). En total, trinta composicións que dende onte e nos vindeiros quince días se poderá visitar no centro cultural Carvalho Calero. A partir de entón, a mostra poderá ser exposta nos centros educativos que así o soliciten.

Os autores das creacións que dan forma á mostra recibiron tamén onte, no decurso do acto de inauguración, uns agasallos da man do concelleiro de Participación Cidadá e responsable da área de Normalización Lingüística, Javier Galán. Na cita estiveron tamén, ademais dos alumnos e familiares, os representantes da Coordenadora de Equipas.

Os alumnos premiados pertencen a distintos colexios e institutos de Ferrol e comarca, como son o Ludy, San Xoán de Filgueira, Pazos, San Ramón de Moeche, Ponzos, Lestonnac, Isaac Peral, IES Punta Candieira, Catabois, As Telleiras, Concepción Arenal, Ferrol Vello, Saturnino Montojo, Fernando Esquío de Neda, Marqués de Suanzes, IES de Canido, Carballo Calero, Leixa ou Sofía Casanova.

O certame ten como obxectivo o achegamento dos máis novos á realidade plurilingüe do mundo do que forma parte a comunidade galega e a existencia de diferentes formas de comunicación.

Mocidade coa Lingua > Con este mesmo obxectivo terá lugar o vindeiro venres outra das actividades organizadas cada ano pola Coordenadora en colaboración e o Concello de Ferrol. Trátase do Festival "A Mocidade coa Lingua", un concerto que contará coas actuacións musicais de Norfolk, Ledicia, Matutanos e The Arradios. O espectáculo celebrarase a partir das 10.30 horas no Parque Raíña Sofía de Ferrol.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 13-05-2008 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
Apoio ao manifesto de AGAL
Dai o vosso apoio ao manifesto da convocatória da AGAL dumha manifestaçom na defesa da língua da Galiza

http://www.agal-gz.org/modules .php?name=News&file=article &sid=4305

http://www.agal-gz.org/manifesto08/index.php



difundindo, assinando e aderindo ao manifesto.

A nossa língua e internacional e necessita o compromisso de todos e todas

Alexandre


A NOSSA LÍNGUA É INTERNACIONAL

A Associaçom Galega da Língua (AGAL), com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações:
1.- Denunciar as políticas de substituiçom lingüística que levamos sofrendo durante os últimos 25 anos, disfarçadas de falsa normalizaçom lingüística.
2.- Exigir o reconhecimento da condiçom internacional da nossa Língua, que com a variedade própria das línguas internacionais é falada por centos de milhões de pessoas no mundo, quer como língua nativa, como é o caso dos galegos, quer como língua oficial de oito Estados, ou como língua cada vez mais estudada em todo o mundo polas vantagens das línguas internacionais.
3.- Denunciar as autoridades e administrações públicas que, em vez de garantirem os direitos lingüísticos e democráticos do Povo galego, discriminam e perseguem aqueles que nom aceitam a deriva de substituiçom lingüística e dialectizaçom castelhanizadora do Galego que o torna desnecessário no seu próprio país.
4.- Apoiar a iniciativa aprovada no Parlamento por unanimidade reclamando a recepçom das rádios e televisões portuguesas na Galiza, que pedimos que se efective desde já e que nom fique numha simples declaraçom sem vontade real de a levar a cabo.
5.- Denunciar também os grupos extremistas que, protegidos por certos sectores políticos, atacam o direito e a liberdade de vivermos na Galiza em galego.

6.- Finalmente, apelamos a toda a sociedade para exigir umha mudança das políticas que tornam a Língua desnecessária e dialectal, como forma de impor o uso do castelhano, por políticas que garantam os nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos, assegurando que o Galego continue a ser a língua própria dos galegos e galegas, e umha língua extensa e útil.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-05-2008 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
A mocidade co lingua 2008 - cartel

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-05-2008 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Voces Ceibes
Moita música e moita historia na seguinte ligazón

http://www.ghastaspista.com/historia/index.php
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 12-05-2008 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe - Ruxe - ás escuras
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 09-05-2008 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro con g en La Voz
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-05-2008 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Amancio Prada - Adiós ríos, adiós fontes (Rosalía Castro)
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-05-2008 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
PSOE e PP votan xuntos en Poio contra o manifesto da Mesa
Moción presentada polo BNG

Malia o acordo de goberno cos nacionalistas, os socialistas de Poio rexeitaron apoiar a mobilización a prol da lingua e votaron co PP por vez primeira.

Redacción Vieiros - 13:00 05/05/2008


"Eu sen falar galego fixen máis polo folclore de Galiza que todos vostedes xuntos". Tal frase, pronunciada en español, foi utilizada polo voceiro municipal do PP, Xavier Domínguez, durante o polémico pleno onde saíu rexeitada a proposta sobre o manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística.

Os populares usaron expresións como "rancor", "nova forma de fascismo" ou "ninguneo" aos castelán-falantes, para xustificar a súa oposición a que o Concello de Poio se adherise oficialmente ao manifesto "Polo dereito a vivirmos en galego". A cuestión chegara ao pleno a través dunha moción do BNG, que ostenta a alcaldía, con Luciano Sobral á fronte, e que goberna en coalición co PSdeG-PSOE, despois duns comicios municipais que en 2007 ofreceron un reparto respectivo de 7, 7 e 3 edís para BNG, PP e PSOE.

En declaracións a Vieiros, a concelleira de Cultura, Silvia Díaz (BNG), criticou a intransixencia do PP ao respecto do tema lingüistico, laiándose de que non se poidan unir ao consenso en favor do galego. Ademais, expresou a súa estrañeza pola negativa dos socialistas a apoiaren o manifesto en favor da lingua, recordando ademais que se trata da primeira ocasión desde que se asinou o pacto de goberno en que PP e PSOE votan xuntos. A concelleira recordou tamén que previamente, o grupo local do PSOE amosara a súa disposición a aceptar a proposta, malia votaren despois en contra. Preguntado ao respecto, o concelleiro de Medio Ambiente, o socialista Gregorio Luís Agís, xustificou o voto negativo argumentando que non lles parecía aceptábel o texto do manifesto redactado pola Mesa. Por outro lado, Agís opina que durante o debate no pleno "PP e BNG tiveron argumentos moi semellantes pero en cada estremo, mentres o PSOE se mantivo nunha postura intermedia". "O PSOE defende o galego, pero non cando se convida á confrontación nin se pretende impoñelo ás persoas", afirmou criticando o texto elaborado pola Mesa
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 06-05-2008 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cinco grupos estudiantís darán forma ao ciclo "Teatro con G"
Redacción Diario de Ferrol:

Teatro en galego e protagonizado por grupos de estudantes. Son os sinais de identidade de "Teatro con G", unha iniciativa promovida polo Concello de Ferrol en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e que o vindeiro mércores inicia unha nova edición.

Na liña doutras actividades que ámbalas dúas entidades organizan cada ano coa finalidade de promover o uso do galego entre os mozos, o ciclo de teatro escolar abrirá un ano máis o telón para amosar aos estudantes da comarca as pezas teatrais representadas por compañeiros de colexios e institutos. En concreto, o cartel deste ano está integrado polos grupos teatrais do Saturnino Montojo, o Fernando Esquío de Neda, o IES Cedeira, o CEIP Esteiro e o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

Será a compañía Contacontos do Saturnino Montojo o encargado de inaugurar o vindeiro mércores o programa para interpretar "O achado do Castro" baixo a dirección de María Xosé Martínez Bengoa e con texto orixinal de Manuel Núñez Singala. A sesión está dirixida a alumnos de 1° e 2° de ciclo de ESO e terá lugar no Torrente Ballester. No mesmo escenario, pero en diferentes xornadas, se irán sucedendo as diferentes representacións. Así, os segundos en tomar o escenario, o 14 de maio, serán os integrantes do grupo do IES Fernando Esquío nedés, que no seu caso poñerán en escea "Os cravos de prata". Baixo a dirección de Óscar Balado e Carmela Loureiro, a obra é unha versión de Francisco Pillado Mayor.

O 21 de maio tocaralle o turno ao grupo de teatro Vagalume do IES Cedeira, que poñerán en escea "Os vellos non deberían esperar a ser vellos para namorarse". Paz Díaz é a directora.

Baixo o título "Hip, hip, hurra!", o 28 de maio subirán ao escenario os integrantes do grupo Tripitrape, de 5° curso de Primaria do CEIP Esteiro. A obra, cuxa autora é Magdalena de Rojas, está dirixida por María Mercedes Canto Santiago.

Os encargados de pechar o ciclo "Teatro con G" xa o 1 de outubro serán os membros do obradoiro do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, no seu caso para representar a obra "... e se xa non hai maxia...", escrita e dirixida por Belén Roca Fortúnez. Os destinatarios desta peza teatral serán rapaces de 4 a 10 anos. A duración aproximada é de 40 minutos.

Lugar > Todas as obras protagonizadas por estes grupos de teatro escolar terán lugar na capela do Torrente Ballester de Ferrol ás 12.30 horas e a elas asistirán os centros educativos que formalizaron a solicitude.

O ciclo permitirá dar a coñecer o bo traballo que no eido das artes escénicas se está a desenvolver nos centros da cidade e comarca.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 04-05-2008 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0