Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sermos Galiza - subscrición de accións para a creación dun medio de comnicación galego
Este luns 1 de novembro, o Grupo promotor da iniciativa social ?Sermos Galiza? remitiunos a información que recollemos máis abaixo en relación ao proceso de subscrición de accións que teñen emprendido e que ten como obxectivo construír un medio de comunicación galego que poida editar varios produtos informativos: diario dixital, semanario en papel, etc. A AS-PG, como a práctica totalidade de organizacións do movemento nacionalista galego nas súas diversas expresións, sexan culturais, sindicais, ambientalistas, políticas- tamén lle presta o seu apoio a este proxecto. Está na túa man contribuír, en función das túas posibilidades, para que a subscrición sexa un éxito.

Comunicado de Sermos Galiza



Prezad@ amig@:

Antes de máis, queremos expresar o agradecemento polo apoio que xa manifestaches ao proxecto de Sermos Galiza.

Como ben sabes, somos unha iniciativa social para a creación dun influente Grupo de Comunicación en galego, un proxecto que parte coa vontade de se converter en referente da información na Galiza. Á partida, a intención é botar a andar un diario dixital e un semanario en papel, substentado fundamentalmente nos subscritores e subcritoras e nun accionariado amplo e plural.

Para podermos asegurar o éxito deste proxecto de comunicación precisamos reunir un capital social de 300.000 euros divididos en 3.000 accións de 100 euros. Son xa moitas as persoas que se comprometeron activamente con este obxectivo tornándose accionistas de Sermos Galiza SA. Mais precisamos aínda de moit@s máis galeg@s que partillen con nós a necesidade dunha imprensa libre, crítica e galega para podermos alcanzar con suceso o obxectivo.

Queremos que este novo medio se manteña por si mesmo, sen dependencias empresariais ou institucionais, como a mellor garantía de continuidade de futuro e dunha liña editorial comprometida.

Por iso, se aínda non fores accionista, pedímosche para contribuíres para o éxito desta empresa na medida do que puideres. É o momento. Somos conscientes de que son tempos difíciles, mais todas as contribucións, grandes ou pequenas, son útiles e necesarias para alcanzarmos o obxectivo.

A adquisición de accións pode facerse ingresando a contía equivalente ao número de participacións que se quixeren adquirir na conta de SERMOS GALIZA, S.A. en NovaCaixaGalicia: 2080 0319 69 3040016966. Convén indicar no concepto: Nome da persoa adquirente e ?Compra ........ accións de Sermos Galiza?.

Recomendamos enviar a seguir un mail indicando que se fixo o ingreso a sermosgaliza@gmail.com, acompañando datos de contacto (cando menos o número de teléfono)

Gustaríanos aínda perdirche para encoraxares amig@s e compañeir@s a se sumaren a este proxecto que queremos construír entre tod@s.

Obrigados polo apoio.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-11-2011 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Tíralle da Lingua - Xornadas da AS-PG
Aberto o prazo de matrícula para: XII Xornadas de Expresión Oral "Tíralle da Lingua" , que se van celebrar no Museo do Pobo Galego o 25 e 26 de novembro de 2011

Para máis información: http://www.as-pg.com/Xestion/Curso/EncontrarCursos.do?identifierType=CURSO_ID&identifier=333

Saúdos
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 07-11-2011 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0