Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rock no IES Fernando Esquío de Neda
Son Miguel Anxo, o profesor do IES Fernando Esquío de Neda que leva o tema dos grupos de rock no instituto. No último festival de A mocidade coa lingua falaramos da posibilidade de reunir videos musicais dos grupos participantes, para darlle un pouco máis de visibilidade ao tema. Estou a reunir algunhas gravacións dos grupos que se formaron no noso centro estes anos, e mándovos os enlaces para que lles botedes un ollo.

Estes dous son videoclips grabados no instituto:

Este é o enlace á canle de youtube do obradoiro de rock do centro, onde ademáis dos videoclips anteriores, figuran algúns videos de actuacións tanto no centro como noutros lugares.



Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-10-2013 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
O Grelo Folc en Monfero, o festival para esquecer o verán
Sermos Galiza


O grelo merecía ter un festival que abrise as portas do outono. O día 19 no mosteiro de Monfero, o Grelo Folc convida a bailar con As Pandereteiras Bouba ,Taghaitai, Os Tres Trebóns e Familia Caamagno. Con currasqueiro oficial e, pola tarde, ?A Nabiciña?, para que a cativada goce tamén da grelada.

Os concertos comezan a partir das 22:00 horas mais festa hai todo o día. O Grelo Folc celébrase o próximo día 19 de outubro no Mosteiro de Monfero, festa a rachar durante toda a xornada organizada pola Asociación Cultural O Abordelo que convoca xa por volta das 14:00 a participar do xantar popular que prepara Regino do Malló, o churrasqueiro oficial de Monfero.

Antes de comezar os concertos da noite, a tarde será para a xente miúda con ?A nabiciña? porque, como din desde a organización, ?non hai grelo sen nabiza!!?. Os contos de María da Pontagrada e a maxia do Mago Fiz animan a xornada para demostrar que este non é un país de xente vella e que tamén na aldea hai rapazada.

Pola noite, Pandereteiras Bouba, ?mulleres rabudas que escrachan botellas de anís?, Taghaitai, ?xente sana e festeira á que lles gusta cantar e facer bailar?, Os tres trebóns, ?treboada pangalaica con chuzos de homes sen medo?, e Familia Caamagno ?empanada garage e blues rox´n para rematar con dor de corazón? compoñen un programa acaído á grande festa que preparan con ánimo e tesón desde a Asociación Cultural O Abordelo, o festival que pecha a tempada de verán e inicia unha nova na que o grelo é un dos protagonistas de todas as festas.

Para se anotar no xantar compre enviar un correo a: oabordelo@gmail.com ou chamar aos números 679 251 163 e 667 782 774. A cambio de 12 euros prometen a ?barriguiña chea? con churrasco, touciño, chourizo, sobremesa, viño do país e café con gotas. Tamén se pode colaborar coa organización deste festival ?autoxesionado? mercando unha camisola e unha rifa... ou dúas ou vinte.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-10-2013 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Mobilizacións no Bierzo pola supresión do estudo do galego
O colectivo Fala Ceibe e os pais dos mozos afectados remiten cartas ao Procurador de Castela e León, ao Valedor do Pobo, aos partidos políticos e ao Parlamento Europeo para evitar a desaparición da ensinanza desta língua.

Por Galicia Confidencial | Ponferrada | 11/10/2013


A Junta de Castilla y León non quere promover o estudo do galego nalgúns institutos do Bierzo. Este goberno autonómico rachou o acordo que mantiña coa Xunta para impartir Lingua e Cultura Galega ao alumnado do Instituto de Ensinos Medio "Europa" de Ponferrada. Por iso, alumnos e pais comezaron xa a mobilizarse e remitiron escritos á dirección do centro, ao colectivo de defensa do galego Fala Ceibe e á Consejería de Educación da Junta de Castilla y León mostrando a súa desconformidade con esta medida.

Ante o silencio do Goberno autonómico de Castela e León, os afectados tamén acudiron xa ao Procurador de Castilla y León para que acepte esta queixa e abra o correspondente expediente na súa oficina. Tamén se lle remitiron sendos escritos aos partidos políticos representados nas Cortes autonómicas para que pregunten nesta Cámara sobre a situación do galego.

Ademais, Fala Ceibe enviará esta mesma carta de protesta ao Defensor do Pobo, Parlamento de Galicia e Parlamento Europeo. "Queremos que todas estas institucións valoren se coa medida educativa antigalega de la Junta se produce un incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, ratificada polo Reino de España a través do correspondente Instrumento publicado no BOE de 15 de setembro de 2001", sinala esta asociación.

Críticas dos pais

"Por que ese mesmo curso o centro oferta como posibilidade este programa en primeiro da ESO, sen notificar ás familias que o alumnado non vai poder finalizar os estudos de ESO e Bacharelato e obter os certificados CELGA 2 e CELGA 3?", preguntan os pais nesta carta. Ante a eliminación do galego neste centro, a Consejería de Educación ofrece a posibilidade do traslado do alumnado a outro instituto de Ponferrada que aínda a imparte ou, como mal menor, o cambio de optativa, desistindo de elixir a materia de Lingua e Cultura Galegas.

"Este é un novo e claro exemplo de como a Junta de Castilla y León desprestixia e desmotiva a elección voluntaria do galego noutro centro educativo do Bierzo", denuncian desde Fala Ceibe que considera "lamentable" que a proposta de "emigración diaria" a outro centro para coñecer o galego que nin pais nin alumnos apoian.

Até este curso os alumnos de ESO do instituto 'Europa' podían estudar galego e obter a correspondente titulación CELGA 2. Posteriormente continuaban os seus estudos en Bacharelato e poderían acadar a titulación CELGA 3. "Agora iso xa non se pode facer. Modifícanse as condicións do ensino de Galego, sen a xustificación e proporcionalidade adecuadas, para prexudicar gravemente ao alumnado afectado", denuncian desde a asociación.

A orixe da problemática

A orixe desta situación está no traslado parcial da profesora que estaba asignada inicialmente para impartir a materia de Lingua e Cultura Galegas do instituto 'Europa' ao de 'Bergidum Flavium' de Cacabelos. Agora, en Ponferrada, só se pode estudar galego no instituto 'Virgen de la Encina'. A solución, segundo pais e alumnoas, estaría na contratación doutro profesor, a tempo parcial, para impartir as horas de Bacharelato non cubertas actualmente.

Desde o Goberno leonés sinalase que a esta medida chegouse porque non se chegaba aos 10 alumnos para esta materia, mínimo esixido agora. Sen embargo, nos anos anteriores non se pedía este tope de alumnado. "Esta inxusta innovación non consta como tal no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a C.A. de Castela e León do 2006", apuntan desde Fala Ceibe.

Protocolo coa Xunta

Este Protocolo Xeral de Colaboración determina expresamente que "se promoverá que os centros que optasen por este ensino (de galego) teñan continuidade no programa para garantir que os alumnos poidan completar os estudos e obter os certificados correspondentes", segundo a Cláusula 2.3. Unha cláusula que non se cumpre neste caso.

Xunta e Goberno de Castela e León asinaron en 2006, durante o bipartito, un convenio para impartir galego como materia optativa en varios centros do Bierzo que ampliou o que xa se asinara durante os gobernos de Fraga. Este novo convenio impulsou a aprendizaxe do galego en bacharelato coa asignatura de Lingua e Cultura Galega. Desde enton foron miles os rapaces que estudaron galego grazas a estes convenios en Ponferrada, pero tamén, noutras zonas do Bierzo como Puente de Domingo Flórez, Cacabelos, Corullón, Carucedo, Vilafranca, Camponaraya, Toral de los Vados e Toral de Merayo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-10-2013 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Educación "potencia o galego" con 200.000 euros para medios en castelán
Redacción Praza Publica | @prazapublica


O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL) está a piques de facer dez anos de vida. Definido como "remuíño de ideas" polo actual conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, este documento, aprobado por unanimidade do Parlamento no derradeiro ano do mandato de Manuel Fraga, é o último gran punto de consenso lingüístico acadado no país. Un dos sectores específicos abordados no plan foi o dos medios de comunicación. Ao longo de 56 páxinas o documento realiza unha diagnose e propón medidas para paliar a situación de franca desvantaxe da lingua propia e de "escasa efectividade do sistema" de axudas: "o pouco galego que aparece é o que se paga", resume.

Case unha década despois o Goberno galego segue asinando acordos cos medios de comunicación redactados total ou moi maioritariamente en castelán para "potenciar" o galego. O último reparto, canalizado a través da Consellería de Educación -da que depende a Secretaría Xeral de Política Lingüística- superou os 200.000 euros e tivo como destinatarias a seis empresas editoras de xornais impresos editados en lingua castelá e que están lonxe do obectivo fixado no PXNL, segundo o cal, "en dez anos", cumpría chegar a "un mínimo do 30%" das edicións en galego. Isto non acontece, como tampouco se dá que as "subvencións á produción en galego" se outorguen "a cambio dunha porcentaxe" de contidos no idioma propio de Galicia "e non a priori".

O reparto obvia os preceptos do Plan Xeral de Normalización e prodúcese mentres segue sen chegar a prometida lei de publicidade institucional

Entre abril e agosto do presente ano o departamento que dirixe Jesús Vázquez repartiu unha suma de 230.000 euros para, literalmente, "potenciar o uso do galego nos medios de comunicación". Os convenios, publicados en virtude das normas emanadas da Lei de Transparencia do ano 2006, teñen desta volta como principal beneficiado a Faro de Vigo, que recibiu 70.000 euros. Ao mesmo grupo editor do xornal vigués pertence La Opinión de A Coruña, que no seu caso obtivo 30.000 euros. Os cartos públicos beneficiaron tamén a cabeceira lucense El Progreso con 60.000 euros, ás axencias EFE e Europa Press con 30.000 euros cada unha e ao grupo La Capital, editor de El Ideal Gallego, con 10.000 euros.

Estas axudas, que ao ser distribuídas pola vía do convenio non están suxeitos a ningún tipo de convocatoria pública ou concorrencia competitiva, realizáronse mentres segue pendente a reiteradísima promesa do Goberno galego de regular este tipo de achegas económicas cunha Lei de Publicidade Institucional. Ao tempo, estes convenios obvian outros preceptos do Plan Xeral, como "alentar a formación de pequenos grupos" de comunicación "comprometidos coa plena normalización da lingua galega, "promover un xornal deportivo en lingua galega" ou "promover máis axudas a xornais locais e comarcais que se redactan en lingua galega".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-10-2013 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Educación e A Mesa pola normalización, satisfeitos co auto que ratifica que a consulta sobre a lingua materna non é vinculante
A Mesa séntese "moi contenta" por conseguir que ?a Xunta non poida facer nin vinculante nin determinante a súa trapalleira enquisa de infantil?

GALICIA HOXE - SANTIAGO. EP | 10.10.2013


El último fallo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ratifica la legalidad de la consulta a los familias que realiza a la Xunta ha sido acogido con satisfacción por ambas partes implicadas en el proceso, tanto por la Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como la asociación demandante, A Mesa pola Normalización.

Por su parte, la administración gallega considera que el tribunal "vuelve a dar la razón" en lo referido al cumplimiento de las sentencias dictadas sobre el decreto del plurilingüismo, y destaca que los centros están aplicando los cambios "sin ningún tipo de problema".

Asimismo, critica que A Mesa "intente reiteradamente confundir a las familias y al alumnado, judicializando la enseñanza del gallego", advirtiendo que "la lengua es de todos y nadie la puede patrimonializar".

A MESA: "TRAPALLEIRA ENQUISA DE INFANTIL"

Tras recibir o último ditame do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia que ?non ten previsto recorrer máis neste punto, a pesar de que o Tribunal lle dea opción, pois con este auto conseguimos o que desde un principio pretendiamos ao solicitar a execución da sentenza: evitar que o Goberno fixese enquisas vinculantes ou determinantes para varrer o galego da educación infantil?.

A organización que preside Carlos Callón lembra que ?nos vimos obrigados a acudir aos tribunais despois de que o propio presidente da Xunta anunciase aos catro ventos a súa pretensión de desobedecer as sentenzas que tombaran o núcleo do decreto?. Así, Alberto Núñez Feijóo indicou o 14 de marzo deste mesmo ano, despois dun Consello de Goberno, que ían continuar a realizar unha consulta e que ?os seus resultados serán determinantes para as decisións que se adopten?. Porén, a presentación das demandas de execución de sentenza por parte da Mesa pola Normalización Lingüística, a plataforma Queremos Galego e o sindicato CIG-Ensino ?frustrou as pretensións do PP, que tivo que realizar unhas instrucións de última hora, na cal indicou que a enquisa non era vinculante, para así evitar que as autoridades da Consellaría se puideren ver dentro dun proceso penal por desobediencia aos tribunais?.

A pesar do ?éxito xudicial, que derruba todo sustento xurídico para a exclusión do galego na escola?, Carlos Callón apunta que ?os primeiros datos que temos deste curso escolar sinalan que hai moitos centros de educación infantil, sobre todo nas cidades, onde non está a ter presenza a nosa lingua?. Por iso, desde a maior asociación cultural de Galiza pregúntanse ?se a Xunta vai cumprir de verdade con todas as sentenzas e ditames do TSXG e, por tanto, vai garantir que haxa unha presenza mínima da nosa lingua en todas as aulas de educación infantil?. ?Recordémolo, a conclusión máis relevante das sentenzas e destes ditames é que o galego ten que regresar neste curso escolar a todas as aulas de educación infantil de toda Galiza?, salienta.

Ademais, A Mesa reclama que, xa que a Xunta fixo unha ?chamada enquisa sociolingüística, aínda que cunha metodoloxía trapalleira nunca vista en ningunha facultade de Socioloxía?, ?pois que informen a sociedade dos resultados dese inquérito e tamén das consultas dos anos anteriores, que aínda se encontran na máis absoluta opacidade?. Para Callón, ?é xa abondo elocuente que o Goberno galego dixese que facía unha política lingüística segundo os resultados dunha consulta, mais que eses resultados non fosen coñecidos publicamente: nunca, nunca, nunca?.

O presidente da Mesa sinala que ?é máis que evidente que a nosa asociación non ten nada en contra da realización de enquisas?, aínda que esta entidade ?si defende que se fagan con rigor metodolóxico e con transparencia, aspectos ambos que non se dan para nada neste caso?. ?Ademais, e isto é puro sentido común, dicir que se fai unha enquisa para que o profesorado saiba en que lingua falan as crianzas é un disparate, pois o contacto dunha mestra ou dun mestre co seu alumnado non debe ser a través de cuestionarios, moito menos en educación infantil?, conclúe.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-10-2013 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Iago Varela: Convenzamos a Google das vantaxes do galego
GC entrevista a Iago Varela, membro de Mallando no Android, blog de tecnoloxía que puxo en marcha unha iniciativa cidadá para que Google incorpore o idioma do país ao sistema operativo que usan a maioría dos teléfonos intelixentes.

Por Galicia Confidencial | | 09/10/2013


O galego non ven incorporado como idioma nativo en Android. Sufren esta mesma eiva idiomas como o catalán e o vasco?

O caso do vasco é semellante ao do galego, xa que tampouco figura entre os idiomas nativos de Android e dependen da vontade dos diferentes fabricantes. O catalán pola súa banda leva xa bastante tempo sendo unha das escollas idiomáticas dispoñíbeis.

Pero cal é exactamente a situación do galego no Android. Porque existir existen aplicacións en galego e hai posibilidade de utilizalo no sistema operativo dalgúns móbiles ...

Partimos da base de que Google desenvolve as diferentes versións do sistema operativo Android, que logo son distribuídas entre os fabricantes que o empregan nos seus trebellos. Esta base non está traducida á nosa lingua, polo tanto, se un determinado fabricante quere ofrecer o galego nalgún dos seus dispositivos debe traducilo el mesmo, aínda que se trata dun apaño e non dunha tradución real: se se instala unha aplicación que ten diferentes linguas (entre elas o galego) non lle aparecerá directamente en galego, teríao que escoller nos menús da aplicación.

Sería máis doado utilizar o móbil en galego ...

Coa base de Android traducida, o sistema sabería que ten que amosar a aplicación en galego, de xeito transparente para o usuario. Ademais, non se tería a dependencia de ter que escoller un fabricante determinado, valería calquera que usase Android para poder disfrutar do galego.

Que argumentos se poiden utilizar para que un xigante como Google atenda a petición dun grupo, de escala reducida a nivel global, como son os galegofalantes?

O principal argumento é a nosa propia existencia. Somos unha comunidade lingüística de máis de 3 millóns segundo os datos oficiais, que ademais non é descoñecida pola compañía, xa que eles mesmos teñen traducido ao galego diferentes servizos (o buscador, YouTube, Drive...). Daquela a pregunta é, por que non Android, se é o sistema operativo que usan máis do 90% das galegas e galegos que teñen un teléfono intelixente? Nós cremos que unha proporción tan alta de usuarios ten dereito a ser escoitada.

Como está a ser a resposta da comunidade internauta galega? Van por máis de 2.300 peticións en Change.org ...

Certamente estamos moi sorprendidos do éxito que está a ter a campaña, aínda que tamén é certo que non é a primeira vez que a comunidade internauta galega responde así de ben cando se trata de introducir o galego nas novas tecnoloxías, lembremos o recente caso da tradución de Twitter ao galego.

Noutras ocasións, o problema de non ter versión en galego dun sistema operativo solventouse con diñeiro público. É dicir, coa Xunta pagando cartos de todos os galegos a Microsoft e a Apple para que traduciran os seus programas. Co Android sería unha solución válida?

Desde logo sería a opción máis doada para acadar tal fin, pero sinceramente nós cremos que a labor da Xunta debe ser pedagóxica, explicar a Google as vantaxes de ofrecer os seus servizos en galego e non solventar este problema a golpe de talonario. Google ten os recursos económicos para facelo sen precisar subvencións ou complementos de fondos públicos.

Cando lle pode custar a Google incorporar o galego a este sistema operativo?

Non demasiado, temos que ter en conta que esta multinacional conta con lingüístas especialistas no noso idioma traballando tanto na tradución ao galego dos seus servizos como na mellora do recoñecemento e a a síntese de voz. Sería cuestión de poñer a un grupiño a traballar específicamente nismo máis ca unha inversión específica.

A operadora R, o estudo Smart GalApps, a firma Neobit, RedInput, Zadia Software, Mobialia e HardGalicia son as empresas que polo de agora apoian a inciativa. Que vantaxes económicas pode traer para Galicia ter o Android en galego? Ou trátase só dun problema de autoestima?

Máis ca un problema de autoestima trátase dun problema de Páis: se temos unha lingua propia, por que non imos ter dereito a usala nos nosos trebellos? Doutra banda, as vantaxes económicas veñen soas: temos unha rea de empresas que usan a nosa lingua por convicción e por principios, algo que os usuarios agradecemos moito, ademais dunha gran comunidade de desenvolvedores de aplicacións móbiles que saben que ofrecer os seus servizos en galego é un valor engadido. De seguro que moita xente escollerá entre dúas aplicacións cun mesmo fin a que teña opción de galego, por proximidade.

E ademais de asinar a prol do Android en galego en Change.org, que pode facer os particulares interesados en apoiar a iniciativa?

Existe un fío de discusión nos foros oficiais de Google no que se solicita a tradución de Android ao galego. Como parte da campaña pedimos aos usuarios que pasen por aló para deixar mensaxes a prol de conseguir este fito, pois por aló pasan traballadores da compañía do "Gran G."

E nas redes sociais?

Non menos importante é a colaboración na difusión da iniciativa, empregando a etiqueta #AndroidEnGalego, para dar a coñecer a mesma e achegala a máis xente.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 10-10-2013 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Ferrolterra xa conta coa sua primeira escola en galego
Avoaescola Ferrolterra é ?un espazo educativo infantil en galego? adicado a nenos e nenas até os seis anos.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 09/10/2013


Ferrol xa pode presumirde escola en galego. Trátase de Avoaescola Ferrolterra, un espazo educativo en galego dedicado, nun primeiro momento, a nenos e nenas até os 6 anos, coa finalidade de se transformar nunha escola infantil.

Avoaescola Ferrolterra realizará todas as accións, actividades lúdicas e educativas en lingua galega, co fin de que nenas e nenos "acaden o seu uso nas relacións afectivas e de comunicación tanto sociais como familiares". "Será un espazo educativo inclusivo, laico, respectuoso e aberto á comunidade social do seu entorno", apuntan os impulsores.

As actividades faranse en contacto co medio natural e fomentarán a expresión artística como a música, a pintura ou o movemento. Os seus impulsores aseguran que a aprendizaxe dos coñecementos será "un proceso activo lúdico de construción e investigación, para as crianzas dende a creatividade e liberdade".
Cooperativa

Este é un modelo educativo en cooperativa na que as propias familias asociadas teñen poder de decisión sobre as cuestións relacionadas co funcionamento e mantemento do espazo. Ademais participan co persoal educativo na xestión e dinámica educativa. Nace apoiada económica e socialmente pola Asociación Galiza co Galego, en colaboración coas Asociacións pedagóxicas Nova Escola Galega e Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e a Asociación de Escritores e Escritoras en lingua Galega.

O equipo de dirección e educativo está formado por Francisco López, presidente de Avoaescola Sociedade Cooperativa Galega e director da Avoaescola Ferrolterra; Carla Prego, mestra infantil, pedagoga e directora; Bibiana Grandal, mestra infantil e psicopedagoga e Carmen Álvarez, mestra infantil.

As instalacións de Avoaescola de Ferrolterra está situada no centro urbano do Concello de Narón e, ademais das aulas e o lugar de descanso, conta cunha aula de psicomotricidade totalmente equipada e unha zona de xogo ao aire libre con espazos verdes e unha horta ecolóxica.

Os seus impulsores suiñan que ten prezos económicos, cunha promoción de benvida do 50% de desconto no primeiro mes, e ofrece facilidades de pago para facer efectivas as axudas da administración ou empresas (cheque infantil, becas, ...) e garantiza a escolarización dos nenos durante o curso no caso de problemas económicos da familia.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 10-10-2013 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
XV Aniversário da Artábria
Eis a info das atividades agendadas para este mês com o motivo da celebraçom do XV Aniversário da Artábria.

Depois do XIII Festival da Terra e da Língua as atividades da Fundaçom Artábria continuam. O mês de outubro vem carregado de atividades para festejar os quinze anos do nosso coletivo.
Quinze anos de trabalho pola defesa da cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos do nosso País.
É com este motivo, que organizamos umha série de atividades para dar conteúdo ao programa previsto para celebrar esta data tam assinalada. Ei-lo!


Na sexta-feira 11 de outubro o Mago Fiz (re)voltará à Fundaçom Artábria com o seu espetacular espetáculo de magia. Será às 22hs e a entrada gratuíta.


Teresa Moure apresentará o seu último trabalho o poemário "Eu violei o lobo feroz" na quinta-feira, 17 de outubro, às 20.30h.


Na sexta-feira 18 de outubro, às 22.30hs, chegam desde a comarca de Trasancos o grupo de ska Tardepiache. Com certeça darám muita festa! Ah e é de graça!


E ao dia seguinte, 19 de outubro, continuamos com a música. Desta vez decorrerá no Centro Social umha das nossas míticas foliadas artábras com a presença dos grupos: Ferozes da Galgueira, Xente Nova e Alén de Ancos. Traz o teu instrumento e soma-te à festa!


No sábado 26 de outubro decorrerá a ceia do 15 aniversário. A ementa será Polvo à Feira, Presunto à feira com cachelos. De sobre-mesa bolo de aniversário. O preço da ementa é de 12 euros e já podes fazer a tua reserva no Centro Social.
E depois da ceia... Bingo musical de medo!!!


Para finalizar as atividades do aniversário celebraremos a noite do Sahmain com um obradoiro de cabaças, liscos e castanhas. Os contos desde o campo-santo com Raulinsteim do Metal fecharám umha noite de honra aos defuntos.

--
Vítor Santalha
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 09-10-2013 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Díptico XIII premio Ramón Piñeiro 2013
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 04-10-2013 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
DOA: A fronda dos cervos
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 04-10-2013 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0