Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ISAAC DÍAZ PARDO: ?Credos...? Eu xa non creo en cousa ningunha, tampouco nos paraísos?
GALICIA HOXE

ENTREVISTA (16 DE MAIO DE 2011)

05.01.2012 Por Manuel Vidal Villaverde



Isaac Díaz Pardo naceu en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920. Intelectual galeguista, fundou xunto con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada), e en Arxentina, consegue levantar o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, a editorial Ediciós do Castro ou o Seminario de Estudos Galegos.

Bo día Isaac, alégrome moito en volver falar contigo? De memoria recordo, unha conversa que tivemos estando eu en Pontevedra, foron 15 ou 20 minutos. Despois fíxenche unha pequena entrevista para a impresa galega. Dicíasme, entre outras cousas, que na túa vida apenas fixeras outra cousa que "varrer e limpar merda", así de claro; os dous sabiamos os motivos, os malditos ou abenzoados avatares. Volvemos vernos en Vigo, cando aínda eran vivos, entre outros/outras, xa dolorosamente desaparecidos Álvaro Cunqueiro, Antón Fraguas, os irmáns Álvarez Blázquez, Borobó, Arturo Cuadrado e outras persoas que arestora non se achegan á miña memoria. Posteriormente falamos aquí no castro de Samoedo, e tantas outras veces en Compostela, que citalas todas, faría longuísima e polo tanto innecesaria esta introdución á conversa. Láiome de non estar esoutro día contigo na Casa da Parra, claro que si. A paixón pola pintura naceu e sempre vivirá en ti, aínda que outros non menos importantes labores requiriron inevitabelmente da túa presenza, cabo do tempo, innegábel, irrefutábel? Galicia mudou a súa pobreza, fíxose non o que se puido e aínda podemos facer. Pero a dereita reaccionaria e mesmo galega ?por que nón?? aínda está aprehendida pola ignorancia "ilustrada" e fachendosa, mesmo militando ?meu deus!? en partidos da esquerda nacionalista oficial, por suposto que non todos e todas, pero si uns cantos in- filtrados, ás furtadelas. Dos outros, tamén galegos (con representación parlamentar, e sobre todo do Partido Popular, mellor non falar). Hai outro nacionalismo galego, internacionalista, independentista e democrático non burgués, que non olla para outro lado cando chove sobre nós a miseria e o desleixo vernizado pola socialdemocracia e a infamia da globalización. En fin, Isaac, compañeiro Isaac; desta miña non breve introdución, agradeceríache unha refle xión sobre o exposto, e mais o que ti queiras engadir; paréceche meu amigo?

Vou procurar contestar, Manuel, a túa difícil pregunta? Non te esquezas que dende os tempos que recordas, pasaron anos e pasaros moitas cousas, eu xa son outro, vou cumprir 91 anos, esquecinme de moitas cousas e xa non me movo como me movía. Fixen reconto dos meus fracasos, e sumándolle o definitivo último, contabilizo que a miña vida, incluído o que pensaba, foi só un fracaso continuo. Esa exposición que se está facendo na Casa da Parra, en Santiago, feita cos restos que quedaron non dun pintor, pois dende 1949 eu deixei de ser "pintor profisional" e adiqueime á cerámica como industria seriada. Uns amigos empeñánronse en facer esta exposición, pode ser que como fin definitivo dunha vida. Na industria non fixen outra cousa que non ser un limpamerdas, como recordas.

Faise todo canto é posíbel para que o idioma galego non perda alarmantemente falantes, e mesmo algún deles propoña sospeitosas "sinecuras" e outras apócemas para a súa salvación?

O idioma galego? Si, ninguén dos que crean en Galiza o vai discutir, máis o problema de Galiza entendo que é algo máis. Trátase da cultura galega que forma parte das culturas periféricas do Estado español. Galiza tiña que estar máis unida coa cultura portuguesa; o norte de Portugal e Galiza foron un mesmo pobo, e foron pequenos intereses os que nos separaron, como Valencia e as Baleares son tamén pequenos intereses os que separan a "nosaltres els catatalans". Hoxe o galego consérvano máis ben na literatura, mentres outros coma a industria, o capital, as técnicas están traballando contra o galego até deixalo que se converta finalmente en litúrxica, como o latín que se estudará nos centros de ensino.

Isaac, como se pode conxugar monarquía e democracia? Non é algo máis que unha contradición nos termos?

Por riba de Francia e de Alemaña todas son Monarquías e ademais democracias verdadeiras. Trátase dun fenómeno que ten moito que ver coa tradición. De Francia e Alemaña, incluídas, para abaixo todas son Repúblicas, menos España, que foi un problema mi serio. Nós os republicamos apoiamos ao Rei Juan Carlos. Vimos no ambiente que era o único que podía salvar unha democracia, tiñamos razón pois non tardou moito en aparecer o 23-F e foi o Rei o que tivo que salvar a Democracia. Certo que na Casa Real debeu haber un Xefe da Casa: Sabino Fernández Campo, que impuxo o seu criterio sobre o de moitos, ou algún, que estaban dispostos á volta a unha Ditadura, que Juan Carlos non aceptou.

De todos os libros cantos tes editado, tanto como autor ou editor, gardas especial agarimo?

Edicións dos Castro ten no seu Catálogo 1500 títulos. Tiña varias coleccións; unha das máis importantes era a serie ?Documentos?, mais había outras coleccións que se referían a Sargadelos, a Xeoloxía, a Teatro, a deseño e á colaboración co arquivo da Catedral de Santiago, os tombos, etc. Porén, a serie que tiña máis demanda era a de ?Documentos?, que pasou dos 200 títulos.

Unha república federal ou confederal, sería un bo principio para levarmos a República Galega solicialista, solidaria e internacionalista?

Os intelelectuais anteriores á II República pensaban que a solución para a península era federala. Cando estala a República os federalistas teñen esperanza de que a Constitución se corresponda cunha República Federal. Mais o peso da dereita contrarrestado polo feito de Cataluña ao declararse máis alá de ser unha federación, acordouse que se trataba dunha República Federable. En base a isto Galiza estudou e preparou o seu Estatuto de Autonomía.

Que tal se leva Isaac Díaz Pardo coa poesía e coa narrativa, cinema, etc ?

Lévome ben coa poesía, publiquei moita, e quixera que Galiza tivese un cine bo; mais iso depende de moitas cousas. No ano 1936 Galiza empezou a ter un cine: Carlos Velo; veu a guerra e Carlos Velo terminou facendo cine en México.

Cal é a actitude ou mesmo a túa posíbel adscrición diante dos credos, dos paraísos?

Credos?? Eu xa non creo en cousa ningunha, tampouco nos paraísos.

Que ten de invento e mesmo de realidade vital a saudade?

A saudade debe ter algo de realidade, e moito de literatura.

Poderías pintar un pequeno cadro ?con palabras? que transmita a posíbel imaxe do tempo?

Hai corenta anos que eu non collo un pincel.

Mesmo o amor ten unha data de caducidade, Isaac? A inocencia, talvez??

O amor debe ter unha data de caducidade, mais fican outras cousas: A inocencia pode estar en todo.

Causa algunha dor recordar a sentenza moral do filósofo Anaximandro: "todo aquilo que nace, ten forzosamente que perecer"?

Mais que na filosofía, a transformación e a fin de todo, fica determinado na física.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 06-01-2012 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Morre un insigne do galeguismo; Isaac Díaz Pardo
Aos 91 anos e cunha obra intelectual enorme morreu este xoves o pintor e ceramista Isaac Díaz Pardo. Unha figura clave para entender a supervivencia da cultura galega no franquismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/01/2012


Isaac Díaz Pardo faleceu a primeira hora desta mañán en Santiago de Compostela, logo de semanas cun delicado estado de saúde. A súa última aportación ao mundo da cultura e da política foi unha carta que remitiu ao homenaxe de Xosé Manuel Beiras na que lamentaba non poder estar nese acto celebrado o pasado 17 de decembro.

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto en Compostela en 1920 e foi fillo doutro histórico do galeguismo Camilo Díaz Valiño, asasinado durante a Guerra Civil. Froito destas actividades coñeceu a Castelao; Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponche, e Vicente Risco. Participou desde 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.


Despois da guerra, cursou estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando. A partir de aí, comezou a súa participación pública en diversas como en 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia. Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro (Europa e América).

Abandonou despois as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada), o que repite na Arxentina, onde construíu xunto con outros destacados galeguistas o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, a editorial Edicións do Castro ou o Seminario de Estudos Galegos. Precisamente, nos últimos anos enemistouse cos seus fillos polo futuro de Cerámicas Sargadelos.

Ao longo da súa vida recibiu numerosos premios; a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995) e en 2009 a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, entre outras.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 06-01-2012 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Isaac Díaz Pardo aos 91 anos de idade
ADEUS AO GALEGUISTA, INTELECTUAL E ARTISTA

GALICIA HOXE

O intelectual galeguista, pintor, ceramista e deseñador Isaac Díaz Pardo faleceu este xoves aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña.


Segundo confirmaron a Europa Press fontes do hospital coruñés, o intelectual galeguista, que naceu en 1920 en Compostela, faleceu na mañá deste xoves no centro hospitalario e os seus restos mortais serán trasladados ao tanatorio Servisa, na cidade herculina.

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto en Compostela en 1920 e a súa educación estivo marcada polo contacto con destacados intelectuais galeguistas do momento, como Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, e Vicente Risco.

Participou dende 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Cultivou, entre outros xéneros, o ensaio e a crítica, ademais de dedicarse á pintura e outra facetas.

Pola súa dilatada traxectoria recibiu numerosas distincións e recoñecementos, entre eles un dos Galego do ano, promovido polo GRUPO CORREO GALLEGO. Tamén recibiu a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Diputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba de la Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995) e en 2009 a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, entre outras.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 06-01-2012 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
EU insta al equipo de gobierno a impulsar políticas de normalización lingüística
diario de ferrol

JUEVES, 05 DE ENERO DE 2012 00:00


El grupo municipal de EU-IU, liderado por Yolanda Díaz, urge al gobierno local la elaboración y presentación de un conjunto de acciones para impulsar las políticas de normalización lingüística desde el Concello ferrolano. Desde la formación inciden en que se trata de una medida urgente ?máxime cando o ano pasado nunha decisión inédita pola súa gravidade, a Xunta de Galicia se cargou estas axudas?.
La agrupación asegura que Ferrol necesita que el Concello ?sexa un pulmón dinamizador que aliente a asunción social do valor do galego e da importancia de estender a súa influencia e uso en todos os eidos da nosa vida social?. Por ello, EU-IU reclama un papel protagonista para el Consello Municipal da Lingua para impulsar acciones encaminadas a ampliar el uso y conocimiento del gallego en el ámbito deportivo, de la juventud, en las TIC y en los sectores de la economía real y los servicios sociales.
EU denunció públicamente la cuantía que contempla la orden publicada en el DOG de ayer, que califican de un ?moi perigoso condicionante sobre posibles modificacións orzamentarias?. La cantidad inicial máxima impulsada desde la Xunta es de 520.000 euros, mientras que el pasado año no existió y en 2010 fue de 602.668 ?800.000 presupuestados en 2008?. Ello supondría reservar unos 1.600 euros por ayuntamiento, lo que se traduce, para la agrupación, en ?a violencia contra a nosa lingua que acubilla ao PP, organización política responsable do peche, valga o exemplo, de 15 servizos de normalización lingüística no noso país ao rematar 2011?. La formación criticó además los criterios para baremar las ayudas y reclaman la urgente convocatoria del Consello Municipal da Lingua.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 06-01-2012 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Língua e eugenia
galicia confidencial

A eugenia (em inglês eugenics), muito esquematicamente, consiste na aplicação de políticas públicas para a melhora genética de uma população. Galton definiu-a como ?o estudo dos agentes sob o controle social que podem melhorar ou empobrecer as qualidades raciais das futuras gerações seja física ou mentalmente?. Introduzida polo darwinismo social, teve o apoio de economistas liberais como Keynes, socialistas fabianos como H.G. Wells ou conservadores como Churchill. Qualidade genética estaria relacionada com classe social, defendendo-se a esterilização dos grupos inferiores (i.e., mais pobres, na lógica industrial capitalista) para o benefício da sociedade.

Por Joam Evans Pim | Ferrol | 04/01/2012


Em termos gerais, este pensamento associa-se às formulações racialistas do século XIX e primeira metade do século XX assim como à sua aplicação política, principalmente na Alemanha nacional-socialista e nos Estados Unidos (neste caso até os anos sessenta). Mas como doutrina de ?higiene pública? teve grande seguimento mesmo entre pensadores de esquerda como Salvador Allende (vejam-se as obras de Victor Farías) ou entre o anarquismo (vejam-se os acordos do IV Congresso da CNT celebrado em 1936). A ?Politica de Branqueamento? praticada no Brasil apoia-se em teses similares (O espetáculo das raças de Lilia Schwarcz é especialmente ilustrativo).
Embora tenha surgido do geneticismo (e, por tanto, do determinismo biológico), a própria definição oferecida de eugenia por Galton permite a sua extensão para a melhora de qualidades ?mentais?, entre as quais se tem enquadrado a língua. As teorias de relatividade linguística de Sapir e Whorf, por exemplo, estabelecem certa base para o desenvolvimento de uma eugenia linguística, pela qual algumas línguas seriam mais apropriadas para certos usos, enquanto outras não seriam válidas para o seu uso pleno, devendo limitar-se o seu cultivo e mesmo proceder à sua esterilização.

A eugenia linguística teve historicamente um forte seguimento na Galiza, onde desde o ?Ressurgimento? se tem privilegiado uma visão da língua ligada aos usos folclóricos (florais, poéticos, ...) mas afastada do cultivo ensaístico e científico, apenas rachada pela decidida coragem do Seminário de Estudos Galegos. Boa parte das ?elites? que administram o país continua achando que o português da Galiza pode ser bom para tratar com o gado, ou mesmo para a poesia folclórica, mas não para a ciência, meios de comunicação ou usos ?elevados?. Esta doutrina exerce uma pressão fundamental na vertiginosa queda de falantes em todos os setores e, em especial, entre os jovens.

O ?Decreto do Plurilingüismo no Ensino?, aprovado polo atual governo autonómico, é mais um reflexo da política de eugenia linguística. A consequência prática desta medida legislativa é a primazia do espanhol em matérias fundamentais como matemáticas, ciências sociais ou física e química, enquanto a língua da Galiza é relegada a disciplinas consideradas periféricas ou marginais (artes, educação física, empreendedorismo, etc.). Assim, continua fomentando-se publicamente a visão de que o português da Galiza dificulta ou impede a progressão e êxito social, sendo ainda uma língua de Untermenschen que cumpriria esterilizar. A língua própria pode ser, em palavras do atual Conselheiro da Educação, ?un muro para el futuro?. Ou, na visão expressada polo Conselheiro da Cultura: ?La cultura gallega está muy bien pero limita?.

Conscientes das profundas verbas de Castelão, ?se ainda somos galegos é por obra e graça do idioma?, os principais promotores da eugenia linguística na Galiza sabem que o linguicídio é passo fundamental e imprescindível para o etnicídio ou genocídio cultural do povo galego. Não é estranho que as próprias elites culturais galegas, totalmente dependentes dos subsídios e subornos eugenistas, continuam fieis à sua posição colaboracionista justificando a lógica desesperada de fugir e ocultar o caminho mais simples, natural e viável para a dignidade e primazia da nossa língua: a via extensa e útil da Lusofonia.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 04-01-2012 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0