Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A MESA FELICITA A NOVA CAIXA POR SER A PRIMEIRA ENTIDADE FINANCEIRA EN SE ESCRITURAR EN GALEGO
A Mesa - 12/2010

Callón agarda que ?a nova caixa corrixa as discriminacións para o galego que se daban en Caixa Galicia e Caixanova?


A Mesa pola Normalización Lingüística expresou hoxe os seus parabéns á nova caixa galega por ser a primeira entidade financeira que presenta a súa escritura no Rexistro Mercantil no idioma propio de Galiza. Para a organización presidida por Carlos Callón, trátase dun ?fito que cómpre recoñecer? e no que se ?poden mirar no espello tanto empresas como entidades de todo tipo, porque facer a documentación xurídica en galego é posíbel e desexábel?.

Desde A Mesa tamén se consideran ?moi positivas? as declaracións realizadas por dirixentes da entidade fusionada no sentido de que van garantir á súa clientela ?comunicarse e operar en galego?, ?participar en iniciativas de todo tipo para a difusión da lingua do país? e ?facer do galego o idioma oficial para a publicidade comercial e sociocultural das entidades?.

Callón manifestou o seu desexo de que se ?cumpran os compromisos publicamente estabelecidos?, pois ?sería bo que a nova caixa deixe atrás as discriminacións cara ao galego que aínda persistían en Caixa Galicia e Caixanova, entidades que, por contraditorio que pareza, continuaban a utilizar moito máis catalán en Cataluña que galego en Galiza?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 02-12-2010 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0