Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cartel Teatro con G - 2013
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-04-2013 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
O deputado de UPyD Toni Cantó compara a inmersión lingüística coa pederastia nunha entrevista en Jot Down

El diputado de UPyD considera que es necesario poner "límites", "de la misma manera que no se puede decir que se permita a los pederastas campar a su anchas".

PÚBLICO MADRID 16/04/2013


Toni Cantó lo ha vuelto a hacer. Después de "la mayor parte de las denuncias por violencia de género son falsas", "los animales no tienen alma" o "a mí también me hacen escraches por internet", el diputado de UPyD salta de nuevo a la palestra por comparar la inmersión lingüística con la pederastia.

El político y también actor defiende la libertad para elegir la lengua en la que estudiar en una entrevista concedida a la revista Jot Down. Cantó considera que es necesario poner "límites", "de la misma manera que no se puede decir que se permita a los pederastas campar a su anchas". "Yo quiero elegir si prefiero castellano o valenciano", subraya.

Aunque, esta vez, él mismo se dio cuenta del error y rectifica diciendo: "Bueno, a lo mejor debería poner otro ejemplo, porque si comparo lo de la lengua con estas cosas ya voy jodido, con el mes que llevo", admite.

El diputado se refería a la controvertida sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Catalunya, según la cual si un alumno en Cataluña pide más horas en castellano, la escuela dará la clase en este idioma a todos.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-04-2013 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cando as prácticas de galego se fan en? Cáceres
Alumnas de Dialectoloxía do galego viaxaron ao Val do Ellas a investigar sobre A Fala. As universitarias descubriron alí o milagre dunha fala de enorme parecido aos dialectos galegos surorientais.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/04/2013


?Existe unha fala galega fóra do noso país, unha fala prestixiada que vive nos corazóns da xente que a está a promover co maior dos orgullos?, así describe a estudante Laura Piñeiro a súa experiencia no Val do Ellas en Cáceres. É unha das alumnas de Dialectoloxía do galego que acaba de volver dunha viaxe a Estremadura a onde, aínda que parece mentira, viaxaron para facer prácticas de galego oral. O seu obxecto de estudo foi A Fala, unha variante lingüística de ?incrible parecido?, subliñan as alumnas, aos dialectos galegos surorientais, explica a Universidade de Vigo.

Acompañounas o profesor e vicerreitor de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas, especialista nas que denomina ?falas galegas de Estremadura?: mañego, valverdeiro e lagarteiro, os tres dialectos da denominada Fala, unha variante lingüística, procedente da lingua levada polos colonos instalados neste val polo rei Afonso VIII de Galicia e León no século XIII, e que, tras transmitirse de xeración en xeración, sigue máis viva que nunca como sinal de identidade e de proximidade entre os arredor de cinco mil habitantes dos concellos de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello, no recanto noroccidental da provincia de Cáceres.

Orgullosos da súa Fala
Entraron en contacto coa Fala a través das clases de Costas ?quen nos proporcionou os datos léxicos e gramaticais necesarios para un coñecemento superficial do dialecto do Ellas?, subliña Laura Piñeiro, que apunta que o máis sorprendente da viaxe foi o compromiso dos habitantes das tres vilas. ?Fascinoume, ademais da hospitalidade, a cooperación e o cariño, o orgullo que senten pola súa fala, que os fai diferentes ao resto dos estremeños?, apunta a alumna, ao que unha das súas compañeiras, Andrea Expósito, engade que ?o orgullo pola lingua dáse por igual en todas as franxas de idade, dende os máis cativos ata a xente máis maior?.

Todas volverían sen dubidalo e, de feito, pensan volver. ?Pola miña experiencia intúo que cada vez que vas ás Ellas traes contigo algo novo, e a xente que coñeces polo camiño son tan valiosos coma os coñecementos que adquires?, subliña Alba Castro, que gaba tamén a experiencia porque foi ?a primeira vez que tivemos contacto directo co que estabamos a estudar. Falar coa xente, coller confianza con ela, que che abran as portas... ese tipo de cousas non se esquecen?.

Vinte anos de viaxes
Hai vinte anos que Xosé Henrique Costas iniciou estas viaxes con grupos de alumnas e alumnos de Filoloxía Galega, Inglesa e Ciencias da Educación da Universidade de Vigo e de doutoramento interuniversitario das tres universidades galegas. Dende entón presentáronse xa unha ducia de traballos de fin de doutoramento sobre toponimia e léxico do Val do Ellas e mesmo se está a realizar unha tese de doutoramento sobre esta temática.

O interese que espertan estas viaxes, tanto desde o punto de vista lingüístico como emocional, é enorme, subliña Costas, que explica que a todos lles sorprende moito o enorme parecido entre as falas galegas e os dialectos do Val do Ellas. ?É un campo de experimentación lingüística e sociolingüística de primeira magnitude?, apunta Costas, que recalca a admiración dos habitantes do Val do Ellas pola súa lingua e a defensa natural que fan dela.

Centro de Estudos sobre A Fala
Durante a viaxe ao Val do Ellas ultimáronse tamén os detalles do futuro Centro de Estudos sobre A Fala, un proxecto que se está a impulsar dende a Universidade de Vigo e que se situará no Concello de San Martiño de Trebello.

Precisamente a Universidade de Vigo, a través de Xosé Henrique Costas, ven de facer entrega dun lote con máis de 300 libros, discos e DVDs galegos, un lote co que a Universidade ?quere contribuír aos fondos bibliográficos deste futuro centro de estudos?. Unha vez aberto o centro, ao que o goberno rexional destinou xa unha partida de 70.000 euros para o inicio das obras, porase a disposición de investigadores e visitantes todo o fondo bibliotecario cedido pola Universidade viguesa e o resto de documentación existente sobre A Fala. ?Será un polo de atracción para especialistas de todo o mundo científico que traballa nas linguas minoritarias, na historia das Linguas ou en dialectoloxía, entre outras?, remata Costas.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-04-2013 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Política Lingüística desdeña as críticas da UE á protección do galego
David Lombao | Praza Pública - @davidlombao


O pasado outubro os expertos do Consello de Europa que avalían o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias nos Estados que a subscribiron lanzábanlle unha dura reprimenda á Xunta. Mentres que consideraban "exemplar" a protección institucional do catalán e do éuscaro nos seus respectivos territorios, os expertos comunitarios cargaban con contundencia contra a política lingüística da Xunta, a comezar pola "redución progresiva do ensino en galego en todos os niveis e da súa estrutura de apoio", pero tamén noutros ámbitos como os medios de comunicación. Este martes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, comparecía no Parlamento para expoñer as liñas de acción do seu departamento e a oposición contrapuxo o seu optimismo co informe da UE. Para García este documento carece de valor, entre outras razóns, porque está "feito en Madrid".

"Tremendo informe, tremenda a importancia dese informe", retrucoulle o alto cargo de Educación á oposición en xeral e, particularmente, á nacionalista Ana Pontón. Para García o feito de que as entrevistas con diversas asociacións e colectivos vinculados á lingua galega se celebrasen "en Madrid" fan dubidar do seu resultado. "Temos moito que discutir del e imos contar moitas máis cousas" do seu contido porque "aquí non viñeron", afirma, nun contexto no que obvia, non obstante, que os expertos europeos amosaron o seu malestar pola escasa colaboración do Goberno galego. "Eu voulle traer outros informes" e "voulle dicir como está a situación sociolingüística nalgúns lugares dos que veñen eses expertos", enfatizou, entre xestos de incredulidade dos deputados opositores.

A crítica ao informe europeo non foi a única lanzada por Valentín García. Tamén reservou dardos dialécticos para un colectivo xeograficamente máis próximo, Prolingua. Despois de que a propia Pontón criticase o funcionamento da Rede de Dinamización Lingüística apoiándose nun artigo do profesor Cibrán Arxibai difundido por esta plataforma o secretario xeral apresurouse en preguntarse "que criterio de autoridade ten" o autor, dado que é "profesor de matemáticas nun instituto de Silleda" e non sociolingüística e nin sequera "profe de galego". "Se empezamos a vir aquí con artigos escritos en blogs -di, en referencia á web de Prolingua- eu podo traer cincocentos", mantén.

"Non perda os papeis e non se crispe", recomendoulle Pontón, quen censura que García "se atreva a vir descualificar a opinión das persoas que teñen unha preocupación pola situación do idioma". "Non están contando mentiras, están describindo os problemas de funcionamento da política lingüística", di. Neses problemas abondou tamén o socialista Francisco Caamaño, quen lamenta que o secretario xeral centre o seu discurso fóra dos ámbitos de "responsabilidade institucional". Cun orzamento de Política Lingüística reducido a niveis "ridículos" Caamaño lamenta que García acudise ao Parlamento para facer un relatorio das actividades do seu departamento, tales como a difusión dos debuxos animados d'Os Bolechas. "É unha política lingüística de feira, sen ningún tipo de contido; porque, que pasa coa lingua na administración, na escola, nas editoras, no audiovisual, nos medios de comunicación, no sistema de saúde...?", exemplificou.

Pola banda da AGE o seu voceiro, Ramón Vázquez, contrastou datos sociolingüísticos de fontes como o informe da UE, pero tamén do Observatorio da Cultura Galega, para lamentar que o Goberno galego teime na aplicación do denominado "bilingüismo harmónico", un "concepto que pariron vostedes" sen sustento científico, lamenta. "Pretenden descubrir a pólvora" pero "en materia sociolingüística hai estudos dabondo" que, di, acreditan que "non hai un só país no que se falen dúas linguas en igualdade". "En Galicia a lingua de prestixio é o castelán, iso é unha evidencia" que o Goberno galego debera colaborar para reverter, advirte.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-04-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
González aposta por unha RAG "continuísta" que "non cambie de rumbo"
Miguel Pardo - Praza Pública | @depunteirolo


Manuel González vén de presentar oficialmente a súa candidatura e o seu programa á presidencia da Real Academia Galega (RAG) apostando por unha "liña de continuidade" co último mandato de Méndez Ferrín e por unha executiva que afonde "no camiño andado e na dirección seguida". "A Academia non precisa un cambio de rumbo, senón camiñar pola senda marcada", asegurou o candidato e tesoureiro no último mandato, en clara referencia ás supostas necesidades de cambio ás que alude a outra lista, a encabezada por Xesús Alonso Montero.

"Non existe razón para cambiar o rumbo", deixa claro González no programa repartido aos medios, unha idea na que incidiu nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos outros dous membros da candidatura, Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Regueira, e á que tamén asistiron académicos como Manuel Rivas, Barreiro Fernández, Xosé Luís Axeitos ou Luz Pozo Garza.

Manuel González fixo unha firme defensa do paso de Méndez Ferrín pola Real Academia e da evolución que a institución levou a cabo nos últimos anos. Así, e aínda que asumiu como necesarios "cambios e reformas", tamén advertiu de que non se pode "tirar pola borda" todo o acadado nos últimos tempos, entre o que citou o achegamento da RAG á sociedade, a súa modernización ou a decidida defensa da lingua galega, tamén a través dos recursos xudiciais.

Ademais, González asegurou que "non houbo nin o máis mínimo sinal de achegamento" por parte da outra candidatura para conseguir unha lista de consenso, razón pola cal -e malia que esperou "ata o último momento"- tardou en oficializar a súa candidatura. "Non hai vontade de chegar a acordo", insistiu, a pesar de que insiste en "deixar aberta" a posibilidade dun pacto de última hora que non ve posible. "Non son optimista", engadiu, logo de explicar que intentou un acordo na pasada semana a través dunha xuntanza privada cos membros do plenario da RAG.

"Algúns negáronse a vir argumentando que o que eu pretendía era un acto electoral, mentres que outros puxeron desculpas para non acudir", explicou, tras aclarar que foi "o fracaso" deste último intento de acordo o que o decidiu a presentar este luns o seu programa. "Non fun pedir o voto a ninguén", afirmou, tras recordar que estaba disposto incluso "a negociar a presidencia", en contra da negativa de Alonso Montero neste aspecto.

Ademais, advertiu que logo de anunciar que optaría á presidencia da RAG falou con Xesús Alonso Montero, o outro candidato, que segundo González lle asegurara que as súas posibilidades de presentarse "eran mínimas". "Cifrounas nun 10%", engadiu. "Se eu soubese que se estaba xestando outra candidatura, non tería anunciado a miña antes de falar cos outros promotores", xustificou, tras aclarar que no momento de anunciar que optaría á presidencia "contaba co apoio da maioría absoluta do plenario". "Agora sei que non teño o apoio maioritario; todo o mundo ten dereito a cambiar de opinión", manifestou, non sen antes amosar a súa "tristeza" polo feito de que algún académico lle advertise do seu cambio de postura "malia que seguía pensando o mesmo" que antes.

No mesmo sentido, negou a posibilidade de que algún dos membros da candidatura rival ocupasen as dúas prazas vacantes que quedaron en ambas as dúas candidaturas logo da votación do plenario do vindeiro sábado 20. "Non é posible porque antes de votar tense que presentar unha lista íntegra da xunta", lembrou, tras criticar tamén algunha declaración da outra lista que aspira á presidencia. "Non se pode aspirar á RAG dicindo que non se pode vir dous días á institución e non se pode dicir que non se presenta programa porque xa existen os estatutos", censurou.

Na súa defensa da anterior executiva, e tras a dimisión de Ferrín, González criticou a "tremenda demagoxia e as medias verdades" que saíron na prensa "con non sei que intención". "Todas esas cousas que se dixeron non trouxeron nada bo á Academia", insistiu, tras negar que houbese "ningún tipo de nepotismo" na RAG. "A política de contratación era a que era e nunca se sacaron a concurso público as contratacións; igual a sociedade agora así o esixe e fun eu mesmo quen propuxo xa un protocolo de contratación para a institución", defendeu.

Do mesmo xeito, censurou a aqueles que intentaron ver no uso dun automóbil cedido pola Xunta algo inmoral ou ilegal. "O uso dese coche cedido pola Xunta permitiu o aforro duns 12.000 euros ao ano", defendeu, tras apostar pola "transparencia" en todos os ámbitos da institución, tamén no económico.

Por outra banda, e en canto ás críticas do propio Méndez Ferrín, que situou a Academia "en perigo" tras a súa dimisión, González defendeu "a independencia" da RAG tanto das administracións, como do poder político, pero tamén "das outras institucións culturais e da lingua". "A RAG non debe ser condicionada por ningún axente externo", insistiu, aínda que defendeu unha "colaboración" co Consello da Cultura, o ILG ou a AELG, ademais de con outras academias da lingua do Estado.

Ademais, tamén aclarou que "non se pode garantir a independencia se non hai independencia financeira" e destacou o feito de que a RAG conseguise que o Estado achegue, agora si, unha cantidade fixa á institución, aínda que censurou o "tratamento insatisfactorio e discriminatorio" que a Xunta lle dá á Academia galega en comparación con outros gobernos autónomos. "Non temos unha asignación fixa, nunca estamos seguros e temos que negociar ano a ano", criticou, tras lembrar que mentres que as administracións cataláns ou valenciás achegan 6 e 3,2 millóns de euros ás súas institucións da lingua, o Goberno galego "tan só achega medio millón".

En canto ao recurso de casación presentado pola RAG ante o Supremo contra o decreto do plurlingüismo, González defendeu "manter ese recurso", pero advertiu que non descarta "acudir a instancias europeas" para defender a lingua galega porque "é unha obriga" da institución. "Retiraremos o recurso cando se dean pasos para un acordo semellante ao Plan Xeral de Normalización Lingüística ou para unha protección real do idioma", concluíu.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-04-2013 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
A RAG convoca aos académicos para elixir presidente o día 20
O candidato Manuel González explicou onte as liñas básicas do seu programa electoral nunha xuntanza na sede da corporación

LUÍS POUSA / CAMILO FRANCO
Redacción La Voz 13 de abril de 2013


A carta chegou só unhas horas antes da xuntanza convocada onte pola tarde na sede da Academia por Manuel González, que invitou a todos os académicos a un encontro no que avanzou o seu programa e no que tratou de achegar posturas entre as dúas listas.
Na xuntanza, que se prolongou ata as nove e media da noite, acompañaron a González os dous numerarios que figuran na súa candidatura, os filólogos Xosé Luís Regueira e Francisco Fernández Rei, e uns seis académicos, entre os que se contaban Euloxio Rodríguez Ruibal ou Manuel Rivas. Non asistiu ao encontro o outro candidato, Xesús Alonso Montero, e do seu grupo de afíns só figuraba Xesús Ferro Ruibal.
Fernández Rei subliñou que a reunión foi «moi positiva», aínda que reiterou a dificultade para que se produza un achegamento. Pola súa banda, Manuel Rivas sinalou que a convocatoria «tería sido unha boa ocasión para tender pontes entre as candidaturas, pero non houbo unha participación que facilitase un debate». Segundo Rivas, o encontro serviu para coñecer as propostas de Manuel González. O candidato a presidente asegurou nesa reunión que non recibira ningunha oferta formal de integración na outra candidatura e explicou que se presentara porque naquel momento non había outra lista.
Non foi polo xa célebre correo electrónico, senón polo analóxico e tradicional servizo de mensaxería. A executiva en funcións da Real Academia Galega, presidida interinamente por Xosé Luís Axeitos, remitiu onte (cos oito días regulamentarios de antelación) a convocatoria para o plenario do vindeiro sábado 20 de abril. O único punto da orde do día será a elección do novo presidente da Academia, posto ao que optarán Xesús Alonso Montero e Manuel González.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-04-2013 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
"Ardalén" de Miguelanxo Prado, mellor obra no Salón Internacional do Cómic de Barcelona
SERMOS GALIZA


A novela gráfica, Ardalén, de Miguelanxo Prado, vén de ser recoñecida por un xurado de profesionais como Mellor Obra de Autor ESSpañol na XXXI edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O autor tardou nove anos en publicar esta novela que recibiu o Premio das Librarías Especializadas e que o próximo luns lanzará a súa segunda edición.

O premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona confirma a novela gráfica de Miguelanxo Prado como unha obra que consolida a súa xa exitosa traxectoria. No seu último álbum, o autor ofrece o que considera a súa obra de máis marcada referencia galega, co tema da memoria como trabe narrativa da novela. A obra foi publicada por El Patito Editorial, o selo de Genma Sesar e Fausto Isorna que creou unha colección para sacar do prelo a obra completa en galego do autor da Coruña. Director de Viñetas desde o Atlántico, o festival que inaugurou na Coruña en 1998, Miguelanxo Prado ten unha traxectoria de grandes sucesos no mundo da banda deseñada, con títulos de referencia como Trazos de xiz ou De profundis.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 15-04-2013 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Editorial Galaxia publica o primeiro volume da obra como columnista de Álvaro Cunqueiro en galego
'O MUNDO QUE TEÑO DE MEU'

GALICIA HOXE - SANTIAGO. EP - 12.04.2013


A Editorial Galaxia publicou o primeiro volume da obra como columnista de Álvaro Cunqueiro en galego, un libro editado por Xosé-Henrique Costas e Iago Castro Buerger baixo o título 'O mundo que teño de meu'.

Os artigos recompilados nesta obra abranguen dende as súas colaboracións en A Nosa Terra e Nós e os artigos anteriores á Guerra Civil publicados en El Pueblo Gallego, ata os publicados na posguerra en revistas como Nordés e Grial.

Este primeiro volume achega, por primeira vez, ao público a Álvaro Cunqueiro dunha forma diferente, en moitas ocasións mesmo íntimo e confesional.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 15-04-2013 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Gentalha do Pichel convoca concurso de foto-haikus na nossa língua onde só ficam proibidas as grafías 'ñ' e 'll'
'A minha língua quero... na tua boca': um motivo muito inspirador para escrever um haiku
Isso pensaram na Gentalha do Pichel. Com o olhar posto em 17 de maio, o centro social de Compostela convoca um concurso de foto-haikus na nossa língua onde só ficam proibidas as grafías 'ñ' e 'll'.

Sermos Galiza


O bom, se breve, é duas vezes bom. O dito popular encontrou confirmaçom quando Uxío Novoneyra escreveu 'Chove para que eu sonhe', seguramente o haiku mais conhecido na nossa literatura junto com 'Nunca eu fui como te amo' ou 'Danças e fazes-me livre', todos atribuídos ao bardo do Courel.

Como já sabeis, um haiku é umha forma poética de origem japonesa consistente num poema breve composto por três versos de cinco, sete e cinco sílabas respetivamente.

Pois bem, quando falta pouco mais de um mês para que a Galiza celebre o dia das letras e da língua, o centro social compostelano A Gentalha do Pichel faz públicas as bases de um concurso de foto-haikus por volta de um motivo inspirador: 'A minha língua quero... na tua boca'. A interpretaçom é livre e o poema poderá estar escrito em qualquer suporte que permita tomar-lhe uma fotografia que se enviará à Gentalha, sob pseudónimo, por correio eletrónico.

Todos os que cheguem ficarám expostos entre o 6 e o 16 de maio no local social e o nome da pessoa ganhadora sairá de uma votaçom popular. Por suposto, a única língua aceite neste concurso é a própria do País em qualquer umha das formas ortográficas sempre e quando fiquem fora as grafias 'ñ' e 'll'. O prémio será surpresa e entregara-se o 17 de maio, durante os concertos reivindicativos pela língua que cada ano se convocam nesta data.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-04-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
A RAG convoca aos académicos para elixir presidente o día 20
O candidato Manuel González explicou onte as liñas básicas do seu programa electoral nunha xuntanza na sede da corporación

LUÍS POUSA / CAMILO FRANCO
Redacción La Voz - 13 de abril de 2013


A carta chegou só unhas horas antes da xuntanza convocada onte pola tarde na sede da Academia por Manuel González, que invitou a todos os académicos a un encontro no que avanzou o seu programa e no que tratou de achegar posturas entre as dúas listas.
Na xuntanza, que se prolongou ata as nove e media da noite, acompañaron a González os dous numerarios que figuran na súa candidatura, os filólogos Xosé Luís Regueira e Francisco Fernández Rei, e uns seis académicos, entre os que se contaban Euloxio Rodríguez Ruibal ou Manuel Rivas. Non asistiu ao encontro o outro candidato, Xesús Alonso Montero, e do seu grupo de afíns só figuraba Xesús Ferro Ruibal.
Fernández Rei subliñou que a reunión foi «moi positiva», aínda que reiterou a dificultade para que se produza un achegamento. Pola súa banda, Manuel Rivas sinalou que a convocatoria «tería sido unha boa ocasión para tender pontes entre as candidaturas, pero non houbo unha participación que facilitase un debate». Segundo Rivas, o encontro serviu para coñecer as propostas de Manuel González. O candidato a presidente asegurou nesa reunión que non recibira ningunha oferta formal de integración na outra candidatura e explicou que se presentara porque naquel momento non había outra lista.
Non foi polo xa célebre correo electrónico, senón polo analóxico e tradicional servizo de mensaxería. A executiva en funcións da Real Academia Galega, presidida interinamente por Xosé Luís Axeitos, remitiu onte (cos oito días regulamentarios de antelación) a convocatoria para o plenario do vindeiro sábado 20 de abril. O único punto da orde do día será a elección do novo presidente da Academia, posto ao que optarán Xesús Alonso Montero e Manuel González.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-04-2013 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0