Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Consello Escolar emenda á totalidade o decreto do plurilingüismo do PP
Con 21 votos a favor e 16 en contra- os dos representantes da Administración, os empresarios e os colexios públicos e privados- o anteproxecto foi rexeitado.

Xornal.com - Actualizado 07/04/2010 - 18:49 h.


Foi esta tarde cando o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou o anteproxecto do decreto do plurilingüismo ante o Consello Escolar de Galicia, un organismo integrado por máis de 50 entidades con representación en todos os ámbitos do ensino.

O Consello Escolar decidiu emendar á totalidade o decreto do plurilingüismo para expresar así o seu malestar polo texto co que o Goberno do PP pretende derrogar o decreto do galego no ensino. Con todo, este organismo non ten carácter vinculante polo que, ao igual que xa pasou na Mesa Sectorial, a Xunta podería obviar a súa opinión esegur adiante a pesar das protestas.

O rexeitamento á totalidade do texto contou con 21 votos a favor e 16 en contra. Entre os partidarios de apoiar o anteproxecto só se atopaban os representantes da Administración galega, os anpas de colexios públicos e concertados e a Confederación de Empresarios.

A reunión do Consello Escolar estivo acompañada por unha manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego e na que unhas 300 persoas se reuniron para amosar o seu rexeitamento ante o decreto do plurilingüismo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-04-2010 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
O STEG solicita a dimisión do Secretario Xeral de Política Lingüística
SOLICITUDE DE DIMISIÓN DO SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
O Secretariado Nacional do STEG decidiu solicitar formalmente a dimisión do Secretario Xeral de Política Lingüística despois de analizar a súa xestión no ano que leva exercendo o seu cargo. Expoñemos os motivos:

1. Por todas as actuacións lexislativas que avalan unha involución na protección e fomento da lingua propia:

- Eliminación da necesidade de mostrar o coñecemento de Galego para o acceso á función pública galega.
- Retirada de axudas ás aulas en contornas castelanfalantes
- Eliminación da promoción do galego nas oposicións ao ensino ao non ter que presentar a programación en galego
- Non valorar a lingua galega na Orde de estadías no estranxeiro cando si se valora calquera outra lingua estranxeira.
- A desaparición da referencia á lingua galega no Decreto de FP.
- Presentación dunhas Bases e dun Proxecto de Decreto inspiradas nestas bases que contan coa oposición da maioría da comunidade educativa (Sindicatos, Asociacións de ANPAs, RAG,CCG...)

2. Polo dano realizado ao idioma e aos trinta anos de normalización ao asumir o falso discurso da imposición do galego e a idea de que o xusto é tratar por igual ao desigual incurrindo nunha irresponsabilidade e inxustiza históricas de dimensións económicas, culturais e sociais incalculábeis.

3. Por negarse a negociar nin un só dos puntos que eran esenciais para as catro OOSS véndonos na obriga de levantarnos da mesa sectorial. Por facer da mesa sectorial de ensino unha farsa. Ademais é inadmisíbel enviar, antes de pasar por mesa, o texto do proxecto de decreto ao Consello Escolar o que demostra a nula intención negociadora e o desprezo ao profesorado e aos seus lexítimos representantes.


4. Por facer uso dun medio institucional para atacar ás forzas sindicais, e por ende a todo o profesorado galego, con mentiras que rozan a calumnia e a inxuria e que poderían ser obxecto de demanda xudicial.
Na nota publicada na web da Consellaría despois da mesa sectorial do 25 de marzo do 2010 méntese, entre outras cousas, ao dicir que o STEG non fixo achegas nin no período de consultas nin na mesa de onte. É unha falsidade que se demostrará na acta da mesa xa que nas dúas reunións o STEG presentou alegacións que eran esenciais para a nosa organización. E, iso si, de non aceptarse, demandamos a retirada xa que calquera deses aspectos é inasumíbel para unha proposta que pretenda fomentar e normalizar a lingua galega ademais de ser unha aberración desde o punto de vista pedagóxico.

Por toda esta política desnormalizadora e involucionista con respecto á lingua, por lexislar en contra da calidade do ensino e polo uso da mentira para inxuriar ao STEG e a outras OOSS solicitamos a dimisión do seu cargo.


Secretariado Nacional STEG
Abril de 2010
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-04-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Boletín CIG Informa, sobre actividades en defensa da lingua, enviado aos centros
Sr/Sra. Director/a

Achegámoslle un boletín informativo para dar conta das diferentes actividades que se están a desenvolver na defensa da nosa lingua fronte ás agresións do gobernoa da Xunta ao noso idioma.

Pregamos que lle deades a máxima difusión e que o deades a coñecer ao resto do profesorado.

Saúdos cordiais

CIG-Ensino.



Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 06-04-2010 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Resolución de axudas a proxectos de ENDL
Prezada coordinadora:
Prezado coordinador:

Comunícolle que no seguinte enderezo do espazo web dirixido aos equipos de normalización e dinamización lingüística podes informarte da resolución de axudas a proxectos de ENDL presentados á convocatoria da SXPL do pasado 4 de xaneiro de 2010: http://www.xunta.es/linguagalega/axudas_equipos_de_normalizacion

Sen outro particular, reciba un saúdo

Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 06-04-2010 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Escrito de Nova Escola Galega aos centros de ensino
Poñemos no seu coñecemento que Nova Escola Galega acaba de elaborar un actualizado estudo comparativo sobre a lingua galega no ensino no decreto de 1995, o actual do 2007, as Bases e o Borrador.

Ademais, inclúese unha valoración sobre as últimas iniciativas que provocan unha regresión no ámbito da normalización.

Este documento, con formato de NEGopina, está no noso web:

http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/NEG_OPINA_2010_ABRIL.pdf

Agardamos que sexa do seu interese e pregámoslle que, se o considera oportuno, o difunda entre os membros da comunidade educativa do seu centro.

Un saúdo.

NOVA ESCOLA GALEGA
neg@mundo-r.com
www.nova-escola-galega.org
Tfno./Fax: 981.56.25.77
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 06-04-2010 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
"RETIRAD LA BANDERA QUE VA A VENIR EL PRESIDENTE"
Unha outra mostra máis da cacarexada 'imposición' do galego

No último Xuventude Galiza Net, tanto a web interna como os avisos da organización e os anuncios nas pantallas estaban só en castelán, denuncia Galiza Nova.

Redacción Vieiros- 11:00 06/04/2010


"A Dirección Xeral de Xuventude fixo unha demostración de improvisación, descoordinación e profundo desprezo cara á lingua galega". Son palabras da secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, que este luns denunciou a "exclusión do galego" do último Xuventude Galiza Net e a "coacción" que viviron algúns dos seus participantes.

"Os participantes dispuxeron da páxina web interna en versión exclusivamente en castelán, así como os anuncios realizados nas pantallas das instalacións e os avisos da organización, nos que non se utilizou a lingua propia de Galiza", criticou a máxima responsábel das mocidades do BNG.

Aínda máis grave foi a situación vivida nos momentos previos á visita realizada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Segundo Galiza Nova, houbo presións por parte da organización para que varios mozos retirasen autocolantes e bandeiriñas de Queremos Galego que tiñan nos seus computadores.

"Retirad la bandera que va a venir el presidente y va a haber prensa" foron algunhas das frases da organización dirixidas cara aos asistentes. "A Dirección Xeral de Xuventude participa da estratexia do PP dende que chegou á Xunta, hai un ano, por eliminar o galego, especialmente das actividades dirixidas á xente nova", sinalou Aboi, que exixiu explicacións e desculpas.

"Desorganización, improvisación"
Ademais desta situación arredor da lingua, para Galiza Nova, a organización do evento deste ano oi moi deficitaria. Por exemplo, critican que se confirmase a súa celebración con tan só un mes de antelación. Houbo tamén, din, irregularidades nos sorteos e nos concursos. E, sobre todo, a desaparición do asesoramento sobre software libre, especialmente en galego (Galinux).
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 06-04-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta gastará un millón de euros en publicitar o decreto das linguas
Educación xa destinou 90.000 euros a anunciar a consulta ás familias e case 20.000 a realizar as enquisas nos colexios

DAVID LOMBAO - xornal.com - Actualizado 06/04/2010 - 00:15 h.


As contas económicas do Goberno galego volverán recibir un forte impacto como consecuencia do denominado ?decreto do plurilingüismo?, se ben desta volta os gastos non virán motivados da propia posta en marcha da nova norma lingüística e nin sequera afectarán ao orzamento daConsellería de Educación.

O pasado 31 de marzo, xornada previa aos días festivos da Semana Santa, a Secretaría Xeral de Medios ?con dependencia xerárquica directa do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo? enviou ao Diario Oficial das Comunidades Europeas o ?anuncio de información previa? dun contrato para pór en marcha unha ?campaña institucional informativa e divulgativa sobre os novos valores do sistema de ensino non universitario na Comunidade Autonóma de Galicia?.

Na ?natureza? do contrato que o Executivo autonómico asinará, o departamento dependente da Presidencia especifica que o obxectivo da acción propagandística será ?dar a coñecer á poboación galega os novos valores do plurilingüismo nas aulas?, isto é, as caracterísicas do decreto que impulsa Educación e que mañá chegará ao Consello Escolar de Galicia no medio dunha intensa controversia educativa.

Igualmente, o documento remitido ao diario da UE especifica o ?custo estimado? da contratatación, que se eleva aos 819.000 euros, ?IVE excluído?. Unha vez engadidos os correspondentes impostos, é posible concluír que a Xunta desembolsará, cando menos, 950.040 euros. Se a formalización do contrato fose realizada despois do mes de xuño, momento no que o IVE se incrementará do 16% ao 18% en todo o Estado, o importe final ascenderá a, cando menos, a 966.420 euros.

Con todo, a cantidade que a Xunta está disposta a destinar a esta campaña aínda pode variar, dado que esta publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas é un trámite opcional, co mero valor dun aviso previo ás empresas interesadas en elaborar os anuncios. Así, a licitación definitiva da operación terá que ser anunciada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE) para, despois, regresar ao boletín comunitario, desta volta xa cun importe definitivo para o concurso público.

Así as cousas, o importe próximo a 1 millón de euros que a Presidencia da Xunta gastará en publicitar os ?valores? do decreto engadirase aos 90.000 euros que, segundo recoñeceu no Parlamento o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, supuxeron para as arcas públicas as dúas xornadas en que a Consellería de Educación inseriu nalgúns diarios, durante dous días, páxinas publicitarias sobre a enquisa realizada entre as familias dos estudantes o pasado mes de xuño.

Ese desembolso sumouse, á súa vez, aos 6 céntimos ?por alumno? que o departamento de Jesús Vázquez recoñeceu ter gastado na realización da enquisa, cunha suma total de 19.800 euros. Deste xeito, e á espera da realización das enquisas previstas no novo decreto, a mudanza da normativa lingüística suporá xa, cando menos, 1,06 millóns de euros ás arcas públicas de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 06-04-2010 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Antonio García Teijeiro: ?Non hai vontade política de que o galego ocupe o lugar que lle corresponde?
?Para un docente que ame a nosa lingua, o decreto provócalle unha sensación de ataque aos seus principios?
Antonio García Teijeiro ten pubicado obras como ?Arredor do teu corpo? ou ?Estelas de versos?

MANUEL VIDAL VILLAVERDE - Galicia Hoxe


Antonio García Teijeiro naceu en Vigo no ano 1952. Exerce como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO nun Colexio desta cidade. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas dos xornais e revistas máis prestixiosos de Galicia así como en diversos proxectos literarios con carácter reivindicativo.

Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, conferencias, e ten participado en xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións. Durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para mozos, é autor de libros de texto e foi membro do xurado en importantes Premios literarios para rapaces. Varios dos seus libros foron incluídos nas Listas de Honra da CCEI e da revista CLIJ.

Gañou o Premio Merlín en 1996 con Na fogueira dos versos, libro co que entrou na Lista de Honra do IBBY (1998) e foi finalista do premio Nacional (1997). En 1998, un xurado internacional concedeulle o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido pola Universidade de Padua, considerado un dos máis prestixiosos galardóns literarios de Europa. No VI Simposio de Literatura Infantil e Lectura da FGSR o seu libro Versos de agua (en galego Cacarabín, Cacarabón) foi elixido entre Los 100 del Siglo XX. O seu libro de relatos Trala liña do horizonte foi elixido como libro asociado do Fórum Barcelona 2004.

Gañou no ano 2006 o I Premio Illas Sisargas de Poesía erótica co seu libro Arredor do teu corpo. En 2007 gañou o Premio de poesía infantil Luna de aire convocado polo CEPLI / Universidade de Castela-A Mancha, co libro Estelas de versos, escrito en colaboración co escritor Rafael Cruz-Contarini. Así mesmo, os seus poemas figuran en múltiples antoloxías tanto en galego coma en castelán ou catalán en España e Latinoamérica. Algúns deles foron musicados por distintos grupos de Galicia e por músicos da categoría de Antón Seoane ou Paco Ibáñez. Como tradutor ao galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.

Antonio, se mal non recordo no novo Decreto de Normalización Lingüística, hai unha proposta que a min me parece aberrante, é que infantil e primaria se impartan en castelán, deixando o galego fóra, pois son idades onde se fornece a cerna do galego; aquí xa se ve mala intención e se apuras eu diría que é un xeito perverso de manter a diglosia, o autoodio, etc. Cal é a reflexión que podes e queres ti facer, tanto do que che digo coma do estado da lingua galega en xeral?

En todo este Decreto hai unha falta evidente de respecto ao galego. Non hai vontade política de que o galego ocupe o lugar que lle corresponde na sociedade. É un ataque ao sentido común. Pódoche asegurar que nunca houbo conflito lingüístico nas aulas. Todo isto procede de grupos que queren facerse notar, que teñen intereses ideolóxicos ruíns e crean conflitos que non existen. Non se pode falar de nada ao cincuenta por cento cando hai unha lingua, o castelán, que ten unha supremacía evidente. Habería que facer unha inmersión lingüística real para que, co tempo, se chegue a ese bilingüismo do que falan. Hoxe en día, como tal, non se pode falar de procentaxes equitativas. Con este Decreto, o galego vai continuar en descenso. A súa presenza na escola faise imprescindible. Hai que reforzala; nunca, debilitala. Sinto unha impotencia enorme diante de todo isto. E as consultas aos pais? unha cousa de tolos! Para un docente que ame a nosa lingua este decreto, ademais de inxusto, provócalle unha sensación de ataque aos seus principios. Intolerable.

Como te sentes máis cómodo, como narrador ou poeta?

Teño moitos libros de narracións (relato curto e novela) infanto-xuvenís que é o meu eido. Pero están agochados tras a miña faceta de poeta. Non me importa. Hai tempo que asumín que a poesía era a miña mellor maneira de expresar o que sinto. E así o fago. Escribindo libros para nenos e nenas de todas as idades. Escribindo libros didácticos para que os ensinantes se animen a entrar na poesía. Facendo talleres, dando conferencias, tendo encontros cos lectores. E escribindo para os adultos. Dáme o mesmo en Colombia, Cuenca, Valencia, Miami ou calquera vila ou escola de Galicia.Quero estar presente alí onde poida haber un docente, home ou muller, que estea disposto a contaxiar o amor polos versos. Toda a miña vida zumega poesía, incluídos os meus traballos en prosa. A poesía é para min un verdadeiro xeito de vida.

Que tal te levas co ensaio en liñas xerais?

Acostumo ler ensaio literario e tamén ensaio pedagóxico, sen esquecer o político cando está relacionado co exilio ou cos distintos enfoques que a nosa cultura galeguista leva enriba. Interésame moito este xénero porque fortalece os meus coñecementos para emprender os proxectos persoais con fundamentos específicos e base real. Eu fago, no literario e no didáctico, certas incursións, normalmente no eido da poesía coa intención de compartir a miña experiencia cos demais.
Unha experiencia que lle poida servir a alguén para, por exemplo, conseguir que os rapaces non vivan de costas á literatura, como nos pasou a tantos de nós. E aínda segue a pasar.


Cal é a túa opinión sobre a falla de autoestima do pobo galego sobre a súa cultura e polo tanto a súa lingua?

A falta de autoestima vén provocada dende hai moitísimo tempo por escuros intereses políticos, por certo, nada democráticos. As persoas descoñecen a realidade histórica, social e cultural de Galicia. Non interesou achegar a brillante traxectoria cultural ao pobo. Déronnos doses de folclorismo mal entendido. Esa era a cultura. Limitaron a nosa grandeza neste e noutros campos. Encheron de complexos a xente. Agochouse de onde procedemos. Sementouse a inferioridade con relación á cultura española. O pobo non coñece; xa que logo, non ama, non sente, estima e vive na dependencia do que pasa máis alá do Padornelo. Non se pode amar o que se descoñece. Eu vivino en primeira persoa e descubrilo provocou en min rabia e impotencia. As dúbidas asaltábanme. Estaba confundido. Loitei, moitas veces ás cegas, comprometéndome e niso sigo. A sensación de que che roubaron moito nunca a perdín. De aí que nunca debamos baixar os brazos. Éche unha loita continua.

Con palabras Antonio, serías quen de facer un retrato do tempo?

Un tempo de moitísimos cambios. Un tempo tinguido de materialismo atroz, de beneficios económicos brutais, de incomunicación, de insensibilidade social. Un tempo necesitado de utopías, de esforzos afectivos e solidarios no cotián para recuperar a fe no ser humano. Un tempo necesitado de música e poesía. Un tempo no que as referencias cheguen a ser a xusticia social, a paz e o respecto. Un aperturismo xeneroso ás novas realidades para que as persoas se sintan integradas e ilusionadas por vivir. Non debemos caer no desánimo malia os referentes tan baleiros que nos amosan.

As consignas aznarianas ou aznaristas, non che parece a ti que a súa pretensión é facer desaparecer o galego ou cando menos mantelo nun estado inferior para perpetuar o autoodio e polo tanto ferir de morte o noso idioma?

Existen persoas que prefiro borrar do meu dicionario vital. Quen é esa persoa para dar consignas sobre o noso idioma? Como di Paco Ibáñez, temos o inimigo dentro e hai que botalo fóra. Somos os galegos os que temos de decidir que modelo de sociedade queremos, que lingua queremos falar e por iso debemos loitar desde o convencemento de que o facemos porque o sentimos, porque é o xusto e non podemos deixar morrer os nosos sentimentos de amor a unha terra que moitos desexarían enferma.

Non che parececería máis xusto, dada a situación certamente desesperanzadora, quero dicir de dominio do castelán sobre o galego, unha discriminación positiva a favor do noso idioma ata lograr a harmonía perseguida?

Evidentemente. Cando escoito falar de que o castelán está ameazado polo galego non sei se rir ou chorar. Terías que ver o esforzo que teño que facer para que os meus alumnos falen galego na aula. Custa unha barbaridade. E eu empregando o elemento afectivo para que se animen. Ás veces, parece imposible acadar os obxectivos marcados. Menos mal que, co paso do tempo, notas que van avanzando. Que conseguen certa autonomía en galego oral e escrito. Pero que falen con normalidade, difícil, moi difícil. Dóeme moito ver cando chega á escola un rapaz ou rapaza galegofalante e pouco a pouco vai perdendo o hábito de falar en galego. Para seguir escoitando que o castelán está ameazado. Vergoñoso.

A literatura galega vive un momento de esplendor ou hai luces e sombras?

A literatura galega está á altura de calquera literatura estatal coas súas luces e as súas sombras. E non digo nada da literatura infanto-xuvenil que, por certo, tamén é literatura, non o esquezamos. Penso que vivimos unha boa época literaria, con diversidade de xéneros, temas, estilos, editoriais e a aparición de novos autores e autoras. Sen autocompracencia, debemos sentirnos satisfeitos e seguir avanzando por esta senda de orgullo co que se fai aquí.

As traducións de autores galegos son máis necesarias, escasas?

Xa se está a dar o caso contrario. Traducir ao galego autores de diversas literaturas. É un detalle de normalización. Sería moi bo que se traducisen máis obras de autores galegos dos que se traducen, pero xa sabes ti as regras do mercado. Un bo exemplo está, unha vez máis, na LIX. Tradúcense bastantes autores infantís ás diferentes linguas do Estado. É moi gratificante. As traducións permiten un intercambio que enriquece o criterio literario e fai lectores máis formados, abertos e esixentes.

O bilingüismo de moitos xornais de Galicia, non resulta estarrecedor?

A min encantaríame que houbese diarios en galego unicamente. Pero a nosa realidade é a que é, e xa sabes como funciona isto. Gustaríame, por exemplo, que a edición de Galicia de certo xornal importante fose en galego? pero ¡que lle imos facer! Mira, A Nosa Terra, coa nova liña, é un exemplo a seguir. E eu penso: valóranse de verdade proxectos xornalísticos coma este? Que responda quen queira.

Monarquía parlamentaria e democracia? Non é esperpéntico, e polo tanto un antagonismo insoportábel?

Vaia pregunta! Prefiro non afondar no tema. É complexo. Eu creo que a monarquía foi, para os que deseñaron o futuro político deste país, a única canle posible para iniciar unha transición política da ditadura á democracia. E así estamos. Eu coido que aínda vivimos esa transición. Cústalles a moitos renegar do franquismo a estas alturas. Levanta bochas falar das vítimas da guerra, da memoria histórica?Todos son atrancos. Incrible, pero certo.

Nun Estado federal co recoñecemento das distintas culturas e nacións as cousas non pintarían mellor?

Eu coido que si. Para min o Estado das Autonomías debería ser un primeiro paso para chegar, co tempo, a un Estado federal. Mais son consciente da dificultade que entraña. Hoxe por hoxe resulta case imposible, pero o enfoque debería ser ese.España é un conxunto de realidades e sensibilidades que non se deben afogar.

É realmente o Estado español laico, aconfesional?

A Constitución así o di, pero eu penso que hai quen se resiste a que isto sexa real. A Igrexa, representada pola Conferencia Episcopal, segue a querer marcar a súa moral a unha sociedade que está a abrirse á modernidade. Isto supón un lastre. Temos que crear resortes para evitar que non nos confundan co seu discurso interesado. Eu respecto as crenzas relixosas de cada quen, sempre que non entorpezan o desenvolvemento dunha sociedade laica e aconfesional. O relixioso é un acto íntimo e privado, e debe ser respectado como unha opción persoal. Odio as imposicións veñan de onde veñan.

En que órbita se sitúa García Teijeiro diante dos credos?

Tiven que loitar moito para desfacerme de certas influencias político-relixiosas que me estaban a facer moito dano. Son consciente de que sempre deixan pegada. Eu creo na liberdade do ser humano para elixir o mellor e o que lle corresponde sen asoballar os demais, na súa preparación para facelo, na loita para ser mellor, non para ter máis, na solidariedade, na paz, na xustiza? en fin, en todas esas actitudes da vida que temos aquí, que nos permiten ocupar un espazo positivo na nosa sociedade para desenvolver con honestidade os nosos labores cotiáns, que son, en definitiva, por onde poden producirse os cambios.

Unha República Socialista Galega, solidaria e internacional? Que che parece?

Non me gustan os grandes títulos de nada. Eu quero unha Galicia dona de si mesma, aberta, solidaria, xusta, onde os galegos e galegas sexamos conscientes da riqueza agraria, industrial, cultural, idiomática, artística que posuímos e nos sintamos orgullosos diso. Unha Galicia que non perda a súa identidade, sen complexos, orgullosa do seu papel nun mundo que, quizais, está a globalizarse demasiado.

Pode ser a vida un ?desiderato??

Ten que selo. Vivir ten que ser un sentimento intenso e constante de que te moves. Tes que ser consciente de que hai evolucións e un debe estar atento a elas. Debes poñer os teus valores diante e crer neles porque son auténticos. Deben ser o reflexo da túa actitude nunha vida que nos esixe respostas e hai que dalas desde a honradez e o coñecemento do papel que xogas nunha sociedade complexa que, en demasiadas ocasións, te pon ao límite.

É máis que merecente Méndez Ferrín do Nobel?

Ferrín é para min un referente literario imprescindible. A súa literatura axudoume a abrir canles necesarias para ter un criterio serio, tanto como lector e como autor. A súa obra sempre está á miña beira. Sería moi bo para a literatura galega que lle desen o Nobel, máis que nada para que transcenda a certos niveis a boa literatura que se fai en Galicia. Sería unha chamada de atención para que a xente reparase na grandeza das chamadas linguas minorizadas.

E Manolo Rivas, con tanta e boa obra?

Gústame o Manolo Rivas xornalista, poeta e narrador de relatos curtos. Penso que abriu camiños moi necesarios para a dignificación da nosa literatura sen renunciar a unha ideoloxía de esquerdas e nacionalista. E non é doado nos espazos polos que se move. É un bo exemplo de coherencia literaria e humana. El, coma Suso de Toro e moitos outros, prestixian as nosas letras.

Politicamente onde abeiras?

Non son home de partidos específicos, de siglas que, ás veces, din pouco da realidade. Non me vexo acatando decisións tomadas por disciplinas de partido. Síntome de esquerdas, creo nunha clase de socialismo e nacionalismo galegos, que garanta os nosos dereitos coma persoas e como galegos. Loito por unha sociedade máis humana, menos egoísta. Vivo aberto a todo aquilo que me poida producir emoción e sentirme útil nun mundo tan confuso coma este. Procuro apoiar as causas que me parecen xustas e reivindicar o dereito a tomar decisión propias como pobo. Tampouco non podo agochar a sedución que me produce o espírito republicano, tan avanzado social, cultural e pedagoxicamente.

Agardas unha Galicia libre e soberana de si?

Quero unha Galicia dona das súas decisións, aberta a outras realidades e que non perda as súas raíces nin a capacidade de medrar nun mundo que pretende uniformizar comportamentos e características singulares. Unha Galicia libre de complexos, feliz de ter unha lingua de seu e unha cultura en continua evolución que nos faga máis modernos e emprendedores.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 05-04-2010 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG volve pedir no Congreso a recepción das canles de televisión portuguesas a través da TDT
LAZOS CULTURAIS E SOCIAIS ENTRE GALIZA E PORTUGAL


"Reforzaría a normalización da lingua galega" e "ampliaría a oferta informativa", ademais de "abrir unha importante oportunidade de negocio".

Redacción Vieiros- 14:15 01/04/2010


A deputada do BNG Olaia Fernández Davila volveu solicitar no Congreso a recepción en Galiza das canles de televisión portuguesas a través da TDT. Recorda a nacionalista que este intercambio "reforzaría a normalización da lingua galega, ampliaría a oferta informativa, reforzaría os lazos culturais e sociais entre Galiza e Portugal, e, tanto para as televisións galegas como para as lusas, abriría unha importante oportunidade de negocio".

Fernández Davila lembra que a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias estabelece que "as partes se comprometen a garantir a liberdade de recepción directa das emisións de radio e televisión dos países veciños nunha lingua usada nunha forma idéntica ou próxima dunha lingua rexional ou minoritaria, e a non se opor á retransmisión de emisións de radio e de televisión de países veciños nesta lingua".

Neste sentido, a deputada do BNG no Congreso sinala que xa hai varios países na Unión Europea que cumpren con esta norma, por exemplo, Finlandia, onde a poboación de fala sueca pode recibir as televisións da veciña Suecia.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 02-04-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0