Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe a Carvalho Calero
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 23-10-2013 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
O puto Coke: Gal-ego
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 21-10-2013 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Darío Xohán Cabana recibe a homenaxe da Asociación de Tradutores Galegos
Sermos Galiza

Da súa man chegaron ao galego a Divina Comedia e a Vida nova de Dante, o Cancioneiro de Petrarca ou Os tres Mosqueteiros de Dumas. A Asociación de Tradutores Galegos recoñece coa súa homenaxe anual o papel de Darío Xohán Cabana á hora de incorporar á nosa lingua obras literarias do patrimonio universal.


A Asociación de Tradutores Galegos destaca na súa homenaxe anual celebrada arredor do Día da Tradución o traballo de Darío Xohán Cabana á hora de verquer ao galego obras clásicas do patrimonio literario da humanidade cun ?coidado labor e sensibilidade poética?. O acto de homenaxe terá lugar no salón de plenos de Lugo, a súa cidade, o día 23 ás 20 horas e nel intervirán Marica Campo e Paco Martín, o presidente da Asociación, Xavier Senín e o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco.

A obra do escritor Darío Xohán Cabana ten merecido numerosos recoñecementos, máis dunha ducia de premios entre os que se atopan o de Poesía Cidade de Ourense, o Xerais de novela, o Barco de Vapor, o Cidade de Lugo ou o Martín Códax. Autor de títulos como Galván en Saor, O cervo na Torre ou Morte de rei, o escritor desenvolveu unha sólida traxectoria en poesía e narrativa mais tamén en tradución, faceta que agora recoñece a Asociación de Tradutores Galegos ao facelo protagonista da súa homenaxe anual.

Como tradutor, da man de Darío Xohán Cabana chegaron á nosa lingua a Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo, Os trobadores da Occitania ou Os Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas. Polo Cancioneiro de Petrarca recibiu xa o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor obra traducida en 2012.

Fernando Pérez-Barreiro Noia, Marilar Aleixandre, Valentín Arias ou Henrique Harguindey recibiron en edicións anteriores a homenaxe anual da Asociación de Tradutores Galegos.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 20-10-2013 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
El Supremo admite el recurso de la RAG contra el decreto del gallego
La Academia solicita al alto tribunal la anulación total de la norma

LUÍS POUSA - REDACCIÓN / LA VOZ 20 de octubre de 2013


El Tribunal Supremo ha admitido a trámite el recurso de casación presentado por la Real Academia Galega el pasado marzo, en el que la RAG solicita la anulación total del decreto del plurilingüismo de la Xunta. La Academia planteó este recurso contra la sentencia dictada en noviembre del 2012 por el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que ya estimaba en parte un recurso previo de la RAG y anulaba dos artículos de la norma autonómica: el relativo a la consulta del idioma a los padres y el que permitía a los alumnos expresarse en el aula en la lengua oficial que prefiriesen.
A pesar de que aquella resolución del TSXG ya daba parcialmente la razón a la corporación, la Academia entonces presidida por Xosé Luís Méndez Ferrín consideraba insuficiente esta revisión de la norma y decidió plantear un recurso de casación ante el Supremo en el que se pedía la «anulación total» del llamado decreto del plurilingüismo.
La admisión a trámite no implica, obviamente, que el alto tribunal respalde los planteamientos de la Academia Galega, pero significa que el recurso de casación cumple todos los requisitos para su estudio y, sobre todo, que será finalmente el Supremo el que dicte sentencia y resuelva sobre esta polémica norma que ha seguido desde su aprobación un tortuoso itinerario por los laberintos judiciales.
La postura de la RAG
Aunque el recurso fue tramitado por la Academia antes del relevo en la dirección, el actual presidente, Xesús Alonso Montero, reiteró desde el arranque del proceso electoral que su intención era defender en los tribunales la postura de la RAG contra el decreto del plurilingüismo, por lo que llegó a apuntar que, en caso de ser necesario, incluso acudiría a instancias internacionales para pedir la anulación de la normativa autonómica.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 20-10-2013 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Apresentaçom poemário Teresa Moure


Na quinta-feira (17 outubro), a partir das 20.30hs, teremos no Centro Social da Artábria a apresentaçom do poemário da Teresa Moure, 'Eu violei o lobo feroz'.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-10-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Levan ao Parlamento Europeo, ao de Galicia e Valedor do Pobo a supresión de galego nun instituto de Ponferrada
Galicia Hoxe


O colectivo cultural Fala Ceibe anunciou que levará ao Parlamento Europeo, ao de Galicia e ao Valedor do Pobo a supresión do idioma galego como materia no instituto Europa de Ponferrada, co fin de que estas institucións valoren se con "esta medida educativa antigalega" se produce un incumprimento de Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

Deste modo, Fala Ceibe critica "un novo e claro exemplo de como a Xunta de Castela e León desprestixia e desmotiva a elección voluntaria do galego", despois de que este colectivo recibiran diversas queixas de pais deste instituto.

En concreto, na carta que remitirá, que recolle Europa Press, explícase que a Consellaría de Educación só ofrece a posibilidade de traslado do alumnado a outro instituto de Ponferrada --Virgen de la Encina-- ou o cambio da materia Lingua e Cultura Galegas por outra.

Así mesmo, denuncia que "só se pode cualificar de grave inxustiza" para o alumnado e os pais afectados" que os alumnos non poidan cursar galego no seu instituto, malia que "teñen dereito a recibir todas as materias elixidas no seu centro porque así se ofertaba na inscrición de matriculación".

"Queda claro que coas medidas educativas que adopta agora a Xunta de Castilla e León incumpre manifestamente co acordado e asinado coa Xunta de Galicia en Galicia no ano 2006", denuncia Fala Ceibe --o BNG presentou iniciativas en defensa do idioma galego como materia nesta comunidade nos últimos anos-- .

Por todo iso, tras enviar un escrito a todos partidos con representación no Parlamento de Castela e León, así como de poñerse en contacto coa Xunta, enviarán unha carta expoñendo a situación a outras institucións.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-10-2013 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Nuevo requisito de Renfe a los camareros: hablar las lenguas cooficiales con fluidez
elEconomista.es - Lunes, 14 de Octubre de 2013


Renfe va a poner como requisito a las empresas que concursen para hacerse con los servicios de restauración de los trenes que cubran líneas nacionales que su personal hable "con fluidez" catalán, gallego y euskera, además de castellano e inglés.

Así se lo ha garantizado el Gobierno al portavoz de CiU en la Comisión de Fomento del Congreso, Pere Macias, quien registró una pregunta para el Ejecutivo para pedirle cuentas después de que un ciudadano catalanoparlante que viajaba en un tren de alta velocidad entre Barcelona y Figueres (Girona), denunciara un incidente a cuenta de la lengua.

Según explicaba Macias, este pasajero "no pudo dirigirse en catalán, como es su derecho", al personal de Renfe que prestaba el servicio y, "encima, tuvo que soportar un comportamiento maleducado" por parte de su interlocutor. El diputado nacionalista pidió a Fomento que abriera una investigación al respecto y, en su caso, impusiera sanciones.

Buscando la fluidez
En su respuesta, el Ministerio de Fomento asegura que, tras analizar los informes del supervisor, la tripulación y las reclamaciones del servicio ferroviario Barcelona-Figueres, Renfe "no ha encontrado ninguna referencia" al incidente por el que se interesó Macias.

Pero, en cualquier caso el Gobierno recalca que en la actualidad al personal de la empresa prestadora del servicio a bordo, "se le requiere que conozca al menos de forma fluida los idiomas castellano e inglés, así como las lenguas cooficiales de las comunidades autónomas por las que discurre el servicio ferroviario".

Y, además, avanza que en el nuevo contrato de servicios a bordo y de restauración, que tiene previsto "suscribir próximamente", se reclamará a la empresa adjudicataria que su personal "tenga un alto conocimiento y fluidez" del castellano, el inglés y las lenguas cooficiales, "para los servicios ferroviarios nacionales", así como del francés y el portugués, "para los servicios ferroviarios que tengan origen o destino Francia o Portugal".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-10-2013 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xavier Queipo, "Traducir o Ulises é unha homenaxe á Xeración Nós"
Sermos Galiza


"Un non escribe igual ?non pode- logo de ter asimilado as ensinanzas estilísticas de Joyce", di o escritor Xavier Queipo que leva anos centrado na tradución dunha das obras mestras da literatura universal. En novembro a Editorial Galaxia publicará o Ulises, a realización daquel soño que a Xeración Nós encetara, un proxecto que é, para Queipo, o recoñecemento da "modernidade e afouteza" daquel grupo intelectual, en especial, de Otero Pedraio.

-Que supón para un escritor enfrentarse ao reto da tradución do Ulises de Joyce?

Traducir é un exercicio saudábel para calquera escritor. Axuda a espeluxar os labirintos internos da escrita. Axuda tamén a procurar opcións na propia lingua, a explorar camiños non transitados. Neste sentido é recomendábel para a formación de calquera escritor.

Constitúe, sen lugar a dúbidas un reto, mais un reto que non pode senón implicar unha maduración no xeito propio de escribir. No caso de Joyce, e do Ulysses en particular o reto é maior, considerando a complexidade formal do texto.


-Deixa un escritor ?marcas de autor? ao traducir unha obra narrativa como o Ulises?

É case unha obriga, pois a tradución non é senón unha interpretación dun texto que se nos presenta con códigos alleos ao noso universo lingüístico. Xa o dicía Eva Almazán, co-traductora do Ulises, nunha entrevista no desaparecido Xornal de Galicia en Agosto de 2010. Non atopo mellores palabras e concordo coa mensaxe, por iso a repito: ?O da invisibilidade do tradutor é unha entelequia. Nunca somos invisíbeis. Todos deixamos unha pinga de nós, non podemos desaparecer por completo do texto. [...] Traducir é como conducir. Ao volante, salvo ao principio, non pensas en cambiar de marcha; cambias cando cho pide o coche. Na tradución é igual: o texto vaiche marcando o camiño.? Un escritor, aínda máis, deixa pegadas na selección da verba entre múltiples sinónimos, na orde das palbras e no ritmo de lectura. É inevitábel e penso que proveitoso.

-Recoñece algunha influéncia literaria no Ulises, obra que deixou pegada en multitude de autores e autoras do século XX?

O Ulises é, sen dúbida, unha das obras máis influentes na narrativa europea do século XX. A meirande parte dos escritores que teño consultado recoñecen ter experimentado dificultades co texto. Eu mesmo, hei recoñecer sen arroubo, lera O retrato do artista cando novo, en tradución de Vicente Araguas, pioneiro tamén na tradución de Joyce ao galego e Dublineses, en tradución de Xela Arias e Débora Ramonde?, mais non puidera co Ulises, nin na súa versión orixinal nin na tradución ao portugués. Pasados os anos, confrontado coa necesidade, resultoume máis doado, pois a lectura doutros grandes autores do século XX como Beckett, Cortázar, Sarduy, Bolaño, Walcott, Magris, Wallace, tan distantes como nos poidan parecer de Joyce, aprenderanme xa a descifrar a complexidade.

O libro non deixa indiferente e sen sacralizar en exceso unha obra, diría que un non escribe igual ?non pode- logo de ter asimilado as ensinanzas estilísticas de Joyce.

-Por que un narrador, alén de tradutor, decide asumir o traballo titánico da tradución dunha novela de tal envergadura? Canto tempo lle leva dedicado á tradución?

Cando Victor Freixanes falou do asunto, hai agora máis dunha década, con ocasión dunha visita a Bruxelas en Novembro de 2002, eu dixen que precisaba pensalo uns días; pois o susto foi grande. Eu só non me atrevía, por non me considerar nin coas forzas nin cos coñecementos necesarios para afrontar a tradución en solitario. Antón Viale entrou deseguido no xogo. Despois decidimos pedir a axuda dunha terceira persoa, Eva Almazán, que xa traballaba para Galaxia e tiña sobrada reputación. María Alonso Seisdedos entrou no proxecto na súa fase final, coido que a finais de 2011 e foi de gran axuda para por os borradores en orde e dar o impulso necesario para dar rematado o choio, que logo de certas dúbidas tanto no eido económico como no feito da negativa dos herdeiros de Joyce a autorizar a publicación, ficara en punto morto alá polo 2006.

Lembro un día no inicio do verán, sendo eu moi neno, paseando por Compostela, o meu pai sinalou a un tipo de aparencia gris e entrado en carnes, e dixo, nunha mestura de respecto e admiración: ese señor é Otero Pedraio. Daquela non entendín o por qué da admiración. Pasados os anos, cheguei a comprender e partillar o respecto e sentín que tiña unha débeda dupla: co meu pai, por descontado, e con Otero e toda a súa xeración de resistentes. Ou sexa, que cando Victor propuxo o reto, unha luz prendeu nos labirintos da memoria e non puiden dicir que non. Esa é a explicación final, teorías aparte; o demais é conversa.


-Como valora, ao fío da súa propia tradución, o esforzo pioneiro de Otero Pedrayo ao traer para a nosa lingua fragmentos da novela?

O gran valor da tradución de Otero Pedrayo foi a oportunidade, o tempo no que se fixo, o que significou no seu momento. É verdade que os fragmentos traducidos por Otero son unha parte menor do texto, menos do 2%, mais a importancia está en transmitir a primicia dun xeito vangardista de escribir, unha entrega para dicir: hai outros xeitos de escribir, hai voltas e reviravoltas que compre experimentar. Un dez para Otero na modernidade e un dez tamén no altruísmo de partillar unha experiencia de lectura.

-Ademais de ser publicada por primeira vez de maneira completa, que cambios se producen a respecto da versión dos fragmentos publicados na revista Nós?

Otero tiña moitos menos elementos dos que nós temos para confrontar a tradución dun texto tan complexo. Pasados noventa anos dende a súa publicación, existen hoxe moreas de traballos sobre o Ulysses con anotacións, explicacións e indicacións diversas. Existen tamén traducións xa canónicas a outras linguas do nosos entorno, que son tamén de gran axuda para os tradutores. Ende máis o galego evolucionou dende os tempos de Otero. Hoxe existe unha lingua patrón, normativizada e porén menos inestábel. Iso axuda a situar a obra traducida, a presentala nun galego accesíbel aos lectores potenciais.

En canto ás diferenzas específicas de como traducir esta ou aquela verba precisa, como interpretar as metáforas ou os trazos estilísticos, ese é un traballo precioso para un investigador académico. Eu non teño os elementos de análise científico necesarios para abordar esa comparanza, mais coido que dá pé a un traballo de investigación fantástico, non só dende o punto de vista da tradución en si, senón tamén na dinámica evolutiva da lingua.


-Que supón, ao seu ver, que unha novela que está considerada iniciadora da narrativa moderna chegue agora a nosa lingua arredor de noventa anos despois da súa publicación?

A importancia é dupla. Por unha banda poñemos a disposición dos lectores en galego unha obra de importancia capital da narrativa do século XX. Por outra, constitúe unha homenaxe a Xeración Nós e a Otero en particular, pola súa modernidade e afouteza, polo seu valioso legado. Pode verse como unha obriga xeracional, recollendo o facho que eles nos deixaran, e seguir así na carreira de dignificar a nosa lingua, de espallar o noso coñecemento, de normalizar o uso do galego, en definitiva, de aceptar que somos quen nós somos.

-A tradución é unha obra colectiva de catro persoas, cal é o seu papel no equipo?

Non se trata dun xogo de rol, mais no subconsciente do grupo os roles están, dalgún xeito, claros. Pódolle dicir que traducín todas e cada unha das verbas que constitúen as case mil páxinas do texto, mais logo, na hora de discutir cal era a mellor opción en cada caso, o meu rol específico foi o de asesor estilístico, contribuíndo a puír o ritmo e a construción das frases, para evitar que acontecera cos lectores desta versión o que a nós nos aconteceu con outras traducións, que o libro se lles caera das mans, de puro esgotamento intelectual. Noutras palabras, todos contribuímos ao proxecto, cadaquén co mellor de si, e as grandezas ou miserias que se poidan deducir do traballo son colectivas.

-Que influencia deixou o Ulises na literatura galega ademais de fascinación de Otero ou Risco?

A pregunta é atinada mais non teño elementos para elaborar unha resposta argumentada. Non son crítico literario nin académico especializado na análise de textos. Só lle podo dicir que un non fica indiferente logo de ler o Ulises, como tampouco despois de ler a Proust, a Kafka ou a outros grandes narradores. Consciente ou, se cadra máis claramente, de xeito inconsciente funcionan elementos psicanalíticos como o da intercesión e o da transformación, por citar dous, que, por certo, funcionan tamén en calquera tradución (e por tanto en calquera lectura a partir dun texto noutra lingua).

-No labor de tradución, achegarse ao Ulises é especialmente dificultoso polo seu uso da lingua?

Cada lingua ten un caudal determinado e porén ser quen de igualar ambas versións é daquela un asunto de dinámica de fluídos, de vasos comunicantes. Para iso hai que aspirar (dixen aspirar, un desexo difícil de acadar máis ao que un traductoir debe tender) a ter un nivel semellante de coñecemento na lingua de entrada (neste caso o inglés) e na de saída (neste caso o galego). Nese sentido compre reflexionar que se as linguas constitúen a expresión de ideas, que é máis importante, a tradución verba a verba ou o sentido do texto? Para min é claro, que o léxico é importante, mais a interpretación estilística do texto non ten menor importancia. Joyce non só forza a lingua inglesa non seus límites senón que utiliza verbas en francés, italiano e outras linguas, incluído o gaélico. Temos a sorte de contar na equipa con catro persoas que falan e coñecen varias linguas o que ten facilitado a labor de exploración léxica. Logo está que opción escoller en cada momento, mais iso forma parte da dinámica do grupo.

O traductor ten a obriga de investigar, desenvolver e innovar cando fai o seu traballo, pois escribir « bonito » sen posibilidade de inventar verbas ou grafías, sen liberdade para modificar o ritmo pautado dos parágrafos ou a posición das partículas en cada frase, é exercicio para amanuenses que repiten fórmulas estritas, mais non debe ser norma común entre escritores.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 14-10-2013 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
A nova poesía galega entra en Portugal pola Porta XIII
Sermos Galiza


Con Positivas e pola Porta XIII. Así entra en Portugal a nova poesía galega. Seis poetas participarán este sábado día 12 no acto literario que a editorial dirixida por Paco Macías organiza no centro cultural de Vila Nova de Cerveira.

Non é a primeira vez que a editorial Positivas desembarca en Vila Nova de Cerveira. A libraría-centro cultural Porta XIII coñece xa a nova literatura galega da man da editorial de Paco Macías, coa que estableceu un diálogo de encontro literario que continúa este día 12 cun acto poético musical. Seis autores estarán presentes nun programa previsto para unha hora non moi habitual par nós, as 16 horas, mais que permitirá unha tarde demorada de literatura e conversa nun espazo no que a literatura e a arte son as protagonistas, coa presenza continuada do extraordinario escritor Luandino Vieira.

Desta volta, Arsenio Iglesias Pazos con Ático, Eduardo Estévez con Construcións, Raúl Gómez Pato con Choiva vapor e velocidade, Serxio Iglesias con Métodos para afogar un cisne, Roi Vidal con Teatro e Rosalía Fernández Rial con Vinte en escena achegarán á cultural vila que bordea o Miño á outra beira do Concello de Tomiño unha mostra da nova poesía galega.

Porta XIII, que se presenta como ?associaçao poética de todas as artes?, sitúase en pleno centro de Vilanova de Cerveira que cada sábado reborda coa feira semanal que recibe xente de toda a contorna. ?Porta Treze, a nossa associação, rigorosamente cultural para fins de solidariedade social, está aberta a todos quantos a queiram e em celebração da poesia da língua portuguesa. Só isto: a poesia ? que é a nossa vida; a língua portuguesa ? que é a alma que essa vida guarda.? escribe o grande escritor Luandino Vieira arredor da entidade da que é unha das súas trabes. Porta XIII ten como obxectivo em por objectivo ?celebrar a Poesia como realização da Arte Literária, sob todas as suas formas e em relação com as outras Artes, através de iniciativas de estudo, formação, produção, edição e divulgação como convívios, oficinas, recitais, exposições, colóquios, seminários, conferências, congressos, festivais ou outro tipo de manifestações que tenham a Poesia como motivo?. Todo isto, cun anfitrión de excepción, o gran Luandino Vieira, a quen non é difícil ver dentro do local atendendo a quen atravese a Porta XIII na céntrica Rua Queiróz Ribeiro de Vila Nova de Cerveira.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-10-2013 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A SUPRESIÓN DO GALEGO EN CASTELA E LEÓN
Cadernos de Comunicación e Análise - 12 de Outubro de 2013 · by Redacción @INFOCADERNOS


Ao colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo chegaron diversos escritos de pais e alumnado do Instituto de Ensinanzas Media ?Europa? de Ponferrada. Estas queixas refírense á supresión da materia de Lingua e Cultura Galegas no nivel de Bacharelato. Os afectados remitiron un escrito á Dirección do centro mostrando a súa desconformidade con esta medida da Consellaría de Educación da Xunta de Castela e León.

No referido escrito dos pais e os alumnos faise mención á intención de suprimir o Programa de Promoción do Idioma Galego neste centro. Neste sentido os afectados preguntan ?Por que ese mesmo curso o centro oferta como posibilidade este programa en primeiro da ESO, sen notificar ás familias que o alumnado non vai poder finalizar os estudos de ESO e Bacharelato e obter os certificados CELGA 2 e CELGA 3″. Ante a inmediata eliminación da materia de lingua galega en Bacharelato no centro ?Europa?, a Consellaría de Educación ofrece a posibilidade do traslado do alumnado a outro instituto de Ponferrada, ?Virxe da Aciñeira?, ou o cambio de optativa, desistindo de elixir a materia de Lingua e Cultura Galegas. ?Este é un novo e claro exemplo de como a Xunta de Castela e León desprestixia e desmotiva a elección voluntaria do galego noutro centro educativo do Bierzo?, sinalan dende o colectivo.

?Resulta lamentable que a Xunta de Castela e León propuxese ao alumnado a emigración diaria a outro centro. Está claro que nin os alumnos nin os pais afectados apoiaron esta opción. O alumnado non quixo deixar o seu instituto para recibir clases de galego noutro centro da mesma cidade por razóns varias. Os alumnos do instituto ?Europa? teñen dereito a recibir todas as materias elixidas no seu centro porque así se ofertaba na inscrición de matriculación. Cambiar estas condicións escolares previas é unha clara inxustiza do instituto ?Europa? e da Consellaría de Educación?, aseguran.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-10-2013 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0