Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hallan un romance ferrolano de autor anónimo escrito en gallego en el siglo XVIII
La obra saldrá a la luz ahora, publicada en forma de libro por la Fundación Barrié.

RAMÓN LOUREIRO - La Voz de Galicia - Ferrol 16 de abril de 2012


La Fundación Barrié publicará en las próximas semanas, en forma de libro, un romance ferrolano del siglo XVIII y autor ánonimo escrito en lengua gallega en pleno Siglo de La Ilustración. «É un achádego da máxima importancia, non só polo seu valor literario e histórico senón por ter sido escrito en galego durante os que nós chamaos os Séculos Escuros, cando apenas hai produción literaria na nosa lingua», señala la profesora Margarita Sánchez, una de las investigadoras que más intensamente ha trabajado en el manuscrito. Un manuscrito hallado, por cierto, entre los fondos del Archivo Histórico Nacional. El romance relata, entre otros acontecimientos, un naufragio, al que sigue una celebración eucarística en la iglesia ferrolana de San Julián, patrono de la ciudad.
--
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-04-2012 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Goberno central recorta nun 62 % a súa asignación á Academia Galega
As institucións de Cataluña e o País Vasco só sufriron axustes do 22 % nas súas partidas.

CAMILO FRANCO redacción la voz 15 de abril de 2012


Os presupostos xerais do Estado teñen prevista unha asignación para a Real Academia Galega (RAG) de 380.840 euros. Esta cifra supón unha rebaixa orzamentaria do 62 % sobre o ano anterior, no que a mesma partida dispuña de un millón de euros redondo para a RAG.

O recorte de 619.160 euros é, tanto en cifras absolutas como relativas, o maior realizado polo Goberno central para calquera das institucións de rango e cometidos similares aos que ten a academia que preside Xosé Luís Méndez Ferrín. A comparativa de datos entre os dous exercicios, que se pode consultar no documento do Ministerio de Hacienda, reflicte un recorte en todas as institucións que ronda o 20-25 %, tres veces menos do axuste na asignación da Academia Galega.

Ademais da redución para este ano, a asignación que o Goberno central destina para a RAG estreárase no pasado exercicio do 2011, cunha década de retraso con respecto as institucións catalá e vasca. Fontes da Real Academia confirmaron onte estas cifras, explicando que non foran notificadas oficialmente por parte do Goberno e que, polo tanto, descoñecían os motivos dunha redución que consideran inxustificada.

Comparando coas institucións de similar carácter á galega, a redución ten unha porcentaxe parecida nos casos do Institut d?Estudis Catalans, que pasou de 976.468 euros no 2011, aos 761.650 previstos para o 2012. O recorte, no caso catalán, supón un 22 % menos.

Ese 22 % é a mesma porcentaxe de redución que ten a Academia de la Lengua Vasca, ao contar dun ano para outro con 107.410 euros menos, pasando de 488.250 a 380.840 euros. Pero o caso vasco ten unha particularidade porque o ministerio que agora é de Educación y Cultura, e que o ano pasado era só de Educación, ten dúas partidas diferentes para institucións vascas. Ademais da Academia figura nos presupostos a Sociedad de Estudios Vascos-Eusko Ikaskuntza, que o ano pasado recibiu 649.490 euros e que este ano recibirá 324.750. Neste caso, a redución está por riba da media do conxunto, chegando ata o 49 %, aínda así moi por debaixo do recorte da galega. Sumadas as dúas institucións vascas que reciben fondos do Goberno central, a porcentaxe de redución quedaría no 35,7 %.

Outros casos evidencian que o recorte xeral medio non se aplicou no caso galego. Por exemplo a Asociación de Academias de la Lengua Española recibirá 143.820 euros este ano fronte aos 169.810 obtidos o ano pasado, o que supón un 25 % menos.

A achega especial que a Real Academia de la Historia recibe para a actualización e mantemento do polémico Diccionario Biográfico Español tamén pode ser un caso a ter en conta. No 2011, esta publicación recibiu 193.390 euros. Este ano ten unha partida de 163.790 euros (outro 25 % de recorte). Esta achega, ademais, ten un carácter extraordinario posto que a Academia da Historia recibirá, segundo os orzamentos deste ano 2012, un total de 753.720 euros, fronte aos 889.930 do 2011. A redución para esta academia volve situarse como nos casos anteriores no 25 %.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-04-2012 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
O órgano do Estado encargado das linguas cooficiais leva dous anos sen reunirse
David Lombao - Praza.com


"Análise, impulso e coordinación da política da Administración xeral do Estado en relación co uso das linguas oficiais das comunidades autónomas". Son as funcións coas que, en virtude do Real Decreto 905/2007, foi creado o Consello das Linguas Oficiais, un órgano interministerial que o Goberno de España, daquela iniciando a segunda lexislatura de José Luis Rodríguez Zapatero como presidente, enmarcaba no seu "obxectivo de procurar unha mellor atención aos dereitos lingüísticos dos cidadáns". Pero semella que a voa vontade inicial foi diluída en pouco tempo e, mentres a crise económica ía fagocitando o conxunto da acción gobernamental, o Consello e a Oficina de Linguas Oficiais que del depende foi levado ao cuarto dos obxectos sen uso, ata o punto de que o vindeiro mes de xullo este organismo cumprirá dous anos sen ter un só encontro.

A tradución de impresos e documentación oficial e a formación do funcionariado centrou os primeiros pasos do Consello

A primeira reunión deste ente, formado por representante da práctica totalidade dos ministerios, celebrouse en Madrid o 28 de xaneiro de 2010. Baixo a presidencia do daquela Secretario de Estado de Cooperación Territorial, Fernando Puig, o Consello "reafirmaba" o "compromiso do Goberno de profundar no respecto e potenciación dos dereitos lingüísticos" e avanzaba as primeiras medidas que supervisaría e potenciaría: un sistema de tradución automática de documentos do Ministerio de Xustiza, a tradución a todas as linguas oficiais do Estado de diversos tratados da Unión Europea e a axilización da versión catalá do Boletín Oficial do Estado. Do mesmo xeito, o primeiro encontro servía para crear formalmente a Oficina de Linguas, que tivo como "primeira tarefa" realizar unha diagnose sobre o "cumprimento da normativa vixente" en materia lingüística nas autonomías con idioma propio. Revisaríase a dispoñibilidade de impresos oficiais, rótulos, sinalizacións viarias e mesmo carteis publicitarios oficiais. Ademais, examinaríase a "capacitación do persoal para atender o dereito dos cidadáns a comunicarse cos órganos estatais radicados na súa comunidade na lingua autonómica respectiva", informaba daquela o Goberno.

Con este nada desprezable volume de traballo baixo o brazo o Consello rematou a xuntanza de xaneiro de 2008 e os seus membros tardarían máis dun ano en volverse sentar á mesma mesa. Fixérono o 23 de xuño de 2009, cunha crise de Goberno polo medio que situou á fronte de Cooperación Territorial a Gaspar Zarrías. Nesa xornada o Consello analizou un informe sobre o cumprimento das tarefas acordadas en 2008. Del "desprendíase un diagnóstico de melloras e avances significativos sobre o uso das linguas oficiais na Administración Xeral do Estado". Concretamente, especificaba o Ministerio de Política Territorial, destacaban os avances na "capacitación lingüística dos empregados", na dispoñibilidade de impresos, na edición de rótulos e sinalizacións e nas páxinas web oficiais. O 31 de decembro dese mesmo ano todos os ministerios debían ter "o maior número posible de contidos en todas as linguas oficiais", explicaban. No capítulo de acordos esa reunión incluíu ampliar aínda máis a oferta formativa para o funcionariado, culminar as traducións das webs e impresos e elaborar un novo informe.

Na súa última xuntanza, no verán de 2010, acordouse avanzar no cumprimento da Carta Europea das Linguas

Pasou outro ano. O 6 de xullo de 2010 Zarrías volvía presidir o Consello. De novo cunha avaliación positiva examinou os avances sobre rotulación, impresos e webs e, como novidade, analizou oito queixas recibidas polo organismo durante 2009. Atendendo á referencia feita pública naquela xornada o capítulo máis amplo da reunión foi a aplicación de recomendacións para o futuro. Entre outras, figuraba a necesidade de determinar nas ofertas públicas de emprego "os postos que esixan coñecemento da lingua cooficial", "dar formación intensiva ao persoal en postos que vaian esixir" estes coñecementos, desenvolver "proxectos específicos de formación en ministerios e orgnaismos con relevante dotación de persoal en comunidades con lingua oficial" ou fomentar esta formación a través de Internet. Ademais, completaríanse as traducións das sedes electrónicas dos ministerios e "institucionalizaríanse as relacións de colaboración" coas autonomías "para lograr o pleno cumprimento dos acordos entre España e a UE" neste ámbito, a comezar pola Carta Europea das Linguas. Isto sería tratado nunhas "xorandas de traballo coas comunidades autónomas sobre o uso das linguas cooficiais".

Con todos estes deberes por diante deuse por concluída a reunión e o Gobenro de Zapatero entrou no que sería o seu derradeiro ano. Coas turbulencias financeiras zarandeando as institucións do Estado convocáronse eleccións anticipadas, celebráronse e constituíuse o novo Executivo do PP. O Consello das Linguas Oficiais está a piques de cumprir dous anos sen reunirse despois de tan só tres xuntanzas e, por exemplo, nas novas webs creadas dende institucións estatais, como o portal para consultar a Lei de Transparencia, a castelá é a única versión dispoñible.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-04-2012 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Padres de alumnos del Bierzo denuncian la erradicación del gallego en un colegio
Según las familias el colegio sacrifica el idioma para implantar "una sección bilingüe" de castellano e inglés.

El País - S. R. P. Santiago de Compostela 11 ABR 2012


Padres de alumnos del CEIP Jesús Maestro de Ponferrada han denunciado que el centro ha aprobado la eliminación de la materia optativa de lengua gallega en el primer curso de Primaria (la primera oportunidad de contacto con el idioma en las aulas) a partir del curso que viene. El colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo, que ayer difundió una nota haciéndose eco de las quejas, recuerda que el año pasado se produjo una situación similar en el colegio de Villafranca, por lo que teme que todo forme parte del mismo proceso de erradicación del gallego de la oferta educativa de la Junta de Castilla y León. Este diario intentó ayer, sin éxito, obtener una explicación por parte del colegio público, pero según las familias la dirección del centro alega que es imprescindible extinguir la oferta de gallego para implantar una sección bilingüe de castellano e inglés. El gallego, de esta manera, sería sacrificado en beneficio del idioma extranjero.

Fala Ceibe no comprende por qué las dos lenguas son ?incompatibles? ya que ambos programas (la enseñanza bilingüe referida al inglés y la promoción del gallego, respaldada por el acuerdo Junta-Xunta de 2006) ?tienen sus respectivos recursos económicos, personales y pedagógicos, que son independientes?.

Según Fala Ceibe, 1.000 estudiantes cursan la materia en la comarca

Según el portavoz de este colectivo que lucha por la conservación de la lengua que tradicionalmente el Bierzo comparte con las cuatro provincias de Galicia, Xabier Lago Mestre, mientras exista ?demanda social? y siga vigente el llamado Protocolo general de colaboración para la promoción de la lengua gallega en los territorios limítrofes, firmado por las dos comunidades, ?un centro educativo no puede decidir discrecionalmente incumplir su adhesión al programa?. La Consellería de Educación ha asegurado que hoy pedirá información sobre este caso a la Junta.

La demanda de las clases de gallego, por los datos que maneja Fala Ceibe, ronda este año lectivo los 1.000 alumnos en todo el Bierzo, a pesar de los ?prejuicios? de la Administración castellano-leonesa para con la asignatura. Pero estos anuncios de eliminación de la enseñanza desde el primer curso, desde la raíz, ?desincentivan a padres y alumnos?, que terminan optando por otras materias por temor a que el gallego acabe desapareciendo. En muchas ocasiones, según Lago Mestre, los alumnos escogen esta materia no solo porque es la lengua común de sus abuelos o porque el propio vocabulario de sus localidades está cuajado de términos en este idioma, sino porque ?tienen la intención de cursar estudios universitarios en Galicia?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-04-2012 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cambian galego por inglés nun centro público do Bierzo
A CIG pide a Educación que actúe para que unha escola de Ponferrada non deixe de ofertar clases de galego, idioma que aprenden case mil nenos en Castela e León grazas a un acordo coa Xunta.

Por Galicia Confidencial | Ponferrada | 13/04/2012


Segundo informacións publicadas nos medios de comunicación de Castela e León, a lingua galega vai ser retirada da oferta educativa do CEIP Jesús Maestro de Ponferrada.«A dirección do centro alega que para implantar a sección bilingüe en inglés cómpre extinguir a oferta de galego», explica Fala Ceibe, activo colectivo a prol do galego no Bierzo.

En interpretación do sindicato CIG, este feito supoñería o incumprimento do Protocolo xeral de colaboración entre a Xunta e a Comunidade de Castela e León para a promoción da lingua galega nos territorios limítrofes das comunidades autónomas (Bierzo e Sanabria) asinado en 2006 e do Estatuto de Autonomía de Castilla y León.

A máxima norma da autonomía veciña establece que ?gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilice?.

"A eliminación da oferta de ensino da nosa lingua supoñería privar a máis de mil alumnos e alumnas de contornos galegofalantes destas ensinanzas", advirte a central. Segundo os datos da Consellaría de Educación nas provincias de León e Zamora, o número de alumnas que estudan galego ou en galego é de 884 nos centros de infantil e primaria e 147 nos centros de Secundaria.

O ensino do galego nos territorios limítrofes concrétase na impartición opcional dunha hora e media semanal en galego na área de Coñecemento do Medio e tamén a materia de Educación Plástica, seguindo os mesmos contidos que os alumnos que só estudan castelán, no caso de Primaria e en Secundaria estúdase opcionalmente Ciencias Sociais en galego en toda a ESO, tamén cos mesmos contidos.

A CIG-Ensino exixe do Conselleiro de Educación que "adopte as medidas necesarias para impedir que o ensino en e da nosa lingua desapareza dos centros educativos dos territorios exteriores de fala galega e que esixa o cumprimento dos acordos asinados no seu día, mediante os cales se materializa o recollido no artigo 21 da Lei de Normalización Linguística". A Lei determina que o goberno galego ?fará uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de autonomía (potestade de subscribir convenios e acordos con outras comunidades) co fin de protexer a lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidade autónoma?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-04-2012 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
A Real Academia Galega estrea páxina web, cun dicionario en liña con 50.000 entradas
Galicia Hoxe - 30.03.2012 - A CORUÑA. EP

MÉNDEZ FERRÍN: "LEVAMOS AO PÉ DE CADA CASA TODO O NOSO PATRIMONIO"

A Real Academia Galega (RAG) dispón desde este venres dunha nova páxina web, na que destaca a incorporación do dicionario en liña que conta con máis de 50.000 entradas.

A nova web, na que traballaron 9 anos, compleméntase con outros recursos como un apartado con información sobre as Letras Galegas, ademais doutro espazo que permite aos investigadores coñecer os fondos que custodia a RAG.

"Con esta nova web faise uso das novas tecnoloxías para dar un salto adiante e levar ao pé de cada casa todo o patrimonio da institución", comentou, en rolda de prensa, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.

O dicionario estará "en permanente mellora e actualización", destacou sobre esta ferramenta, que inclúe termos científicos e xurídicos así como información léxica e ortográfica sobre os termos a buscar.
Ademais, a institución indicou que non descarta que este proxecto, que conta coa colaboración da Fundación Barrié, póidase chegar a implantar en dispositivos móbiles.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 01-04-2012 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0