Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Luar na Lubre: Chove en Santiago, de Federico García Lorca
Comentarios (1) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 06-02-2011 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova web municipal garante o interese pola vida e a obra de Carvalho

VIERNES, 04 DE FEBRERO DE 2011 00:00

Diario de Ferrol-2011-02-04-014


Os actos de conmemoración do centenario de Ricardo Carvalho Calero prolónganse máis alá de 2010 e buscan que a lembranza e o coñecemento do intelectual ferrolán se perpetúen no tempo. O Concello de Ferrol mantén aberta ata o sábado, no centro que leva o seu nome, unha exposición bio-bibliográfica. Ademais, esta mesma semana, o alcalde e a concelleira de Cultura reuníanse co presidente da Real Academia Galega para impulsar a súa candidatura ó Día das Letras. Como complemento, onte botaba a andar unha nova páxina web na que afondar na vida e na obra deste profesor, escritor e investigador e que conta co impulso da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
A nova web municipal (www.ferrolconcarvalhocalero.com) quere ser un espazo vivo de información e de reflexión sobre Carvalho, polo que os seus contidos iranse aumentando progresivamente, sobre todo coas accións que se leven adiante nos centros de ensino. De feito, tal e como adiantou onte o concelleiro de Normalización Lingüística, Manuel Santiago, impartiranse cursos ós docentes para que lles sexa máis doado incorporar á páxina os seus materiais e os feitos polos alumnos. Algúns dos que levaron adiante ó longo de 2010 xa están dispoñibles.
?Ferrol conmemorou o nacemento dun dos seus fillos máis ilustres? nun ano no que se ?lembrou e puxo en valor con dignidade a súa figura?, apuntou Santiago. ?O entusiasmo en torno a Carvalho Calero debe seguir vivo pasado o centenario?, engadiu.
A web ten unha orientación especial cara á comunidade educativa, xa que propón xogos e actividades (como poñerlle música a algúns poemas), aínda que é accesible para calquera persoa interesada en saber máis sobre Carvalho e que queira facelo, ademais, de forma didáctica, a través de vídeos e presentacións feitas polos rapaces.
?Considerámonos pioneiros na reivindicación de Carvalho?, comentou Carme Huesca, secretaria da Coordinadora de Equipas de Normalización. Os Correlingua partían nas súas orixes da praza Vella precisamente por estar alí a casa natal do escritor. Ademais, organizaron certames poéticos en torno á súa figura (dos que pretende publicar un libro recompilatorio) e en 2010 desenvolveron un amplo programa cos escolares que tivo moi boa resposta, sobre todo no eido teatral, en que a participación ?foi masiva?.
A nova páxina web quere ser visualmente clara, manexable e cunha constante actualización. Foi realizada por Tagen Ata nun ?traballo moi colaborativo?, segundo Iolanda Gomis.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 04-02-2011 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
O poeta universal
GALICIA HOXE
NA REDE

Nace a web que acompaña o espectáculo "Mundo Lois", baseado en textos de Pereiro, ideado por Antón Reixa e dirixido por Lino Braxe


"Pero é mellor sempre intentar ser amable/ mellor rirse dun mesmo e dos demais sen furia destrutiva/ aínda estando seguros das mási escuras e brutais certezas/ sobre o fondo das cousas". "Pois a demolición/é o ferro que nos arma". "Quen desexe realmente facer algo, /a medida das súas forzas,/ talento ou influencia,/que se poña xa mans á obra/e axude a exercer a sabotaxe". Son algunhas das reflexións de Lois Pereiro coas que se vén de abrir a web do espectáculo Mundo Lois, "versos de avangarda e lectura contemporánea". Así definen este proxecto os seus creadores, entre os que se atopan Antón Reixa e Lino Braxe, co que queren homenaxear o poeta monfortino, ao que este ano se lle adica o Día das Letras.

Este portal web -www.mundolois.gl- inclúe información sobre Mundo Lois, un espectáculo que arrincará o vindeiro 4 de marzo ás 22:00 horas no Auditorio Municipal de Vigo, e que chegará ao Salón Teatro de Compostela o propio 17 de maio no que se recordará ao poeta que "somentes intentaba conseguir deixar na terra algo que me sobrevivise".

Mundo Lois está baseado en textos de Lois Pereiro e dirixido por Lino Braxe. A escenografía audiovisual de Manu Paz e Antón Reixa, conta coa banda sonora de Alexandro González. Unha idea de Antón Reixa que levarán á escena Nordesía, Kachet e Filmanova en coprodución. Coa dirección técnica e produción executiva de Paco de Pin e interpretado polo propio Lino Braxe e Antela Cid.

Trátase dunha montaxe escénica na que ten un importante peso a parte audiovisual coa que os seus creadores intentan, segundo indican na web, "universalizar, non só a través da palabra senón tamén da imaxe, a obra poética de Lois".

"Unha visión sedutora e fonda da súa personalidade"

O espectáculo pretende "subministrar a calquera espectador profano no coñecemento de Lois Pereiro unha visión fonda, sedutora e interdisciplinar da súa personalidade artística". Un paseo "descarnado, espido e comprometido" coa súa obra, segundo comenta Lino Braxe. "A voz poética de Lois Pereiro é a dun home amarrado ao norai da vida como un mariñeiro de Jack London. Un licor que cando se degusta xa non se pode abandonar e que nos acompañará, como unha única sombra ata o final. A palabra dun poeta que cruzou as selvas de Indonesia na compaña de Conrad, despois de sobrevivir a un tifón no Mar da China", explica o director deMundo Lois.

Unha linguaxe fresca e nova que os impulsores de Mundo Lois queren transmitir "ao público máis novo, aquel que non se achega de por si mesmo á poesía pero que pretendemos chegue a percibir un certo grado de paralelismo entre todas as ideas que Lois agachaba nas súas palabras cun mundo actual que, por momentos, tamén hoxe, nos engule día a día".

A crise que atravesa o sector cultural determinou que tres produtoras galegas se decidiran a colaborar neste proxecto: Filmanova, Kachet e Nordesía, que se encargan de elaborar todo o proceso de produción necesario para un espectáculo desta envergadura.
AUDIOVISUAL

Dous documentais analizarán a súa figura máis alá de estereotipos

Este ano estrearanse dous documentais que analizarán a figura de Lois Pereiro. Un deles, dirixido por Gonzalo Enríquez, aborda a figura do poeta dentre tres puntos de vista: por unha banda, a súa producción literaria; por outra, a propia figura creadora, eminentemente poeta, aínda que tamén ensaísta e novelista e, finalmente, a persoa.

O filme, producido por Mr Misto Films, profundiza a través de familiares e amigos en quen foi Lois Pereiro, máis alá de estereotipos. Entre os participantes, cabe salientar a Manuel Rivas, Antón Reixa, Antón Patiño, Menchu Lamas, Lino Braxe, Xavier Seoane, Méndez Ferrín ou Yolanda Castaño.

Ademais, tamén se presentará Contra a morte, a longametraxe documental de Alexandre Cancelo e Iago Martínez, producido por IB Cinema e a SECC, que incluirá a fita na súa caixa conmemorativa. O documental rodouse en cidades vencelladas á vida de Pereiro como A Coruña, Compostela, Tui, Monforte de Lemos, Madrid Berlín ou Hamburgo. A intención dos responsables do filme é presentalo en Monforte, nunha data que aínda non se ten concretado.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 04-02-2011 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
O noso colaborador Miguel Alonso na TVG





Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 03-02-2011 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Actividade para os pícaros: O SAPO ENCANTADO
DATA E LUGAR:

SÁBADO 19 DE FEBREIRO ÁS 12:00 HORAS

LOCAL DA AA.VV DE ESTEIRO (preme para acceder a un mapa de localización)

SINOPSE: Leticia todo Noticia, informa sobre o terrible meigallo que sufre o Principe Croberto, convertido en sapo pola Meiga Maleira. Voltará a ter apariencia de principe se consigue que unha princesa lle de un bico de amor. Os nenos e nenas teñen a misión de que a princesa Narcisa lle de un bico de amor ó principe Croberto que ten forma de sapo.

PERSOAXES: Leticia todo Noticia, Meiga Maleira, Principe Croberto, Princesa Narcisa.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-02-2011 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Bases e poemas para o XI Certame de creación artística Poesía e Imaxe
EN GALEGO, SEN FILTRO



1.- Poderá participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino -públicos ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.

2.- As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: debuxo, pintura, colaxe ou fotografía.

3.- Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha (1) de entre as 15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo destas bases. O autor ou autora deberá indicar o texto seleccionado e esta autoría terá de ser individual.

4.- Niveis de participación:

- Educación Infantil
- 1º/2º/3º de educación primaria
- 4º/5º/6º de educación primaria.
- ESO
- Bacharelato e Ciclos Formativos

5.- Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases:

a) fase nos centros
b) fase intercentros

6.- Na fase do propio centro realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da expresión plástica. O centro seleccionará nesta fase unha única obra por nivel definido na base 4 para participar na fase intercentros.

7.- Os centros deberán enviar os orixinais seleccionados (unha obra por nivel definido na base 4), quer en man, quer por calquera outro medio, antes do 23 de marzo de 2011.

Os traballos seleccionados deberán enviarse a:

Equipa de Normalización Lingüística
IES Concepción Arenal
Rúa de Cuntis , 1 (15402) ? Ferrol

8.- A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol- Concellaría de Educación nomearán un xurado que seleccionará de entre as obras presentadas para a fase intercentros un máximo de trinta (30) atendendo aos seguintes criterios:

- calidade estética
- orixinalidade
- interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica.

9.- O xurado garantirá que cada nivel estea representado por un mínimo de cinco obras, sempre que se ateñan aos criterios do punto 8 destas bases, podendo declarar o certame total ou parcialmente deserto. A súa decisión será inapelábel.

10.- Todos os orixinais presentados na fase intercentros pasarán a ser propiedade da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística . Os traballos editados pasarán a ser propiedade do Concello de Ferrol. O Concello de Ferrol poderá doárllelos aos centros de ensino nos que estean matriculados os/as alumnos/as seleccionados/as.

11.- Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol realizará unha exposición pública no mes de maio de 2011.

12.- A participación no certame implica a aceptación destas bases. A súa interpretación correspóndelle ao xurado.

Ferrol, 1 de febreiro de 2011


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-02-2011 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0