Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Andrea Bocelli & Dulce Pontes - O Mare e Tu
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 20-04-2008 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
Paneis do 8º certame Poesía e imaxe
Podes descargalos en formato .pdf ou visualizalos en grande, entrando en slide share,
como de costume.

Comentarios (3) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-04-2008 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
8º Certame Poesía e Imaxe - cartel

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-04-2008 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe - Ás escuras
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 17-04-2008 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Moitos universitarios poden rematar a carreira sen escoitar palabra de galego
Informe da lingua no ensino

Redacción Vieiros - 18:00 16/04/2008



Ningunha universidade galega supera o 20% da docencia en galego, segundo denunciou A Mesa pola Normalización Lingüística. Só a universidade de Compostela chega a esta porcentaxe, namentres que a de Vigo fica no 16% e a da Coruña, no 10%.

O presidente da asociación, Carlos Callón, e mais o responsábel de Mocidade, Fran Rei, presentaron esta cuarta feira na Coruña un informe elaborado polo Observatorio de Dereitos Lingüísticos onde se denuncia que o Estado español segue a incumprir a Carta Europea das Linguas Minoritarias, aprobada por unanimidade no parlamento español en 2001.

Este informe, que xa foi enviado ao Consello de Europa, recolle tamén algunha das reivindicacións centrais da manifestación nacional que, baixo o lema Polo dereito a vivirmos en galego, percorrerá as rúas da capital do país o vindeiro 18 de maio, e que dende a asociación agardan sexa "histórica".

A Mesa lamentou que "moitos alumnos" poidan empezar e rematar unha carreira "sen escoitar unha palabra de galego", dado que o profesorado "non ten a obriga de coñecer a lingua propia". "Moitos (alumnos) teñen que renunciar ao idioma para non ter problemas coa avaliación", reprobou Callón.

Requisito para acceder á docencia
Xa que logo, reclamaron como medidas urxente para o cumprimento da Carta Europea das Linguas que se estabeleza un "plan de formación lingüística para o profesorado", que se estipule "o coñecemento do galego como un requisito para o acceso á docencia universitaria" e que se "estabelezan uns mínimos de produción científica en galego nas universidades".

Por último, a Mesa denunciou o "incumprimento masivo" do novo decreto do ensino. "Hai algúns centros nos que se están a impartir materias en castelán que se tiñan que impartir en galego xa desde os anos oitenta, como é o caso de Xeografía e Historia", dixo Callón.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-04-2008 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Coa lingua de excursión - Mugardos
Velaí o folleto


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 14-04-2008 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Ao Longe O Mar - Madredeus
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 14-04-2008 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua galega vai ser oficial por primeira vez nun Mundial de Hóckey Patíns
O ano que vén (2009)

E tamén se fai en dúas cidades por primeira vez: en Vigo e en Pontevedra. Comezan así a se cumprir os obxectivos da Federación Galega: expandir este deporte por todo o país.
Redacción Vieros- 14:30 11/04/2008


O hóckey internacional ten dous mundiais distintos, o Mundial A e o Mundial B. Desenvólvense cada dous anos coas mellores seleccións masculinas deste deporte, e está organizada pola FIRS, a federación internacional.

No Mundial A xogan os 16 mellores equipos do mundo (entre eles o combinado estatal español, un dos mellores, que xa ten no seu haber 13 mundiais, o último gañado o ano pasado en Montreux, Suíza); e no B as 16 nacións denominadas de "nivel inferior". Son como dúas ligas, a de primeira e a de segunda división, de tal xeito que os tres primeiros equipos do grupo B teñen asegurado o ascenso ao A; e do mesmo xeito os tres peor clasificados do A baixan ao B.

Como o último Mundial A foi en 2007, o seguinte será en 2009 e tócalle a Vigo.

Vigo 2009: Campionato do Mundo de Hóckey... en galego
Os designios do hóckey mundial son rexidos pola Federación Internacional de Deportes sobre Patíns (International Roller Sports Federation), que ten como linguas oficiais o castelán e o inglés.

Mais en Vigo vai haber unha outra lingua oficial: o galego.

Segundo o protocolo asinado a finais do pasado mes de marzo pola Federación Española de Patinaxe, a Federación Galega, o Concello de Vigo e o de Pontevedra (representado polo tenente alcalde, Santiago Domínguez, e os concelleiros de Deportes de Vigo e Pontevedra, Xavier Alonso e Chano Esperón respectivamente) e a Federación Internacional, a terceira lingua oficial en Vigo 2009 vai ser o galego. Isto quere dicir que todas as comunicacións se van facer nas tres linguas.

Andaba polo medio o Concello de Pontevedra porque o Mundial de 2009 hase desenvolver nas dúas cidades.

Un Mundial que pretende espallar o hóckey por Galiza
Entre os traballos da Federación Galega de Patinaxe está o de estender as disciplinas que representan por Galiza adiante, a través da dinamización da base e da axuda a creación de clubes e espazos para practicar estes deportes.

Tamén o hóckey entra nos obxectivos da Federación, e con este Mundial quérese comezar a traballar nisto, polo que algúns dos partidos han ser en Vigo e outros en Pontevedra, dúas zonas nas que (xunto con Carballo, Ordes ou A Coruña, entre outras), existe moita afección a este deporte.

Entre os equipos tamén estará o combinado estatal, consagrado xa como o mellor do mundo na actualidade, posto que aos seus 13 campionatos seguidos únese o feito que, dende o ano 2000 a selección española venceu en todos os campionatos disputados, a excepción do Mundial de Portugal (desenvolvido en Oliveira de Azeméis, en 2003) que gañou a selección anfitrioa, que ademais é unha das máis laureadas, con 15 Mundiais no peto.

Non é o primeiro Mundial que se desenvolve no noso país
Este non é o primeiro Mundial que se desenvolve no noso país, posto que en 1972 e en 1988 a cidade da Coruña acolleu este campionato.

Mais desta volta só houbo unha candidatura galega, a viguesa, que competía con Madrid e Cáceres, dúas adversarias fortes. Mais finalmente Vigo levou o Mundial, noticia que se soubo mentres pelexaba por facer valer a súa candidatura á Universiada 2013.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-04-2008 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
O ciclo "En galego, de película" chegará a máis de 3.000 alumnos
REDACCIÓN > Diario de Ferrol

Un ano máis, os estudantes da cidade e comarca terán unha nova oportunidade de atoparse co cine en galego con motivo da celebración do ciclo "En galego, de película". A iniciativa está organizada polas concellerías de Normalización Lingüística e Educación coa colaboración das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Contribuír á normalización do uso da lingua galega entre os mozos a través de actividades que lles resulten atractivas é un dos obxectivos que se persegue co programa que o vindeiro martes comezará no cine Dúplex de Ferrol. Escolares de diferentes centros educativos e de todos os niveis participarán nun programa que nas súas dúas primeiras sesións, as do vindeiro martes e mércores, estarán adicadas aos alumnos de Educación Infantil e 1° e 2° de Primaria, aos que se lles proxectará a película "Nocturna". Nela, Tim, un neno que vive nun orfanato, parte na busca do señor Moka, responsable do reino da noite, para advertilo de que as estrelas están desaparecendo. Nas dúas últimas xornadas da vindeira semana, as do xoves e venres, tocaralles o turno aos estudantes de 3° de Primaria e 1° ciclo da ESO, que no seu caso poderán ver a película "Gisaku", a primeira produción manga realizada en España.

ESO e Bacharelato > Xa na seguinte semana, serán os estudantes de 2° ciclo de ESO os que o mércores e o xoves participarán no ciclo "En galego, de película" para ver o filme "Mia Sarah". O programa rematará o venres, día no que se proxectará "Días Azuis", unha longametraxe rodada integramente na cidade ferrolá e que conta a historia de tres irmáns moi unidos que chegan a unha vila costeira para pasar a súa derradeira fin de semana alí. Neste caso, os destinatarios serán os estudantes de Bacharelato e dos ciclos formativos dos centros educativos inscritos na iniciativa. En cada un dos dous pases que terán lugar os mencionados días -en horarios de 09.45 e 12.00 horas-, participarán arredor de 440 mozos.

Noutro orde de cousas, a Coordinadora de Equipas de Ferrolterra ten programado para o sábado 19 de abril unha ruta de sendeirismo polo municipio de Mugardos dentro da iniciativa "Percursos falados" e que incluirá visitas á igrexa de Santa Olaia de Lubre, o Mosteiro de Santa Catalina, o castelo da Palma e o propio municipio.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-04-2008 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
IV Premio a artigos xornalísticos normalizadores
DATA LÍMITE DE ENVÍO DE ARTIGOS: 18 de abril

Máis información e bases completas en: http://www.carballo.org/aodia/novas/noticia.php?id_nova=1554&lg=gal

Difunde e participa!

Un saúdo,

Nel Vidal
________________________________________________

Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Carballo
Pazo da Cultura, 1.º andar
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo
Tfno.: 981 704 304
Fax: 981 704 302
normalizador@carballo.org
www.carballo.org
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-04-2008 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0