Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cantareliña para descargar
Moitos e moitas dos que estades na trintena coñecestes Cantareliña e hoxe botádelo de menos para os vosos fillos. Nesta ligazón podedes descargar todos os discos deste estupendo proxecto musical e, buceando por ela, atoparedes moitas cousas máis.
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 06-04-2013 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xunta e Consello da Cultura colaboran para conmemorar o 50 aniversario do proceso de normalización lingüística
O CCG elaborará a peza audiovisual 'Cincuenta anos do proceso de normalización lingüística', que recollerá os testemuños de diferentes intelectuais e persoas que contribuíron a engrandecer o galego dende os anos 60.

GALICIA HOXE SANTIAGO. EP | 02.04.2013


A Xunta e o Consello da Cultura Galega destinarán 34.500 euros a distintas actividades para conmemorar o 50 aniversario do inicio do proceso de normalización lingüística, coa celebración do primeiro Día das Letras Galegas.

O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e o presidente do CCG, Ramón Villares, asinaron este luns o convenio de colaboración na materia, que "recoñece o longo e frutífero camiño" levado a cabo pola colaboración institucional no campo da normalización lingüística, segundo explicou Jesús Vázquez.

Dentro deste protocolo, o CCG elaborará a peza audiovisual 'Cincuenta anos do proceso de normalización lingüística', que recollerá os testemuños de diferentes intelectuais e persoas que contribuíron a engrandecer o galego dende os anos 60.

Así mesmo, tamén se organizarán os XV Encontros para a Normalización Lingüística, que analizarán a evolución do galego no último medio século, tendo conta fitos como a aprobación da Lei de Normalización Lingüística en 1983.

A terceira das actuacións neste sentido será a edición dun libro sobre lingua e cultura galegas en Cuba, 'Galicia en Cuba', que recolle diferentes colaboracións do escritor Xosé Neira Vilas.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 04-04-2013 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
O CDG estrea «Días sen gloria», unha das pezas centrais de Vidal Bolaño
«Días sen gloria» abre as actividades escénicas do Día Letras Galegas

CAMILO FRANCO - Santiago - La Voz - 04 de abril de 2013


Hai vinte anos que Roberto Vidal Bolaño estreaba Días sen gloria coa súa compañía, Teatro do Aquí. Naquela altura, o autor e director tamén asumía o papel protagonista que, na versión que mañá estrea o CDG, desenvolverá Manuel Manquiña. Segundo explicou Manuel Guede, director do Centro, a motivación para contar con Fefa Noia na dirección escénica era encontrar a alguén que non estivera influenciado «pola sombra do mestre».
Fefa Noia apuntou que na primeira lectura Días sen gloria pareceulle unha «obra difícil», pero cando se puxo co traballo de poñela en pé decatouse de que era un texto «moi xeneroso, que abría moitas portas e moitas posibilidades».
A montaxe arranca mañá as súas representacións no Salón Teatro, en Compostela, e prolongaranse ata finais de abril. Despois iniciará unha xira ata o mes de xuño polos principais escenarios de Galicia.
Para os protagonistas principais do elenco, Manuel Manquiña e Eva Souto, é un traballo esixente, pero ambos salientaron o método de traballo da directora. Souto explicou que no inicio dos ensaios pensou que quizais esta «era moita aventura para ela». Belén Quintáns, cofundadora de Teatro do Aquí, asegurou que era necesario que «outros directores traballasen cos textos de Bolaño».
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 04-04-2013 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
A Academia afrontará fracturada a elección do seu novo presidente
As dúas candidaturas dan por imposible a converxencia nunha única lista

LUÍS POUSA - Redacción La Voz - 04 de abril de 2013


As declaracións conciliadoras do escritor Manuel Rivas, unha das voces máis respectadas no seo da Real Academia Galega, subliñando a necesidade de que as propostas lideradas por Manuel González e Xesús Alonso Montero converxan nunha lista de consenso, chocaron onte coa dura e crúa realidade. Ambas candidaturas á presidencia dan por imposible o acordo, toda vez que as listas xa están rexistradas e que os nomes dos presidenciables non se negocian. A RAG afrontará así fracturada en dous bloques o plenario, previsto para o día 19 ou 20, no que elixirá novo presidente.
Alonso Montero agradece as palabras de Rivas, pero apunta con certo pesimismo que «agora xa non se pode facer máis». «Se eles queren poden incorporar dous nomes da súa candidatura á nosa, porque deben saber con que apoios contan, é unha cuestión aritmética», engade.
«Eu reiterei a conveniencia de presentar unha única candidatura, pero polo que oín ata agora paréceme que non existe unha vontade real de que así sexa», explica Manuel González. Á tese súmase o seu compañeiro de lista Francisco Fernández Rei: «O que di Manuel Rivas sería o ideal, e igual hai quince días sería posible, pero neste momento é moi difícil. Non quero falar de dous bandos, pero hai unha clara fractura e por iso por primeira vez hai dúas candidaturas».
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 04-04-2013 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0