|
|
|
|
Víctor Coyote - Pode ser |
|
|
|
|
|
Cultur.gal 08. Feira Galega das Industrias Culturais |
|
Toda a información de Cultur.gal 08, Feira Galega das Industrias Culturais, podes consultala no web www.cultur.gal.com. Pero ademais deste web, contamos con outras ferramentas na rede que che convidamos a coñecer:
-No MySpace: http://www.myspace.com/culturgal
-No Twitter: http://twitter.com/culturgal08
-No Facebook: www.facebook.com (se es usuario/a desta ferramenta, podes facerte amigo/a do Cultur.gal)
En Cultur.gal 08 participarán como expositoras ao redor de 80 empresas de todos os sectores das industrias culturais galegas: editoriais, librarías, discográficas, produtoras musicais e audiovisuais, empresas de xestión cultural, de artes escéncias, de novas tecnoloxías, etc.
Durante os catro días de feira haberá unha completa programación (xeral, infantil e profesional), con presentacións de libros e discos, espectáculos teatrais e musicais, obradoiros, xornadas, mesas de debate, proxeccións audiovisuais, etc. Alí poderás mercar os mellores produtos culturais en galego: libros, discos, dvds, etc.
Agardamos, pois, poder contar co teu apoio e animámosche a difundir o Cultur.gal 08.
Un cordial saúdo,
--
Nel Vidal Barral
Cultur.gal 08
www.culturgal.com |
|
|
|
O 80% dos estudantes de secundaria demandan a Educación o cumprimento do Decreto do Galego no ensino |
|
[GZnación / Redacción / 26 Nov 08]
A Mocidade pola Normalización Lingüística cifra nun 80% o seguimento da folga convocada hoxe para esixir a aplicación do Decreto do Galego no Ensino e a que estaban convocados os estudantes de educación secundaria de Galiza. Con esta protesta esixena Educación que "controle" a aplicación correcta desta norma.
Segundo Fran Rei, portavoz da Mocidade pola Normalización Lingüística, o seguimento en Bacharelato e nos ciclos formativos foi superior ao 80%, mentres que no Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) o paro foi secundado por máis do 50%.
Pola súa banda, a Consellería de Educación indicou que o seguimento medio foi do 25,2%. Por provincias, Educación asegura que foi Ourense a que cun 37,7% tivo máis seguidores por diante da Coruña co 30%, Pontevedra co 20,4%; e Lugo co 19,15%.
Con esta mobilización, convocada pola Mocidade pola Normalización Lingüística, Galiza Nova e os Comités de estudantes, pretendían dar un toque de atención a consellaría de Educación para mostrarlle ?que existe unha preocupación" coa aplicación do decreto de galego nas aulas.
"Queremos que a Xunta faga os seus deberes", dixo Rei, á vez que insistiu en que "do mesmo xeito que os estudantes teñen que render contas e estudar, a consellería debe cumprir coas súas obrigacións".
Así, esixiu que Educación "garanta a plena aplicación do decreto". Neste sentido, comentou que coa mobilización de hoxe lanzaron unha ?clara mensaxe " de que "o estudantado aposta pola lingua propia". "A xente é plenamente consciente de que é unha lingua subalterna", aseverou e subliñou que o galego "segue sen poder exercer como lingua plenamente oficial". |
|
|
|
Paseo por Galicia |
|
|
|
|
|
Groenlandia di 'si' á súa independencia de Dinamarca |
|
 O 75% dos votantes da maior illa do mundo aproban unha reforma do seu estatuto de autonomía que lles concede a autodeterminación.
AXENCIAS "El País" - Copenhague - 26/11/2008
foi un si masivo. O 75,54% dos habitantes de Groenlandia que votaron onte no referendo convocado para aprobar a ampliación do seu estatuto de autonomía, que lles concede o dereito de autodeterminación de Dinamarca, mostrou o seu apoio á medida.
Dinamarca - Capital: Copenhague.
Goberno: Monarquía Constitucional.
Poboación: 5,484,723 (est. 2008)
Deste xeito, os apenas 57.000 habitantes da maior illa do mundo optan por colocarse en pé de igualdade cos cidadáns de calquera outro país do mundo e abren a porta á total independencia da metrópoli no futuro, malia que económicamente dependen en boa medida de Dinamarca.
A falta dos resultados definitivos, o non obtivo só o 23,57% dos votos, nunha consulta que rexistrou unha participación récord próxima ao 72%, unha cifra superior á esperada polas autoridades electorais. As últimas enquisas pronosticaban unha vitoria do si superior ao 60%.
O referendo é de carácter consultivo e deberá ser ratificado polos parlamentos de Nuuk e Copenhague, pero hai un acordo implícito de todas as forzas políticas para respectar o seu resultado. O novo estatuto entrará en vigor en xuño de 2009.
Control dos recursos
A reforma confire ao Goberno local, dirixido por Hans Enoksen, o dereito á autodeterminación e así como 32 competencias que agora exerce Dinamarca, o groenlandés convértese na lingua oficial, aínda que a raíña Margarita seguriá sendo a xefa de Estado.
Pero sobre todo, o novo estatuto dá a Groenlandia o control dos seus recursos petrolíferos: calcúlase que nesa zona hai cru en cantidades superiores a toda a produción do mar do Norte e á metade das reservas de Arabia Saudí, unha riqueza que permitiría ser autosuficiente a este país que agora vive da pesca e da subvención anual de Copenhague (preto do 30% do seu PIB). |
|
|
|
Primeiro chanzo de Grenlandia cara á independencia de Dinamarca |
|
Referendo este martes
Redacción Vieiros - 11:00 25/11/2008
Os 56 mil habitantes de Grenlandia -a maior illa do mundo con 2,2 millóns de quilómetros cadrados, o 81% cuberto por xeo- votan este martes en referendo unha ampla reforma do seu estatuto de autonomía que abre as portas á independencia total de Dinamarca.
O novo estatuto, que substituirá ao aprobado en 1979, recoñece os groenlandeses como pobo con dereito á autodeterminación, a súa lingua como única oficial, amplía ao máximo as competencias que pode asumir o goberno e outórgalle a este o control dos hipotéticos ingresos procedentes do subsolo.
Este último punto foi o principal motivo de discordia entre Grenlandia e Dinamarca, e o que provocou un atraso de case dous anos na proposta sobre a reforma do estatuto, que unha comisión mixta elixida por ambos os gobernos tivo que acordar.
Segundo estimacións recentes podería haber reservas de cru equivalentes á metade das de Arabia Saudita, o que permitiría a un país que vive da pesca e da subvención anual de Copenhague, o 27% do seu PIB, ser autosuficiente.
Competencias exclusivas
Ademais, o novo estatuto ábrelle a Grenlandia o acceso a competencias como política penal, policía, tribunais, estranxeiría e control de fronteiras e transporte aéreo. O financiamento será asumido polas autoridades de Nuuk, a capital grenlandesa.
Só seis áreas seguirán baixo control danés: Constitución, nacionalidade, Tribunal Supremo, defensa e seguridade, política monetaria e de divisas e política exterior, aínda que as autoridades grenlandesas deberán ser consultadas en cuestións internacionais que lle afecten ao seu territorio.
Aínda que o referendo é de carácter consultivo e ten que ser aprobado polos parlamentos de Nuuk e Copenhague, hai un acordo implícito de todas as forzas políticas para respectar o seu resultado. De gañar o Si, o novo estatuto entrará en vigor o 1 de xuño de 2009, coincidindo cos 30 anos da autonomía grenlandesa, unha das dúas que xunto coas Illas Feroe, ten o reino danés.
O seguinte paso, a independencia, debe contar tamén co apoio de ambos os dous parlamentos e ser aprobada en referendo só en Grenlandia. Os máis optimistas falan de 2016 ou de 2021, coincidindo cos 300 anos da colonización danesa, mais todo ha depender fundamentalmente do petróleo. |
|
|
|
BO NADAL! |
|
 |
|
|
|
folga 261108 - 2 |
|
 |
|
|
|
folga 261108 - 1 |
|
 |
|
|
|
Resolución da baremación dos proxectos de fomento do uso do galego presentados polos ENDL |
|
Prezada coordinadora:
Prezado coordinador:
Poño no teu coñecemento que desde onte está colgada na páxina da Secretaría xeral de Política Lingüística a resolución da baremación dos proxectos de fomento do uso do galego presentados polos ENDL, así como a adxudicación de financiamento. Preme neste enlace e accederás directamente á resolución para a provincia da Coruña: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Admitidos_acoruna.pdf
Por outra banda, nestoutra ligazón accederás á relación de proxectos excluídos:
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Excluidos_ACoruna.pdf
Finalmente, lembro que, como indica a convocatoria, disporase dun prazo de 10 días hábiles para formular as alegacións que consideren oportunas sobre esta proposta. O prazo remata o día 5 de decembro de 2008 (incluído). Para maior axilidade na resolución da convocatoria as alegacións poderán adiantarse, vía Fax 981 185681, ao gabinete provincial de normalización lingüística da Coruña.
Recibe un saúdo dinamizador.
Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL |
|
|
|
|
|
|
|
|