Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tres premios para 'Crebinsky' no Festival de Toulouse, entre eles o de mellor película
Tres premios para 'Crebinsky' no Festival de Toulouse, entre eles o de mellor película
Miguel de Lira e Sergio Zearreta comparten o premio de mellor actor e Pablo Pérez recibe o galardón á mellor música // O festival francés é o segundo certame internacional no que participa Crebinsky este outono, logo do London Spanish Film Festival e antes de viaxar a Marsella (Francia) e Oaxaca (México)

Galicia Hoxe



Crebinsky foi a película triunfadora da 16ª edición de Cinespaña, Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse. O xurado do festival outorgou tres premios ao filme galego producido por Control Z, Chévere Visión e Zircozine. Conseguiu o premio á mellor longametraxe de ficción, o premio ao mellor actor, que recibiron ex-aequo Sergio Zearreta e Miguel de Lira, e o premio á mellor música para o seu compositor, Pablo Pérez. Os premiados recibiron os seus galardóns na gala celebrada o sábado na Cinémathèque de Toulouse.
foi a película triunfadora da 16ª edición de Cinespaña, Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse. O xurado do festival outorgou tres premios ao filme galego producido por Control Z, Chévere Visión e Zircozine. Conseguiu o premio á mellor longametraxe de ficción, o premio ao mellor actor, que recibiron ex-aequo Sergio Zearreta e Miguel de Lira, e o premio á mellor música para o seu compositor, Pablo Pérez. Os premiados recibiron os seus galardóns na gala celebrada o sábado na Cinémathèque de Toulouse.

Crebinsky logrou a Violeta de Ouro que o destaca como o mellor filme. A película de Enrique Otero competía coas últimas obras de realizadores destacados como Fernando León, Manuel Martín Cuenca e Montxo Armendáriz. Este éxito súmase aos dous premios recibidos este ano no Festival de Málaga (mellor guión novel e premio "Signis") e os catro galardóns logrados nos Premios Mestre Mateo (mellor actor para Miguel de Lira, dirección artística, dirección de fotografía e maquillaxe e perruquería).
logrou a Violeta de Ouro que o destaca como o mellor filme. A película de Enrique Otero competía coas últimas obras de realizadores destacados como Fernando León, Manuel Martín Cuenca e Montxo Armendáriz. Este éxito súmase aos dous premios recibidos este ano no Festival de Málaga (mellor guión novel e premio "Signis") e os catro galardóns logrados nos Premios Mestre Mateo (mellor actor para Miguel de Lira, dirección artística, dirección de fotografía e maquillaxe e perruquería).

Outono de festivais

Despois de pasar polas carteleiras galegas e españolas na primavera, Crebinsky afronta un outono no que está a participar en varios festivais cinematográficos en Europa e América. Ademais do de Toulouse, o 29 de setembro e o 6 de outubro proxectouse no London Spanish Film Festival. Do 19 ao 23 de outubro estará no Festival de Cinema Español de Marsella e do 12 ao 20 de novembro en México, no Festival Internacional de Cine Independiente de Oaxaca.

Crebinsky é unha longametraxe 100% galega, rodada en catro idiomas. Conta a singular aventura de Feodor e Mijail, dous irmáns que inician unha busca desesperada na que rematan por atopar o que menos esperan. Definida polos seus creadores Enrique Otero e Miguel de Lira como "realismo fantasioso", constitúe unha persoal e delirante historia que destila un humor entrañable.
é unha longametraxe 100% galega, rodada en catro idiomas. Conta a singular aventura de Feodor e Mijail, dous irmáns que inician unha busca desesperada na que rematan por atopar o que menos esperan. Definida polos seus creadores Enrique Otero e Miguel de Lira como "realismo fantasioso", constitúe unha persoal e delirante historia que destila un humor entrañable.

As tribulacións dos irmáns Crebinsky acaban por envolvernos e emocionarnos nesta peza na que se conxugan unha exquisita fotografía, unha coidada ambientación e unha delicada banda sonora. A película, protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, conta cun elenco de luxo formado por Luis Tosar, Celso Bugallo, Patricia de Lorenzo e Farruco Castromán, entre outros.

Sinopse

Miguel de Lira (Feodor) e Segio Zearreta (Mijail) son dous irmáns aos que as chuvias torrenciais arrastran cando son pequenos, xunto coa súa vaca Muchka, a un lugar perdido da costa. Illados do mundo e dos acontecementos bélicos que os rodean, crecen ao pé dun faro, sobrevivindo de recoller as cousas que trae o mar, as crebas. Alí crean o seu propio mundo: un universo particular de realismo fantasioso.

O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka vese alterado cando esta desaparece. É entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ao interior, e na que toparán con nazis, falanxistas e soldados ianquis.

Ficha técnica

Director: Enrique Otero

Guionistas: Enrique Otero e Miguel de Lira

Elenco: Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Luis Tosar, Celso Bugallo, Patrica de Lorenzo, Farruco Castromán

Duración: 90 minutos

Idiomas: Galego, español, inglés e alemán

Montaxe: J. R Lorenzo e Enrique Otero

BSO: Pablo Pérez

Director de fotografía: Sergio Franco

Animacións e efectos: Juan Pablo Echeverry

Produtores executivos: Farruco Castromán (Zircozine), Enrique Otero (Control Z) e Miguel de Lira (Chévere Visión)

Producido por: Zircozine, Control Z, Chévere Visión
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-10-2011 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
Presentado en Santiago un manifesto contra a marxinación dos medios en galego
Galicia Hoxe

A LINGUA, NA ENCRUCILLADA



Onte foi presentado en Santiago, na Libraría Couceiro, un manifesto en defensa da lingua galega que conta xa con máis de 800 adhesións. O texto, en contra da marxinación do idioma propio de Galicia e que pode asinarse aquí, exprésase nos seguintes termos:

"O incremento da presenza da nosa lingua nos medios de comunicación acadado
pola acción da sociedade galega nas derradeiras décadas do século XX ?que situaría o
seu punto culminante nunha media do 7,5% de espazo na prensa escrita cara ao ano
1975- foi progresivamente recuando, nos últimos anos, ata se situar apenas nun 3%
nese mesmo sector en 1993.

Paradoxalmente, isto aconteceu estando en vigor a Lei de Normalización
Lingüística que segundo o seu preámbulo ?garante a igualdade do galego e do
castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como
lingua propia do noso pobo.?

Paradoxalmente, isto aconteceu cando o goberno da Xunta de Galiza veu
inxectando aos medios de comunicación substanciosas cantidades de diñeiro público
en teoría destinadas a manter e incrementar neles a presenza da lingua galega.

Paradoxalmente, isto aconteceu cando as novas licencias concedidas aos
medios audiovisuais implicaban unhas cotas de obrigada presenza do galego na
programación, cotas case sempre incumpridas polas empresas baixo a tolerancia do
goberno galego.

E mais non se poden argumentar dificultades lingüísticas á hora de comprender
oralmente ou por escrito o noso idioma: o 86?4% dos habitantes de Galiza saben
falar galego e o 97?1% o entende. A mellora do nivel de expresión da poboación galega
é sensible dende que nas últimas décadas a nosa lingua se incorporou ao sistema
educativo. En particular, as novas promocións de xornalistas galegos que se forman no
país reciben agora a capacitación lingüística necesaria para desenvolveren plenamente
a súa profesión.

Tampouco se pode soster que a actitude da sociedade galega sexa contraria á
normalización do noso idioma nos medios de comunicación. As enquisas amosan que
o 70% da nosa poboación pensa que o que se publica na prensa é ?pouco? ou ?moi
pouco? e ese mesmo 70% lería un xornal en galego.

Este desequilibrio chama a atención dos expertos internacionais que estudan
a presenza do galego nos nosos medios de comunicación. Así a profesora francesa
Caroline Domingues afirma:

?Guiados por imperativos económicos, os medios de comunicación privados
galegos confinan a lingua da comunidade en seccións específicas polo xeral
ligadas á cultura. Fronte á política de normalización lingüística, eles seguiron a ser
extremadamente conservadores. O único código para informar é o castelán. Radios
privadas e prensa escrita en Galiza desempeñan en certa maneira un papel de ?contra-
normalización da lingua da comunidade. Esta utilización minoritaria e testemuñal
dun galego que ten o seu propio espazo, o seu gueto, no interior do xornal ou da grella
de programación, é en primeiro lugar o resultado dun axuste das estratexias destes
medios de comunicación fronte a un contorno histórico, social e político.?

Nos últimos tempos, varios medios de comunicación escritos de Galiza deron
un novo paso nesa estratexia de marxinación e invisibilización do noso idioma:
as declaracións individuais ou colectivas de persoas e entidades que teñen unha
permanente práctica lingüística en galego son traducidas e presentadas ?mesmo entre
aspas para aparentar a literalidade- en castelán como se foran feitas nese idioma.
Chégase a traducir os eslógans e lemas das mobilizacións e os textos das pancartas.
Distorsiónase así gravemente a imaxe pública de persoas e colectivos que teñen entre
os seus sinais de identidade a constancia no emprego e a defensa da lingua galega.

Por todo o devandito, como galegas e galegos, asinamos a nivel individual ou colectivo o presente escrito e esiximos dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:

1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.

Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.

1 Helena Goyanes Vilar et alii: «A información en galego». Lugo, Editorial Lea, 1994
2 Real Academia Galega: «Usos lingüísticos en Galicia». Vigo, 1995
3 Helena Goyanes Vilar et alii, op. cit.
4 Caroline Domingues:»Identité régionale et médias. L?exemple de la Galice». Paris, L?Harmattan, 2005.
Comentarios (0) - Categoría: Manifestos - Publicado o 11-10-2011 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
A Galiza participou das reuniões do Instituto Internacional da Língua Portuguesa
DIÁRIO LIBERDADE

Sexta, 07 Outubro 2011 15:21


A Academia Galega da Língua Portuguesa foi convidada a participar em agosto e setembro deste ano em dois encontros organizados pelo Instituto Internacional da Língua Portuguesa (IILP), organismo da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) para a promoção e defesa da língua comum.

Os encontros tiveram lugar na Praia, Cabo Verde, entre 9 e 11 de agosto, e em Maputo, Moçambique, entre 12 e 14 de setembro.

O primeiro convite possibilitou a presença de uma delegação da Comissão Galega da Língua Portuguesa, integrada pelos académicos Carlos Durão (da Comissão de Lexicologia e Lexicografia) e Joám Evans Pim (da Comissão de Relações Internacionais) na VI Reunião Ordinária do Conselho Científico do IILP, que teve lugar na sede desse órgão, na cidade da Praia.

O convite cursado pela presidente do Conselho Científico Doutora Maria Helena Lobo permitiu a apresentação da Comissão Galega da Língua Portuguesa (enquadrada na Fundação AGLP e integrada por dez entidades: AGLP, Associação de Amizade Galiza-Portugal, Associação Pró-Academia, Docentes de Português na Galiza, AGAL, Fundação Artábria, Fundação Meendinho, Instituto Cultural Brasil-Galiza, Instituto Galego de Estudos de Segurança Internacional e da Paz e Movimento Defesa da Língua) ante as Comissões Nacionais do IILP dos estados membros da CPLP bem como a sua candidatura a observador consultivo do IILP. A delegação galega apresentou ainda um relatório sobre a participação galega no Acordo Ortográfico e sobre o Léxico preparado pela AGLP para a sua inclusão no Vocabulário Ortográfico Comum da Língua Portuguesa (VOC).

Tendo analisado as propostas apresentadas pela Comissão Galega, o Conselho Científico do IILP elevou a decisão final sobre a participação galega nesse organismo ao Conselho de Ministros da CPLP, que deverá discutir a questão na sua próxima reunião a celebrar em Maputo a meados do próximo ano.

Os representantes da Comissão Galega tiveram ainda a oportunidade de participar numa sessão de formação para os membros das Comissões Nacionais onde foram discutidas as bases para a elaboração do VOC, encomendado ao IILP pelo Plano de Ação de Brasília, bem como os temas para a primeira Reunião Técnica do VOC, que decorreu a semana passada também na cidade da Praia.

Colóquio de Maputo

A Academia Galega da Língua Portuguesa foi convidada também a participar no primeiro dos colóquios preparatórios da Segunda Conferência Internacional sobre o Futuro da Língua Portuguesa no Sistema Mundial, que terá lugar em Lisboa no fim do próximo ano. Este primeiro Colóquio teve como âmbito central de discussão "A Diversidade Linguística nos Países da CPLP", sendo inaugurado pelo Primeiro Ministro de Moçambique Dr. Aires Ali no dia 12 de setembro.

O Colóquio pretendia pôr em questão as políticas linguísticas que acarretam o "apagamento da existência de outras línguas, através da sua desvalorização e de um ensino meramente monolíngue". Neste sentido, a AGLP enviou ao Coordenador da Comissão de Relações Internacionais Joám Evans Pim para apresentar uma palestra-relatório sob o título "Diglossia e gestão da diversidade linguística: o caso do Português da Galiza", proferida ainda durante o primeiro dia do Colóquio. A apresentação procurava oferecer um contraponto para entender a gestão da diversidade linguística no universo da língua portuguesa, pois enquanto na maioria dos Estados da CPLP a língua portuguesa representa o registo de maior prestígio social, sendo as línguas "próprias" ou "nacionais" relegadas a usos restritos ou ambientes informais, na Galiza e nos territórios limítrofes de língua portuguesa a situação é a inversa, ficando o português em uma posição de subordinação face a outra língua dominante.

A representação da AGLP participou ainda na Reunião Técnica celebrada no dia 14 de outubro com objetivo de elaborar o texto da "Carta de Maputo". Fruto das propostas galegas foi inserido um ponto chamando para a assunção pelos Estados-Membros da CPLP "de um papel ativo na catalogação, preservação e apoio à língua portuguesa em contextos em que não é oficial", recomendando a incorporação desta e outras questões na agenda da Segunda Conferência Internacional Sobre o Futuro do Português no Sistema Mundial, a realizar-se em outubro de 2012, e a sua inclusão no Plano de Ação de Lisboa para a Promoção, Difusão e Projeção da Língua Portuguesa.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 08-10-2011 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Os textos clave da historia do nacionalismo na rede e en inglés
O catálogo do Centre Maurits Coppieters con textos dos movementos políticos a prol das nacións europeas sen estado salta ao ciberespazo.

Por Galicia Confidencial - Santiago - 03/10/201


Dende hoxe están na rede 25 documentos fundacionais e de referencia de movementos políticos de nacións sen estado e rexións europeas agrupados no Centre Maurits Coppieters (CMC).

Concebido como instrumento de intercambio e divulgación, DILINAME (Digital Library of National Movements in Europe) está promovido por Galiza Sempre, unha fundación próxima ao BNG.

O proxecto DILINAME incorpora até agora permite consultar os manifestos no idioma orixinal e versión inglesa. No caso galego, xa están disponibeis, entre outros, o Manifesto da Asemblea de Lugo de 1918 e o documento fundacional do BNG (1982) así como textos constituíntes das principais correntes nacionalistas no século XX (Partido Galeguista, UPG, PSG e POG).

O Centre Maurits Coppieters (CMC), ligado a EFA-ALE (Alianza Libre Europea), agrupa dende 2007 representantes de diversos movementos nacionais que traballan en Europa pola autodeterminación e os dereitos culturais e lingüísticos dos seus pobos.

Xabier Macías, director de Galiza Sempre, ven de ser reelexido como presidente desta fundación política europea na asemblea xeral celebrada en Florina (Grecia) o 16 de setembro baixo os auspicios da Home of Macedonian Culture, un dos doce socios do CMC. Na mesma asemblea incorporouse como novo membro asociado o CIEMEN (Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions), instituto catalán co que o nacionalismo galego ten vencellos desde os anos 80.

Completan os integrantes de CMC, entre outras, a Fundació Josep Irla (de Esquerra Republicana de Catalunya), a revista corsa Arritti, e entidades do País Basco e o País de Gales.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 05-10-2011 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado de Inquérito Anónimo 1º e 2º Bacharelato, setembro 2011. IES Rosalía de Castro
Resultado de Inquérito Anónimo 1º e 2º Bacharelato, setembro 2011. IES Rosalía de Castro
MOSTRA 118 ALUMN@S, 85 de 1ºBACH + 33 DE 2º BACH

 Para min o español é:
Unha lingua rural e da aldea 
Unha lingua de pailáns españoleiros 
Unha lingua máis 
Unha lingua extensa e útil 


 Para min o galego é:
Unha lingua rural e da aldea 
Unha lingua de pailáns galegueiros 
Unha lingua máis 
Unha lingua extensa e útil 


- Español extenso e útil + Galego ling. rur. e da aldea: 4 respostas - 3,4%

- Español unha lingua máis + Galego ling. rur. e da aldea: 1 resposta - 0,8%

- Español ext. e útil + Galego lingua de pail. galeg: 1 resposta - 0,8%

- Español lingua de pail. españ. + Galego lingua ext.e útil: 1 resposta - 0,8%

- Español exten. e útil + Galego unha lingua máis: 24 respostas - 20,3%

- Español unha lingua máis + Galego exten. e útil: 9 respostas - 7,6%

- Español unha lingua máis + Galego unha lingua máis: 26 respostas - 22,1%

- Español exten. e útil + Galego exten. e útil: 52 respostas - 44,2%


Dos 85 alumn@s de 1º de Bacharelato, un total de 36 (42,4%) non cursaron 4º da ESO no IES Rosalía de Castro e, portanto, non asistiron ás aulas do programa de mellora lingüística e normalización práctica <Desde o galego, caminho da lusofonia>.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 02-10-2011 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
JOHN RUTHERFORD: «Defender o idioma galego é pura ecoloxía lingüística»
O director do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford cre que hai que mimalo «como especie en perigo de extinción que é»

Soledad Antón VIGO / LA VOZ 2/10/2011


John Rutherford non foxe de calquera eufemismo para definir o que, ao seu xuízo, está a facer a Administración autónoma co galego: «Lamentable». Non comparte a teoría de Núñez Feijoo e seu equipo: «Que non veñan con esas cousas do equilibrio. As especies en perigo de extinción precisan dunha protección especial, así que defender o galego é pura ecoloxía lingüística». O profesor Rutherford clausurou onte en Vigo o congreso sobre Cunqueiro, ao que, confesou, leva moitos anos «lendo e gozando».

-Escoitándoo, puidese parecer que a literatura galega vai costa abaixo.

-Non é así. A pesar das cousas tristes que están a pasar, dos ataques que está a recibir na propia casa, goza de boa saúde. O mellor exemplo é que temos escritores de todas as idades.

-Vexo que fala en primeira persoa...

-E que eu síntome tan galego coma británico. Paso longas tempadas alí e longas tempadas aquí e escribo nunha e noutra lingua indistintamente. De feito, o meu próximo libro será en galego. Estou a piques de iniciar unha nova novela inspirada no Camiño de Santiago.

-Parece que é unha temática que lle gusta. Xa fixo outra con esa paisaxe de fondo.

-Si. Tamén fixen cinco veces o Camiño e unha sexta errada, por mor dun pequeno accidente.

-¿Cando comeza a interesarse pola literatura de Cunqueiro?

-Hai moito tempo, aínda que dende que me pediron que clausurara o congreso do seu centenario, decateime de que había moitas cousas súas que non lera. É que Cunqueiro escribiu moito. Talvez a obra que mellor cheguei a coñecer é Merlín e familia, porque revisei a tradución que dela fixo hai vinte anos Colin Smith.

-¿Que admira máis do escritor mindoniense?

-Moitas cousas. Para empezar, foi un gran erudito que coñecía moi ben a literatura mundial, na que a anglosaxona era a que máis lle atraía. As citas que facía amosan que lía libros en lingua orixinal, pero ninguén sabe como aprendeu a falar inglés. Seguramente durante a súa estancia en Madrid nos anos corenta. Coma en case todo, foi autodidacta.

-Como vostede co galego.

-O meu foi por casualidade, pola necesidade de comunicarme cos obreiros que construíron a miña casiña de Ribadeo.

-¿...?

-Cheguei con 17 anos a aprender español e xa non deixei de vir na miña vida. E aprendín español, pero co galego síntome máis a gusto, exprésome mellor.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 02-10-2011 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
ABRE "SEMENTE", PRIMEIRA ESCOLA DE ENSINO GALEGO
No próximo dia 16 de setembro a Semente abre as suas portas para que a vaias conhecer. Durante toda a tarde desde as 17h00 as/os promotoras/es estarám no local, situado na rua salvadas nº 47 de Compostela celebrando a iminente abertura da primeira Escola de Ensino Galego. Querem partilhar contigo este momento, querem que vejas as instalaçons, que conheças o projeto e que te animes a enriquecê-lo da maneira que melhor achares.

A Escola de Ensino Galego Semente é umha iniciativa social impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, junto com outros projetos semelhantes, as bases necessárias para a criaçom da Escola Nacional Galega. A Semente é uma escola de ensino galego, portanto todas as atividades serám desenvolvidas na língua do nosso povo, favorecendo a aquisiçom, conservaçom, cuidado e consolidaçom da mesma. Entendemos o idioma galego como parte indissolúvel da nossa cultura, da nossa história e do nosso futuro, e defendemos o seu carácter internacional; criando um espaço de interculturalidade fomentará-se a importáncia do respeito a outras culturas que vivem no nosso país. A Semente, também, é um espaço de uma pedagogía transformadora ao serviço dos interesses populares.

A Semente defende para o centro de ensino:
Coeducaçom
Laicidade
Assemblearismo
Interaçom com a natureza
Respeito pola autoregulaçom da criança
Integraçom no contexto do seu bairro e da cidade


Boa acollida en Compostela da Escola de Ensino Galego ?Semente?

As dúas xornadas de portas abertas da pasada fin de semana serviron para que moitos pais e nais se interesaran polo proxecto.
Por Antón Fernández | Galicia Confidencial.com | 20/09/2011
Grandes espazos, moita luminosidade, ningunha barreira arquitectónica e un espectacular terreo na parte de atrás é o sinal de identidade do local que acollerá a Escola de Ensino Galego ?Semente?, a primeira escola monolingüe en galego que empezará a funcionar este mesmo ano. Todo está preparado para que no mes de novembro comezen as aulas e xa houbo cativos que quixeron ?probar? como será o lugar onde pasarán boa parte da xornada diaria. Unhas prefiren os instrumentos musicais, outros visitar a horta ou coñecer os primeiros recunchos da escola. Coa mesma curiosidade algunhas nais e pais preguntaron ao equipo promotor en que consiste este novo equipamento de Compostela.

?O nome é un recoñecemento das escolas que as Irmandades da Fala e do proxecto que levaron a cabo na Coruña a principios do século XX?, informou Marcos Lopes membro da Gentalha do Pichel, ?pensamos que era necesaria unha escola que orbite arredor da Galiza e ademais en galego. Fixemos un estudo de mercado e tivemos a sorte de que aparecera este local con máis de cen metros de aulas e outro tanto de horta.?

Pedagoxía

Os promotores da idea teñen claro que non é só unha escola monolingüe en galego. É algo máis. ?Un proxecto comunitario que nace dunha necesidade social que non queda coberta polos servizos públicos?, apunta Marta Santos unha das nais que participa, ademáis, na comisión promotora. ?Eu queria unha escola alternativa, diferente ao que atopamos na sociedade actual. Quería unha escola laica, que tivera moi presente o tema dos valores sociais, que traballase coa educación de verdade, en contacto coa natureza...?, engade. O certo é que a pedagoxía que empregarán ten algo de adiantado e pouco común no noso país pero que xa funciona noutras partes. ?Hai exemplos en Catalunya coas escolas Rosa Sensat e buscaremos o noso propio modelo collendo o mellor de metodoloxías pedagóxicas como as de Montessory ou Decroly?, asegura Marta que, ademais, traballa no ensino infantil.

Polo de agora teñen cinco alumnos polo retraso en comezar o curso pero pensan chegar aos dez que se plantexan como mínimo. ?Haberá unha mestra por cada dez alumnos, deste xeito a aprendizaxe personalizada estará garantida?, asegura Marcos. Precisamente os coñecementos que adquiran nesta escola tamén serán algo diferentes aos doutras. ?Empregaremos a pedagoxia critica, facer persoas con capacidade critica e de análise do seu entorno?, comenta Marcos. De feito a idea é que o proxecto educativo se faga ao longo do curso. O curriculo infantil non estará elaborado a priori senón a través de proxectos. Por exemplo o proxecto do Apalpador. Como precisa Marcos Lopes ?chega o Nadal e traballaremos as cores, a música, etc. Empregamos recantos onde se estuda matemáticas, música,...?

Aínda que o idioma da Escola será o galego tamén contarán con material noutras idiomas. ?Os cativos terán oportunidade de coñecer outras linguas porque teremos libros en catalán ou éuscaro, non pechamos as portas a visión internacional da lingua?, sinala Marcos Lopes.

Prezos

Os promotores desta iniciativa non deron a coñecer aínda os prezos e insisten en que antes se visite a Escola. Contan con todos os permisos e cunha mestra con titulación infantil que, ademais, está concienciada co proxecto. Pensan abrir polas tardes como ludoteca e prometen un ensino de calidade e participativo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 01-10-2011 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0